martes, 6 de marzo de 2018

E máis recollas de nomes vernáculos de Fauna e de Flora

E para partillar con toda a xente e que non se perda esta riquísima memoria nosa, a continuar, imos poñer os nomes que se levan recollido en diversos puntos da bisbarra de Monterrei e algúns doutras zonas de Galicia e limítrofes desde a primavera do 2017 até hoxe. Son os seguintes:

* Recolla de nomes:

Insectos:
Vaca-leiteira, Berberomeloe majalis, recollido na zona de Chaves por Marco Fachada
Rela, Berberomeloe majalis, recollido en Quintela do Pando, Viana do Bolo, por Nieves Fernández Vidueira, xunto co seguinte dito:
"Si te pica a rela
fai a coba na terra"

Vacaloura, Berberomelo majalis, recollido en Castelaos, Vilar de Santos, por Alberto Rivero
Zapateiras, Berberomeloe majalis, recollido en Fornelos de Filloás, viana do Bolo
Polvoreta, Heteróceros, recollido na Silva, O Riós, por Rubén Gaioso, co seguinte dito dos seus avós:
"Polvoreta, polvoreta, perdiches os teus polvos e xa non fas o que che peta"

Aves:
Villaogarrido, Oriolus oriolus, recollido na zona do Deza, Lalín, por Javier Nogueira
Garrabaio, Garrulus glandarius, recollido en Soutelinho-da-Raia por Paulo antunes Guimarães
Domingo-novelo, Oriolus oriolus, recollido en Vilar-de-Perdizes por Hélder Alvar
Encaniscador, sitta europea, recollido en Lubián por Felipe Lubián
Noitevoao, Caprimulgus europaeus, recollido na Ribeira do Riós por Rubén Gaioso

Réptiles:
A Bicha, Vipera latastei, recollido na Devesa, Vilardevós, por Pablo Serrrano
Bicho de cordón, Vipera latastei, recollido nas Vendas da Capela, A Gudiña, por Manuel Álvarez
Alacrán, Anguis fragilis, recollido na Ribeira do Riós por Rubén Gaioso
Liscáncero ou Liscánter, Anguis fragilis, recollido na zona do Deza
Liscanto, Pasmada, anguis fragilis, recollido na zona do Tea
Escolanzo, Anguis fragilis, recollido en San Tirso de Abres
Escáncer, Anguis fragilis, recollido en Vilagarcía de Arousa
Liscanso, Anguis fragilis, recollido en Bueu
Salamántiga, Tarentola mauritanica (?), recollido no Rosal, Oímbra, por Eloi Domínguez

Mamíferos:
Rato cubeiro, Elyomis quercinus, recollido en Castrelo do Val por Xosé Luís Lozano (Nipis)
Rato papalgo, Elyomis quercinus, recollido en Espiño, Oímbra, por Carlos Augusto Matías
Rato papardo, elyomis quercinus, recollido en Mandín, Verín, por Manuel Alonso Torres

Flora:
Arrosquilladeira, Caystegia sp., planta, recollido en Castrelo do Val por Xosé Luís Lozano (Nipis)
Labaza ou Rabaza, Asphodelus sp., flora, recollido en Lucenza, Cualedro, por Rubén Gaioso
Livica ou Lirica, Lathyrus sp, recollido en Laza por Txelis Blanco
Estraloques, digitalis purpurea, recollido en Rabal, Oímbra, por Andrés Diz
Xesta celestial, Plygala microphylla, recollido en Quintela do Pando, Viana do Bolo, por Nieves Fernández Vidueira
Cascabeles, Rinanthus minor, recollido en Quintela do Pando, Viana do Bolo, por Nieves Fernández Vidueira
Magarza, Anthemis arvense, recollido en Quintela do Pando, Viana do Bolo, por Nieves Fernández Vidueira
Corazón de María, Briza maxima, recollido en Quintela do Pando, Viana do Bolo, por Nieves Fernández Vidueira
Soldiña, Polygonatum odoratum, recollido en Quintela do Pando, Viana do Bolo, por Nieves Fernández Vidueira
Malvela, Glechoma hederácea, recollido en Quintela do Pando, Viana do Bolo, por Nieves Fernández Vidueira, co seguinte dito:
"Se a dama soubera
o boa que é a Malvela,
pacería nela
como o boi pace na herba"
Gordolobo, Verbascum thapsus, recollido en Quintela do Pando, Viana do Bolo, por Nieves Fernández Vidueira
Dedaleira, Digitalis purpurea, recollido en Quintela do Pando, Viana do Bolo, por Nieves Fernández Vidueira
Canabela, Thapsia villosa, recollido en Quintela do Pando, Viana do Bolo, por Nieves Fernández Vidueira
Flor de estralar, digitalis purpurea, recollido na Ribeira do Riós por Rubén Gaioso
Moruxa, Montia fontana, recollido na Silva, O Riós, por Rubén Gaioso
Labazas, Asphodelus sp., recollido en Lucenza, Cualedro, por Rubén Gaioso
Fabacas, Lupinus spp
Sivla garbanceira, Rosa spp
Gordolobo, Verbascum Thapsus, recollido na Gudiña por José Rodríguez Cruz
Estraloque, Sanxuán, digitalis purpurea, recollido na Gudiña por José Rodríguez Cruz
Abreota, Asphodelus sp., recollido na Gudiña por José Rodríguez Cruz
Maia, Cytinus hypocistis, recolido en San Lourenzo, A Gudiña, por José Rodríguez Cruz
Estourotes, Digitalis purpurea, recollido en Tras-os-Montes por Marco Fachada
Dedaleira, Digitalis purpurea, nome oficial en portugués


* Diferentes nomes para Digitlais purpurea recollidos a través do Facebook por toda Galicia sen precisarse localidade:
Tirabeque
Estraloque
San Juan
Estalote
croques
Xenxebau
Estalotes
Estaloques
Estoupóns
Sanjuán
Campanolas de San Xoan
Campaniñas
Trocles
Vilitroques
Milicrocas
Vorleta
Globos
Balocos
Abelurias
Aveluria
Estoupas
Estralos
Estoupallos
Sanxoáns
estalotes
Milicroques
Toupafoles
couselos
Troques
Bilitroques
Abrulas
Estalos
San Xoan
Croqueleiras
Campás de San Xoan
Troques
Croqueles
Estatalá
Milicrocas
Minicrocas
Sanjuais
Vorleta
Toupóns
Bilitroques
Topos
Estoupas
Vilitroques
Abelorias
Cucos
Clocles
Palitroques
...



* Diferentes nomes para Mantis religiosa recollidos a través do Facebook principalmente na bisbarra de Monterrei aínda que tamén se recolleron nomes noutros lugares:
Barbatesa, recollido na Gudiña por José Rodríguez Cruz
Parraguesa, recollido en Roblido por Pepa González
Barbatesa, recollido en Verín por Eduardo Castro, co dito
 "Barbatesa pon a mesa,
pona alta que se vexa"
Marquesa, recollido en Espiño por Carlos Augusto Matías
Barbanesa, Polovoretesa, barbantesa, pontonesa, parraguesa, Louva-a-Deus, nomes recollidos por José Rodríguez Cruz
Pataquesa, recollido na Silva, O Riós, por Rubén Gaioso
Patamesa, recollido en Laza por Nieves Amado
Teresa-poe-a-mesa, recollido en Chaves por Marco Fachada
Reina, recollido en Videferre, Oímbra, por Claudio Álvarez
Louva-Deus, recollido en Sao Paulo
Chicharra, recolido en Carracedo por Nemi Rodríguez
Patamesa, recollido en Laza por Carmen García, co seguinte dito:
"patamesa pon a mesa"
Patamesa, recollido en souteliño, Laza, por Luis Sobrino Matías
Pataquesa, recollido en Atás, Cualedro, por Alfredo Rúa
Teresa, recollido en Tras-os-Montes por Marco Fachada
Barbatesa, recollido en Campobecerros, Castrelo do Val, por Nouria Dalama, co seguinte dito:
"Barbatesa, pona a  mesa,
pona alta que se vexa"
Barbatesa, recollido en Pepín, Castrelo do Val, por Belén Martínez
Marquesa, recollido en Sandín, Monterrei, por Silvástica C. Atanes
Barbatesa, recollido en Ábedes por Teresa Rodríguez
Parraguesa, recollido en Pantón, Lugo, por Rosa Mª Rodríguez Portela
Carballesa, Recollido no Pereiro por Anxos Cova de Bruxa
Barbatesa, recollido en Albarellos, Monterrei, por Carmen García
Barbantesa, recollido en Ourense por Javier Torres
Barbatesa, recollido en Mandín por Manuel García
Louva-Deus, recollido en Tocantins, Goias, Brasil
Parraguesa, recollido en Xunqueira de Ambía por Paco Cabanilhas, co seguinte dito:
"Barbatesa pon a mesa
que che poin que che pesa"
Marquesa, recollido na Xironda por Maribel Lorenzo
Barbatesa, recollido en Tamaguelos por Ginés Domínguez
Patamesa, recollido en Vilameá, Laza, por Nieves amado, co seguinte dito:
"Patamesa pon a mesa"
Patatesa, (?) recollido por Ana Sanmiguel Requejo
Marquesa ou Marquesiña, recollido en Ourense por Inta Alonso
Patamera, recollido en Laza por Maribel Cimadevila Carballo, co seguinte dito:
"Patamesa pona a mesa, pona altas que se vexa"
Barbatesa, recollido en Camba por Maribel Prieto, co seguinte dito, recolido tamén en Retorta, Laza,. por Marta Canado Gómez:
"Barbatesa pon a mesa,
que che pon que che pesa"
Barbatesa, recollido en Osoño, Vilardevós, por Chelis Vilardevós
Patamesa, recollido en San Cibrao, Viana do Bolo por José Trastoy González
Barbatesa, recollido en Vences, Monterrei, por Carmen Sueiro
Parraguesa, recollido en San Cristóbo de Armariz, Nogueira de Ramuín, por M. Celsa Diéguez, co seguinte dito:
"Parraguesa pon a mesa..."
Teresa, (?) recollido por Balbina Fernández Prieto
Paramesa, recollido en Vilardevós por por José Danoz, co seguinte dito:
"Paramesa pon a mesa
ben alta que se vexa"
Patatesa, recollido en correchouso por Ana Sanmiguel Requejo
Pallatesa, recollido na Alberguería, Laza, por Mariluz Nieto Requejo
Teresa, recollido en Rabal, Oímbra, por Toni
Barbates, en Mandín
Carballes, no Pereiro
Carballesa, en Castrelo de Abaixo
Barbatesa, en Nocedo do Val, co seguinte dito:
"Barbatesa pon a mesa"
Paramesa, en Valdeorras
Paramesa, en Enxames, co seguinte dito:
"Paramesa pon a mesa, canto máis alto máis se vexa"
Pregadeu, en Catalán
Paramesa, en Tamaguelos, co seguinte dito:
"Paramesa pon a mesa
pona alto que se vexa"


