Un suceso de gravidade acontece. O río está aleixado, os Amieiros fenecen. Estamos a viver un tempo estraño no que o pobo perde a singradura e a Natureza resíntese co resón pasadío. A floresta ribeirega esgarece e berra un son malfadado ao faltarlle seu máis belido enfeite. A buxaina seguirá a virar, torta até ao Alén, e as carpideiras ficarán impávidas e silentes.
Eis aquí o de nosoutros:
Explicación da doenza, por Rafa Castro:
Phytophthora alni Brasier et al.
É un fungo oomicete causante de pudrición no raizame e no pescozo da raíz (colar) en amieiros Alnus glutinosa.
A doenza foi descrita no 1993 no sur de Inglaterra aínda que non se detectou o primeiro caso en Galiza até 2009 cando se atopou o fungo causante da doenza en amieiros nas beiras do Avia.
O fungo causante da doenza foi identificado por Brassier et al.
Brasier identificou este fungo coma un posible híbrido entre outras dúas especies de Phytophthora. -Based initially on studies of the morphological and cultural characteristics and then molecular analysis, it became clear that the alder Phytophthora was a hybrid between P. cambivora and another Phytophthora probably closely related to P. fragariae – a pathogen of strawberry.-
Un estudio realizado por Santini et al. no 2003 demostrou que o mesmo fungo podía afectar a concheiras Juglans regia e castiñeiro Castanea sativa. Outro estudio publicado polos mesmos autores no 2006 demostraba a susceptibilidade das cerdeiras Prunus avium.
Os síntomas da doenza comezan cun decaimento xeral observado na parte aérea da pranta e que se manifesta polo loureamento e caída a destempo e pola mingua no tamaño das follas; o que conleva unha perda xeral da densidade foliar. En fases máis avanzadas da doenza pódese observar a excrecencia dun zume negro e mesto a traveso de feridas na casca da parte baixa do toro.
Polo xeral a doenza causa a morte da pranta aínda que se teñen descrito casos nos que se convirte en crónica causando síntomas que periodicamente se ven acentuado.
Unha visión universal da Humanidade, a Natureza e o Alén desde a bisbarra de Monterrei
xoves, 1 de agosto de 2013
luns, 17 de xuño de 2013
A biodiversidade do río Mente
Xa está a funcionar o blogue de Fauna e Flora do río Mente, se callar a zona con maior diversidade de especies da bisbarra de Monterrei, hervas en especial:
http://riomenteff.blogspot.com.es/
martes, 21 de maio de 2013
Primeira cita de Ridolfia segetum en Galicia
AO FINAL RESULTOU NON SER ESTA A ESPECIE, ESTABA MAL IDENTIFICADA, TRÁTABASE ENTÓN DE Ferulago capillaris.
No ano 2011 detectouse na comarca de Monterrei e na rexión portuguesa do Alto-Tâmega a presenza dunha especie de planta que polas pescudas realizadas en diferentes publicacións non se describe para territorio galego. Trataríase entón da primeira cita desta especie na Galiza. Tampouco se atopou que estivese citada na rexión trasmontana do Alto-Támega. (1), (2), (3), (4), (5), (6), (7)
Trátase de Ridolfia segetum (L.) Morris, da familia das Umbelíferas, Umbeliferae (Apiaceae):
* Herba anual, glabra, talos 15-140(210) cm., erectos, estriados, sólidos, ramificados na base, sen restos fibrosos na base, follas basais –tempreranmente caedizas– e medias 15-28 × 10-22 cm , 3-4(6) pinnatisectas, de contorno triangular, pecioladas, divisións de último orden 5-15 × 0,3-0,5 mm , filiformes, vainas 1,5-4 × 0,5-1,6 cm , umbelas terminais e laterais, con 8-56 radios de 18-51 mm , subiguales, umbélulas con 15-36 flores, radios 4-14 mm –os internos moi curtos–, pétalos 1,9-2 mm , emarxinados, co ápice incurvado, amarelos, estilos 0,2-0,3 mm na fructificación, froitos 1,2-2,7 mm , mericarpos de sección semielíptica, coas 5 costelas primarias pouco perceptibles ou finas e de cor claro, que destacan sobre o fondo oliváceo, vitas de cor castaño escuro, a menudo visibles externamente, carpóforo persistente tras a caída dos mericarpos. 2n = 22; n = 11. (6)
* Marxes de camiños e cultivos; 0-650(1000) m. V-VIII. S de Europa, Anatolia, Líbano, Palestina, Azores, Canarias e N de África; naturalizada no Perú. Principalmente no S e E da Península Ibérica e Illas Baleares. Esp.: Ab (Al) (B) Ba (Bi) Ca (Cc) Co (Cs) Cu (Ge) Gr (H) (J) (M) Ma PM[Mll (Ib)] Se Sg (SS) (T) To (V). Port.: AAl (Ag) BAl (BL) (DL) E (R) (TM). (6)
* Nomes vernáculos: Português: andrage, endramo, endro das searas, endro menor, endrâo, endrão. Castellano: abesón, anerdo, endrado, eneldo, eneldo silvestre, hinojo borde, marrubio, mastuerzo, neldo, nerdo. Catalá: fonollassa, fonollassa de sembrat. (4)
Posúe certa semellanza co Fiúncho ou Fionllo, Foeniculum vulgare Mill., coa que se puido confundir e pasar inadvertida, aparte das deferenzas específicas pode distinguirse por posuír un olor aromático misturado cun fondo cítrico e non o aroma anisado do Fiúncho.
