xoves, 25 de xaneiro de 2018

Importancia histórica do Urso na bisbarra rexiomontana

Compártese esta noticia por ser de enorme importancia para a historia natural da bisbarra de Monterrei.

Nada menos que novamente a presenza dun Urso (Ursus arctos) na rexión, se callar non ocurre isto dende os afastados mediados de século pasado, denominaríase entón coma 'rewilding', a volta ao salvaxe, ao natural.

Dar en particular os parabéns a José Ramón Feijóo pola toma das fotografías distas posibles pegadas de urso e seguemento do exemplar, un moi bo traballo de campo. Obrigado.

As imaxes foron enviadas á Fundación Oso Pardo, sen poder confirmarse a súa plena identificación só a través de imaxes.

De maneira particular diríase que o grande tamaño das pegadas e a presenza de gadoupas ben marcadas descartaría calquera outra especie animal presente na nosa fauna.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/laza/2018/01/24/oso-pardo-ronda-casas-laza/0003_201801O24C6991.htm


Fotografía de José Ramón Feijóo

Fotografía de José Ramón Feijóo

Fotografía de José Ramón Feijóo


Fotografía de José Ramón Feijóo

Fotografía de José Ramón Feijóo

Fotografía de José Ramón Feijóo

Fotografía de José Ramón Feijóo

"Que o Home te ignore!"

El bosque animado. Wenceslao Fernández Flórez

domingo, 21 de xaneiro de 2018

luns, 15 de xaneiro de 2018

Censo de Miñato real invernante en Galicia e Censo de Aguia peixeira en Galicia 2018

Imaxes sacadas da web da Sociedade Galega de Ornitoloxía
Resultados no cuadrante surleste ourensán do Censo de Miñato real invernante en Galicia e do Censo de Aguia peixeira en Galicia 2018, organizado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e realizado o día 14 de xaneiro do 2018, na compaña dos inestimables naturalistas Claudio Álvarez (Zunín) e Xosé Pérez (Ponchi).


* Percorrido en coche ao longo do río Támega a sur de Verín con paradas nos seguintes puntos:

Lagoa de Mourazos
lagoa de Oímbra
Lagoas de San Cibrao
Lagoas de Tamaguelos
Lagoa de Rabal
Ponte de Rabal
Lagoa grande de Chaves


Ningún exemplar de Aguia peixeira

Outras observacións de aves:

Garza branca grande (2) en voo, unha por Rabal e outra pola Veiga de Chaves
Corvo mariño grande (~5)
Bilurico das rochas (1) na lagoa de Mouraos
Garza real (~7)
Lavandeira real (1) na lagoa de Rabal
Picanzo real meridional (1)
Cerceta común (~6) na lagoa leste de San Cibrao
Lavanco (~9)
Bandos de frinxílidos de entre 25 e 50 ex.: Liñaceiro, Verderolo, Úbalo, Pimpín, Pimpín real, polas veigas de Oímbra, Mourazos, San Cibrao e Rabal
Pica dos prados (varios ex.)
Pombo (varios ex.)
Peto real (3)
Peto verdeal (1)
Rousinol bravo (varios ex.)
Buxato (~3)
Mergullón cristado (1) na lagoa oeste de San Cibrao
Picapeixe (1) na lagoa leste de San Cibrao
Lagarteiro cincento (2) na Veiga de Chaves
Avefría (~7 ex.)
Corvelo (~20)
Estorniño negro (varios ex.)…


* Prospección en encoros:
 
Encoro das Portas


Alt. 966 m. de 12:30 a 13:00 h, con visibilidade
Ningún ex. de Aguia peixeira


Outras observacións de interese:
Miñato real, 1 ex. axotado por Corvelos, entre As Portas e A Gudiña, alt.1.042 m., 12:20 h


Encoro do Cenza
Alt. 1.334 m. de 13:50 a 14:15 h, con neve

Ningún ex. de Aguia peixeira

Outras observacións:

Aguia real, 2 adultos pousados nunha rocha, logo marcharon dirección leste planando e interactuando entre eles, alt. 1.217 m, con neve, 13:40 h


Pica alpina, 1 ex. na beira do encoro achegada á presa con piídos, alt. 1.340 m., con neve
Papuxa montesa, 1 ex. entre o matagal nevado, por baixo da presa
 
Encoro do Bao


Alt. 649 m., de paso por Vilariño de Conso polas 14:45 h., con visibilidade, visión desde o coche

Ningún ex. de Aguia peixeira
 
* Prospección de Miñato real

Zona de A Gudiña, O Tameirón e O Cañizo

Entre as 15:30 e 17:00 horas

Ningún exemplar de Miñato real detectado, a excepción do ex. da mañá camiño do encoro das Portas:

Miñato real, 1 ex. axotado por Corvelos, entre As Portas e A Gudiña, alt.1.042 m., 12:20 h


Outras observaicóns de interese:
Gabián, un ex. en voo rasante á saída do Tameirón dirección á Gudiña, alt. 985 m.

Para rematar dar as grazas ao Zunín e ao Ponchi pola compaña e axuda, aos coordinadores do censo en Ourense Alexandre Justo e David Sobreira polo ánimo inserido e a todos os naturalistas e entes que interviron.

Até...


http://www.sgosgo.org/index.php/novidades/21-colabora-coa-sgo/153-censo-de-millafre-real-invernante-en-galicia

http://www.sgosgo.org/index.php/novidades/21-colabora-coa-sgo/152-censo-de-aguia-peixeira-en-galicia-2018