mércores, 13 de xuño de 2012

O Chincoparedes

Hoxe, por casualidade, atopeime cun nome vernáculo para o Rabirrubio común, Phoenicurus ochruros. Non tiña rexistrado moito acerca do coñecemento popular desta especie, só un vernáculo que lle ouvira a un veciño do concello de Manzaneda, chamáballe Ferreiro, e xa me parecía raro que a xente non lle tivese un nome para este paxaro tan común nos nosos pobos da comarca de Monterrei. Foi no mesmo val, na aldea de Tamagos, concello de Verín. Eis aquí o seu nome: Chincoparedes. A primeira parte do nome "chinco-" pode facer referencia ao seu son de alarma, a segunda parte "-paredes" vese que fai referencia aos lugares onde anda, intuitivo e preciso. Fermoso, non si.

Chincoparedes macho



Chincoparedes femia

8 comentarios:

d:D´ dixo...

Oes, Moncho, fermoso será...non si; mais non lle resta ningún mérito isas tan boas daguerres que fiséchelle non pao "do galiñeiro", na pola do árbore. E xa moito millor isa outra non cumio dun "menhir" dás leiras... dás leiras.Nos eidos. Na cima do poste do lameiro, cas gravuras do tempo, cos fungos agochados, ca alambreira arroscada, cas pallas xa falando dá xeitura, do pan de centeo, dous millos, dá facenda ...mentras ti metido a agricultor non me estraña xa que estudos e preparacións non che fallan...
Breves saúdos d:D´

Xosé Ramón Reigada dixo...

Esta moi limpo pra pau de galiñeiro o guizo no que pousa, e o menhir é mesmo si
Que tempos aquiles, cando a xente ollaba aos páxaros
Saúdos

Cosme Damian Romai Cousido dixo...

Moi interesante nome compañeiro!

Na Coruña cidade é ferreira. En Sanxenxo e Meaño, borrallenta. E algún nome máis por Galiza adiante...

Apertas,
Damián

Xosé Ramón Reigada dixo...

Ei Damián, que bo, ese Ferreiro de Manzaneda repítese na Coruña...
Vémonos

Xabier Prieto Espiñeira dixo...

Ollo, Xosé Ramón, citas casualmente Manzanede. Precisamnte nesa zona é moi abondoso o Colirrubio real (Phoenicuros phoenicuros). Estás seguro que con iso de chincoparedes se referían ao P. ochruros?
Unha aperta.

Xosé Ramón Reigada dixo...

Ola Xabi,
ben é certo que onde aparezan as dúas especies non sería fácil de que os veciños da zona as diferenciasen con facilidade, estou case seguro que lles darían o mesmo nome a ambas, só alguén con maior capacidade de observación se daría conta de que unha delas é distinta ao comparar as diferencias de plumaxe dos exemplares macho, as voces distintas, súa presenza estival ou residente, ou que se decatara de que unha das especies aniña en árbores e a outra en ocos de paredes.
Respecto ao nome de Ferreiro da zona de Manzaneda, o mesmo veciño me dixera que andaba polas paredes das casas vellas polo que concordaría con P. ochruros, aínda que o nome vernáculo podería telo perfectamente compartido co seu parente P. phoenicurus.
Segundo as explicacións do veciño de Tamagos e as posibles raíces do nome respecto a Chincoparedes, todo leva a pensar que se refire en expclusiva ao P. ochruros, ademais o P. phoenicurus no val do Támega é un ave en extremo localizada e non fácil de detectar, nas montañas do redor si que sería unah especie algo máis abondosa.
Saúdos

Fernando Ribeiro dixo...

Olá Xosé

Obrigado pelo reparo acerca de Eduardo Castro, de facto foi um erro meu não o ter mencionado na reportagem que fiz a respeito do recente passeio ao Vale do Tâmega e Monterrei. Embora atrasado, já fiz o reparo nos dois sítios em que a reportagem foi publicada (Blog dos Lumbudus e Blog Chaves). Mais uma vez, obrigado pelo alerta.

Parabéns também por este teu blog que só hoje descobri e já aprendi umas coisas com ele. Vai fical linkado no meu blog e prometo vir por aqui com frequência. Fico-te a dever um copo pelo alerta.

Abraço desde Chaves.

Fernando DC Ribeiro

Xosé Ramón Reigada dixo...

Olá Fernando, obrigado pelo convite, tambem tenho enlaçados os blogues de Lumbudus e Chaves
Vémonos