mércores, 12 de xaneiro de 2011

Asfaltado de camiños rurais. Estradas directas a ningures

O progreso imparable chegou ao agro galego, rápido para os tempos, sen criterios cívicos, estrullando a cultura e o medio. A parcelaria arranca as nosas árbores, esborralla as paredes, dulcifica os carreiros tortos, abre largas pistas agrícolas dereitiñas coma gallas. E a sociedade pide asfalto nos camiños para non lixarse co bulleiro, e a administración atende. O efecto disto, alén doutros, é o atropelo da fauna que imos tratar, os anfibios, indefensos ante as enormes rodas da civilización.
Sapo de esporóns, Pleobates cultripes


Sapo cunqueiro, Bufo bufo
Pintafontes verde, Triturus marmoratus
Pitafontes común, Lissotriton boscai


Píntega, Salamandra salamandra




Sapo corriqueiro, Epidalea calamita






Nestes días apartamos varios exemplares das estradas para evitar os esmagamentos e comprobamos unha elevada mortaldade de anfibios


Os anfibios están ameazados a nivel mundial, son especies protexidas en maior ou menor medida por catálogos de especies ameazadas ou por convenios internacionais, a mioría delas son especies ou subespecies endémicas da Península Ibérica
As fotografias destes anfibios foron tomadas nas pistas asfaltadas da concentración parcelaria entre Vilaza, Albarellos e Pazos
Sapo cunqueiro atropelado na estrada de Requeixo, escenificación
Lagoa de Vilaza, zona de reprodución de anfibios
Poza na parcelaria de Vilaza, lugar de reprodución de anfibios
.
A paradoxa é que o antónimo da palabra progreso é retroceso, curioso, non si!
.

Oxalá que non se fixera nunca máis o asfaltado non xustificado de camiños rurais que levan a ningures.
.

Colaboraron Paco Carballo, Pastor Santamarina e Xosé Ramón Reigada, noutras ocasións Alberto Rivero, Anxos Romeo, Martiño Cabana e Rafa Vázquez, da Asociación Saramaganta.