xoves, 1 de agosto de 2013

A incerteza da fatalidade

Un suceso de gravidade acontece. O río está aleixado, os Amieiros fenecen. Estamos a viver un tempo estraño no que o pobo perde a singradura e a Natureza resíntese co resón pasadío. A floresta ribeirega esgarece e berra un son malfadado ao faltarlle seu máis belido enfeite. A buxaina seguirá a virar, torta até ao Alén, e as carpideiras ficarán impávidas e silentes.

Eis aquí o de nosoutros:



















Explicación da doenza, por Rafa Castro:

Phytophthora alni Brasier et al.

É un fungo oomicete causante de pudrición no raizame e no pescozo da raíz (colar) en amieiros Alnus glutinosa.

A doenza foi descrita no 1993 no sur de Inglaterra aínda que non se detectou o primeiro caso en Galiza até 2009 cando se atopou o fungo causante da doenza en amieiros nas beiras do Avia.

O fungo causante da doenza foi identificado por Brassier et al.

Brasier identificou este fungo coma un posible híbrido entre outras dúas especies de Phytophthora. -Based initially on studies of the morphological and cultural characteristics and then molecular analysis, it became clear that the alder Phytophthora was a hybrid between P. cambivora and another Phytophthora probably closely related to P. fragariae – a pathogen of strawberry.-

Un estudio realizado por Santini et al. no 2003 demostrou que o mesmo fungo podía afectar a concheiras Juglans regia e castiñeiro Castanea sativa. Outro estudio publicado polos mesmos autores no 2006 demostraba a susceptibilidade das cerdeiras Prunus avium.

Os síntomas da doenza comezan cun decaimento xeral observado na parte aérea da pranta e que se manifesta polo loureamento e caída a destempo e pola mingua no tamaño das follas; o que conleva unha perda xeral da densidade foliar. En fases máis avanzadas da doenza pódese observar a excrecencia dun zume negro e mesto a traveso de feridas na casca da parte baixa do toro.

Polo xeral a doenza causa a morte da pranta aínda que se teñen descrito casos nos que se convirte en crónica causando síntomas que periodicamente se ven acentuado.