xoves, 25 de xullo de 2019

Arqueoloxía e Fauna no Castelo de Lobarzán

REVISADO E ACTUALIZADO
13 DE AGOSTO DO 2019

Como continuación á anterior entrada sobre Flora (http://verin-natural.blogspot.com/2019/07/arqueoloxia-e-flora-no-castelo-de.html) respecto á intervención arqueolóxica que se está a realizar no Castelo de Lobarzán ou Castro das Laxes das Chas imos poñer unhas especies de Fauna que se viron durante o transcurso dos traballos que es están levando a cabo.

Bolboreta Papilio machaon na zona de intervención arqueolóxica.

Lagartixa dos penedos, Podarcis guadarramae, na zona de intervención arqueolóxica.
 
Lagartixa rabuda, Psammodromus algirus, na zona de intervención arqueolóxica, semella ser o réptil máis abondoso.
Fotografía de José Ramón Feijóo.

Bolboreta Papilio machaon na zona de interevención arqueolóxica.
Fotografía de Nieves Amado.

Por parte do persoal do proxecto tamén levan visto varias Bubelas, Upupa epops, xuntas e un Coello de monte, Oryctolagus cuniculus, alén de moitas bolboretas e una cobra pequena que non se identificou.

No outro día pudemos desfrutar dende o alto do Monte do Castelo dunha expléndida exibición aérea dunha Aguia calzada, Aquila pennata, vista desde arriba e contra o fondo do val.

No interior da chamada Cova do Gato había unha congregación dos arácnidos Opilións no seu interior.

Iremos pondo novas observacións a medida que se obteñan.

Contan que tamén se viron morcegos nas covas, un ratonciño de monte e algún insecto descoñecido.

E isto é o que nos conta José Luis Homedapedra Lozano Rúa polo Facebook:

"Bubelas hai, alomenos media ducia ao subir da Portela e antes do primeiro "descanso" do camiño, e outros paxaros de cor verdoso que voan en grupos pequenos de 3/5 exemplares, e o que me pareceron dous gaios xusto antes da última subida cara os dous "castelos", na ladeira entre a terra o musgo e os penedos, esas dúas lagartiñas, saltóns e chicharras, e xa arriba mesmo onde escavamos multitude de arañas terreiras e formigas xilófagas, cempés e larvas de escarabellos, despois voando moitas e diversas bolboretas, avespas e tabaos, moscas e mosquitos nos lugares de sombra, e o lúns visitounos a que eu penso é a libélula máis grande que vin na miña vida, fun capaz de seguirlle o voo quizais unhes 100 metros."
Fernando Serrulla envía esta fotografía dun habitante de Lobarzán:

Lagartixa rabuda, Psammodromus algirus.
Fotografía de Fernando Serrulla.

Moitas grazas de novo a todo o equipo pola mostra de interese e sensibilidade.

Ningún comentario: