sábado, 29 de xuño de 2019

Nomes de aves nas Chas

A continuar imos por uns nomes vernáculos de aves recollidos por Claudio Álvarez 'Zunín' e Xosé Ramón Reigada a Alfonso das Chas de 78 anos de idade. Son os seguintes:


Garrabaio, Garrulus glandarius
Garrabaio
Papafigos, Oriolus oriolus
Bubela, Upupa epops
Cascarrollo, "había dous, un cincento e o outro o real", Lanius meridionalis, Lanius collurio
Paspallá, Coturnix coturnix
Ave da noite, Caprimulgus europaeus
Cutuvía, Alauda arvensis, pode que se estivera en confusión coa Laverca e se tratara de Lullula arborea
Torda, Turdus philomelos
Estornino, Sturnus unicolor
Merlo, Turdus merula
Lavandeira, Motacilla alba
Martín peixeiro, Alcedo atthis
Naviñeiro, Chloris chloris (?), pode ser que se estivera en confusión co Verderolo e se tratara de Carduelis cannabina recollido noutras partes da bisbarra
Ferreiro, Cyanistes caeruleus
Paporrubio, Erithacus rubecula
Chasco, Saxicola rubicola
Tanxo, Ficedula hypoleuca
Rola, Streptopelia turtur
Pombo, Columba palumbus
Corvo, Corvus corone
Ghilguero, Carduelis carduelis
Pito d'auga, Cinclus cinclus
Pito d'auga
Moucho, Athene noctua, Strix aluco, tamén identificaba a Otus scops pero non se lembraba do nome que se lle daba
Bufo, Bubo bubo
Curuxa, Tyto alba
Rosiñol, Luscinia megarhynchos
Pitorrei, Dendrocopos major
Cirifolla, Phylloscopus collybita, P. ibericus
Carriza, Troglodytes troglodytes
Pega, Pica pica
Vencello, Apus apus
Anduriña, Hirundo rustica
Pedreiro, Delichon urbicum
Avefría, Vanellus vanellus
Gabilán, Accipiter nisus, rapiñas diurnas en xeral
Perdiz, Alectoris rufa
Averrapiña, Circus pygargus

Morcello, nome dado nas Chas aos Quirópteros

venres, 21 de xuño de 2019

Uns odonatos e algo máis

Libélula azuleira, Libellula depressa
 


Donceliña de Linden, Erythroma lindenii

Donceliña de Linden, Erythroma lindenii

Donceliña de ollos vermellos, Erythroma viridulum

Percasol, Lepomis gibbosus
 

sábado, 15 de xuño de 2019