mércores, 24 de outubro de 2012

Egrexio persoeiro

Acábase de achar nada menos que outra Estela de Guerreiro en Vilar de Perdizes. Está sendo documentada polo arqueólogo Alberte Reboreda: Infome sobre a Estatua-Menhir de Vilar de Perdizes (Montalegre). (*)

Este importante achado foi posible grazas á información facilitada polo seu eximio descubridor: António Lourenço Fontes, o Padre Fontes.


Eis aquí un home que mira pola súa terra, polos seus habitantes e polo seu pasado.

Eramos varios os honrados con tan ilustre compaña. Estabamos por aló o historiador verinense Eduardo Castro, o arqueólogo Alberte Reboreda, o amador das aves Claudio Álvarez de Videferre, o excelente naturalista Xosé Rodríguez, o amador da historia Xosé Luís Lozano descubridor da Estela de Guerreiro de Pedra Alta en Castrelo do Val, e máis eu, o amigo Xosé Ramón Reigada. E noutra xeira anterior, como non, o polifacético artista Beato D'Arzádegos.



Na súa compaña amosounos os tesouros arqueolóxicos que se agochan neste enclave barrosou:

O Penedo de Caparinhos, o Santuario Rupestre de Santa Mariña das Olas, o Altar Rupestre de Pena Escrita, o Dolmen da Casa do Bispo, máis dunha ducia de Lagares Rupestres de posible orixe romana ou anterior, o Penedo de Rameseiros, o Penedo das Pegadinhas da Burra da Nossa Senhora, varias Tumbas Rupestres Antropomorfas Medievais, a representación en pedra do Deus Larouco, o achado desta inédita Estatua-Menhir ou Estela de Guerreiro.

E aínda máis...

Conversamos, tomamos un Vinho do Porto, admiramos a súa biblioteca, contaxiámonos da emotividade do ambiente, da súa amabilidade, o sabor da amizade, o aroma da sabiduría, a música do carácter, a visión da harmonía, a textura do tempo.

Un egrexio persoeiro.

Obrigado por eses momentos inesquecibles.

Estatua-Menhir de Vilar de Perdizes


Calco sobre papel


Coviñas no reverso


Escudo frontal

Interior da igreja matriz de Vilar de Perdizes
Lugar onde apareceu a representación do Deus Larouco, de culto pagán, agochado entre o soallo, atopado durante unhas reformas recentes do templo cristián

Deus Larouco

Asimilado ao Deus Sucelo


Penedo de Caparinhos
Muller e home espidos cos brazos alzados, arco superior (celeste) entre as mans do home, armas depositadas a ambólos lados dos pés. Desde esta perspectiva a figura femenina está por baixo da masculina mais desde o lugar de observación frontal a figura da muller ficaría por diante da do home. Orientación Sur - Norte


Altar sacrificial no lugar cristianizado de Santa Marinha das Olas a carón do mítico río Búbal


Dolmen da Casa do Bispo cunha inscultura dunha serpe


Lagar rupestre de posible orixe romana, e con licenza poética, aínda poida que anterior


Outro dos diferentes lagares rupestres existentes na zona


Penedo das Pegadinhas da Burra da Nossa Senhora con petroglifos xeométricos

Unha das pegadinhas formada por coviñas


Outra parte do penedo das Pegadinhas da Burra da Nossa Senhora co monte Larouco ao fondo


Serra do Larouco, o Deus deitado

Referencias bibliográficas:

(*) Reboreda, A. (2012). Informe sobre a Estatua-Menhir de Vilar de Perdizes (Montalegre) - Pendete de publicación

Enlaces web:

Ponse a continuar un enlace ao blogue Capítulo 0 de Manuel Gago sobre a Estela de Guerreiro de Vilar de Perdizes:

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2012/10/26/unha-nova-estela-do-bronce-no-sur/

E máis outro enlace completísimo sobre a descuberta por parte do Padre Fontes da represetación en pedra do Deus Larouco:

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2012/01/25/mirarlle-a-cara-a-un-antigo-deus/

12 comentarios:

Xabier Prieto Espiñeira dixo...

Bem conheço eu que polo Larouco abaixo, a caróm da "Raia", hai umha morea de penas bem interessantes, si... Graças por compartir connosco estas curiosidades, Xosé Ramón.

Umha aperta

Rafael dixo...

