martes, 20 de decembro de 2011

Sociedade Antropolóxica Galega

Eis aquí unha nova páxina de referencia para acabarmos ben o ano:

antropoloxiagalega.org



Grazas ao Miguel Losada por pasarnos o enlace

venres, 4 de novembro de 2011

Maleza e bicharada

No mes pasado fiquei sorprendido cunha noticia que apareceu en varios xornais:


Vecinos (de Verín) recogen firmas para exigir la limpieza del cauce del río Támega


Verín recoge firmas para que le dejen limpiar el río Támega


Había frases coma istas:


Centenares de arbustos y árboles se han apropiado durante los últimos años del verdadero cauce del río...


«El estado del río es lamentable y vergonzoso»...


...«está lleno de maleza, hace años que no se limpia, y en él han crecido decenas de árboles que obstaculizan el paso del agua»...


A continuación vanse poñer unha serie de imaxes do LIC do río Támega obtidas nos barrios do Olivar e a Noria ao seu paso pola vila de Verín e na súa inmediata continuación pola paraxe do Pracer. Xulgade vós



O Olivar - Verín
Leito do río Támega
Só nesta parcela dentro do leito do río xa nos atopamos cunha importante diversidade de Flora, unhas dez a doce especies: Xungo (Juncus sp), Hortelá de auga (Mentha aquatica), Pementa de auga (Polygonum hydropiper), Ortiga (Urtica dioica), Espadana (Typha latifolia), Carrizo (Pragmites australis), Salgueiro (Salix sp), Dulcamara (Solanum dulcamara)...
Herba moura, Solanum nigrum
Lavatera cretica
Picafollas común, Phylloscopus collybita
Lavanco, Anas platyrhynchos
Na orela tratan de medrar uns pés de Choupo híbrido (Populus x canadiensis), un tímido Pradairo (Acer pseudoplatanus) e un Amieiro (Alnus glutinosa)
Camiño da Noria
Catalpa, Catalpa bignonioides, naturalizada
Lavancos, Anas platyrhynchos
En primeiro termo vemos naturalizado un Pradairo negundo, Acer negundo

Herba do pobre, Clematis vitalba
Vide, Vitis vinifera, rubindo polo toro dun Salgueiro branco, Salix alba
Vide, Vitis vinifera, e Herba carmín, Phytolaca americana
Falsa acacia, Robinia pseudoacacia, naturalizada
Leitarega, Euphorbia amigdaloides, entre follas de Pradairo, Acer pseudoplatanus
Hedre, Hedera hibernica
Bosque ribeirán onde predominan os Freixos, Fraxinus angustifolia, nesta zona contabilízanse máis de trinta especies arbóreas diferentes
Plátano de sombra, Platanus orientalis var. acerifolia, naturalizado
Cartaz na preseira do muíño do Pracer
Hortelá de auga, Mentha aquatica, e unha Bolboreta da especie Artogeia rapae
Crocus serotinus
Freixos, Fraxinus angustifolia, de bo porte



No mes de abril xa saíra tamén outra noticia semellante:


Bancos de algas invaden el río Támega en Verín


Estas algas ás que se refire o artigo non son tales, trátase de Ranúnculos acuáticos, Ranunculus penicillatus, en floración, como defensa do río ao carecer da sombra das árbores


Cada cousa ten a súa beleza, mais non todos poden vela
Confucio


Nesta entrada só se pretenden cuestionar os temas que teñen a ver en xeral coa Natureza e en particular co ecosistema ripícola

martes, 4 de outubro de 2011

Noso futuro

Vanse poñer unhas imaxes que estaban arquivadas e que reflicten o que está a acontecer nestes últimos tempos
















...que sirva de reflexión


O lume é xente, grita.
Mira a auga, tamén é xente, a auga está viva.
O lume é xente forte.
O lume enfádase, na taiga ardeu moitos días, e cando se enfada, da medo.
A auga tamén da medo, e o vento cando se enfada.
O lume a auga e o vento son xente moi forte.

