luns, 15 de decembro de 2014

Últimas recollas de nomes vernáculos de Fauna na bisbarra de Monterrei

Nomes vernáculos de Fauna recollidos na Granxa (Oímbra):

Aves:

Boubón, Oriolus oriolus
Cascarrollo, Lanius senator
Gharrabaio, Garrulus glandarius

Arácnidos:

Carrapato, Arácnidos da Orde Ixodoideos
Licrai, Buthus ibericus

Nomes vernáculos de Fauna recollidos na Saceda (Cualedro):

Anfibios:

Ra, Pelophylax perezi
Ranilla, Hyla molleri
Salamántigha, Salamandra salamandra, Triturus marmoratus, diferenciando entre a Salamántigha de pintas amarelas e a Salamántigha de pintas verdes
Sapo cunqueiro, Bufo spinosus

Arácnidos:

Bicho da uña, Buthus occitanus

Aves:

Ághila, Buteo buteo, en tempos debeu estar presente Aquila chrysaetos
Anduriña, Hirundo rustica
Anghatañadeira, Certhia brachydactyla
Azulenta, Prunella modularis
Boieira, Motacilla flava
Boieira
Carriza, Troglodytes troglodytes
Cascarrollo, Lanius meridionalis
Chasco, Saxicola torquata
Corvo, Corvus corone, Corvus corax
Curuxa, Tyto alba, Strix aluco
Escribenta, Emberiza cia
Estornino, Apus apus
Ghaio, Garrulus glandarius
Gharza, Ardea cinerea
Lavandeira, Motacilla cinérea
Laverca, Alauda arvensis
Laverca curuqueira, Galerida cristata
Moucho, Athene noctua
Melro, Turdus merula
Melro bravo, Sturnus unicolor
Nabiñeiro, Carduelis cannabina
Pardao, Passer domesticus
Paspallá, Coturnix coturnix
Pato, Anas platyrhynchos
Pedreiro, Oenanthe oenanthe
Pegha, Pica pica
Perdiz, Alectoris rufa
Pernileiro, Burhinus oedicnemus
Pitorrei, Picus viridis
Pombo, Columba palumbus
Rola, Streptopelia turtur
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Tánxaro, Ficedula hypoleuca
Tánxaro mosquitero, Muscícapa striata, por oposición a Ficedula hypoleuca xa que diferenciaban entre as dúas especies de Tánxaros
Tecelán, Falco tinnunculus
Tordo, Turdus philomelos, T. iliacus, T. viscivorus, T. pilaris

Hirudíneos:

Sanghighuela, Clase Hirudíneos

Insectos:

Vacaloura, Berberomeloe majalis

Mamíferos:

Algharia, Genetta genetta
Doniña, Mustela nivalis
Raposa, Vulpes vulpes
Teixugho, Meles meles

Répteis:

Cobra da augha, Natrix natrix, N. maura
Escouparón, Anguis fragilis, poida que tamén Chalcides bedriagai, C. striatus e inlcuso Blanus cinereus, ao seren especies presentes na zona
Laghartiña, Lacértidos dos Xéneros Podarcis e Psammodromus
Lagharto, Lacértidos dos Xéneros Lacerta e Timon
Víbora, Vipera seoanei

Nomes vernáculos de Fauna recollidos en Cualedro:

Aves:

Amaralenta, Oriolus oriolus
Calandra, Lullula arbórea, identificouse con esta especie, en tempos poido haberse correspondido con Melanocorypha calandra
Chinchirlo, Cyanistes caeruleus, Parus major
Chocolateira, especie non identificada, ovos de cor chocolate
Papamoscas, Ficedula hypoleuca
Paspallá, Coturnix coturnix
Pita das Touzas, Scolopax rusticola
Vencelleiro, Apus apus
Verderol, Carduelis chloris

Nomes vernáculos de Fauna recollidos en Mandín (Verín):

(Nomes facilitados por Xico de Mandín)

Arácnidos:

Alacraio, Buthus ibericus, xa se tiña recollido aquí

Aves:

Aceitunero, Certhia brachydactila, designación procedente de Feces de Cima (Verín)
Arieiro, Charadrius dubius, xa se tiña recollido aquí
Cabra, Cisticola juncidis, identificación con reservas
Chincherla, Galerida cristata, identificación con reservas
Chinchín bravo, Cyanistes caeruleus
Cutuluvía, Lullula arbórea, xa se tiña recollido aquí
Foleca, Fulecra, Sylvia spp., variantes doutros que xa se tiñan recollido aquí
Ghabilán do país, Falco tinnunculus, xa se tiña recollido aquí
Papafighos, Oriolus oriolus, variante doutro que xa se tiña recollido aquí
Páxaro aldrabón, Cuculus canorus, semella que se refería a esta especie parásita
Trallón, Ficedula hypoleuca, xa se tiña recollido aquí

