martes, 20 de xuño de 2017

Mandín, pobo mixto de falares e sabedorías raiotas


CORREXIDO E AMPLIADO
O 27 DE XUÑO DO 2017

E os ventos do Sul artellaron a xuntanza, a ritmo de serán, na tarde do sábado 17 de xuño do 2017, na que se tivo unha interesantísima e profunda conversa, na cantina do pobo mixto de Mandín, onde estaban os senlleiros cronistas tamaganos Andrés Diz de Rabal e Vero do Revidas de Mandín, na inestimable compaña dos veciños do pobo Adolfo Lorenzo, Jaime Bispo, José Afonso, Manuel Alonso e Manuel Pereira, todos de máis de 70 anos de idade e con profundos coñecementos dos falares de Mandín para recollérense os nomes vernáculos de aves e fauna en xeral desta localidade. Logo tamén nos entrevistamos con Sergio Alonso, O Mineiro, de máis de 80 anos de idade e que posuía unha manchea de sabedoría popular. Logo a través do Facebook comentounos máis cousas José Yáñez Rodríguez e de novo Mauel Alonso Torres. Obrigado a todos polo aportado.


* O obtido foi o seguinte, en orde de guía de aves comezando polas derradeiras especies:


Chincherla, Miliaria calandra, tamén recoñecían o nome de Tentenarraíz dado en localidades próximas coma en Feces de Cima ou Vilardecervos.

Letreiro, Emberiza cirlus, recoñecíase en concreto a esta especie do xénero en concreto sen as restantes.

Dompaf, Pyrrhula pyrrhula, poñemos este nome recollido a un dos veciños e que provén da Alemaña xa que é así coma lle chaman alá e concorda co nome vulgar en português que é Dom-fafe.

Xiví / Xunguí, Serinus serinus, designábase a este ave con estes dous nomes.

Trobisqueira, Chloris chloris, chámase así porque anda ente os Troviscos, Daphne ngidium.

Pintasilgho, Carduelis carduelis.

Naviñeiro, Carduelis cannabina, porque anda entre as viñas.

Chinchín, Fringilla coelebs, nome onomatopeico do seu reclamo "tchin-tchin", tamén se recoñecía a outra especie invernante de Chinchín, Fringilla montifringilla.

"Chin-chín
coi coi
din din
orri orri
rei rei
señoriii"

"Chinchín
pin pin
coi coi
din din
definí
orreor
rei rei
señorí"

Non se recolleu ningún nome para o Pardal das rochas, Petronia petronia, pero era recoñecido ao mencinar o seu canto e o seu comportamento, no veciño pobo de Sancibrao coñécese coma Pardal ghrande.

Pardal, Passer domesticus, sabendo que había máis dunha especie de Pardais.

Papafighos, Oriolus oriolus, coñecíase ben a especie, tanto as distintas cores dos adultos, da femia e xuvenís, e da forma de faceren os ninos.

Estornino, Sturnus unicolor.

Corvo, Corvus corone, desisgnábase así a esta especie en cocnreto aínda que coñecían as outras especies ocasionais coma Corvus monedula.

Ghaio, Garrulus glandarius.

Pegha, Pica pica.

Ao falarlles da Pega azul, Cyanopica cyanus, recoñeceuse perfectamente por dous dos intervintes, dicindo que si tiñan visto esta especes accidental na zona.

Picanzo, Lanius meridionalis.

Cazcarrollo, Lanius senator.

Ao mostrárselle a outra especie de Picanzo, Lanius collurio, recoñeceuse pero dicían se estaría 'macheada', o que ven a ser o cruce entre as dúas especies anteriores.

Ribideira, Certhia brachydactyla, non se coñecía esta especie pero este nome fora recollido nunha anterior ocasión nesta mesma localidade.

Tampouco se lle tiña nome ao Gabeador azul, Sitta europaea, pero ao falarlle del si que se coñecía.

Non se coñecía tamén ao Ferreiriño rabilongo, Aegithalos caudatus, nen ao Ferreiriño cristado, Lophophanes cristatus, pero si ao Ferreiriño negro, Periparus ater, sen terlle designación algunha.