Derzu Uzala

xoves, 29 de setembro de 2011

Noso pasado



Onte presentouse a 2ª edición da Guía Arqueolóxica do Alto Támega

Parabéns a Bruno Rúa, o seu autor, por esta obra excepcional

-excepcional adx. 1. Que constitúe unha excepción, que se afasta do que é habitual e ordinario ou que ocorre en contadas ocasións. ANT. habitual, normal. 2. Que ten unhas calidades ou características superiores ó que é habitual ou que están fóra do común. SIN. excelente, fantástico, marabilloso, portentoso, prodixioso.CF. singular, único. SIN. extraordinario.-

venres, 24 de xuño de 2011

Ribeira do Mente

Río Mente

A sensación que transmite esta belísima paisaxe é de extrema impresión,
espectacular no seu contido,
na súa magnitude telúrica,
asombrosa.
Terra prehistórica de caprichosas formacións pétreas,
as palas ocas, os penedos furados, as fragas, as covas,
os Mouros.
Os socalcos de antigas culturas agrícolas pendurados na ladeira,
viñas ventureiras,
antiquísimos lagares á intemperie,
adegas desertas de paredes esborralladas,
un culto aos froitos da Mai Terra.
E nas profunidades
o eterno río,
o Pai Mente,
e a imposíbel Ponte Vella.
Emocionante,
transcendental.

O pasado sábado 11 de xuño realizouse unha saída pola zona do río Mente na compaña de Victor Alves, excelente naturalista e autor do blogue Montesinho Natural.

En poucas horas recoñecimos nada menos que unhas 130 especies de Flora.

En Fauna identificamos as seguintes especies: 2 arácnidos, 8 bolboretas, 2 escarabellos, 1 avéspora, 1 odonato, 1 anfibio, 3 répteis, 10 aves (iamos máis atentos ao chan do que ao ceo), e rastros dunhas 6 especies de mamíferos.

Como se pode ver o elenco foi abondoso, en especial as prantas, das que moitas eran especies restritas, inlcuso algunha era única para estas latitudes.

A continuación imos a poñer unha presentación coas imaxes obtidas e un enlace á galería de Picasa coas fotografías e a identificación de varias das especies.









Ribeira do Mente


Fica dicir que esta zona forma parte do Parque Natural de Montesinho, no lado Portugués, e precisaría de ter algunha medida de protección no lado Galego. Só iso.

Especial agradecemento a Victor Alves e os seus, obrigado

martes, 31 de maio de 2011

Maio maduro Maio

Eis aquí unhas actividades deste mes ventureiro:

* Nos días 28 e 29 de maio realizouse en Ourense unha xornada formativa do programa SARE Seguimiento de Anfibios y Reptiles de España da Asociación Herpetológica Española, con saídas ao campo polo Monte do Cuco en Ourense, Areeiras da Limia en Vilar de Santos e Castelo de Monterrei.

Lagartiña rabuda, Psammodromus algirus



Video de imaxes do Monte do Cuco

Especiais agradecementos aos organizadores do evento: César Ayres, Alberto Rivero e Enrique Ayllón.



E unhas entradas de blogues sobre a xornada:

Lagarixa cinsenta no Pereiro de Aguiar. Fauna Vertebrada de Ourense. Alberto Rivero

Do escáncer ao escouparón: Da Limia ao Val do Támega. Fauna Vertebrada de Ourense. Alberto Rivero

Restos de culebra bastarda. (Ciencia-en Red) Biología. Inés G. de Castro

* No domingo 29 de maio tamén se realizou unha limpeza e recollida de residuos, no bosque ribeirán do Pracer, por voluntarias e voluntarios do proxecto Móvete Natura da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense FEMURO, o día 1 de maio xa limparan a zona dos magostos na Atalaia, Monterrei.

Bosque do Pracer

Em breve enlazaremos aquí un artigo sobre as especies máis interesantes de Flora e Fauna que habitan o Bosque do Pracer cunha breve reseña histórica do lugar. Aquí está o documento:



Maio maduro Maio

Maio maduro Maio
quem te pintou
quem te quebrou o encanto
nunca te amou
raiava o sol já no sul
e uma falua vinha
lá de Istambul
sempre depois da sesta
chamando as flores
era o dia da festa
Maio de amores
era o dia de cantar
e uma falua andava
ao longe a varar
Maio com meu amigo
quem dera já
sempre no mês do trigo
se cantará
qu'importa a fúria do mar
que a voz não te esmoreça
vamos lutar
numa rua comprida
el rei-pastor
vende o soro da vida
que mata a dor
anda ver, Maio nasceu
que a voz não te esmoreça
a turba rompeu


José Afonso

sábado, 21 de maio de 2011

Cantos Rabirrubios haberá na vila ?

