domingo, 27 de decembro de 2009

O Cruzabico. Unha ave criando en pleno inverno



Cruzabico común, Loxia curvirostra
Polo alimentado por macho e femia nos piñeirais de Pinus sylvestris do entorno de Pena Nofre a máis de 1200 metros de altitude (Castrelo do Val).
Nun traxecto de 7 km producíronse 9 contactos coa especie cun total de 31 exemplares que ofreceron mostras de territorialidade con exemplares cantores e persecucións entre machos. Confírmase polo tanto a cría invernal dunha especie cunha bioloxía reprodutora atípica e ligada ao réxime de frutificación das coníferas das que se alimenta.
Texto de Alexandre Justo Álvarez
Observadores: Alexandre Justo e X. R. Reigada

martes, 8 de decembro de 2009

As pedras rotas

Nestes días saíron unhas noticias na prensa referentes á retirada dunha antena de telefonía móbil que afectaba a un xacemento arqueolóxico medieval dun baluarte defensivo de vixilancia no Montecelo, en Medeiros.

A noticia reflexa moi ben a escasa sensibilidade que se ten polo patrimonio cultural na comarca de Monterrei.

La retirada de una antena en Monterrei deja sin telefonía móvil a 2.500 vecinos. La Región - 8.12.2009

Patrimonio obliga a retirar una antena de telefonía en Monterrei. Faro de Vigo - 8.12.2009

Unha denuncia de Adega obriga a retirar unha antena de telefonía en Monterrei. La Voz de Galicia - 8.12.2009


Restos do baluarte


Contacto visual co Castelo de Monterrei dende o Montecelo en Medeiros


Panorámica oeste dende o alto do Montecelo
En primeiro término vese San Cristovo de Monterrei e ao fondo o monte Larouco

xoves, 3 de decembro de 2009

LIC-ZEPVN río Tamega

Fagamos a seguinte reflexión: para que serve un LIC ?

O espazo natural do río Támega está declarado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). Esto en si mesmo debería servir para algo, digamos, por exemplo, para protexer realmente os seus valores naturais.

Esta protección é real ?

Obsérvense as seguintes fotografías:














O que se ve é o desbroce sistemático da vexetacíon de ribeira.

As fotografías están tomadas na Xunta dos Ríos, ponte de Oímbra, ponte de Mourazos e ponte de Rabal, os desbroces seguían augas arriba e augas abaixo destes puntos.

Por isto deducimos o seguinte:

* A devasa acada quilómetros a ámbalas dúas beiras do cauce.

* Cortáronse un sen número de plantóns de árbores e vexetación de ribeira, deixando só as árbores de maior porte.

* Amoréanse toneladas de materia vexetal morta.

* O resultado final é unha devasa sistemática duns cinco metros de largo (ancho) que elimina flora de alto valor ecolóxico que non favorece en nada á fauna asociada e ao ecosistema de ribeira.

Aínda que pareza surrealista é unha obra da Administración. Esta en concreto seica é promovida pola Confederación Hidrográfica del Duero.

A principio da temporada de pesca pasada (ano 2009) tamén se desbrozaron as beiras de moitos ríos para facilitar o acceso dos pescadores ao río. Esta devasa promovida directamente pola Consellería de Medio Ambiente, que, paradóxicamente, é de quen saíu a proposta para a súa protección e quen debería velar polo seu coidado.

A seguinte fotografía mostra como quedou un treito do río Mente a principio de temporada de pesca:




No río Támega aconteceu o mesmo.

Hai que resaltar que moitas especies víronse afectadas no seu período de nidificación, por poñer un exemplo digamos que mermou a enorme cantidade de Rousinois comúns, Luscinia megarhynchos, que se podían escoitar ao longo do paseo da Preguiza (Verín), debido, case con total seguridade, á falta do sotobosque que tanto require esta especie.

Nesta época do ano veríanse afectadas moitas especies invernantes, sobre todo as que lles favorece a presenza do sotobosque de ribeira, ben sexa como lugares de alimentación ou de refuxio.

