sábado, 7 de xaneiro de 2012

Etnoastronomía

Os nosos antergos tamén miraban para o ceo nocturno e rexían algunha parte das súas vidas por acontecementos celestes, aliás non deixaran suficientes rexistros na tradición oral. Con esta entrada preténdese ir poñendo aos poucos os nomes, contos e costumes que poidamos atopar facendo referencia a algún motivo relacionado coa astronomía antropolóxica ou mesmo coa cosmoxeobioloxía dentro dos eidos da mitoloxía ou da realidade galega

De momento atopámonos cos seguintes relatos:

A Pastora: Suponse que se poida tratar dalgún planeta brillante coma Venus cando aparece polo oeste á atardecida, ou mesmo Xúpiter, tamén podería ser algún outro astro moi brillante coma a estrela Sirio que sería o seguinte corpo celeste en intensidade. O nome semella referirse ao feito de que cando aparecía esta estrela soa no ceo era a hora de recoller o gando. Podería tratarse da mesma estrela que se coñece co outro nome de A Panadera, ambas designacións fóronnos ditas pola mesma veciña da Pena do Souto no concello do Riós

O Carro: Conxunto de estrelas que tamén se lle chama Carro dentro da astronomía convencional, aínda que este nome que atopamos refírese á súa semellanza cos carros de vacas ou bois do país. A súa situación no ceo está ubicada dentro da constelación da Osa Maior. Contárronnos que lles servía para coñeceren o tempo nocturno transcurrido, dependendo da súa posición no ceo, en especial útil cando ían a acancelar, actividade consistente en ir pechar o gando pola noite dentro dunhas leiras para que abonaran o chao. Cando facían esta labor durmían nuns refuxios denominados carrozas que se facían con táboas, paos e palla a modo de tipi ou tenda de campismo e transportábanse no alto dos carros para ir dunha leira a outra. Esta narración foi recollida na zona de San Cibrao, concello de Oímbra

O Arado: Esta é outra designación por similitude para O Carro na Osa Maior. Dicíannos que mesmo se lle vía o temon do arado e as rellas. Recollido na Pena do Souto

O Luceiro da Mañá: Refírese ao planeta Venus cando é visible de mañá polo leste ao ser o astro máis luminoso. Recolleuse o mesmo nome nos concellos do Riós e Oímbra

As Tres Marías: Fai referenza ás tres estrelas que compoñen o Cinturón de Orión. Cantáronnos unha cantiga que dice así:

Alá van as Tres Marías
de noite polo lunar
en busca de Jesucristo
queno puidera encontrar

A Lúa: É sabido a crenza da influenza da Lúa nas distintas tarefas do campo e de certos aspectos da vida das persoas. No concello do Riós recollimos o testimonio dunha veciña dicindo que había que facer as sementeiras coa lúa chea para que os vexetais non se saíran, e que había que recoller na mesma lúa coa que se sementaba. Contounos que coa lúa chea as persoas póñense nervosas e alteradas, ademais de que inflúe na hora do parto das mulleres embarazadas, e tamén no gando

Luar
O Arado


Segundo a nosa interpretación, e en simpleza especulando, queremos intuír que algunhas gravuras rupestres do tipo coviñas poderían coincidir co deseño de determinadas constelacións


Petroglifos na comarca, Coviñas descubertas por casualidade nos arredores do Castro Vamba. Os veciños das aldeas próximas non coñecían o significado destes penedos, en dous deles dicían xogaren os nenos enriba ao estar ambos no medío duns pradiños, o outro éralles descoñecido e non se lle tiña ningún topónimo específico que o referenciara. O máis probable é que estexan sen catalogar

Continuaremos coa pescuda...

martes, 20 de decembro de 2011

Sociedade Antropolóxica Galega

Eis aquí unha nova páxina de referencia para acabarmos ben o ano:

antropoloxiagalega.org



Grazas ao Miguel Losada por pasarnos o enlace

venres, 4 de novembro de 2011

Maleza e bicharada

No mes pasado fiquei sorprendido cunha noticia que apareceu en varios xornais:


Vecinos (de Verín) recogen firmas para exigir la limpieza del cauce del río Támega


Verín recoge firmas para que le dejen limpiar el río Támega


Había frases coma istas:


Centenares de arbustos y árboles se han apropiado durante los últimos años del verdadero cauce del río...


«El estado del río es lamentable y vergonzoso»...


...«está lleno de maleza, hace años que no se limpia, y en él han crecido decenas de árboles que obstaculizan el paso del agua»...


A continuación vanse poñer unha serie de imaxes do LIC do río Támega obtidas nos barrios do Olivar e a Noria ao seu paso pola vila de Verín e na súa inmediata continuación pola paraxe do Pracer. Xulgade vós



O Olivar - Verín
Leito do río Támega
Só nesta parcela dentro do leito do río xa nos atopamos cunha importante diversidade de Flora, unhas dez a doce especies: Xungo (Juncus sp), Hortelá de auga (Mentha aquatica), Pementa de auga (Polygonum hydropiper), Ortiga (Urtica dioica), Espadana (Typha latifolia), Carrizo (Pragmites australis), Salgueiro (Salix sp), Dulcamara (Solanum dulcamara)...
Herba moura, Solanum nigrum
Lavatera cretica
Picafollas común, Phylloscopus collybita
Lavanco, Anas platyrhynchos
Na orela tratan de medrar uns pés de Choupo híbrido (Populus x canadiensis), un tímido Pradairo (Acer pseudoplatanus) e un Amieiro (Alnus glutinosa)
Camiño da Noria
Catalpa, Catalpa bignonioides, naturalizada
Lavancos, Anas platyrhynchos
En primeiro termo vemos naturalizado un Pradairo negundo, Acer negundo

Herba do pobre, Clematis vitalba
Vide, Vitis vinifera, rubindo polo toro dun Salgueiro branco, Salix alba
Vide, Vitis vinifera, e Herba carmín, Phytolaca americana
Falsa acacia, Robinia pseudoacacia, naturalizada
Leitarega, Euphorbia amigdaloides, entre follas de Pradairo, Acer pseudoplatanus
Hedre, Hedera hibernica
Bosque ribeirán onde predominan os Freixos, Fraxinus angustifolia, nesta zona contabilízanse máis de trinta especies arbóreas diferentes
Plátano de sombra, Platanus orientalis var. acerifolia, naturalizado
Cartaz na preseira do muíño do Pracer
Hortelá de auga, Mentha aquatica, e unha Bolboreta da especie Artogeia rapae
Crocus serotinus
Freixos, Fraxinus angustifolia, de bo porte



No mes de abril xa saíra tamén outra noticia semellante:


Bancos de algas invaden el río Támega en Verín


Estas algas ás que se refire o artigo non son tales, trátase de Ranúnculos acuáticos, Ranunculus penicillatus, en floración, como defensa do río ao carecer da sombra das árbores


Cada cousa ten a súa beleza, mais non todos poden vela
Confucio


Nesta entrada só se pretenden cuestionar os temas que teñen a ver en xeral coa Natureza e en particular co ecosistema ripícola

martes, 4 de outubro de 2011

Noso futuro

Vanse poñer unhas imaxes que estaban arquivadas e que reflicten o que está a acontecer nestes últimos tempos
















...que sirva de reflexión


O lume é xente, grita.
Mira a auga, tamén é xente, a auga está viva.
O lume é xente forte.
O lume enfádase, na taiga ardeu moitos días, e cando se enfada, da medo.
A auga tamén da medo, e o vento cando se enfada.
O lume a auga e o vento son xente moi forte.