A época de floración vai de maio a agosto.
O hábitat no que se observou consistía en beiras de camiños soleados e terreos de cultivo hortícola abandonados desde fai moito tempo. Solo areento e pedregoso. Esposición soalleira mais con certa humidade edáfica . Vexetación circundante de matogueiras de porte medio, gramíneas, e algúns pés de pouca altura de Carballos cerquiños, Quercus pyrenaica, e posibles híbridos con outras especies do mesmo xénero coma o Caxigo, Quercus faginea.
A data na que se detectou por primeira vez esta pranta foi o 10 de maio do 2011, nun lugar cercano á poboación de San Cibrao do concello de Oímbra, logo foron descubertas novas localizacións en Bousés, Espiño, Oímbra, San Cibrao e Videferre, tamén do concello de Oímbra; Vilela-Seca, do concello de Chaves; e San Cristovo, do concello de Monterrei. (Omítense as coordenadas e a toponimia neste artigo para mellor protección ao non ser relevante para este fin divulgativo).
Fíxose un seguimento ao longo do ano, observando os talos secos no inverno, o abrollo da planta na primavera e a súa floración a seguir. Apañáronse algunhas sementes e recolectouse unha mostra para facer un prego e incluíla nun herbario público. Tívose coidado en todo momento de non estragar a planta enteira, recollendo só un dos talos exteriores sen afectar á raíz nin ao conxunto da planta que constaba dun certo número de talos.
Realizando pescudas cos veciños dos lugares de ocorrencia da planta, non puideron dicir ningunha referenza sobre o coñecemento popular desta especie, tan só se constatou a confusión, ou mesmo a relación de semellanza co Fionllo, por parte dun veciño de San Cibrao que nos comentou o seguinte:
_ ...Esa herba? É o Fionllo, non? Hai quen as coce coas castañas, tamén se lle daba de comer aos coellos -dixo este veciño de San Cibrao ao ensinarlle e preguntarlle pola planta.
_ Ser é diferente ao Fionllo que cheira a anís -comenta o naturalista que estaba a recoller a información-. Esta élle unha epecie distinta, coñécea?
_ Chámanlle Fionllo -un intre de silencio-. Herbas hai muitas, eu non as coñezo, hai xente que si, inlcuso as usan como remedio.
_ Que tipo de cultivo había nesta zona? Podería haberse sementado antigamente esta planta por aquí? -pregunta o naturalista.
_ Fai moito tempo esto eran todo 'huertas', pementos, cebolas, tomates... Aiquí xa non hai nada, agora plántase todo cara abaixo, nas parcelas. Esas sementes traeranas os páxaros...
Fica entón a dúvida de se hai unha confusión popular co propio Fionllo, Foeniculum vulgare, ou se tamén se designa a Ridolfia segetum como Fionllo mais sabéndose que é unha planta diferente, que fose un vernáculo compartido. Seguiremos prestando atención ao posible coñecemento popular desta especie.
En breve trataremos de incluír o exemplar recollido nun herbario público para a súa posterior publicación dun artigo nunha revista científica. Xa se irá informando.
A continuar móstranse unhas imaxes da planta, enteira e en detalle, en diferentes épocas do ano:
Referencias de consulta:
Bibliografía:
(1) García, Xosé Ramón (2008). Guía das Plantas de Galicia. Edicións Xerais de Galicia. Vigo.