Chinchín barabé, Parus ater, e pode que tamén para Cyanites caeruleus.

Trallón, Ficedula hypoleuca, chegaba a final da seitura.

Tanxo, non se deu identificado esta especie, describíase desta maneira: "cabeza con algo branco onda os ollos, bico pequeno, gordiño, dorso uniforme así coma castaño, por baixo tiña unha cor tirando a cinza, andaba arredor do gando no vrao", en Feces de Abaixo recolleuse este nome para Ficedula hypoleuca, en Videferre falábase de que era unha especie migradora que pasaban voando alto, e en Cambedo da Raia recolleuse o nome de Tánxaro para Oenanthe oenanthe, o único sería sospeitar que se correspondese coa outra especie do Papamoscas gris, Muscicapa striata, sendo só unha vaga suposición propia aberta a novas acepcións, e despois de comentar moito a través do Facebook chegouse á conclusión de que o máis seguro é que se correspondese con Ficedula hypoleuca e que recibira aquí dúas designacións, no entanto hai que deixar a dúbida de se poidera ser outra especie, incluso unha da familia dos Píos coma o Picafollas musical, Phylloscopus trochilus, ao ser tamén un paxaro que por aquí se ve na migración postnupcial. Para estos Tanxos había o seguinte dito referinte a que caían moito nas 'costelas' ou esparrelas:

"Tanxos loucos,
vindes moitos
e volveis poucos."

Non se coñecían as Estreliñas, Regulus regulus ou R. ignicapillus.

Cirifolla, Phylloscopus ibericus e poida que as outras especies presentes do xénero, P. collybita, P. bonelli, P. trochilus, ao seren difíciles de xebrar.

Foleca, Hippolais polyglotta, xa tiñas recollido este nome pero estaba mal identificado.

Ao falarlles das especies Rousinol bravo, Cettia cetti, e Carriza dos xuncos, Cisticola juncidis, coñecíanse pero non se lles tiña nome algún.

Cheda, Sylvia undata, por que fai "chec-chec-chec", nome específico para esta especie en concreto sen diferenciaren as outras especies do xénero.

Merla, Turdus merula, coñecido de sobra, tanto o macho como a femia.

Torda real, Turdus viscivorus, esta especie diferenciábase ben da outra Torda ao ser de maior tamaño.

Torda, Turdus phylomelos.

Os Merlos azul e rubio, Monticola sollitarius e M. saxatilis, non se coñecían ben pero sonábanlle de velos na montaña.

Chazco, Saxicola rubicola, especie moi coñecida.

Pedreiro, Oenanthe oenanthe, tamén pareceulles recoñecer a outra especie do xénero, aínda que máis escasa, Oenanthe hispanica.

Neghrita, Phoenicurus ochruros, coñecido de sobra, o macho e a femia e o seu comportamento.

Rousinol ou Rouxinol, Luscinia megarhynchos, nalgúns casos era difícil recoñecer un 's' dun 'x' ou un 'o' dun 'u'.

Paporrubio, Erithacus rubecula.

Non se lle tiña nome para a Azulenta, Prunella modularis, pero recoñecíase ao falarlles do seu comportamento e forma.

Merla righeireira, Cinclus cinclus, coñecíase ben a especie pero o nome só foi recoñecido por un dos asistentes.

Carriza, Troglodytes troglodytes.

Lavandeira, Motacilla alba, noutra ocasión recolleramos nesta localidade o nome de Brandisa para esta especie pero agora non lles sonaba polo que poido haber sido unha introdución doutra localidade.

Vaqueira, Motacilla flava, porque andaba entre as vacas.

Pío, Anthus trivialis e A. pratensis, e poida que outras especies do xénero ao seren moi semellantes.

Anduriña, Hirundo rustica, coñecíanse as outras Anduriñas de cu branco, Delichon urbicum, á que lle deron o nome de Pedreiro pero que fose unha introdución doutra localidade xa que é así coma se lle denomina no veciño Feces de Cima e aquí o Pedreiro correspóndese con outra especie xa descrita, Oenanthe oenanthe. Para as Anduriñas había este dito:

"Anduriñas putas,
vindes poucas
e marchais moitas."

