venres, 4 de novembro de 2011

Maleza e bicharada

No mes pasado fiquei sorprendido cunha noticia que apareceu en varios xornais:


Vecinos (de Verín) recogen firmas para exigir la limpieza del cauce del río Támega


Verín recoge firmas para que le dejen limpiar el río Támega


Había frases coma istas:


Centenares de arbustos y árboles se han apropiado durante los últimos años del verdadero cauce del río...


«El estado del río es lamentable y vergonzoso»...


...«está lleno de maleza, hace años que no se limpia, y en él han crecido decenas de árboles que obstaculizan el paso del agua»...


A continuación vanse poñer unha serie de imaxes do LIC do río Támega obtidas nos barrios do Olivar e a Noria ao seu paso pola vila de Verín e na súa inmediata continuación pola paraxe do Pracer. Xulgade vós



O Olivar - Verín
Leito do río Támega
Só nesta parcela dentro do leito do río xa nos atopamos cunha importante diversidade de Flora, unhas dez a doce especies: Xungo (Juncus sp), Hortelá de auga (Mentha aquatica), Pementa de auga (Polygonum hydropiper), Ortiga (Urtica dioica), Espadana (Typha latifolia), Carrizo (Pragmites australis), Salgueiro (Salix sp), Dulcamara (Solanum dulcamara)...
Herba moura, Solanum nigrum
Lavatera cretica
Picafollas común, Phylloscopus collybita
Lavanco, Anas platyrhynchos
Na orela tratan de medrar uns pés de Choupo híbrido (Populus x canadiensis), un tímido Pradairo (Acer pseudoplatanus) e un Amieiro (Alnus glutinosa)
Camiño da Noria
Catalpa, Catalpa bignonioides, naturalizada
Lavancos, Anas platyrhynchos
En primeiro termo vemos naturalizado un Pradairo negundo, Acer negundo

Herba do pobre, Clematis vitalba
Vide, Vitis vinifera, rubindo polo toro dun Salgueiro branco, Salix alba
Vide, Vitis vinifera, e Herba carmín, Phytolaca americana
Falsa acacia, Robinia pseudoacacia, naturalizada
Leitarega, Euphorbia amigdaloides, entre follas de Pradairo, Acer pseudoplatanus
Hedre, Hedera hibernica
Bosque ribeirán onde predominan os Freixos, Fraxinus angustifolia, nesta zona contabilízanse máis de trinta especies arbóreas diferentes
Plátano de sombra, Platanus orientalis var. acerifolia, naturalizado
Cartaz na preseira do muíño do Pracer
Hortelá de auga, Mentha aquatica, e unha Bolboreta da especie Artogeia rapae
Crocus serotinus
Freixos, Fraxinus angustifolia, de bo porte



No mes de abril xa saíra tamén outra noticia semellante:


Bancos de algas invaden el río Támega en Verín


Estas algas ás que se refire o artigo non son tales, trátase de Ranúnculos acuáticos, Ranunculus penicillatus, en floración, como defensa do río ao carecer da sombra das árbores


Cada cousa ten a súa beleza, mais non todos poden vela
Confucio


Nesta entrada só se pretenden cuestionar os temas que teñen a ver en xeral coa Natureza e en particular co ecosistema ripícola

9 comentarios:

bea dixo...

Concordo

Rubén dixo...

Excelente entrada amigo Xosé Ramón,
Unha aperta

Rubén

Pequeno historiador dixo...

Nin tanto nin tan pouco, estou de acordo con que non podes arrasar con toda herba "viviente" que se lle ocurra sair na veira do río, pero nas praias fluviais( Sempre e cando sexa de forma manual e non metendo maquinas no rio ) si que é bo unha limpeza de vez en cando. Dende sempre se limpiou o río, unha limpia moi selectiva podia ser beneficiosa, arrasar con todo non.

Xosé Ramón Reigada dixo...

un saúdo "pequeno historiador", facía falta algún blogue específico sobre a comarca nesa materia: "Historia e historias da comarca de Monterrei", parabéns,
a ver se temos oportunidade de nos coñecer, tratei de poñer un comentario no teu blogue mais non me deixou

Pequeno historiador dixo...

¿elo que problema che deu o dos comentarios?

Xosé Ramón Reigada dixo...

Olá de novo Pequeno historiador,
para visionar os comentarios hai dous modos de configuración:
un é o que ven por defecto, ao clicar no apartado de comentarios ábrese unha páxina enteira á marxe da anterior
outro modo é que se abra unha ventaíña paralela á marxe da principal -tal e como está neste blogue-
ben, pois na primeira configuración o Blogger deve ter algún erro e non me deixa inserir comentario algún, na segunda si
ese éche o problema
podes contactar comigo enviando unha mensaxe ao meu enderezo de correo electrónico
Saúdos

Xabi Prieto dixo...

Perdoa o parasitismo informático, Xosé Ramán. Pero levo tempo intentando averiguar cómo demo se pode facer precisamentte isto de pór os comentarios en nunha ventá flotante. pregunteille a Germán Pérez e non me soubo explicar.

Podes ti indicarme cómo fago co blogger?

Unha aperta

PD: qué bonitos son os Freixos!. Por aí tedes unha morea deles, pero na costa norte son case obxecto de museu, podes crerme.

Xosé Ramón Reigada dixo...

Un saúdo Xabi,
o tema éche o seguinte: nas opcións de blogger vaise a 'Configuración', de alí á casiña de 'Comentarios', nesta aparecen varias opcións entre a que está "Ubicación do formulario de comentarios" e de aí seleciónase o punto "Ventá emerxente"
Que curioso eso dos Freixos, por aquí están moi presentes, na primeira liña da auga abondan máis os Amieiros Salgueiros e Choupos e a continuación é onde reinan os Freixos, tamén nos lameiros, en especial os de montaña, con esa equilibrada combinación antropoxénica de Pradería e Freixos

Xabi Prieto dixo...

Un millón de grazas, Ramón!. Xa o modifiquei (era unha recomendación dun colega).

Unha aperta