De que serve entón protexer un espazo natural ?
.
Recoméndase visitar esta outra entrada do blog Noroeste Ibérico de Rubén Portas, A vexetación cumpre unha función!:
http://noroesteiberico.blogspot.com/2009/12/vexetacion-cumpre-unha-funcion.html
.
Tamén se remomendan estas outras entradas do blog Fauna Vertebrada de Ourense de Alberto Rivero:
http://faunaourense.blogspot.com/2009/12/nova-variedade-de-deforestacion.html
http://faunaourense.blogspot.com/2009/12/sobre-xestion-dos-rios-na-limia.html
.
E CONTINÚA A DESFEITA:
http://www.laregion.es/noticia/78986/verín/plan/medio/ambiente/fondo/dinamización/acondicionamiento/ríos/inversión/

sábado, 24 de outubro de 2009

Albinismo en Flora



Crocus serotinus
O Pracer, Verín - 24/10/2009




Digitalis purpurea
Alto de Covelas, O Riós - 22/6/2009

mércores, 7 de outubro de 2009

Libélulas e Cabaliños do Demo

Referencias de insectos da Orde Odonatos - Suborde Zigópteros (Cabaliños do Demo) e Suborde Anisópteros (Libélulas) na Comarca de Verín-Monterrei
Cordulegaster boltonii
Esta imaxe non se corresponde co exemplar observado, trátase dun individuo semellante da mesma especie fotografado no Macizo de Trevinca o 12/6/2007
Concello do Riós
17/10/2009


Anax imperator
fotografía de Xabier García
Concello de Oímbra

11/8/2009

Crocothemis erythraea

especie identificada por Saúl Rodríguez Martínez a través do foro Rhopalonatos
Concello de Verín
10/7/2009



Platycnemis acutipennis
especie identificada por Saúl Rodríguez Martínez e Cosme Damián Romai Cousido a través do foro Rhopalonatos
Concello de Monterrei

30/6/2005

Lestes viridis
especie identificada por Marco García e Saúl Rodríguez Martínez a través do foro Rhopalonatos

Concello de Verín
27/8/2004


Libellula quadrimaculata
Concello de Cualedro
27/6/2004

venres, 15 de maio de 2009

Rede de Seguimento de Anfibios e Réptiles de Galicia (SARGA)

Datos obtidos en dúas grellas de 10 x 10 km da Comarca de Monterrei

Salamandra - Transectos nocturnos para anfibios
Especies e número de exemplares observados en catro transectos:Pintafontes común, Lissotriton boscai, 2 exemplares
Sapiño comadrón, Alytes obstetricans, 5 exemplares
Sapo cunqueiro, Bufo bufo, 15 exemplares
Ra patilonga, Rana iberica, 1 exemplar
Ra verde, Pelophylax perezi, 2 exemplares


Hyla - Estacións de escoita nocturna de anuros
Especies e número de exemplares escoitados en quince estacións:Sapiño Comadrón, Alytes obstetricans, 23 exemplares, máis outros 30 aproximadamente
Sapo corriqueiro, Bufo calamita, 2 exemplares
Marza, Hyla arborea, 68 exemplares, máis outros 20 aproximadamente
Ra verde, Pelophylax perezi, 72 exemplares


Triturus - Mostraxe de charcas para anfibios
Especies e número de exemplares observados en dez puntos de mostraxe:
Píntega, Salamandra salamandra, 1 larva
Pintafontes común, Lissotriton boscai, 38 exemplares e 6 larvas
Pitafontes verde, Triturus marmoratus, 5 exemplares e 4 larvas
Ra verde, Pelophylax perezi, 62 exemplares