Cotolovía, con esta designación semella que se refiren non só a Lullula arborea se non que tamén a Alauda arvensis xa que non se lle ten nome común para estas Lavercas, incluso tiñan o dito de que por cantar alto no ar e sen pausa lle dicían:


"Cotolovía vía vía,
canto máis alto máis asubía."

"Dixo o Pardal á Cotolovía:
Cotolovía,
canto máis alto
máis asobía.
Cotolovía,
púxose o sol,
acabouse o día."

Cotolovía corochuda, Galerida cristata, diferenciábase ben esta especie das anteriores, tiñamos recollido nesta mesma localidad outros calificativos coma Cotolovía de curucha, Cotolovía de curucho e Cotolovía curuchada.

Falándolles dunha especie que debeu existir aquí en tempos, e recollendo un nome vernáculo para esta especie na localidad de preto de O Rosal, recoñeceron esta especie proposta de Calandra, Melanocorypha calandra, que hoxe non se atopa.

Furapao, Dendrocopos major.

Pito verdieiro, Picus viridis.

Non se recoñeceu o Peto formigueiro, Jynx torquilla, e o seu canto asimilábano a un Ghabilán, como de certo se asemella.

Coñecían o Abellaruco, Merops apiaster, sen designarlle nome xa que didcían que era un paxaro que non paraba, que só pasaba voando e gruando, semella que só se lle puña nome aos paxaros cos que se tiña unha relación moi directa con eles.

Martín peixeiro, Alcedo atthis.

Bubela, Upupa epops.

Vencello, Apus apus.

Noitevoar, Caprimulgus europaeus.

Moucho, nome dado tanto a Strix aluco coma a Athene noctua e de certo que a Otus scops. Manuel Alonso Torres contava esto no Facebook:

"Moucho que estás no penedo,
es de cartón e non che teño medo."

Bufo, Bubo bubo, en tempos aniñaba nas Fraghas do Bufo.

Curuxa, Tyto alba.

Cuco, Cuculus canorus, puña os ovos nos ninos de Cotolovías, Chedas, etc.

Carreo, Clamator glandarius, unha das poucas designacións para este especie en Galicia.

Rola, Streptopelia decaocto.

Paloma brava, Columba palumbus, en contraposición das Palomas mansas, Columba livia domesticca, ás que tamén lles chaman Pombas.

Cabra do aire, Gallinago gallinago, non se coñecía moi ben esta especie xa que só a vían en voo a bastante altura, igual que a Arcea, Scolopax rusticola, das que só coñecían por velas na televisión ou falárenlle delas algún cazador.

Tampouco coñecían o Bilurico das rochas, Actitis hypoleucos, ao ser unha especie escasa e só presente ao longo do río.

Avefría, Vanellus vanellus.

Arieiro, Charadrius dubius, coñecían perfectamente a esta especie, chamándolle así por poñer os ovos no medio da area do río.

Pernileiro, Burhinus oedicnemus, falaban de que agora xa non se vían, igual que o Sueiro, Terax tetrax, que pese a coñecelo non lle tiñan designación algunha.

Pita d'augha, Gallinula chloropus.

Pazpallá, Coturnix coturnix, especie á que lle tiñamos reocllidoas outras afeccións en Mandín, coma Cotornís, Cotorniz ou Tentelá, este último referente ao seu canto, dicíndonos un dos entrevistados que a súa avoa dicíalle así:

"Traballa rapá,
traballa rapá."

Outro veciño dicía tamén o seguinte conto falado case que en português:

"Alto lá, alto lá.
Vou vou, vou vou."

Perdiz, Alectoris rufa.

Ghabilán pequeno, Falco tinnunculus, esta é a única especie de rapina diúrna á que designaban así.

Ghabilán, esta era a designación xeral para calquera outra apina diúrna, a excepción das Ághilas. Nunha entrevista anterior recolleramos a un veciño do pobo o nome de Ghabilán branco para designar a Circus pygargus.

Ághila, designando así a toda ave de rapina diúrna de grandes dimensións.

Parreco d'augha, Anas platyrhynchos, o nome de Parreco é a designación coloquial dada en português xa que noutras partes de Galicía sería Parrulo e noutras localidades da bisbarra é Parruco.

Os entrevistados comentan que antes non se vía por aquí as Cegoñas, Ciconia ciconia.

Gharza, Ardea cinerea, recoñecendo só esta especie de ardeida.


* Outros nomes de Fauna:


Ladra, Psammodromus algirus, con esta designación referíanse só a este tipo de Lagartiña, sendo este un nome dado noutras localidades da bisbarra á especie Tarentola mauritanica que aquí non lle souberon dar un nome concreto a pesar de coñecerse o animal, pero outro veciño, con ascendencia de Rabal, recoñeceu este nome de Ladra para Tarentola mauritanica.

Viberón, Chalcides striatus, os entrevistados déronlle este nome só a esta especie concreta sen referirse a ningunha outra próxima.

Laghartas, designación xenérica para Lagartiñas.

Laghartos, designación xenérica para lagartos, Timon lepidus vs. Lacerta schreiberi.

Cobras, designación xenérica par a colúbridos.

Salamántigha, Salamandra salamandra, coñecendo as outras especies de urodelos sen darlle unha desginación propia.

Ran, Pepophylax perezi, Hyla molleri.

Sapos, xenérico para sapos.

Sapa, Alytes obstetricans, nome propio para esta especie.

Faldracadela, Dermápteros, este inofensivo insecto ten moitas crenzas ao seu redor coma que se se che metía nas orellas quedaba un xordo, totalmente infundado. Outro veciño de Mandín, aínda que de ascencia de Rabal, dáballes este outro nome, Falsacadela, mais en Rabal seica se lle da o nome de Vichacadela.

Barbatesa, Mantis religiosa, Empusa pennata.

Vacaloura, Berberomeloe majalis.

Escornabois, Lucanus cervus.

Escarabello, Coleópteros, en especial os Escarabellos peloteiros ou esterqueiros.

Cabra louca, en especial Guerris lacustris.

Ghrilo, Gryllidae.

Polboretas, Heteróceros, bolboretas nocturnas.

Chamaghaiteiros, Odonatos en xeral, Libeliñas e Cabaliños do Demo, interesante e poético nome para designar estes curiosos insectos.

Alacraio, Buthus occitanus.

Muroceghos, Quirópteros en xeral.

Toupa, Talpa europaea.

Doniña, Mustela nivalis.

Tourón, Mustela putorius.

Tanxugho, Meles meles.

Ghineta, Genetta genetta.

Corza, Capreolus capreolus.

Ciervo, Cervus elaphus.

Ghabalí, Sus scrofa.

Ghato montés, Felis silvestris.

Lince, Lynx pardinus, identificouse esta especie xa que dicían que se vía na montaña -en contraposición ás terras chairas do val-, igual que o que botaban pola televisión pero seica semellaba máis pequeno, de aí que se correspondese co Lince ibérico, preguntada pola data de avistamento comentan que se vía polos anos 1945 a 1950.


* Tamén recollimos algo de nomes de Flora e Fungos aínda que moi pouco, é o seguinte:


Trovisco, Daphne gnidium.

Cheiraburros, Mentha rotundifolia, nome provinte de Rabal.

Néboda, Calamintha nepeta, tamén provinte de Rabal.

Roquiña ou Rocos, Macrolepiota spp.

Mexacán, nome xenérico para todo cogumelo que non fose comestible.

Piñeiras, Lactarius deliciosus.

Tortullo, Tricholoma equestre.

Cacabinas, Agaricus spp.


E con todo isto continuaremos nunha outra xeira para recompilar máis pormenores da fala raiota de Mandín.

Muito obrigado a todo un pobo e até xa !

luns, 12 de xuño de 2017

Polas inmensidades do infindo

REVISADO E ACTUALIZADO
O 20 DE XUÑO DO 2017
ENGADINDO OS SEGUINTES ARQUIVOS:


PRESENTACIÓN EN PDF DE AVES FOTOGRAFADAS POR ÁLVARO R. POMARES



Eis acó unha reportaxe fotográfica da rota do sábado 10 de xuño do 2017 que ocorreu pola Pista do Marroquí, localidade de Toro, mina de ferro de Cerdedelo, santuario rupestre da Pena Tallada, localidade e soutos de Cerdedelo e igrexa gótica de Retorta.

Organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural de Ourense, a Asociación de Estudios Santa Mariña de Augas Santas e o Ateneo de Ourense, para conmemorar o Día do Medio Ambiente.

Coa presenza e guía dos amigos Víctor Baltar e Beni Rodríguez Requejo, autora do libro "Toro, lembranzas dunha aldea", alén de José Ramón e Isabel Vila polos aconteceres de Cerdedelo, e do cronista tamagano Bruno Rúa que nos falou das interpretacións á igrexa do gótico rural de Santa María (Mariña) de Retorta.

E, como non, aos expertos en xeoloxía e ornitoloxía respectivamente, e presidentes das asociacións, José Ramón Seara e Serafín González.

Aliás é de agradecer a inestimable información facilitada pola arqueóloga Nieves Amado e polo mellor coñecedor dos montes de Laza, Héctor de "Percusións Morenita".

E obrigado aos organizadores e a todos os participantes e ás xentes do lugar.

Val do Alto Támega, Laza e Souteliño

Estreita capa de separación entre o cabalgamento de dúas placas
que ocasionan unha rara e extraordinaria formación xeolóxica
que debería contar con algún tipo de protección real
segundo nos explica o xeólogo José Ramón Seara.


Canón da Armada



A Pista do Marroquí



Sesamoides sp.

Gladiolus sp.



Na entrada ao túnel do Corno





Manzanilla brava, Helichrysum stoechas

Panorámica ao Sur



Vista do Corno de Toro









Polas rúas de Toro













Anduriñas de cu branco, Delichon urbicum








* Nomes vernáculos de fauna facilitados por este veciño:

Ághila culebrera, Circaetus gallicus, identificaban ben esta especie que se alimenta de cobras
Ághila perdizera, Aquila fasciata (?), pode ser que en tempos houbera aquí esta especie ou que se confunda con outra coma Aquila chrysaetos (?)
Pazpallao, Coturnix coturnix, interesante terminación en -ao, co conto que dicía:
"Pazpallao
canto grao"
Cuco, Cuculus canorus
Bufo, Bubo bubo, semella que en tempos era máis frecuente esta especie
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Vencello, Apus apus
Bubela, Upupa epops
Picapao, Dendrocopos major
Laverca, Alauda arvensis
Anduriñas, Hirundo rustica, H. rupestris, Delichon urbicum, Cecropis daurica, sen precisarse ningunha especie en concreto
Labrandeira, Motacilla alba, porque andaba detrás das vacas que andaban labrando
Paporrubio, Erithacus rubecula, falaba tamén dun tal Papovermello pero sen saber dicir algunha característica máis de como era (?)
Tornillo, Sturnus unicolor
Pardao, Passer domesticus, interesante terminación en -ao igual a como se di na Limia e non como se di na maior parte da bisbarra de Monterrei, Pardal, coa terminación en -al
Ghilghero, Carduelis carduelis
Víbora, Vipera latastei, diferenciaban ben esta especie das outras 'culebras'










































Sedum fosterianum e Digitalis purpurea




























Lagartiña galega, Podarcis bocagei

Fotografía de maio de 2007 en Toro



Dianthus sp.

...e a desfeita do AVE


No interior do túnel cego que fora unha equivocación e logo tiveran que cambiar para o actual trazado da vía do ferrocarril.
Nomeouse coma posible mina de ferro pola cantidade de mineral que alí se atopaba.













