sábado, 27 de febreiro de 2010

Andoriñas na tempestade

A tarde en que atravesou o ciclón Xynthia saímos dar unha volta polo val do Támega Alexandre Justo e mais eu.
O temporal traía chuvieiras intensas con rachas de vento forte e tépedo, as nubes corrían depresa e os campos estaban asolagados. Non parecía o mellor momento para observar fauna, mais a casualidade levounos polas lagoas das Fragas de Penelas en San Cibrao. A imaxe que tiñamos diante era do máis sensacional, había unha concentración de, polo menos, cento quince Andoriñas comúns (Hirundo rustica), tres Andoriñas das barreiras (Riparia riparia) e unha Andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), todas elas sobrevoando a tona da auga.


Perto andaba voando un Miñato negro (Milvus migrans), o primeiro da temporada -que xa o viramos por cima do bairro de San Lázaro en Verín dirixíndose a sur-, afuxentábano do lugar unha parella de Corvelos (Corvus corone). Polo chan acubillábanse bandiños de Lavercas (Alauda arvensis) e Cotovías pequenas (Lullula arborea). Nas árbores dispersas víanse bandos máis grandiños de Trigueiróns (Emberiza calandra) emitindo constantes e sonoros reclamos. Os Corvos mariños grandes (Phalacorcorax carbo), subidos a uns Choupos, e algunha Garza real (Ardea cinerea), voando polo medio dos Amieiros, completaban o elenco.
O punto negativo do día foi o achado dun cadáver de Curuxa común (Tyto alba) a carón da torre medieval da igrexa de Vilaza.



sábado, 20 de febreiro de 2010

Flora de primavera - inverno


O Pracer, 20 de febreiro do 2010
pode que houber flores máis temperás que este Ranunculus ficaria mais para min é a primeira flor ventureira desta temporada


San Cibrao, 9 de abril do 2010
esta é a primeira orquídea que vexo nesta primavera, unha Orchis mascula

mércores, 10 de febreiro de 2010

Anelamento de aves en inverno no Val do Támega

No fin de semana do 5, 6 e 7 de febreiro realizouse un anelamento de aves invernantes no Val do Támega polas zonas do Regueiro do Pontón, en Oímbra, e nas Malladas, entre Mandín e Feces de Cima.
A actividade foi realizada polos aneladores Pablo A. Sanmartín Santiago e Emilio Martínez, ambos do Grupo de Anelamento Anduriña.
Tamén participaron distintos ornitólogos e naturalistas: Alberto Rivero, Alexandre Justo, Atocha Ramos, Cosme Damián Romai Cousido, Eduardo Castro, Encarna González Rodiño, Gustavo Ferreiro Martínez, Marco Fachada, Paco Carballo, Paulo Travassos e o pequeno Mario, Xosé Ramón Reigada e o pequeno Lois.

Regueiro do Pontón, Oímbra



Especies aneladas:

Tordo común, Turdus philomelos, 4
Merlo común, Turdus merula, 13
Azulenta común, Prunella modularis, 5
Papuxa cabecinegra, Sylvia melanocephala, 9
Picanzo real meridional, Lanius meridionalis, 1
Carriza, Troglodytes troglodytes, 2

Paporrubio, Erithacus rubecula, 4
Chasco común, Saxicola torquatus, 5
Rousinol bravo, Cettia cetti, 1

Pica dso prados, Anthus pratensis, 1
Picafollas común, Phylloscopus collybita, 3
Ferreiriño rabilongo, Aeghitalos caudatus, 3

Ferreiriño real, Parus major, 11
Ferreiriño azul, Parus caeruleus, 1
Trigueirón, Miliaria calandra, 1
Escribenta amarela, Emberiza citrinella, 1

Papuxa cabecinegra (Foto de Eduardo Castro)
Carriza (Foto de Eduardo Castro)
Ferreiriño rabilongo
Ferreiriño azul
Trigueirón (Foto de Eduardo Castro)
Escribenta amarela (Foto de Eduardo Castro)

Outras observacións de aves:

Corvo mariño grande, Phalacrocorax carbo, 191 exemplares
Azor, Accipiter gentilis, 1
Miñato común, Buteo buteo, 1
Cerceta común, Anas crecca
Falcón peregrino, Falco peregrinus
Picanzo real meridional, Lanius meridionalis, vari0s exemplares, moi abondoso
Peto pequeno, Dendrocopos minor, 2
Escribenta común, Emberiza cirlus, 5

Trigueirón, Miliaria calandra, un bando de 87 individuos
Cotovía cristada, Galerida cristata, 2
...

