sábado, 15 de maio de 2010

Uma viagem por Valpaços

Hai algunhas especies mediterráneas que están ás mesmísimas portas da Galiza. As citas máis próximas distan a tan só uns 30 km en liña recta coa zona de Verín, ou áinda menos, polo que poderían acabar ocorrendo na comarca, cando menos ficarían moi preto.
No sábado 15 de maio percorrrimos a zona de Valpaços, Rafa Vázquez 'Nocko' e mais eu, para mostrarme, en especial, as especies de hérpetos mediterráneos "Lagartija colirroja - Lagartixa-de-dedos-dentados" (Acanthodactylus erythrurus) e "Gallipato - Salamandra-de-costelas-salientes" (Pleurodeles waltl), que xa tiñan citadas noutra visita anterior da Asociación Saramaganta (Anxos Romeo, Martiño Cabana, Rafa Vázquez 'Nocko' e Ricardo Ferreiro). Desta volta atopámonos coa sorpresa de descubrir un exemplar da fermosa "Culebra de herradura - Cobra-de-ferradura" (Hemorrhois hippocrepis), non existindo citas en territorio galego para ningunha destas tres especies.
Hemorrhois hippocrepis (fotografía de Rafa Vázquez 'Nocko')
Río Rabaçal Pleurodeles waltl (fotografía de Rafa Vázquez 'Nocko')

Acanthodactylus erythrurus
Na zona tamén é frecuente o "Zimbro" (Juniperus oxycedrus), unha árbore tampouco citada para Galicia e que está tamén aí, ao ladiño mesmo.
Juniperus oxycedrus
Tamén se detectaron outras especies de hérpetos como Píntega común (Salamandra salamandra), Pintafontes verde (Triturus marmoratus), Sapo corriqueiro (Epidalea calamita), Ra verde (Pelophylax perezi), Esgonzo ibérico (Chalcides bedriagae), Escáncer cego (Blanus cinereus), Lagarta rabuda (Psammodromus algirus), Lagarto arnal (Timon lepidus), Cobra de auga viperina (Natrix maura).
Chalcides bedriage (fotografía de Rafa Vázquez 'Nocko')
Timon lepidus
En aves observamos e escoitamos, entre outras máis comúns, varios territorios de Picanzo cabecirrubio (Lanius senator), Bubelas (Upupa epops), Papafigos (Oriolus oriolus), dúas Aguias cobreiras (Circaetus gallicus) con piídos en voo paralelo, Abellarucos (Merops apiaster)...
Lanius senator