xoves, 3 de decembro de 2009

LIC-ZEPVN río Tamega

Fagamos a seguinte reflexión: para que serve un LIC ?

O espazo natural do río Támega está declarado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). Esto en si mesmo debería servir para algo, digamos, por exemplo, para protexer realmente os seus valores naturais.

Esta protección é real ?

Obsérvense as seguintes fotografías:














O que se ve é o desbroce sistemático da vexetacíon de ribeira.

As fotografías están tomadas na Xunta dos Ríos, ponte de Oímbra, ponte de Mourazos e ponte de Rabal, os desbroces seguían augas arriba e augas abaixo destes puntos.

Por isto deducimos o seguinte:

* A devasa acada quilómetros a ámbalas dúas beiras do cauce.

* Cortáronse un sen número de plantóns de árbores e vexetación de ribeira, deixando só as árbores de maior porte.

* Amoréanse toneladas de materia vexetal morta.

* O resultado final é unha devasa sistemática duns cinco metros de largo (ancho) que elimina flora de alto valor ecolóxico que non favorece en nada á fauna asociada e ao ecosistema de ribeira.

Aínda que pareza surrealista é unha obra da Administración. Esta en concreto seica é promovida pola Confederación Hidrográfica del Duero.

A principio da temporada de pesca pasada (ano 2009) tamén se desbrozaron as beiras de moitos ríos para facilitar o acceso dos pescadores ao río. Esta devasa promovida directamente pola Consellería de Medio Ambiente, que, paradóxicamente, é de quen saíu a proposta para a súa protección e quen debería velar polo seu coidado.

A seguinte fotografía mostra como quedou un treito do río Mente a principio de temporada de pesca:




No río Támega aconteceu o mesmo.

Hai que resaltar que moitas especies víronse afectadas no seu período de nidificación, por poñer un exemplo digamos que mermou a enorme cantidade de Rousinois comúns, Luscinia megarhynchos, que se podían escoitar ao longo do paseo da Preguiza (Verín), debido, case con total seguridade, á falta do sotobosque que tanto require esta especie.

Nesta época do ano veríanse afectadas moitas especies invernantes, sobre todo as que lles favorece a presenza do sotobosque de ribeira, ben sexa como lugares de alimentación ou de refuxio.

De que serve entón protexer un espazo natural ?
.
Recoméndase visitar esta outra entrada do blog Noroeste Ibérico de Rubén Portas, A vexetación cumpre unha función!:
http://noroesteiberico.blogspot.com/2009/12/vexetacion-cumpre-unha-funcion.html
.
Tamén se remomendan estas outras entradas do blog Fauna Vertebrada de Ourense de Alberto Rivero:
http://faunaourense.blogspot.com/2009/12/nova-variedade-de-deforestacion.html
http://faunaourense.blogspot.com/2009/12/sobre-xestion-dos-rios-na-limia.html
.
E CONTINÚA A DESFEITA:
http://www.laregion.es/noticia/78986/verín/plan/medio/ambiente/fondo/dinamización/acondicionamiento/ríos/inversión/

3 comentarios:

Cesar dixo...

Boas Xose Ramon, penso que o unico xeito de paralo e denuncialo o Seprona, o problema e que isto seguro que entra dentro do Plan Eeeee!, e aposto a que o xustifican como loita contra os asolagamentos..
Se precisas calqueira cousa aqui estamos.

Cesar

Marco dixo...

Já me tinha apercebido disto há uns dias. Pelos vistos, há asneiras em ambos lados da fronteira. Em Chaves também se têm feito trabalhos parecidos, supostamente para favorecer a pesca... Como se os peixes não precisassem da sombra e da vegetação arbustiva e herbácea nas margens. Enfim. Boas fotos Ramón.

Martiño Cabana dixo...

Na Granxa fixeron unha desfeita enorme. Non teñen nin idea do que cortan nin como o deben cortar. A cultura do lume e machado, tranformada agora en motoserra e desbrozadora segue estando no fondo das nosas mentes.