martes, 10 de decembro de 2019

Nomes vernáculos para as Lermes

REVISADO E AMPLIADO
10 DE ABRIL DO 2020
A continuar imos poñer uns nomes vernáculos para designar ás Lermes na bisbarra de Monterrei recollidos a través do Facebook nos grupos "Colectivo cultural Olimbria", "Laza", "Tamagania (o país do Alto Tâmega)"e "Ti non es de Verín si non..." e do muro de "Xosé Ramón Reigada", estes foron os resultados:


Lerma: En Gondulfes, concello de Castrelo do Val. En Rabal, concello de Oímbra. En Tamagos, Mandín, Verín, concello de Verín.
Lerme: En Campobecerros, concello de Castrelo do Val. En Castrelo de Abaixo, Cortegada, Navallo, Pena do Souto, San Pedro de Pousada, concello do Riós. Nas Eiras, Alberguería, Carraxo, Correchouso, Laza, Matamá, Retorta, Toro, Trez, concello de Laza. En Verín. En Florderrei Vello, Lamardeite, Osoño, Santa Comba de Varoncelle, Vilardevós, concello de Vilardevós.
Lermia: En Cualedro e arredores, San Martiño, San Millao, concello de Cualedro. Nas Chas, Espiño, Videferre, concello de Oímbra. En San Cristovo de Monterrei, Medeiros, concello de Monterrei. En Feces de Abaixo, concello de Verín.
Lesme: En Rexosende, concello de Vilardevós.
Lésmia: Na Xironda, concello de Cualedro.
Limaco: Na Granxa, concello de Oímbra. Na Madanela, concello de Monterrei.

E noutros lugares:

Aligacha: En Roblido, concello da Rúa.
Alimacha: No Barco de Valdeorras (Ourense).
Lagáchima: En Betanzos e Abegondo (A Coruña).
Lerma: No Grove.
Lerme: Na Gudiña, Barxa, Pentes, concello da Gudiña. No Pereiro, concello da Mezquita. Na Limia. En Ramirás e Padrenda.
Lesma: En Lubián, Zamora.
Lesme: Na Gudiña. Na Limia.
Lesmia: Na Gudiña.
Limiaco: En Silván, concello de Benuza (León).
Lumiaco: En Pombriego, concello de Benuza (León).