Répteis:

Ladra, Tarentola mauritanica, xa se tiña recollido aquí
Viberón, Chalcides striatus, C. bedriagai, Anguis fragilis e Blanus cinereus, xa se tiña recollido aquí

Nomes vernáculos de Fauna recollidos en Rebordondo (Cualedro):

(Nomes facilitados en novembro de 2013 por Delmiro Campo de 91 anos en Redordondo, falecido no 2014, obrigado pola información que pasará ás vindeiras xeracións, toda unha sorte de sabedoría popular)

Aves:

Ághila, Accipitridae
Anduriña, Hyrundo rustica
Avetonía, Vanellus vanellus
Averrapiña, Circus pygargus
Bubela, Upupa epops
Cabra, Gallinago gallinago
Cascarrollo, Lanius collurio
Cascarrollo veado, Lanius meridionalis, dícese que este ten dúas marcas brancas nas ás
Carriza, Troglodytes troglodytes
Chasco, Saxicola torquata
Chasco
Cirifolla, Phylloscopus ibericus, P. collybita
Corvo neghro, Corvus corone, diferénciase entre as dúas especies de Corvos
Corvelo, Corvus corax, este é máis grande ca o outro Corvo
Curuxa, Tyto alba, Strix aluco
Cutuluvía, Lullula arbórea, Galerida cristata, dice que as había de dúas clases
Escribiente, Emberiza cirlus, E. cia
Estornino, Sturnus unicolor
Foleca, Sylvia communis
Foleca neghra, Sylvia undata, habíaas de dúas clases, esta Foleca neghra ten o rabo longo
Furaportas, Delichon urbica
Ghaio, Garrulus glandarius
Gharza, Ardea cinérea
Ghilghero, Carduelis carduelis
Halcón, Accipiter nisus, designábase así a esta especie en confusión cos verdadeiros Falcóns
Lavacús, Cinclus cinclus
Lavandeira branca, Motacilla alba, diferénciase entre a Lavandeira branca e a amarela
Lavandeira marela, Motacilla flava, esta andaba entre o gado
Laverca, Alauda arvensis
Merla, Turdus merula
Moucho, Athene noctua
Nabiñeiro, Carduelis cannabina, comen das sementes dos nabos
Neghreira, Prunella modularis
Panilla, especie estival coa mitra branca, podería ser unha variante de Oenanthe oenanthe, Pedreira
Paporrubio, Erithacus rubecula
Pardal, Passer domesticus
Paspallá, Coturnix coturnix
Pedreira, Oenanathe oenanthe
Pegha, Pica pica
Perdiz, Alectoris rufa
Pernil, Burhinus oedicnemus
Pernil
Picacardo, Sylvia atricapilla
Pito marelo, Oriolus oriolus
Pitorrei, Picus viridis
Rousinol, Luscinia megarhynchos
Salgheiro, Parus major, Cyanistes caeruleus
Salgheiro de rabo largo, Aegithalos caudatus
Táxela branca, Muscicapa striata, diferenciando esta  especie da Táxela negra
Táxela neghra, Ficedula hypoleuca
Tecelán, Falco tinnunculus
Tordo, Turdus philomelos, T. iliacus, T. viscivorus, T. pilaris
Vencello, Apus apus
Verdello, Carduelis chloris

Insectos:

Barbatesa, Mantis religiosa, Empusa pennata
Ghrilo, Familia Gryllidae
Saltón, Ortópteros Caelíferos

Mamíferos:

Leirón, Arvícola sapidus
Morcegho, Quirópteros
Teixugho, Meles meles
Zorra, Vulpes vulpes

Nomes vernáculos de Fauna recollidos no bairro de San Lázaro (Verín):

Águila, Accipitridae
Anduriña, Delichon urbica, Ptyonoprogne rupestris, dí que se quedan as Anduriñas vellas
Ataíño, Falco tinnunculus
Ave rapiñeira, Circus pygargus
Cascarrollo, Lanius meridionalis
Fulepa, Cettia cetti
Gabilán, Accipiter nisus
Ghilguero, Carduelis carduelis
Golondrina, Hirundo rustica
Lúgano, Carduelis spinus
Pastora, Motacilla alba
Peregrino, Carduelis spinus
Vencello, Apus apus

Nomes vernáculos de Fauna recollidos en San Millao (Cualedro):

Aves:

Cotovía, Lullula arborea, Galerida cristata
Fuleca, Sylvia undata
Ghaio, Garrulus glandarius
Ghaio marelo, Oriolus oriolus
Ghilghero, Carduelis carduelis
Laverca, Alauda arvensis
Mochuelo, Athene noctua
Moucho, Otus scops, diferenciábase en pleno o Moucho do Mochuelo
Negreira, Prunella modularis
Noitevoal, Caprimulgus europaeus
Pazpallá, Coturnix coturnix
Pitorrei, Picus viridis
Rousinol, Luscinia megarhynchos

Répteis:

Ladra, Tarentola mauritanica

Outras recollas de nomes vernáculos de Fauna:

Aves:

Aconchón, Certhia brachydactyla, recollido en Castrelo do Val, por Xosé Luís Lozano 'Nipis'
Almixendro, Cyanistes caeruleus, Parus major, recollido en Castrelo do Val, por Xosé Luís Lozano 'Nipis'
Alpixendra, especie por determinar
Andarríos, Actitis hypoleucos, recollido en Verín, por Xosé Pérez 'Ponchi'
Avionrrodrigo, Oriolus oriolus, recollido en Campobecerros (Castrelo do Val), por Santiago González
Baraceiro, Oriolus oriolus, recollido en Atás (Cualedro), por Rafa Castro
Chincherla, Galerida cristata, identificación con reservas, recollido en Castrelo do Val, por Xosé Luís Lozano 'Nipis'
Ferreiriño, Aegithalos caudatus, recollido en Videferre (Oímbra), por Claudio Álvarez 'Zunín'
Folecas, Sylvia spp., recollido en San Cibrao (Oímbra), dísenos que andaban nas silveiras, comían as moras, collíanse por setembro, pola Santa Cruz, púñanse para coller as Folecas os froitos da Truvisqueira, Dafne gnidium
Fulepa, Cettia cetti, recollido en Verín, por Xosé Afonso 'Ponchi', é o primeiro vernáculo que se recolle na bisbarra para esta especie
Gharrabaio, Garrulus glandarius, recollido en Bousés (Oímbra)
Papafighos, Oriolus oriolus, recollido en Bousés (Oímbra)
Páxaro da nabiña, Serinus serinus, recollido en Videferre (Oímbra), por Claudio Álvarez 'Zunín'
Pazpallota, Coturnix coturnix, recollido en Castrelo do Val, por Xosé Luís Lozano 'Nipis', dela contan que ao cantar di: "cuantograo - cuantograo"
Pardal grande, Petronia petronia, recollido en San Cibrao (Oímbra), diferenciábase esta especie dos outros Pardais por ser maior, é o primeiro vernáculo que se recolle na bisbarra para esta especie
Pita xoa, Scolopax rusticola, recollido en Laza, variante de Pita Xorda
Pita xorda, Scolopax rusticola, recollido nas Erias (Laza)
Pitorra, Scolopax rusticola, recollido en Rebordechao (Vilar de Barrio)
Pousacú, Cinclus cinclus, recollido en Castrelo do Val, por Xosé Luís Lozano 'Nipis'
Raposa do aire, Bubo bubo, recollido na Igrexa, A Chaira (O Riós), por Rafa Castro
Rodrigavión, Oriolus oriolus, recollido en Castrelo do Val, por Xosé Luís Lozano 'Nipis'
Tíncano, Fringilla coelebs, recollido en Castrelo do Val, por Xosé Luís Lozano 'Nipis'
Vaqueira, Motacilla flava, recollido en Mandín (Verín)

"Como anécdota graciosa vaise incluír un nome de ave recollido en Mandín (Verín), por Alberto Rivero e Xosé Ramón Reigada, ao que unha veciña lle chamaba Paquirrín, facendo referencia ao ben que cantaba este paxaro, sen que chegaramos a identificar a especie á que se refería"


Mamíferos:

Lubicán, Lynx pardinus, identificación con reservas, os datos facilitados apuntan a esta especie, recollido en Medeiros (Monterrei), por Rafa Castro e Xosé Ramón Reigada

Insectos:

Cadela de Faldras, Forfícula auricularia, recollido na Gudiña, por Rafa Castro
Crego, Dytiscus marginalis, recollido en Bousés (Oímbra), por Rafa Castro
Faldracadela, Forfícula auricularia, Orde Dermápteros, recollido en Servoi (Castrelo do Val), por Rafa Castro
Cadela de Frade, Forfícula auricularia, Orde Dermápteros, recollido en Vences (Monterrei), por Rafa Castro
Caldeirabeira, Forfícula auricularia, Orde Dermápteros, recollido en Flariz (Monterrei), por Rafa Castro

Peixes:

Ladra mixoira, Achondrostoma arcasii, recollido en Verín, por Xosé Pérez 'Ponchi'

Répteis:

Ladra, Tarentola mauritanica, recollido en Bousés e Espiño (Oímbra)
Pita cega, Blanus cinereus, recollido en Bousés (Oímbra)