(2) García Rollán, Mariano (1999). Atlas clasificatorio dela Flora de España peninsular y balear. Vol. II. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
(3) Romero Buján, María Inmaculada (2008). Catálogo da Flora de Galicia. Monografías do Ibader 1. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Web:
(4) Anthos. Sistema de información sobre las plantas de España. Fundación Biodiversidad; Real Jardín Botánico (Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas).
http://www.anthos.es/
(5) Biodiversidade en Galicia. Boletín BIGA.
http://www.biga.org/Boletin_BIGA/index.html
(6) Flora Ibérica. Plantas vasculares dela Península Ibérica e Islas Baleares. Real Jardín Botánico. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
http://www.floraiberica.org/v.2.0/PHP/cientificos2.php?gen=Ridolfia&espe=segetum&infrank=_&infra=_&autabre=%28L.%29+Moris&familia=Umbelliferae
http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/10_129_53%20Ridolfia.pdf
(7) Jardim Botânico. UTAD. Flora Digital de Portugal.
http://jb.utad.pt/especie/ridolfia_segetum
Agradecementos:
Agradécese a información facilitada por Gerardo, veciño de San Cibrao, Oímbra.
Agradécese o asesoramento e axuda coa identificación da especie a Pastor Santamarina.
Agradécese o interese mostrado polos colaboradores do blogue Biodiversidade Galega pola primeira tentativa de publicación do artigo.
http://biodiversidadegalega.blogspot.com.es/
Agradécese o asesoramento en canto á inclusión en herbario e publicación científica de David do proxecto Fitofaladoiro de nomes e usos populares de plantas silvestres de Galicia.
http://fitofaladoiro.eu/
No ano 2011 detectouse na comarca de Monterrei e na rexión portuguesa do Alto-Tâmega a presenza dunha especie de planta que polas pescudas realizadas en diferentes publicacións non se describe para territorio galego. Trataríase entón da primeira cita desta especie na Galiza. Tampouco se atopou que estivese citada na rexión trasmontana do Alto-Támega. (1), (2), (3), (4), (5), (6), (7)
Trátase de Ridolfia segetum (L.) Morris, da familia das Umbelíferas, Umbeliferae (Apiaceae):
* Herba anual, glabra, talos 15-140(210) cm., erectos, estriados, sólidos, ramificados na base, sen restos fibrosos na base, follas basais –tempreranmente caedizas– e medias 15-28 × 10-
* Marxes de camiños e cultivos; 0-650(1000) m. V-VIII. S de Europa, Anatolia, Líbano, Palestina, Azores, Canarias e N de África; naturalizada no Perú. Principalmente no S e E da Península Ibérica e Illas Baleares. Esp.: Ab (Al) (B) Ba (Bi) Ca (Cc) Co (Cs) Cu (Ge) Gr (H) (J) (M) Ma PM[Mll (Ib)] Se Sg (SS) (T) To (V). Port.: AAl (Ag) BAl (BL) (DL) E (R) (TM). (6)
* Nomes vernáculos: Português: andrage, endramo, endro das searas, endro menor, endrâo, endrão. Castellano: abesón, anerdo, endrado, eneldo, eneldo silvestre, hinojo borde, marrubio, mastuerzo, neldo, nerdo. Catalá: fonollassa, fonollassa de sembrat. (4)
Posúe certa semellanza co Fiúncho ou Fionllo, Foeniculum vulgare Mill., coa que se puido confundir e pasar inadvertida, aparte das deferenzas específicas pode distinguirse por posuír un olor aromático misturado cun fondo cítrico e non o aroma anisado do Fiúncho.
A época de floración vai de maio a agosto.
O hábitat no que se observou consistía en beiras de camiños soleados e terreos de cultivo hortícola abandonados desde fai moito tempo. Solo areento e pedregoso. Esposición soalleira mais con certa humidade edáfica . Vexetación circundante de matogueiras de porte medio, gramíneas, e algúns pés de pouca altura de Carballos cerquiños, Quercus pyrenaica, e posibles híbridos con outras especies do mesmo xénero coma o Caxigo, Quercus faginea.