Lacerta - Transectos diurnos para réptiles
Especies e número de exemplares observados en catro percursos de tres tramos cada un:Esgonzo ibérico, Chalcides bedriagai, 3 exemplares
Esgonzo común, Chalcides striatus, 2 exemplares
Lagarto arnal, Timon lepida, 6 exemplares
Lagarta dos penedos, Podarcis hispanica, 17 exemplares
Lagarta rabuda, Psammodromus algirus, 33 exemplares
Escáncer común, Anguis fragilis, 1 exemplar
Escáncer cego, Blanus cinereus, 4 exemplares
Cobregón, Malpolon monspessulanus, 4 exemplares
Cobra de auga viperina, Natrix maura, 1 exemplar
.
Citas de anfibios e rétiles fora de mostraxe
Anfibios:
Píntega, Salamandra salamandra, 1 exemplar
Pintafontes común, Lissotriton boscai, 1 exemplar
Pintafontes verde, Triturus marmoratus, 3 exemplares
Sapiño comadrón, Alytes obstetricans, 3 exemplares, máis outros 30 aproximadamente
Sapiño pinto, Discoglossus galganoi, 2 exemplares
Sapo cunqueiro, Bufo bufo, 8 exemplares
Sapo corriqueiro, Bufo calamita, 4 exemplares
Marza, Hyla arborea, 1 exemplar
Ra patilonga, Rana iberica, 3 exemplares
Ra verde, Pelophylax perezi, 1 posta
Réptiles:
Ladra, Tarentola mauritanica, 1 exemplar
Esgonzo común, Chalchides striatus, 3 exemplares
Lagarto arnal, Timon lepida, 6 exemplares
Lagarto das silveiras, Lacerta schreiberi, 3 exemplares
Lagarta galega, Podarcis bocagei, 2 exemplares
Lagarta dos penedos, Podarcis hispanica, 5 exemplares
Lagarta rabuda, Psammodromus algirus, 7 exemplares
Lagarta cincenta, Psammodromus hispanicus, 5 exemplares
Escáncer común, Anguis fragilis, 1 exemplar
Escáncer cego, Blanus cinereus, 2 mudas
Serpe riscada, Rhinechis scalaris, 4 exemplares e 2 mudas
Cobregón, Malpolon monspessulanus, 1 exemplar e 3 mudas
Cobra de auga viperina, Natrix maura, 1 exemplar
Cobra de auga de colar, Natrix natrix, 2 exemplares
Atropelos e mortes de anfibios e réptiles
Anfibios:
Sapo cunqueiro, Bufo bufo, 3 exemplares atropelados
Ra patilonga, Rana iberica, 1 exemplar morto
Réptiles:
Lagarto arnal, Timon lepida, 2 exemplares atropelados
Serpe riscada, Rhinechis scalaris, 1 exemplar matado
Cobregón, Malpolon monspessulanus, 6 exemplares atropelados e 1 exemplar matado
Ameazas
*Abandono do campo
*Actividades extractivas
*Agricultura e gandeiría: modificación de terreos
*Colmatación
*Construción de obras públicas: asfaltado de pistas rurais, canalización dos cursos de auga
*Fitosanitarios: herbicidas, sulfatos
*Introdución de especies alóctonas: Black-Bass, Cangrexo roxo, Galápago de Florida, Percasol, Visón americano
*Modificacións do medio acuático: recheo de lagoas
*Residuos sólidos: entullos, electrodomésticos, envases, lixo...
*Urbanización
*Verquidos: augas residuais

.
SARGA
Autor e coordinador do proxecto: Martiño Cabana Otero

luns, 20 de abril de 2009

Primeiras citas de aves estivais

Andoriña común, Hirundo rustica. 25 de febreiro 2009. Concello de Verín
Picafollas ibérico, Phylloscopus ibericus. 8 de marzo 2009. Concello de Verín
Andoriña de cu branco, Delichon urbica. 13 de marzo 2009. Concello de Verín
Garallo, Clamator glandarius. 15 de marzo 2009. Concello de Verín
Andoriña dáurica, Hirundo daurica. 17 de marzo 2009. Concello da Gudiña

Chasco cincento, Oenanthe oenanthe. 19 de marzo 2009. Concello do Riós

Cuco, Cuculus canorus. 21 de marzo 2009. Concello de Monterrei
Miñato negro, Milvus migrans. 29 de marzo 2009. Concello de Verín
Bubela, Upupa epops. 30 de marzo 2009. Concello de Oímbra

Papuxa carrasqueira, Sylvia cantillans. 30 de marzo 2009. Concello de Oímbra

Folosa amarela, Hippolais polyglotta. 30 de marzo 2009. Concello de Oímbra

Aguia cobreira, Circaetus gallicus. 30 marzo 2009. Concello de Oímbra

Cascarrollo, Lanius senator. 30 de marzo 2009. Concello de Oímbra

Rousinol común, Luscinia megarhynchos. 6 de abril 2009. Concello de Monterrei
Tartaraña cincenta, Circus pygargus. 9 de abril 2009. Concello de Oímbra
Peto formigueiro, Jynx torquilla. 13 de abril 2009. Concello de Oímbra
Aguia calzada, Hieraaetus pennatus. 17 de abril 2009. Concello de Vilardevós

Andoriña das barreiras, Riparia riparia. 19 de abril 2009. Concello de Verín
Miñato abelleiro, Pernis apivorus. 21 de abril 2009. Concello de Monterrei

Grou, Merops apiaster. 23 de abril 2009. Concello da Gudiña

Vencello, Apus apus. 25 de abril 2009. Concello de Monterrei
Picafollas de Bonelli, Phylloscopus bonelli. 25 de abril 2009. Concello de Monterrei
Escribenta hortelá, Emberiza hortulana. 25 de abril 2009. Concello de Verín
Falcón pequeno, Falco subbuteo. 25 de abril 2009. Concello de Verín
Papafigos, Oriolus oriolus. 1 de maio 2009. Concello do Riós
Rola común, Streptopelia turtur. 3 de maio 2009. Concello de Oímbra
Picanzo vermello, Lanius collurio. 23 de maio 2009. Concello de Cualedro