Andamos estes días esas mesmas terras arraianas...estivemos nas Olas de Santa Marinha, tristeiradas polo lume que se levou os pasos de madeira, e chamounos moito a canle tallada entre as pedras e o fondo do caz ben enlousado...supostamos sere pra algún vello muiño ou batán, pro botamos a faltar algún cartaz explicativo (que seguramente existiu pro que o lume arrasaría), dando unha explicación polo miúdo de tan extraordinario lugar,,por certo á saída de Vilar de PErdizes unha señora que nos dixo sere a dona do souto onde estaba o petroglifo do Penedo de Caparinhos, comentouos que as figuras eran Adán e Eva entrelazadas e que o padre António Lourenço dera con elas logo de saber delas por un libro moito antigo e despóis de limpar todo de musgo e herbas.

Mágoa andar xa moi escasos de tempo, que invertiramos en andar polo miúdo polos Povos Promiscuos, sen présa e con susbstanciosas e demoradas conversas coas xentes, que nos fixeron aprender un sinfin de cousas das terras arraianas, dende as filloas de abóbora pra o Natal, ate a represión fascista contra as xentes de Cambedo a medias entre o réxime salazarista e o franquista. Xa sabíamos claro, pro non é o mesmo escoitalo nos beizos da señora Gloria, 90 anos e 6 meses, víctima directa da represión.

En fin que atoparse neste bló coas cousas barrosás e a figura do Antonio Lourenço, o libro de quen "MItos, costumes e crenzas da raia seca" escrito en colaboración con José Rodriguez Cruz, da Gudilña, acompáñanos sempre cando baixamos a esas terras (un par de veces ao ano se non máis)é un motivo de ledicia pois máis que un ser da antípoda galega, a Raia seca e o mundo Barrosá son unha terra benquerida a
que nos obrigamos a ir sen falta cada ano.

Imos ver se un día coincidimos camiñando o planalto de Montalegre... por algures.

Obrigado polas noticias barrosás.

Non perdas as mañas.

UNha aperta

Rafael

Xosé Ramón Reigada dixo...

Ei Xabi, sim, esses locaes sonche bem frutíferos, para pedras e para bicharada, aves, hérpetos, insectos, tambem tem uma flora mediterránica de interesse...
Cumprimentos

Xosé Ramón Reigada dixo...

Olá Rafael, un sáudo,
a esas canles dánselles o nome de "alobadas", a do lado de Videferre éche unha auténtica proeza, separaron a mesma fraga en dúas metades!
Para nós é toda unha honra habermos coñecido e desfrutado da hospitalidade de tan ilustre Barrosou, e como dí el: "um crego do Sul da Galiza"
Grazas ao Padre Fontes lévanse descuberto varios achados marabillosos, entre os de maior importancia O Penedo de Caparinhos, e agora nada menos que esta Estatua-Menhir, que, para facerse unha idea da súa relevancia, dicir que este tipo de estelas tamén son coñecidas coma "Estelas do Suroeste", ao apareceren maiormente neste punto da Península Ibérica, conecta entón a nosa rexión nada menos que coa cultura mediterránica, abraiante !!!
Que bon, camiñardes por esas terras rraiotas, Cambedo, Soutelinho, Lamadarcos... non esquezades Videferre e a súa peculiar fala, de facto a próxima entrada neste blogue serán uns apuntes naturalistas dun amigo veciño de aí
Ese libro do que fas mencíon é todo un referente nos costumes da
Raia, autores así de prolíficos non son fáciles de atopar
Se coincidirmos recoñecerémonos
Vémonos

Rafael dixo...

Obrigado pola información das "alobadas". Quero supoñer que pra o outro lado do regato xa pertence a Parroquia de Videferre, pois é onde mirei e fotografei esas prodixiosas talladas de varios metros de fondo feitas na mesma rocha.
Da fala particular de Videferre nada sabía. Moito obrigado pola ensinanza. Sempre pasamos Videferre adiante e nunca paramos aí. Na prósima volta parada obrigada en Videferre.
Desta xeira eses currunchos entre Vilar de Perdizes, Videferre, Souteliño, Meixide...abriron un mundo fascinante de intereses en cultura, historia e tradición aos que pensamos dar cumprida satisfacción nunha prósima visita.
Interés que entradas coma esta do teu bló (que marabilla a talla do Deus Larouco!!!)non fixeron máis que multiplicar.
Unha aperta.
A mandare.

Miguel dixo...

Xosé Ramón, uma perguntinha.
Em que se caracteriza a fala de Videferre?
Eu, vai dous anos, fum ao entruido de Oimbra e puidem ver as camisolas laranjas dos moços da vila com a frase "No entrudo val tudo"!!
Este moços seriam proscritos polo ILGa-RAG, réus de lusismo. hehehe

Mui obrigado!