A data na que se detectou por primeira vez esta pranta foi o 10 de maio do 2011, nun lugar cercano á poboación de San Cibrao do concello de Oímbra, logo foron descubertas novas localizacións en Bousés, Espiño, Oímbra, San Cibrao e Videferre, tamén do concello de Oímbra; Vilela-Seca, do concello de Chaves; e San Cristovo, do concello de Monterrei. (Omítense as coordenadas e a toponimia neste artigo para mellor protección ao non ser relevante para este fin divulgativo).
Fíxose un seguimento ao longo do ano, observando os talos secos no inverno, o abrollo da planta na primavera e a súa floración a seguir. Apañáronse algunhas sementes e recolectouse unha mostra para facer un prego e incluíla nun herbario público. Tívose coidado en todo momento de non estragar a planta enteira, recollendo só un dos talos exteriores sen afectar á raíz nin ao conxunto da planta que constaba dun certo número de talos.
Realizando pescudas cos veciños dos lugares de ocorrencia da planta, non puideron dicir ningunha referenza sobre o coñecemento popular desta especie, tan só se constatou a confusión, ou mesmo a relación de semellanza co Fionllo, por parte dun veciño de San Cibrao que nos comentou o seguinte:
_ ...Esa herba? É o Fionllo, non? Hai quen as coce coas castañas, tamén se lle daba de comer aos coellos -dixo este veciño de San Cibrao ao ensinarlle e preguntarlle pola planta.
_ Ser é diferente ao Fionllo que cheira a anís -comenta o naturalista que estaba a recoller a información-. Esta élle unha epecie distinta, coñécea?
_ Chámanlle Fionllo -un intre de silencio-. Herbas hai muitas, eu non as coñezo, hai xente que si, inlcuso as usan como remedio.
_ Que tipo de cultivo había nesta zona? Podería haberse sementado antigamente esta planta por aquí? -pregunta o naturalista.
_ Fai moito tempo esto eran todo 'huertas', pementos, cebolas, tomates... Aiquí xa non hai nada, agora plántase todo cara abaixo, nas parcelas. Esas sementes traeranas os páxaros...
Fica entón a dúvida de se hai unha confusión popular co propio Fionllo, Foeniculum vulgare, ou se tamén se designa a Ridolfia segetum como Fionllo mais sabéndose que é unha planta diferente, que fose un vernáculo compartido. Seguiremos prestando atención ao posible coñecemento popular desta especie.
En breve trataremos de incluír o exemplar recollido nun herbario público para a súa posterior publicación dun artigo nunha revista científica. Xa se irá informando.
A continuar móstranse unhas imaxes da planta, enteira e en detalle, en diferentes épocas do ano:
Referencias de consulta:
Bibliografía:
(1) García, Xosé Ramón (2008). Guía das Plantas de Galicia. Edicións Xerais de Galicia. Vigo.
(2) García Rollán, Mariano (1999). Atlas clasificatorio de
(3) Romero Buján, María Inmaculada (2008). Catálogo da Flora de Galicia. Monografías do Ibader 1. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Web:
(4) Anthos. Sistema de información sobre las plantas de España. Fundación Biodiversidad; Real Jardín Botánico (Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas).
http://www.anthos.es/
(5) Biodiversidade en Galicia. Boletín BIGA.
http://www.biga.org/Boletin_BIGA/index.html
(6) Flora Ibérica. Plantas vasculares de
http://www.floraiberica.org/v.2.0/PHP/cientificos2.php?gen=Ridolfia&espe=segetum&infrank=_&infra=_&autabre=%28L.%29+Moris&familia=Umbelliferae
http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/10_129_53%20Ridolfia.pdf
(7) Jardim Botânico. UTAD. Flora Digital de Portugal.
http://jb.utad.pt/especie/ridolfia_segetum
Agradecementos:
Agradécese a información facilitada por Gerardo, veciño de San Cibrao, Oímbra.
Agradécese o asesoramento e axuda coa identificación da especie a Pastor Santamarina.
Agradécese o interese mostrado polos colaboradores do blogue Biodiversidade Galega pola primeira tentativa de publicación do artigo.
http://biodiversidadegalega.blogspot.com.es/
xoves, 14 de febreiro de 2013
Gluvia dorsalis no Alto Támega
Inserimos este vídeo para avanzar a noticia da descuberta nesta comarca da única especie de Solífugo presente na Europa, Gluvia dorsalis.
Semella ser a primeira vez que se cita a súa presenza na provincia de Ourense. Atopouse en dous lugares distantes entre eles. Nesta próxima temporada de actividade prestaremos máis atención a este raro e interesante arácnido. Fica pendente a publicación dun artigo ampliando os detalles.
O documento foi obtido polo naturalista Xabier García 'Víboras'.
http://www.biodiversidade.eu/avistamento/gluvia-dorsalis-latreille-1817-/
http://www.biodiversidade.eu/avistamento/gluvia-dorsalis-latreille-1817-1/
luns, 31 de decembro de 2012
A Flora, os Fungos e outras curiosidades da Fala do Centro do Mundo
Para rematar o ano e esta primeira viaxe polos coñecementos populares do Centro do Mundo imos tratar dos nomes vernáculos dados aquí á Flora e aos Fungos da zona, inlcuíndo propiedades medicinais e outros usos tradicionais, ademais de curiosidades desta Fala senlleira, recollida e usada por Claudio -Zunín- e Pepa na localidade raiota de Videferre: O Centro do Mundo.
Debido ao enorme interese lingüístico e etnográfico da zona seguirase, ao longo do tempo, tratando de recompilar a maior cantidade posible de información desta ancestral sabedoría de trasmisión oral.
Rematamos entón este contacto inicial coa Fala de Videferre, tratando a continuar as designacións e información recollida sobre a Flora, os Fungos e curiosidades da Fala do Centro do Mundo:
Flora:
Abóitiga, Cytinus hypocistis. Planta que parasita Cistáceas. Utilízase como comestible chuchando o seu extracto. Noutras zonas da comarca é coñecida como Póutiga ou Apóutiga. É unha planta de certa dificultade para atopala polo que se utiliza este facto para gastarlle unha borma a alguén ao facelo ir buscar as Abóitigas a unha zona de monte de maneira semellante aos Biosbardos ou Meimós imaxinarios.
Arzán, Lavandula stoechas. Fumábase a semente seca liada coma se fose tabaco.
Anthemis arvensis. Aínda sendo unha planta coñecida na zona, e mesmo plantada nas hortas, non se lle recolleu ningún nome específico para ela. Usaríase a modo de infusión igual que a Manzanilla ou Macela, Matricaria chamomilla.
Balancía, Citrullus lanatus. Planta hortícola da familia das cucurbitáceas. En galego oficial díse Sandía, igual que en castelán. En portugués chámase Melancía. Atopamos unha variante desta mesma designación no idioma Mirandelés, onde se lle chama Blancia -Blancía-, que junto ao Mirandés poderían ser un reducto da fala do antigo reino da Gallaecia. Fascinante.
Bidro, Betula pubescens. Variante doutras desginacións atopadas na comarca.
Canafecha, Conium maculatum. Habita en regatos. Especie altamente tóxica, en especial as sementes.
Cidreira, Melissa officinalis. Nome semellante ao dado en portugués oficial: Erva-cidreira. O principal método de uso sería como infusión relaxante.
Cincho, Chenopodium album. Planta adventicia -coñecidas de forma vulgar e inxustificada como malas herbas-, noutras zonas da comarca coñécese co nome máis común de Saíncho.
Corcheiro, Quercus suber.
Eirogos, Origanum virens. Herba aromática, usada en especial como condimento para engadir ás zorza dos chourizos.
Fentobrún, Osmunda regalis.
Galocrista, Salvia verbenaca. Planta da familia das labiadas que se usaba para quitar partículas dos ollos ao introducir as sementes nestes e frotar as pálpebras. "Os Antigos tiñan moita fe nos frutículos que, a maneira de semente de cor escura, fórmanse en número de 1 a 4 no fondo do cáliz da galocrista. Con estos frutículos, colocados debaixo das pálpebras e pechando o ollo, pretendían limpársello de floquiños, arxemas e musarañas. As xentes do campo todavía utilizan actualmente estos gránulos de galocrista para aclarar a vista". (Plantas medicinais. O Dioscórides renovado. Pío Font Quer).
Galotos, Solanum nigrum. Planta adventicia -grupo de plantas coñecidas de forma vulgar e inxustificada como malas herbas- da familia das solanáceas. Tóxica.
Hortelá, Mentha spp. Designación dada a distintas especies de mentas. Usadas como plantas aromáticas, ornamentais ou medicinais, en especial como dixestiva.
Lavandula angustifolia. Cultivada en hortas e xardíns.
Malvela, Glechoma hederacea.
