venres, 24 de xuño de 2011

Ribeira do Mente

Río Mente

A sensación que transmite esta belísima paisaxe é de extrema impresión,
espectacular no seu contido,
na súa magnitude telúrica,
asombrosa.
Terra prehistórica de caprichosas formacións pétreas,
as palas ocas, os penedos furados, as fragas, as covas,
os Mouros.
Os socalcos de antigas culturas agrícolas pendurados na ladeira,
viñas ventureiras,
antiquísimos lagares á intemperie,
adegas desertas de paredes esborralladas,
un culto aos froitos da Mai Terra.
E nas profunidades
o eterno río,
o Pai Mente,
e a imposíbel Ponte Vella.
Emocionante,
transcendental.

O pasado sábado 11 de xuño realizouse unha saída pola zona do río Mente na compaña de Victor Alves, excelente naturalista e autor do blogue Montesinho Natural.

En poucas horas recoñecimos nada menos que unhas 130 especies de Flora.

En Fauna identificamos as seguintes especies: 2 arácnidos, 8 bolboretas, 2 escarabellos, 1 avéspora, 1 odonato, 1 anfibio, 3 répteis, 10 aves (iamos máis atentos ao chan do que ao ceo), e rastros dunhas 6 especies de mamíferos.

Como se pode ver o elenco foi abondoso, en especial as prantas, das que moitas eran especies restritas, inlcuso algunha era única para estas latitudes.

A continuación imos a poñer unha presentación coas imaxes obtidas e un enlace á galería de Picasa coas fotografías e a identificación de varias das especies.









Ribeira do Mente


Fica dicir que esta zona forma parte do Parque Natural de Montesinho, no lado Portugués, e precisaría de ter algunha medida de protección no lado Galego. Só iso.

Especial agradecemento a Victor Alves e os seus, obrigado

1 comentario:

elcamperoinquieto.com dixo...

Bonito paraje!!
Saludos camperos.