Xosé Ramón Reigada dixo...

Olá Miguel, a fala de Videferre caracterízase por varias cousas, en breve inserirei unha entrada no blogue sobre nomes vernáculos e curiosidades desa zona, sería de interese acabalas publicando a serio, que achas. É exemplo a deriva hacia o portugués ou viceversa, a saber; a terminación -ou en vez de -ao; unha manchea de localismos; e aínda haberá máis para profundizar...
Esa frase que comentas é mesmo protugués
Cumprimentos

Miguel dixo...

Olá Xosé Ramón.
Obrigado pola tua resposta.
Já me tarda ler essa interessante entrada que preparas. :-)
Vou falar com gente interessada nos falares fronteiriços, mesmo a nível divulgativo (não sei se conheces os documentários "Entre Línguas" ou "Companhia da Morte" do colectivo Glu-Glu), por se estiverem interessados para o futuro.

Abraços galego-portugueses!

Miguel dixo...

Também é interessante o micro-docu "Quarta-feira logo bem", da Comissão Linguistica da Gentalha do Pichel, de Compostela, que trata da vigência no rural actual dos genuínos nomes galegos para os dias da semena:
http://www.youtube.com/watch?v=8dtRULG-cB8

E desculpa por abusar do espaço do teu blogue.

Saudinhos!

Xosé Ramón Reigada dixo...

Olá Miguel,
não conheço esses documentários
A entrada que se está a dispor é junto com um amigo de lá, ele é o que nos mostrou, em quanto concordemos ja subimos
Uma outra coisa, os dias da semana acho que tambem se dicem em Feiras
Sem desculpa, é um pracer responder-te estas perguntas
Cumprimentos

d:D´ dixo...

De: Beato Darzádegos
A : Moncho Reigada.
Bos días amicus:
Andei un pouco perdido de tempo e moitos quefaceres e cumpridos, sen poder participar desta tan grata compaña e estabrecida e entretida conferencia. Animado pola súa lectura de tan estupendo debate e, aproveito hoxe o embate, dispoño que me foi imposibel acompañarvos naquel tan bo día, o que me deixou cun sabor amaro que agardo sexa o ano próximo me desquite diso. Espero que poidamos achegarnos ao Cambedo e as outras aldeias pois hai, como creo que xa sabes, unha historia de maquis que tocame directamente e levo tempo tomando os datos precisos pra polos como débese e devolver a quen corresponde a súa verdadeira vida, a verdade e non o conto.
Moi animada e interesante a leitura da folla sobre o percorrido exhaustivo do visto dous días atrás ás que inclúo as distendidas entrevistas co noso amigo Fontes, ademais do gran Porto.
Non sei onde metín as miñas daguerres da fita baixo a corredoira e estaba a facer unha entrada con elas mais coma non dispoño delas, aínda estou con ela en borrador. Agardo atopalas , xa verei que fago.
Como todos os anos e , se tudo vai coma cómpre nestes anos tan incertos, verémonos nas próximas xornadas do verán, ás que dedicaremos máis días, incluído Couto Mixto e próximos luares de interese; aínda que teño prevista, con Lourenço Fontes , unha visita a un vello amigo; ademais doutra que non deberiamos perdernos, con Eduardo Castro, ao profesor Colmenero.
Moi interesantes as parolas de Xavi, Rafael e Miguel; reúnense entre todos moitos coñecementos adecuados e certos. Ise libro en colaboración entre Rodríguez e Fontes que me deixaches é excelente; aínda que o outro sobre a represión na bisbarra non o é menos. Imaxínome que os de Chivite e Dasairas séxanche útiles.
Pouco máis que contar nesta, inhabitual, carta aberta que non sexa dito xa noutras ocasións.
Tomaremos camiños novos, adecuados e en benefizo dos demais iremos seguindo as ruta dos nosos antergos pra non perder tradicións, costumes e poder divulgar, ou intentándoo, coma os que nos precederon e ensínannos a manter o antigo e vello que sexa necesario.
Unha perta e tamén pra os máis vellos Castro e Fontes.
Moi boas esas novas fotos, boa man.
Saúde, Ceibedade e Esquilmo?

Xosé Ramón Reigada dixo...

Ei, como vai tudo, que boas xeiras pasamos por esa Terra Barrosá, e en tan pracenteira compaña
Fica pendente entón esa visita ao Cambedo, por acaso aínda estivemos onte por lá, por Vamba, unha delicia, e con tantas historias raiotas por desvelar...
Os libros fantásticos, tamén o da biografía do Padre Fontes
Dareilles saúdos teus. Vémonos