Nomes de Mantis religiosa recollidos por José Rodríguez Cruz:
Manits religiosa, en castelán
Barbatesa, recollido en San Lourenzo, A Gudiña, co seguinte dito:
"Barbatesa pon a mesa
pona alta que se vexa"
Barbanesa, recollido nos arredores de Verín (?)
Louva-a-Deus, recollido en Portugal (?), co seguinte dito
"Louva-a-Deus,
Louva-a-Deus,
ponlle a mesa a Deus"
Polvoretesa, recollido en San Cibrao, Oímbra
Barbatesa, Pontoresa, Paraguesa, recollido en Obras Completas de Vicente Risco



* Diferentes nomes para Arbutus unedo recollidos a través do Facebook:

Morogho
Morogueira
Érbedo, en Laza
Erbideiro, en Espiño, Oímbra
Érbado, na Gudiña e no Tameirón, A Gudiña
Madriño, en San Lourenzo, A Gudiña
Erbedeira, en Pentes, A gudiña
Érbedos, en Verín e Monterrei
Medronheiro, en Chaves


* Nomes recollidos en Espiño, Oímbra, por Carlos Augusto Matías:

Flora:
Zargazo, Halimium lasianthum, planta
Estraloques, Digitalis purpurea
Fabaca, Lupinus spp.
Lirica, Lathyrus sp.
Apóitiga, Cytinus hypocistis

Aves:
Chasco, Saxicola rubicola
Letreito, Emberiza cirlus
Milleiro, Serinus serinus
Ameixendo, Paridae

Réptiles:
Viberón, Anguis fragilis


* Nomes recollidos en Roblido, A Rúa, por Pepa González:

Aves:
Noutarega, Caprimulgus europaeus
Chincro, (?), parecido ao pardal pero máis grande
Verderón, Chloris chloris
Pitoverdello, Picus viridis
Milpéndora, Oriolus oriolus

Réptiles:
Escáncer, Anguis fragilis

Mamíferos:
Muricego, Quirópteros

Arácnidos:
Alacraio, Buthus sp.