O Rabirrubio común, Phoenicurus ochruros, é unha especie antropófila, moi común dentro das poboacións humanas, seguro que debido a habitar de forma natural ambientes rupícolas. A pesar desta veciñanza coa especie humana semella que non é un paxaro moi coñecido, de facto aínda non se recolleu ningún nome vernáculo na comarca que o designe, a única referenza galega que teño, aparte da oficial, foi a que lle recollín a un veciño do concello de Manzaneda que lle daba o nome de Ferreiro.



O caso é que o outro día fixen uns traxectos a primeira hora da mañá por unhas rúas da vila de Verín e contabilicei nada menos que sete machos de Rabirrubio cantando dende os edificios, de fácil detección ao ser unha das primeiras especies que cantan á mañá cedo, comenzando a ouvirse incluso de noite aló polas cinco ou seis da madrugada.

Ao comprobar a elevada densidade desta especie, e a relativa facilidade de detectala mediante audicións, ocurréuseme realizar outros dous percorridos de similar distancia e hábitat por zonas repartidas de maneira simétrica para tratar de sacar unha estima dos individuos ou parellas que podería haber na vila.

Cos resultados obtidos marquei nun mapa os puntos aproximados das escoitas, que deron unha densidade similar entre eles, e rechei entón os ocos baleiros de forma semellante a como estaban distribuídos no espazo.

Ao contabilizar todos os puntos, reais e estimados, saíume un número de 115, que, de seren certos, corresponderíanse co número aproximado de machos cantores de Rabirrubio común dentro da vila, e pensando que cada macho defendese un territorio habería entón cento quince territorios de cría.

Para saber o número total de individuos faltaríanos multiplicar o número de parellas reprodutoras pola cantidade de xuvenís que saísen adiante nese primeiro estadío, podendo poñerlle unha media baixa de só dous polos por parella.

Resumindo, que 115 machos, máis 115 femias, máis 230 xuvenís, danos un total de 460 Rabirrubios aproximados dentro da vila a final da temporada de cría. Será certo ?


Ver mapa más grande

luns, 16 de maio de 2011

Información complementaria sobre a pedra do guerreiro

A continuación póñense uns enlaces en torno ao programa de radio La Rosa de los Vientos onde se recolle un podcast facéndose eco do tema: Descubren en Galicia la estela más antigua que representa un guerrero; e un chat onde se comenta o Hallazgo de una estela del tipo suroccidental en tierras gallegas:

RosaVientosPodcast.com - 16 de mayo de 2011 ...Descubren en Galicia la estela más antigua que representa un guerrero...

El Portal de la Rosa de los Vientos - Foros de discusión. Pasajes de la Historia. Una estela del suroeste en Galicia

martes, 10 de maio de 2011

A pedra do guerreiro

A pedra do guerreiro no museo etnográfico de Castrelo do Val












De esquerda a dereita Miguel Losada, José Luis Lozano (o descubridor da estela), Bruno Rúa (experto en Arqueoloxía), Eduardo Castro


Imos poñer máis enlaces debido ao trascendente do achado.


O autor do excelente blog Capítulo 0 e director de culturagalega.org, Manuel Gago, interprétanos os símbolos e axúdanos a entender a estela:











...segundo o arqueológo Alberte Reboreda, "vincula o mundo mediterráneo e o atlántico" na Prehistoria e máis neste momento... (Fragmento recollido da entrada Dentro do universo dun guerreiro, de culturagalega.org)


De novo a comarca de Monterrei barruntando o Mare Nostrum dende unha Galizia atlántica.


As sempre interesantes palabras da autora do blog A Urdiñeira:




A noticia na páxina oficial do Concello de Castrelo do Val:




E a noticia na televisión:










agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG