martes, 4 de outubro de 2011

Noso futuro

Vanse poñer unhas imaxes que estaban arquivadas e que reflicten o que está a acontecer nestes últimos tempos
















...que sirva de reflexión


O lume é xente, grita.
Mira a auga, tamén é xente, a auga está viva.
O lume é xente forte.
O lume enfádase, na taiga ardeu moitos días, e cando se enfada, da medo.
A auga tamén da medo, e o vento cando se enfada.
O lume a auga e o vento son xente moi forte.

Derzu Uzala

xoves, 29 de setembro de 2011

Noso pasado



Onte presentouse a 2ª edición da Guía Arqueolóxica do Alto Támega

Parabéns a Bruno Rúa, o seu autor, por esta obra excepcional

-excepcional adx. 1. Que constitúe unha excepción, que se afasta do que é habitual e ordinario ou que ocorre en contadas ocasións. ANT. habitual, normal. 2. Que ten unhas calidades ou características superiores ó que é habitual ou que están fóra do común. SIN. excelente, fantástico, marabilloso, portentoso, prodixioso.CF. singular, único. SIN. extraordinario.-

venres, 24 de xuño de 2011

Ribeira do Mente

Río Mente

A sensación que transmite esta belísima paisaxe é de extrema impresión,
espectacular no seu contido,
na súa magnitude telúrica,
asombrosa.
Terra prehistórica de caprichosas formacións pétreas,
as palas ocas, os penedos furados, as fragas, as covas,
os Mouros.
Os socalcos de antigas culturas agrícolas pendurados na ladeira,
viñas ventureiras,
antiquísimos lagares á intemperie,
adegas desertas de paredes esborralladas,
un culto aos froitos da Mai Terra.
E nas profunidades
o eterno río,
o Pai Mente,
e a imposíbel Ponte Vella.
Emocionante,
transcendental.

O pasado sábado 11 de xuño realizouse unha saída pola zona do río Mente na compaña de Victor Alves, excelente naturalista e autor do blogue Montesinho Natural.

En poucas horas recoñecimos nada menos que unhas 130 especies de Flora.

En Fauna identificamos as seguintes especies: 2 arácnidos, 8 bolboretas, 2 escarabellos, 1 avéspora, 1 odonato, 1 anfibio, 3 répteis, 10 aves (iamos máis atentos ao chan do que ao ceo), e rastros dunhas 6 especies de mamíferos.

Como se pode ver o elenco foi abondoso, en especial as prantas, das que moitas eran especies restritas, inlcuso algunha era única para estas latitudes.

A continuación imos a poñer unha presentación coas imaxes obtidas e un enlace á galería de Picasa coas fotografías e a identificación de varias das especies.









Ribeira do Mente


Fica dicir que esta zona forma parte do Parque Natural de Montesinho, no lado Portugués, e precisaría de ter algunha medida de protección no lado Galego. Só iso.

Especial agradecemento a Victor Alves e os seus, obrigado

martes, 31 de maio de 2011

Maio maduro Maio

Eis aquí unhas actividades deste mes ventureiro:

* Nos días 28 e 29 de maio realizouse en Ourense unha xornada formativa do programa SARE Seguimiento de Anfibios y Reptiles de España da Asociación Herpetológica Española, con saídas ao campo polo Monte do Cuco en Ourense, Areeiras da Limia en Vilar de Santos e Castelo de Monterrei.

Lagartiña rabuda, Psammodromus algirus



Video de imaxes do Monte do Cuco

Especiais agradecementos aos organizadores do evento: César Ayres, Alberto Rivero e Enrique Ayllón.



E unhas entradas de blogues sobre a xornada:

Lagarixa cinsenta no Pereiro de Aguiar. Fauna Vertebrada de Ourense. Alberto Rivero

Do escáncer ao escouparón: Da Limia ao Val do Támega. Fauna Vertebrada de Ourense. Alberto Rivero

Restos de culebra bastarda. (Ciencia-en Red) Biología. Inés G. de Castro

* No domingo 29 de maio tamén se realizou unha limpeza e recollida de residuos, no bosque ribeirán do Pracer, por voluntarias e voluntarios do proxecto Móvete Natura da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense FEMURO, o día 1 de maio xa limparan a zona dos magostos na Atalaia, Monterrei.

Bosque do Pracer

Em breve enlazaremos aquí un artigo sobre as especies máis interesantes de Flora e Fauna que habitan o Bosque do Pracer cunha breve reseña histórica do lugar. Aquí está o documento:



Maio maduro Maio

Maio maduro Maio
quem te pintou
quem te quebrou o encanto
nunca te amou
raiava o sol já no sul
e uma falua vinha
lá de Istambul
sempre depois da sesta
chamando as flores
era o dia da festa
Maio de amores
era o dia de cantar
e uma falua andava
ao longe a varar
Maio com meu amigo
quem dera já
sempre no mês do trigo
se cantará
qu'importa a fúria do mar
que a voz não te esmoreça
vamos lutar
numa rua comprida
el rei-pastor
vende o soro da vida
que mata a dor
anda ver, Maio nasceu
que a voz não te esmoreça
a turba rompeu


José Afonso

sábado, 21 de maio de 2011

Cantos Rabirrubios haberá na vila ?

O Rabirrubio común, Phoenicurus ochruros, é unha especie antropófila, moi común dentro das poboacións humanas, seguro que debido a habitar de forma natural ambientes rupícolas. A pesar desta veciñanza coa especie humana semella que non é un paxaro moi coñecido, de facto aínda non se recolleu ningún nome vernáculo na comarca que o designe, a única referenza galega que teño, aparte da oficial, foi a que lle recollín a un veciño do concello de Manzaneda que lle daba o nome de Ferreiro.



O caso é que o outro día fixen uns traxectos a primeira hora da mañá por unhas rúas da vila de Verín e contabilicei nada menos que sete machos de Rabirrubio cantando dende os edificios, de fácil detección ao ser unha das primeiras especies que cantan á mañá cedo, comenzando a ouvirse incluso de noite aló polas cinco ou seis da madrugada.

Ao comprobar a elevada densidade desta especie, e a relativa facilidade de detectala mediante audicións, ocurréuseme realizar outros dous percorridos de similar distancia e hábitat por zonas repartidas de maneira simétrica para tratar de sacar unha estima dos individuos ou parellas que podería haber na vila.

Cos resultados obtidos marquei nun mapa os puntos aproximados das escoitas, que deron unha densidade similar entre eles, e rechei entón os ocos baleiros de forma semellante a como estaban distribuídos no espazo.

Ao contabilizar todos os puntos, reais e estimados, saíume un número de 115, que, de seren certos, corresponderíanse co número aproximado de machos cantores de Rabirrubio común dentro da vila, e pensando que cada macho defendese un territorio habería entón cento quince territorios de cría.

Para saber o número total de individuos faltaríanos multiplicar o número de parellas reprodutoras pola cantidade de xuvenís que saísen adiante nese primeiro estadío, podendo poñerlle unha media baixa de só dous polos por parella.

Resumindo, que 115 machos, máis 115 femias, máis 230 xuvenís, danos un total de 460 Rabirrubios aproximados dentro da vila a final da temporada de cría. Será certo ?


Ver mapa más grande

luns, 16 de maio de 2011

Información complementaria sobre a pedra do guerreiro

A continuación póñense uns enlaces en torno ao programa de radio La Rosa de los Vientos onde se recolle un podcast facéndose eco do tema: Descubren en Galicia la estela más antigua que representa un guerrero; e un chat onde se comenta o Hallazgo de una estela del tipo suroccidental en tierras gallegas:

RosaVientosPodcast.com - 16 de mayo de 2011 ...Descubren en Galicia la estela más antigua que representa un guerrero...

El Portal de la Rosa de los Vientos - Foros de discusión. Pasajes de la Historia. Una estela del suroeste en Galicia

martes, 10 de maio de 2011

A pedra do guerreiro

A pedra do guerreiro no museo etnográfico de Castrelo do Val












De esquerda a dereita Miguel Losada, José Luis Lozano (o descubridor da estela), Bruno Rúa (experto en Arqueoloxía), Eduardo Castro


Imos poñer máis enlaces debido ao trascendente do achado.


O autor do excelente blog Capítulo 0 e director de culturagalega.org, Manuel Gago, interprétanos os símbolos e axúdanos a entender a estela:











...segundo o arqueológo Alberte Reboreda, "vincula o mundo mediterráneo e o atlántico" na Prehistoria e máis neste momento... (Fragmento recollido da entrada Dentro do universo dun guerreiro, de culturagalega.org)


De novo a comarca de Monterrei barruntando o Mare Nostrum dende unha Galizia atlántica.


As sempre interesantes palabras da autora do blog A Urdiñeira:




A noticia na páxina oficial do Concello de Castrelo do Val:




E a noticia na televisión:










agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


sábado, 7 de maio de 2011

Achado dunha estela prehistórica en Castrelo do Val

Vanse a poñer a continuación uns enlaces dunha noticia de enorme interese sobre o achado en Castrelo do Val dunha estela, menhir, pedra fincada, prehistórica única ata o momento en Galicia.

O afeccionado local á Arqueoloxía que se menciona nestes artigos é Bruno Rúa, experto en Arqueoloxía, verdadeiro artífice desta descuberta e autor da Guía Arqueolóxica do Alto Támega, unha excelente obra de referencia para a Comarca de Monterrei e para todo o Alto Támega. O achado foi posible grazas ao aviso a este investigador por parte do propietario dos terreos José Luis Lozano. Obrigados estamos aos dous por compartir con todos nós este relevante descubrimento.



Faro de Vigo - ¿Un clan guerrero gallego hace 3.000 años? Arqueólogos constatan el hallazgo de la única "estela de guerrero" registrada en Galicia, datada en la Edad del Bronce. Elena Ocampo



La voz de Galicia - Hallan por primera vez en Galicia una estela de guerrero con carro. La piedra labrada tiene 3.000 años de antigüedad y se localizó en Castrelo do Val, Ourense. Jorge Lamas

Xornal.com - Achan unha estela única de 3.000 anos de antigüidade en Ourense

El País - Un agricultor halla un petroglifo de la Edad del Bronce. Teresa Cuíñas



A nosa historia - Atopada unha estela de guerreiro con carro en Castrelo do Val

Antigua y medieval - Hallan por primera vez en Galicia una estela de guerrero con carro

Arqueología al día - Hallan por primera vez en Galicia una estela de guerrero con carro

Arqueólogos - Hallan por primera vez en Galicia una estela de guerrero con carro

Historia secreta - ¿Un clan guerrero gallego hace 3.000 años?

Mundo de la Arqueología - ¿Clan guerrero en Galicia hace unos 3.000 años? Mundo de la Arqueología

Noticias de Historia antigua y arqueología - Hallan por primera vez en Galicia una estela de guerrero con carro

Paleorama - Edad del Bronce ¿Un clan guerrero gallego hace 3.000 años?

Terrae Antiqvae - ¿Un clan guerrero gallego hace 3.000 años?
Terrae Antiqvae - Hallan por primera vez en Galicia una estela de guerrero con carro

Recoméndase en especial visitar a seguinte entrada do blog A Urdiñeira con excelentes explicacións, axeitados enlaces e ampla información:

¿O guerreiro solitario?

E como dí a súa autora, Bea: ...sen dúbida un extraordinario achado nunha zona que está a converterse nun verdadeiro epicentro de interese arqueolóxico nos últimos anos.

domingo, 1 de maio de 2011

O polo do Arrulador

Onte avisáronme uns amigos de que tiñan un polo de Curuxa que caíra do nino. De inmediato fun para aló.