Insectos:
Cabalos do Demo, Odonatos

Flora:
Flor do cuco, Narcissus triandrus
Croquileira, Digiltalis purpurea
Fabaca, Lupinus spp.
Lirica, Lathyrus sp.
Agrois, rorippa nasturtium-aquaticum


* Nomes recollidos no Pereiro e Santigoso, A Mezquita:

Aves:
Aguilucho ratonero, Circus pygargus
Ághila, Aquila chrysaetos (?)
Pombo, Columba palumbus
Reiseñor, Luscinia megarhynchos
Paspallada, Coturnis coturnix
Carriza, Troglodytes troglodytes
Bubela, Upupa epops
Pito, Dendrocopos major
Pito verdeal, Picus viridis
Cataluvía, Lullula arborea
Lavandeira, Motacilla alba
Corvo, Corvus corone, C. corax
Tornillo, Sturnus unicolor
Merla,m Turdus merula
Pega, Pica pica
Pardal, Passer domesticus
Paporrubio, Erithacus rubecula
Escribano, Emberiza spp.
Cuco, Cuculus canorus
Ghilgueros, Carduelis carduelis
Anduriñas, Hirundínidos
Vencello, Apus apus
Noitaregha, Caprimulgus europaeus
Milpéndora, Oriolus oriolus

Réptiles:
Lagharto
Laghartixa
Víbora, Bichorro, Vipera latastei


* Nomes recollidos en Toro, Laza:

Aves:
Ághila culebrera, Circaetus gallicus, identificaban ben esta especie que se alimenta de cobras
Ághila perdizera, Aquila fasciata (?), pode ser que en tempos houbera aquí esta especie ou que se confunda con outra coma Aquila chrysaetos (?)
Pazpallao, Coturnix coturnix, interesante terminación en -ao, co conto que dicía:
"Pazpallao
canto grao"
Cuco, Cuculus canorus
Bufo, Bubo bubo, semella que en tempos era máis frecuente esta especie
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Vencello, Apus apus
Bubela, Upupa epops
Picapao, Dendrocopos major
Laverca, Alauda arvensis
Anduriñas, Hirundo rustica, H. rupestris, Delichon urbicum, Cecropis daurica, sen precisarse ningunha especie en concreto
Labrandeira, Motacilla alba, porque andaba detrás das vacas que andaban labrando
Paporrubio, Erithacus rubecula, falaba tamén dun tal Papovermello pero sen saber dicir algunha característica máis de como era (?)
Tornillo, Sturnus unicolor
Pardao, Passer domesticus, interesante terminación en -ao igual a como se di na Limia e non como se di na maior parte da bisbarra de Monterrei, Pardal, coa terminación en -al
Ghilghero, Carduelis carduelis

Réptiles:
Víbora, Vipera latastei, diferenciaban ben esta especie das outras 'culebras'


* Nomes recollidos en Cerdedelo, Laza:

Aves:
Rodrigovión, Oriolus oriolus, variante semellante a outros pobos de preto coma en Campobecerros onde se lle chama Rodrigavión
Ataíño, Falco tinnunculus, mesma designación que a da zona de Verín
Pitorrei, Picus viridis
Anduriñas, Hirundo rustica, Delichon urbicum, este veciño coñecía dúas especies de anduriñas
Vencellos, Apus apus
Bubela, Upupa epops
Merlo, Turdus merula
Malvís, Turdus phylomelos, se callar sexa un nome xenérico para todos os Tordos, Turdus spp. (?)
Pardao, Passer domesticus, mesma terminación en -ao igual que na poboación de Toro

Anfibios:
Salamanca, Salamandra salamandra


* Nomes de aves recollidos no Riós a Carlos Veiga:

Chasco, Saxicola rubicola
Arrabuñón, Certhia brachydactyla
Pincho, Páridos
Ferreiriña, Phoenicurus ochruros
Azulenta, Prunella modularis
Avión, Oriolus oriolus
Carriza, Troglodytes troglodytes
Pito verdeal, Picus viridis
Pito rei, Dendrocopos major
Pigarro, Garrulus glandarius
Pombo, Columba palumbus
Rola Streptopelia turtur
Verderolo, Chloris chloris
Nabiñeiro, Serinus serinus
Cotolovía, Lullula arbórea, Galerida cristata (?)
Corvo, Córvidos
Cuco, Cuculus canorus
Perdiz, Alectoris rufa
Paspallá, Coturnis coturnix
Merlo, Turdus merula
Tordo, Turdus phylomelos
bubela, Upupa epops
Anduriña, Hirundo rustica, Hirundínidos
Vencello, Apus apus
Curuxa, Tyto alba
Moucho, Athene noctua