Morangueiro, Arbutus unedo. Variante da designación máis extendida na comarca de Morogueiro. Semella ter influenza do portugués, neste idioma emprégase este nome en femenino para referirse á planta que da morangos, Fragaria vesca; tamén para designar un tipo de viño popular e apreciado en portugal, o viño morangueiro, con sabor afroitado a morangos.
Olmo, Populus tremula. Moi interesante vernáculo para esta especie propia das rexións frescas e templadas de Europa e Asia, podendo considerarse como unha especie relicto das últimas glaciacións. Esta sería unha variante do vernáculo que xa se tiña recollido na veciña localidade de San Cibrao, onde se lle chama Ólomo, un sincretismo entre as designacións en castelán Olmo e Álamo. Nas dúas localidades diferénciase ben esta especie das dos Olmos propios, chamados na comarca Negrillos, Ulmus spp, e dos Álamos, que aquí se lles chama Chopos, Populus spp, e en especial a especie autóctona máis coñecida do Chopo, o P. nigra, de certa similitude co P. tremula. Por suposto que está comprobada a presenza da especie nas dúas localidades. Excepcional.
Pastadeira, Merendera montana.
Pata de Cabra, Phllyrea angustifolia. Este é o primeiro nome vernáculo que se recolle na comarca para designar a esta especie termófila da familia das oleáceas. Planta de certo interese botánico para esta latitude que mostra o marcado carácter mediterránico da zona. Parece que se usaba para envelenar os ríos da mesma maneira que o popular Truvisco, Daphne gnidium.
Phytolacca americana. Usábanse as bagas machucadas en forma de tinte para resaltar coa súa cor vermella os nomes gravados nas lápidas do cemiterio.
Ruda, Ruta graveolens. Medicinal e como amuleto protector.
Sarxa, Salvia officinalis. Ten moitas propiedades medicinais: antisudorífica, hipoglucemiante, emenagoga, estimulante, antiespasmódica, astrinxente, antiséptica.
Silva macha, Rosa spp. Diferencian esta das outras especies de Silvas máis coñecidas, Rubus spp.
Té, Chenopodium ambrosioides. Planta orixinaria da América, úsase popularmente a modo de té, de ahí o seu nome, sen concretar ningunha utilidade medicinal.
Fungos:
Cogordón, Cogumela, Macrolepiota spp. Diferénciase o Cogordón, cando o sombreiro está pechado, da Cogumela, cando o sombreiro está aberto.
Cornexo, Claviceps purpurea. Fungo do grupo dos ascomicetos que parasita en especial o centeo. É un fungo alucinóxeno. En tempos chegouse a comprar con fins farmaceúticos.
Nízcaros, Boletus spp. Identifícanse dependendo das árbores debaixo das que medren: Nízcaro de Bidro, Nízcaro de Carballo, Nízcaro de Castiñeiro.
Nízcaros de Cobra, nome xenérico que se usa para designar en xeral a todos os Fungos do grupo dos Basidiomicetos que non son comestibles ou se descoñece a súa calidade como comestibles.
Nízcaro de Raposa, Phallus impudicus. Aparecería arredor das viñas. Sería o primeiro nome vernáculo atopado na comarca para este fungo.
Ovos de Cuco, Licoperdon perlatum. Comestible só cando é de cor branca. Pode que se lle dé este nome a outros fungos de aparencia similar.
Rebentabois, Amanita muscaria. Reflicte a toxicidade do fungo.
Seta, Fistulina hepatica. De cor encarnado, habita no toro de Catiñeiros ou Carballos. Moi bo comestible. Con este castelanismo de Seta desígnase a esta especie en concreto.
Fala:
Barrosou: Habitante ou pertencente á veciña rexión portuguesa do Barroso. Téñase en conta a terminación -ou na vez de -ao, -an no galego oficial, aínda que nos xentilicios se admite -ao.
Bastián: O boneco que representa ao Entruido. Noutras zonas coñécese esta figura como Meco, Lardeiro, ou mesmo Entruido.
Billós: Utilízase para designar non só ás castañas asadas desprovistas de casca senón tamén a todas as castañas que serven para coller. Noutras zonas da comarca atopamos as variantes Bullós e Bullotes. Entre as distintas variedades de Billós que se cultivan na zona están a Famosa, a Foleira, a Longal e as Da-Trés.
Cencelo: Fenómeno meteorolóxico consistente na formación de cristais de xeo na vexetación causado pola conxelación das gotas de auga presentes no neboeiro xeado. Provirá da designación cencellada, que en castelán designa este fenómeno moi típico no interior da meseta ibérica, presetando similitude con certos lugares desta zona ao existir aquí terreos de planalto frío.
Chou: Chan no galego oficial. Chao, degisnación noutras zonas da comarca.
Cibo: Parte pequena; anaco, cacho (un cibo de pan).
Coañadeira: Especie de vasoira feita de Bidro (Betula pubescens), non de Codeso (Adenocarpus complicatus), que se utilizaba para varrer as airas.
Coaño: Serían os feixes dos restos da malla.
Cobra: Designación xenérica para os colúbridos.
Gado: Gando no galego oficial. En portugués tamén se lle chama Gado.
Grou: Gran no galego oficial. Grao, designación noutras zonas da comarca.
Irmou: Irmán no galego oficial. Irmao, desginación noutras zonas da comarca.
Maseira: Especie de caixón ou arca de madeira de forma rectangular, máis estreita no fondo ca na boca, que se emprega para amasar o pan, salgar a carne da matanza ou mesturar a zorza; artesa.
Mou: Man no galego oficial. Mao, designación noutras zonas da comarca.
Nino: Nome para designar os niños das aves, o mesmo que en toda a comarca.
Padieira: Parte superior horizontal dunha porta ou ventá. Na comarca está máis extendida a designación de lumieira.
Plica: Epiderme dos répteis, en especial a das cobras, da que se desprenden no acto da muda. Viría de pelica.
Tanlla: Recipiente de cerámica para conter líquidos.
Trepolas: Serían os Castiñeiros bravos, Castanea sativa, que medran ventureiros sen a mou do home.
Vrou: Verán no galego oficial. Vrao, designación noutras zonas da comarca.
Fíxose algunha corrección nas anteriores entradas sobre os Páxaros e a Fauna do Centro do Mundo.
Continuaremos coa pescuda e recompilación das características desta Fala enxebre.

![]() |
| Abóitiga, Cytinus hypocistis |

Se a muller soubera o bo que é a Malvela
pacería nela como o boi pace a herba.

| Olmos, Populus tremula |
Pastadeira, Merendera montana.
Pata de Cabra, Phllyrea angustifolia. Este é o primeiro nome vernáculo que se recolle na comarca para designar a esta especie termófila da familia das oleáceas. Planta de certo interese botánico para esta latitude que mostra o marcado carácter mediterránico da zona. Parece que se usaba para envelenar os ríos da mesma maneira que o popular Truvisco, Daphne gnidium.
Phytolacca americana. Usábanse as bagas machucadas en forma de tinte para resaltar coa súa cor vermella os nomes gravados nas lápidas do cemiterio.
Ruda, Ruta graveolens. Medicinal e como amuleto protector.
Sarxa, Salvia officinalis. Ten moitas propiedades medicinais: antisudorífica, hipoglucemiante, emenagoga, estimulante, antiespasmódica, astrinxente, antiséptica.
Silva macha, Rosa spp. Diferencian esta das outras especies de Silvas máis coñecidas, Rubus spp.
Té, Chenopodium ambrosioides. Planta orixinaria da América, úsase popularmente a modo de té, de ahí o seu nome, sen concretar ningunha utilidade medicinal.
Fungos:
Cogordón, Cogumela, Macrolepiota spp. Diferénciase o Cogordón, cando o sombreiro está pechado, da Cogumela, cando o sombreiro está aberto.
![]() |
| Cogordón, Macrolepiota procera |
Cornexo, Claviceps purpurea. Fungo do grupo dos ascomicetos que parasita en especial o centeo. É un fungo alucinóxeno. En tempos chegouse a comprar con fins farmaceúticos.
Nízcaros, Boletus spp. Identifícanse dependendo das árbores debaixo das que medren: Nízcaro de Bidro, Nízcaro de Carballo, Nízcaro de Castiñeiro.
Nízcaros de Cobra, nome xenérico que se usa para designar en xeral a todos os Fungos do grupo dos Basidiomicetos que non son comestibles ou se descoñece a súa calidade como comestibles.
Nízcaro de Raposa, Phallus impudicus. Aparecería arredor das viñas. Sería o primeiro nome vernáculo atopado na comarca para este fungo.
![]() |
| Nízcaro de Raposa, Phallus impudicus |
Ovos de Cuco, Licoperdon perlatum. Comestible só cando é de cor branca. Pode que se lle dé este nome a outros fungos de aparencia similar.