Tratábase dun pitiño desvalido de Avelaiona común, Strix aluco. Pola comarca de Monterrei é coñecida esta ave co nome de Arrulador, Páxaro arrulador, tamén Ugo, ou mesmo Moucho ou Curuxa.

eis aquí o protagonista desta historia

Non era un polo voandeiro, e xa que se coñecía o lugar exacto do nino, decidíuse metelo de novo xunto a súa mai.

e a mai á espreita

O lugar de nidificación está ubicado nunha cavidade dunha construción humana, e aínda que esto non sexa raro o máis normal é que o nino destas aves estea no oco dunha árbore ao ser unha especie típica forestal.

e aquí o final feliz deste políño de Arrulador

As rapinas noiteiras presentan un comportamento a térmos en conta: Os polos voandeiros saen a explorar polas inmediacións do nino. Se atopamos un destes polos desvalidos non se debe coller se non está ferido, os pais estarán perto del coidándoo, deberemos deixalo no mesmo sitio onde estaba. Como xa dixemos, neste caso non se trataba dun polo voandeiro, era demasiado pequecho aínda, por iso a opción de devolvelo ao nino.

Para máis información recoméndase visitar o seguinte documento gratuíto editado polo Centro de Recuperación de Rapaces Nocturnas BRINZAL:

xoves, 31 de marzo de 2011

As Maias. Entre mitos e crenças



O pasado 31 de marzo presentouse en Valpaços, e o vindeiro 29 de abril presentarase en Chaves, o libro do noso amigo Jorge Lage, defensor da cultura portuguesa, trasmontana, e por extensión, galega, inmortalizando nas súas publicacións o patrimonio inmaterial que aínda pervive no maxín colectivo dun pobo



Entre as súas publicacións figuran estas outras referenzas bibliográficas


Enviámoslle os nosos parabéns pola súa excelente e fructífera obra literaria

sábado, 26 de febreiro de 2011

Plantas en flor no mes de febreiro

As seguintes plantas foron fotografadas durante un percorrido realizado na tarde do 22 de febreiro polas ladeiras oeste e sur do Montemaior, a excepción da especie Romulea bulbocodium que foi fotografada o 26 de febreiro na aldea de Aveleda, concello de Chaves


Erodium cicutarium


Ulex europaeus


Acacia dealbata (especie invasora)


Familia Cruciferae


Erica cinerea


Erica australis


Romulea bulbocodium

mércores, 12 de xaneiro de 2011

Asfaltado de camiños rurais. Estradas directas a ningures

O progreso imparable chegou ao agro galego, rápido para os tempos, sen criterios cívicos, estrullando a cultura e o medio. A parcelaria arranca as nosas árbores, esborralla as paredes, dulcifica os carreiros tortos, abre largas pistas agrícolas dereitiñas coma gallas. E a sociedade pide asfalto nos camiños para non lixarse co bulleiro, e a administración atende. O efecto disto, alén doutros, é o atropelo da fauna que imos tratar, os anfibios, indefensos ante as enormes rodas da civilización.
Sapo de esporóns, Pleobates cultripes


Sapo cunqueiro, Bufo bufo
Pintafontes verde, Triturus marmoratus
Pitafontes común, Lissotriton boscai


Píntega, Salamandra salamandra




Sapo corriqueiro, Epidalea calamita






Nestes días apartamos varios exemplares das estradas para evitar os esmagamentos e comprobamos unha elevada mortaldade de anfibios


Os anfibios están ameazados a nivel mundial, son especies protexidas en maior ou menor medida por catálogos de especies ameazadas ou por convenios internacionais, a mioría delas son especies ou subespecies endémicas da Península Ibérica
As fotografias destes anfibios foron tomadas nas pistas asfaltadas da concentración parcelaria entre Vilaza, Albarellos e Pazos
Sapo cunqueiro atropelado na estrada de Requeixo, escenificación
Lagoa de Vilaza, zona de reprodución de anfibios
Poza na parcelaria de Vilaza, lugar de reprodución de anfibios
.
A paradoxa é que o antónimo da palabra progreso é retroceso, curioso, non si!
.

Oxalá que non se fixera nunca máis o asfaltado non xustificado de camiños rurais que levan a ningures.
.

Colaboraron Paco Carballo, Pastor Santamarina e Xosé Ramón Reigada, noutras ocasións Alberto Rivero, Anxos Romeo, Martiño Cabana e Rafa Vázquez, da Asociación Saramaganta.