Escribenta común
Cotovía cristada

As Malladas, Mandín - Feces de Cima

(Foto de Eduardo Castro)
Especies aneladas:

Merlo común, Turdus merula, 2
Azulenta común, Prunella modularis, 1
Papuxa cabecinegra, Sylvia melanocephala, 2
Picanzo real meridional, Lanius meridionalis, 1
Cotovía pequena, Lullula arborea, 6 + 5 +
Paporrubio, Erithacus rubecula, 1

Chasco común, Saxicola torquatus, 2 + 1 recuperado
Picafollas común, Phylloscopus collybita, 2
Ferreiriño real, Parus major, 9

Ferreiriño azul, Parus caeruleus, 1
Escribenta riscada, Emberiza cia, 6


Picanzo real
Picafollas común (Foto de Eduardo Castro) Escribentas riscadas (Foto de Eduardo Castro)
Ferreiriño real (Foto de Eduardo Castro)

Outras observacións de aves:

Andoriña común, Hirundo rustica, 2 - primeiras observacións do ano no val
Cotovía pequena, Lullula arborea, 5 + varios exemplares cantores desde primeira hora da mañá

Avelaiona, Strix aluco, 1

...

Outras observacións durante as xornadas:

Sapo corriqueiro, Bufo calamita, 1 exemplar en Vilarello da Cota
Píntega común, Salamandra salamandra, 1 femia en Vilarello da Cota, outras 3 femias nas Malladas, un exemplar afogado nun pozo de regadío perto do río Támega
Pintafontes verde, Triturus marmoratus, 4 machos adultos e varias larvas nas Malladas
Ra patilonga, Rana iberica, 2 exemplares nas Malladas

Rezadeira de auga, Nepa cinerea, As Malladas
Percasol, Lepomis gibbosus, varios exemplares, especie alóctona invasora, introducida nun estanque dunha fonte en Vilarello da Cota, avisouse aos servizos de Medio Ambiente da presenza desta especie invasora para a súa posible retirada
por risco de escape ao medio natural

Durante a xornada do sábado tamén se deu aviso ao 112 do comenzo dun incedio forestal nos montes de Vilarello da Cota.
Como complemento recolléronse varios nomes vernáculos de fauna que nos facilitou o señor Fermín Rodríguez Gallego da cantina de Mandín:

Aves:
- Carreo, Clamator glandarius, "esta é a segunda vez que se recolle un nome vernáculo para designar a especie Clamator glandarius en territorio galego"
- Pica pau, Dendrocopos major
- Pito verdieiro, Picus viridis
- Cotornís, Coturnix coturnix
- Pedreiro, Oenanthe oenanthe
- Ribideira, Certhia brachydactyla
- Papafigos, Oriolus oriolus
- Vencello, Apus apus
- Ghaio, Garrulus glandarius
- Pintasilgo, Carduelis carduelis
- Ghabilán branco, Circus pygargus
- Ghabilán grande, Accipitridae
- Ghabilán pequeno, Falco tinnunculus
- Bufo, Bubo bubo
- Curuxa, Strix aluco, Tyto alba
- Avefría, Vanellus vanellus
- Gharza, Ardea cinerea
- Brandisa, Motacilla alba
- Pernileiro, Burhinus oedicnemus
- Cotolovía de curucho, Galerida cristata
- Cotolovía, Lullula arborea
- Cheda, Sylvia undata
- Foleca, Sylvia atricapilla
- Trallón, Ficedula hypoleuca
- Ruiseñor, Luscinia megarhynchos
- Noitevoar, Caprimulgus europaeus

Réptiles:
- Ladra, Tarentola mauritanica
- Viberón, Chalchides striatus, Chalcides vedriagai ?, Anguis fragilis, Blanus cinereus ?

Mamíferos:
- Doniña, Mustela nivalis
- Murocegho, Quirópteros

Anfibios:
- Salamantra, Salamandra salamandra

Invertebrados:
- Alacraio, Buthus occitanus

"Agradecemos a disposición que nos prestaron dende o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas facilitándonos a estancia no albergue rural multiusos de Vilarello da Cota"

Máis entradas da actividade en:

http://anillagalicia.blogspot.com/2010/02/oimbra-y-verin.html

Rotas da Terra. Jornada de Anilhagem de Aves. 06 de Fevereiro
.