xoves, 25 de xullo de 2019

Arqueoloxía e Fauna no Castelo de Lobarzán

REVISADO E ACTUALIZADO
13 DE AGOSTO DO 2019

Como continuación á anterior entrada sobre Flora (http://verin-natural.blogspot.com/2019/07/arqueoloxia-e-flora-no-castelo-de.html) respecto á intervención arqueolóxica que se está a realizar no Castelo de Lobarzán ou Castro das Laxes das Chas imos poñer unhas especies de Fauna que se viron durante o transcurso dos traballos que es están levando a cabo.

Bolboreta Papilio machaon na zona de intervención arqueolóxica.

Lagartixa dos penedos, Podarcis guadarramae, na zona de intervención arqueolóxica.

Lagartixa rabuda, Psammodromus algirus, na zona de intervención arqueolóxica, semella ser o réptil máis abondoso.
Fotografía de José Ramón Feijóo.

Bolboreta Papilio machaon na zona de interevención arqueolóxica.
Fotografía de Nieves Amado.

Por parte do persoal do proxecto tamén levan visto varias Bubelas, Upupa epops, xuntas e un Coello de monte, Oryctolagus cuniculus, alén de moitas bolboretas e una cobra pequena que non se identificou.

No outro día pudemos desfrutar dende o alto do Monte do Castelo dunha expléndida exibición aérea dunha Aguia calzada, Aquila pennata, vista desde arriba e contra o fondo do val.

No interior da chamada Cova do Gato había unha congregación dos arácnidos Opilións no seu interior.

Iremos pondo novas observacións a medida que se obteñan.

Contan que tamén se viron morcegos nas covas, un ratonciño de monte e algún insecto descoñecido.

E isto é o que nos conta José Luis Homedapedra Lozano Rúa polo Facebook:

"Bubelas hai, alomenos media ducia ao subir da Portela e antes do primeiro "descanso" do camiño, e outros paxaros de cor verdoso que voan en grupos pequenos de 3/5 exemplares, e o que me pareceron dous gaios xusto antes da última subida cara os dous "castelos", na ladeira entre a terra o musgo e os penedos, esas dúas lagartiñas, saltóns e chicharras, e xa arriba mesmo onde escavamos multitude de arañas terreiras e formigas xilófagas, cempés e larvas de escarabellos, despois voando moitas e diversas bolboretas, avespas e tabaos, moscas e mosquitos nos lugares de sombra, e o lúns visitounos a que eu penso é a libélula máis grande que vin na miña vida, fun capaz de seguirlle o voo quizais unhes 100 metros."
Fernando Serrulla envía esta fotografía dun habitante de Lobarzán:

Lagartixa rabuda, Psammodromus algirus.
Fotografía de Fernando Serrulla.

Moitas grazas de novo a todo o equipo pola mostra de interese e sensibilidade.

xoves, 18 de xullo de 2019

Sobre os nomes dos Vagalumes

Nestes días fíxose unha recolla de nomes preguntando a través do Facebook que designaran aos Vagalumes na bisbarra de Monterrei e arredores, isto foi o que se atopou:


Bicho relumbrón: Recollido en San Lourenzo, no Tameirón e en Pentes, todos do concello da Gudiña.

Bicho coraceiro: Recollido en Videferre, concello de Oímbra.

Vagalume: Tamén recollido no Tameirón, A Gudiña, pero posiblemente influenciado polo galego oficial.

Lucerna: Recollido en Feces de Abaixo, concello de Verín; na Gudiña; e en Campobecerros, concello de Castrelo do Val; tamén en Verín (sen precisar localidade de procedencia).

Luciérnaga: Recollido no Rosal, concello de Oímbra; e en Pazos, concello de Verín; tamén en Laza e Vilameá, concello de Laza; e na Gudiña. Esta designación está en claro influenciada polo castellano.

Lucecú: Recollido en Medeiros e na Madanela, ambos do concello de Monterrei.

Lucérnaga: Recollido en Verín, en posibiliade influenciado polo castellano.