Derzu Uzala

xoves, 29 de setembro de 2011

Noso pasado



Onte presentouse a 2ª edición da Guía Arqueolóxica do Alto Támega

Parabéns a Bruno Rúa, o seu autor, por esta obra excepcional

-excepcional adx. 1. Que constitúe unha excepción, que se afasta do que é habitual e ordinario ou que ocorre en contadas ocasións. ANT. habitual, normal. 2. Que ten unhas calidades ou características superiores ó que é habitual ou que están fóra do común. SIN. excelente, fantástico, marabilloso, portentoso, prodixioso.CF. singular, único. SIN. extraordinario.-

venres, 24 de xuño de 2011

Ribeira do Mente

Río Mente

A sensación que transmite esta belísima paisaxe é de extrema impresión,
espectacular no seu contido,
na súa magnitude telúrica,
asombrosa.
Terra prehistórica de caprichosas formacións pétreas,
as palas ocas, os penedos furados, as fragas, as covas,
os Mouros.
Os socalcos de antigas culturas agrícolas pendurados na ladeira,
viñas ventureiras,
antiquísimos lagares á intemperie,
adegas desertas de paredes esborralladas,
un culto aos froitos da Mai Terra.
E nas profunidades
o eterno río,
o Pai Mente,
e a imposíbel Ponte Vella.
Emocionante,
transcendental.

O pasado sábado 11 de xuño realizouse unha saída pola zona do río Mente na compaña de Victor Alves, excelente naturalista e autor do blogue Montesinho Natural.

En poucas horas recoñecimos nada menos que unhas 130 especies de Flora.

En Fauna identificamos as seguintes especies: 2 arácnidos, 8 bolboretas, 2 escarabellos, 1 avéspora, 1 odonato, 1 anfibio, 3 répteis, 10 aves (iamos máis atentos ao chan do que ao ceo), e rastros dunhas 6 especies de mamíferos.

Como se pode ver o elenco foi abondoso, en especial as prantas, das que moitas eran especies restritas, inlcuso algunha era única para estas latitudes.

A continuación imos a poñer unha presentación coas imaxes obtidas e un enlace á galería de Picasa coas fotografías e a identificación de varias das especies.









Ribeira do Mente


Fica dicir que esta zona forma parte do Parque Natural de Montesinho, no lado Portugués, e precisaría de ter algunha medida de protección no lado Galego. Só iso.

Especial agradecemento a Victor Alves e os seus, obrigado

martes, 31 de maio de 2011

Maio maduro Maio

Eis aquí unhas actividades deste mes ventureiro:

* Nos días 28 e 29 de maio realizouse en Ourense unha xornada formativa do programa SARE Seguimiento de Anfibios y Reptiles de España da Asociación Herpetológica Española, con saídas ao campo polo Monte do Cuco en Ourense, Areeiras da Limia en Vilar de Santos e Castelo de Monterrei.

Lagartiña rabuda, Psammodromus algirus



Video de imaxes do Monte do Cuco

Especiais agradecementos aos organizadores do evento: César Ayres, Alberto Rivero e Enrique Ayllón.



E unhas entradas de blogues sobre a xornada:

Lagarixa cinsenta no Pereiro de Aguiar. Fauna Vertebrada de Ourense. Alberto Rivero

Do escáncer ao escouparón: Da Limia ao Val do Támega. Fauna Vertebrada de Ourense. Alberto Rivero

Restos de culebra bastarda. (Ciencia-en Red) Biología. Inés G. de Castro

* No domingo 29 de maio tamén se realizou unha limpeza e recollida de residuos, no bosque ribeirán do Pracer, por voluntarias e voluntarios do proxecto Móvete Natura da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense FEMURO, o día 1 de maio xa limparan a zona dos magostos na Atalaia, Monterrei.

Bosque do Pracer

Em breve enlazaremos aquí un artigo sobre as especies máis interesantes de Flora e Fauna que habitan o Bosque do Pracer cunha breve reseña histórica do lugar. Aquí está o documento:



Maio maduro Maio

Maio maduro Maio
quem te pintou
quem te quebrou o encanto
nunca te amou
raiava o sol já no sul
e uma falua vinha
lá de Istambul
sempre depois da sesta
chamando as flores
era o dia da festa
Maio de amores
era o dia de cantar
e uma falua andava
ao longe a varar
Maio com meu amigo
quem dera já
sempre no mês do trigo
se cantará
qu'importa a fúria do mar
que a voz não te esmoreça
vamos lutar
numa rua comprida
el rei-pastor
vende o soro da vida
que mata a dor
anda ver, Maio nasceu
que a voz não te esmoreça
a turba rompeu


José Afonso