* Nomes recollidos no Santo, Laza, a José Benito Pômar Pômar de 78 anos de eidade, e a Francisco Rodríguez Ojea, na compaña de Nieves Amado e Txelis Blanco:

Aves:
Perdiz, Alectoris rufa
Ághila, xenérico para rapinas grandes
Pardao, Passer domesticus
Bubela, Upupa epops
Cuco, Cuculus canorus
Labrandeira, Motacilla alba
Merla, Turdus merula
Rola, Streptopelia turtur
Ghaio, Garrulus glandarius
Anduriñas, Hirundínidos
Vencello, Apus apus
Lechugha, Tyto alba
Moucho, Athene noctua
Butre, Strix aluco
Cighueña, Ciconia ciconia, "hai moitas na Limia"
Pegha, Pica pica
Laverca, Alauda arvensis
Ghabilán, xenérico para rapinas pequeñas
Averrrapiña, Circus pygargus, C. cyaneus
Rodrigho, Oriolus oriolus
Paporrubio, Erithacus rubecula
Pito formigheiro, Picus viridis
Pômbos, Columba palumbus
Nabiñeiro, Carduelis cannabina
Canario bravo, Serinus serinus
Corvo, Covus corone, Corvus corax
Torda, Turdus spp.
Mirlo, Sturnus unicolor
Carpinteiro, Dendroicopos major
Carricha, Troglodytes troglodytes
Ghilghero, Carduelis carduelis
Noitevoá, Caprimulgus europaeus
Paspallá, Coturnix coturnix
Década, Pita do monte, Gallinago gallinago
Pita das touzas, Scolopax rusticola
Escribienta, emberiza cirlus
Anduriña brava, Hirundo rupestris

Mamíferos:
Ghabalí, sus scrofa
Corza, Capreolus capreolus
Raposa, Vulpes vulpes
Teioxugho, Meles meles
Lebre, Lepus granatensis
Coello, Orictolagos cuniculus
Lobo, Canis lupus
Ghineta, Algharia, Genetta genetta
Ghato bravo, Felix sylvestris
Rebisaco, (?) "é neghra"
Londra, Lutra lutra
Doniña, Mustela nivalis
Ourizo cacheiro, Erinaceus europaeus
Morcegho, Quirópteros, "mitá é páxaro, mitá é rato"
Ciervo, Cervus elaphus, "recentes, só na montaña"

Réptiles:
Lagharto
Laghartas
Cobra
Víbora, "son pinchorladas"
Cáncer, Anguis fragilis, Chalcides striatus

Anfibios:
Salamanca, Salamandra salamandra
Cághado, larvas de anfibios
Sapo cunqueiro, Bufo bufo
Arrás, anuros

Insectos:
A Teresa, Mantis religiosa
Vacaloura, Berberomelo majalis
Saltón, Ortópteros
Ghaiteiros, Odonatos
Chicharra, Cicádidos
Ghrilo, Gryllidae
Alacrán, Gryllotalpa grillotalpa


* Nomes de aves recollidos en Lubián a Felipe Lubián, na compaña de Bruno Rúa:

Gilguero, Carduelis carduelis
Milpéndora, Oriolus oriolus
Concho grande, Parus major
Concho pequeño, Cyanites caeruleus
Chincho, Fringilla coelebs
Furafollas, Phylloscopus spp.
Carrixa, Troglodytes troglodytes
Pigarro, Carrulus glandarius
Charrela, Perdix perdix
Verdecilla, Serinus serinus

Muito obrigado a todos os que aportaron. Seguiremos coa pescuda.

Até á próxima.

6 comentarios:

Pedreiro dixo...

Bom trabalho coma sempre.

Xosé Ramón Reigada dixo...

E a voçê pelo aportado, obrigadinho !

Cosme Damian Romai Cousido dixo...

Brutal trabalho Xosé Ramón e demais companheiros! Parabéns!!! Abraço, Damián

Xosé Ramón Reigada dixo...

Muito obrigado Damião, cumprimentações !

Martiño Cabana Otero dixo...

Excelente traballo, Xosé Ramón. O Rebisaco podería ser o sacarrabos, non?
Unha aperta,
Martiño

Xosé Ramón Reigada dixo...

Uf, non sei ben se será ese Sacarrabos, aínda non se atopou un testemuño sólido que identificara á especie, tampouco se comprobou a súa presenza na zona, ben recente ben histórica, seguiremos atentos ao asunto, saúdos