Capela da Virxe da Pena Tallada





Santuario rupestre natural da Virxe da Pena Tallada

Bolboreta da familia Satyridae


Cerdedelo


Opilión





Pola rúas de Cerdedelo



















A Cenza dos Cas


* En Cerdedelo tamén se recolleron varios nomes vernáculos de fauna facilitados polo veciño José Ramón:

Rodrigovión, Oriolus oriolus, variante semellante a outros pobos de preto coma en Campobecerros onde se lle chama Rodrigavión
Ataíño, Falco tinnunculus, mesma designación que a da zona de Verín
Pitorrei, Picus viridis
Anduriñas, Hirundo rustica, Delichon urbicum, este veciño coñecía dúas especies de anduriñas
Vencellos, Apus apus
Bubela, Upupa epops
Merlo, Turdus merula
Malvís, Turdus phylomelos, se callar sexa un nome xenérico para todos os Tordos, Turdus spp. (?)
Pardao, Passer domesticus, mesma terminación en -ao igual que na poboación de Toro
Salamanca, Salamandra salamandra

Zygaena sp.




Canis lupus familiaris













Castiñeiro catalogado coma Árbore Senlleira







Outro castiñeiro xigantesco pendente de catalogar



Segundo nos conta José Ramón, o veciño de Cerdedelo, di que nesta zona hai calías das que antes se extraía pedra para queimar en fornos e elaborar cal para o seu comercio, contando que incluso se chegara a falar de que se fora a establecer en Cerdedelo unha fábrica de cemento mais que non foi adiante o proxecto.

Leváronse uns anacos de rocha para seu análise por parte dos xeólogos do grupo. Cando menos as formacións rochosas son extranas.

Centaurium sp.

...xa en Laza

Indo rematando a xeira unha outra visita polo impresionante enclave da igrexa gótica de Retorta:









Vista dende o Monte Bitón



Panorámica do val norte de Monterrei dende o Monte Bitón

E para rematara unha lista coas especies detectadas durante os diferentes percursos:

* Mamíferos silvestres:
Unha expléndida observación dunha femia de Corza, Capreolus capreolus

* Aves:
Falcón abelleiro, Pernis apivorus
Águia cobreira, Circaetus gallicus
Águia calzada, Aquila pennata
Cuco común, Cuculus canorus
Vencello común, Apus apus
Pombo, Columba palumbus
Rola, Streptopelia turtur
Peto verdeal, Picus viridis
Peto real, Dendrocopos major
Peto formigueiro, Jynx torquilla
Laverca, Alauda arvensi
Andoriña dos penedos, Hirundo rupestris
Andoriña común, Hirundo rustica
Andoriña dáurica, Cecropis daurica
Andoriña de cu branco, Delichon urbibum
Pica campestre, Anthus campestris
Pica das árbores, Anthus trivialis
Lavandeira branca, Motacilla alba
Carriza, Troglodytes troglodytes
Paporroibo, Erithacus rubecula
Rousinol común, Luscinia megarhynchos
Rabirrubio común, Phoenicurus ochruros
Chasco común, Saxicola rubicola
Merlo rubio, Monticola saxatilis, unha das observacións máis gratas, tanto do macho coma da femia
Fermoso macho de Merlo Rubio. Fotografía de Álvaro R. Pomares
Femia de Merlo rubio
Tordo común, Turdus philomelos
Merlo común, Turdus merula
Papuxa das amoras, Sylvia atricapilla
Papuxa montesa, Sylvia undata
Carriza dos xuncos, Cisticola juncidis
Rousinol bravo, Cettia cetti
Picafollas de Bonelli, Phylloscopus bonelli
Picafollas ibérico, Phylloscopus ibericus
Estreliña común, Regulus ignicapillus
Ferreiriño real, Parus major
Ferreiriño azul, Cyanites caeruleus
Ferreiriño cristado, Lophophanes cristatus
Gabeador azul, Sitta europaea
Gabeador común, Certhia brachydactyla
Pega, Pica pica
Gaio común, Garrulus glandarius
Corvo pequeno, Corvus corone
Estorniño negro, Sturnus unicolor
Pardal común, Passer domesticus
Pimpín común, Fringilla coelebs
Liñaceiro común, Carduelis cannabina
Xílgaro, Carduelis carduelis
Xirín común, Serinus serinus
Escribenta riscada, Emberiza cia

* Réptiles:
Lagarto arnal, Timon lepidus, un xuvenil atropelado
Lagartiña galega, Podarcis bocagei
Escáncer común, Anguis fragilis, unha femia
Serpe riscada, Elaphe scalaris (?)

Saúdos e até á próxima...