Lumela: Recollido en Verín; tamén en Novás, do concello de Xinzo da Limia. Nestes dous lugares dicíanlle aos rapaces: "Neno, non lle toques que queima", en referenza a que se debían de deixar por non seren prexudiciais e mesmo beneficiosas dalgunha maneira.

Pirilampo e Vaga-lume: Nomes dados en Portugal.

Bicho-da-croça: Recollido en Outeiro Seco, concello de Chaves. É de interese a semellanza co nome de Bicho coraceiro de Videferre.

Bichiño da luz: Recollido en Laza.

Moitas grazas, obrigado.

xoves, 11 de xullo de 2019

Arqueoloxía e Flora no Castelo de Lobarzán

A continuar imos por unhas imaxes de Flora con respecto á intervención arqueolóxica que se está a realizar no Castelo de Lobarzán ou Castro das Laxes das Chas.

Considerábase prioritario preservar no posible a enorme riqueza natural presente na zona, de aí que se pedise asesoramento sobre os traballos de devasa dos accesos e acondicionamento do xacemento.

É de citar o enorme interese mostrado por todos os integrantes do grupo e en especial aos arqueólogos Beatriz Comendador, Nieves Amado e Víctor Rodríguez Muñiz, e á experta en comunicación Rosa Veiga, alén do "Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio", da Universidade de Vigo, os Concellos de Monterrei e Oímbra, os colectivos culturais "Monterrei, Cultura e Territorio" e 'Olimbria' e os veciños das Chas e Vilaza.

Moitas grazas.

https://www.facebook.com/castelodelobarzan/

https://castelodelobarzan.home.blog/

Thapsia villosa


Thapsia villosa

Abrótega, Gamón, Asphodelus lusitanicus


Delphinium halteratum 

Campanula sp. (?)

Briza maxima

Abrótegas, Gamóns, Asphodelus lusitanicus

Trovisco, Daphne gnidium

Abrótega, Gamón, Asphodelus lusitanicus

Pata de Cabra, Phillyrea angustifolia

Aciñeira, Quercus ilex

Xilbarbeira, Rascacú, Rusco, Ruscus aculeatus

Lathyrus sp.

Lathyrus sp.

Aciñeira, Quercus ilex

Fento común, Pteridium aquilinum


Carballo cerquiño, Quercus pyrenaica

Queiruga, Erica sp.


Estraloques, Digitalis purpurea


Composta

Tamus communis


Carballos cerquiños, Quercus pyrenaica, en rexeneración

Herba de San Xoán, Hypericum perforatum


Cabeza de cobra, Aristolochia paucinervis

Thalictrum speciosissimum (?)

Seoane, Gordolobo, Verbascum sp.

Centaurea sp.

Linaria sp.

Sobreira, Quercus suber

Carqueixa, Pterospartum tridentatum

Cistácea

Allium sphaerocephalum (?)

Allium sphaerocephalum (?)

Lupinus sp.

Queiruga, Erica sp.

Halimium lasianthum

Erica cinerea

Arzá, Lavandula stoechas

Cistus populifolius

Carpaza, Cistus psilosepalus

Esteva, Cistus ladanifer

Esteva, Cistus ladanifer

Sobreira, Quercus suber

Morogueiro, Érbedo, Arbutus unedo

Morogueiro, Érbedo, Arbutus unedo

Orobanche sp.

Osyris alba

Osyris alba

Silene scabriflora

Asplenium sp. (?)

Sedum sp.

Centaurium sp. (?)

Gramínea

Polypodium sp.

Labiada

Galium sp.

Manzanela, Manzanillo do monte, Helichrysum stoechas

Eryngium sp.

Xesta, Cytisus sp.

Eryngium sp.

Silene sp.

Composta

Carba, Quercus petraea

Asplenium trichomanes

Hedre, Hedera helix

Eirogo, Origanum virens

Silva garvanceira, Rosa sp.

Escambrón, Crategus monogyna

Blechnum spicant