xoves, 29 de decembro de 2011

O Lagar dos Mouros

O pasado día 26 saíu a seguinte noticia na prensa:
Localizan 13 lagares rupestres utilizados para elaborar vino

Quen ía estar atrás deste artigo senón o amigo e excelente historiador verinense Eduardo Castro O Lagar dos Mouros, San Cibrao, Oímbra
Único cartaz informando da existencia destes lagares rupestres, San Cibrao
O Outeiro, Oímbra
Requeixo, Vilaza - Medeiros, Monterrei
e aínda no presente

3 comentarios:

Pequeno historiador dixo...

¿Sabes? Busquei varias veces o lagar dos mouros de S. Cibrao e nunca din con el. O de Oímbra non tiña constancia. Pero inda hoxe fun a un castro entre Espiño e Medeiros e ali no medio do monte habia un lagar, Non tan vello coma estes (Xa o veras, sera a miña seguinte publicación) pero causame moita sorpresa que fixeran o viño en lagares tan lexanos

Anónimo dixo...

Hola Xosé Ramón, sinto chegar tarde. A semana pasada din por acaso co lagar de Oimbra e despois tamén sen buscalo con outro que hai aantes de chegar a Medeiros, por riba de Requeixo pero pola foto non me coincide porque aquilo está todo queimado. O de San Cibrao non o coñezo a pesar de ter estado ao pé da lápida.
Unha aperta
Xisbe

Xosé Ramón Reigada dixo...

Ei Xosé, un saúdo, xa ves que estes lagares na comarca aparecen por todos lados, só fai falta ir a unha zona un pouco térmica, óptima para o cultivo da vide, e aló aparecen nos penedos. O seu sería que se inventariasen, a maioría non estarían catalogados en Patrimonio. Ao descoñecérense sufren risco de que se estraguen, con inteción ou sen ela
Segundo me dixeron seica onte saíu outro artigo no País, aínda non o lin, cando o teña tratarei de referencialo
Semella que se lle empeza a prestar atención a esta singularidade da rexión, diríamos que o primeiro lugar onde se elaborou viño na Galiza, olla que tamén o azeite !
Vémonos