Rebentabois, Amanita muscaria. Reflicte a toxicidade do fungo.
Seta, Fistulina hepatica. De cor encarnado, habita no toro de Catiñeiros ou Carballos. Moi bo comestible. Con este castelanismo de Seta desígnase a esta especie en concreto.
Fala:
Barrosou: Habitante ou pertencente á veciña rexión portuguesa do Barroso. Téñase en conta a terminación -ou na vez de -ao, -an no galego oficial, aínda que nos xentilicios se admite -ao.
Bastián: O boneco que representa ao Entruido. Noutras zonas coñécese esta figura como Meco, Lardeiro, ou mesmo Entruido.
Billós: Utilízase para designar non só ás castañas asadas desprovistas de casca senón tamén a todas as castañas que serven para coller. Noutras zonas da comarca atopamos as variantes Bullós e Bullotes. Entre as distintas variedades de Billós que se cultivan na zona están a Famosa, a Foleira, a Longal e as Da-Trés.
![]() |
| Billós |
Cencelo: Fenómeno meteorolóxico consistente na formación de cristais de xeo na vexetación causado pola conxelación das gotas de auga presentes no neboeiro xeado. Provirá da designación cencellada, que en castelán designa este fenómeno moi típico no interior da meseta ibérica, presetando similitude con certos lugares desta zona ao existir aquí terreos de planalto frío.
![]() |
| Cencelo |
Chou: Chan no galego oficial. Chao, degisnación noutras zonas da comarca.
Cibo: Parte pequena; anaco, cacho (un cibo de pan).
Coañadeira: Especie de vasoira feita de Bidro (Betula pubescens), non de Codeso (Adenocarpus complicatus), que se utilizaba para varrer as airas.
Coaño: Serían os feixes dos restos da malla.
Cobra: Designación xenérica para os colúbridos.
Gado: Gando no galego oficial. En portugués tamén se lle chama Gado.
Grou: Gran no galego oficial. Grao, designación noutras zonas da comarca.
Irmou: Irmán no galego oficial. Irmao, desginación noutras zonas da comarca.
Maseira: Especie de caixón ou arca de madeira de forma rectangular, máis estreita no fondo ca na boca, que se emprega para amasar o pan, salgar a carne da matanza ou mesturar a zorza; artesa.
Mou: Man no galego oficial. Mao, designación noutras zonas da comarca.
Nino: Nome para designar os niños das aves, o mesmo que en toda a comarca.
Padieira: Parte superior horizontal dunha porta ou ventá. Na comarca está máis extendida a designación de lumieira.
Plica: Epiderme dos répteis, en especial a das cobras, da que se desprenden no acto da muda. Viría de pelica.
Tanlla: Recipiente de cerámica para conter líquidos.
Trepolas: Serían os Castiñeiros bravos, Castanea sativa, que medran ventureiros sen a mou do home.
Vrou: Verán no galego oficial. Vrao, designación noutras zonas da comarca.
Fíxose algunha corrección nas anteriores entradas sobre os Páxaros e a Fauna do Centro do Mundo.
Continuaremos coa pescuda e recompilación das características desta Fala enxebre.
* Información recollida durante unhas xeiras multidisciplinares nas que participaron:
Alberte Reboreda
Claudio Álvarez
Eduardo Castro
Xosé Luís Lozano
Xosé Ramón Reigada
Xosé Rodríguez
* Recollido e revisadas as especies por Claudio Álvarez, Pepa, Xosé Ramón Reigada e Xosé Rodríguez
Videferre. Outubro do 2012
Boa pasaxe de ano
Etiquetas:
Etnografía,
Fala,
Flora,
Fungos,
Nomes vernáculos
sábado, 15 de decembro de 2012
Rexiomontanos
Eis aquí un novo blogue de referencia sobor a comarca histórica de Monterrei, súa veciñanza e todos os seus máis amplos vínculos:
![]() |
| Castelo de Monterrei |
mércores, 21 de novembro de 2012
A Fauna do Centro do Mundo
TEXTO REVISADO E AMPLIADO
Continuamos cos nomes vernáculos dados a outros grupos faunísticos no Centro do Mundo despois da anterior entrada sobre páxaros. Da mesma maneira foron recollidos e son utilizados por Claudio -Zunín- na localidade de Videferre: O Centro do Mundo.
O dito, debido á extensión do material recollido irase subindo a información en vindeiras entradas onde se incluirá o recollido sobre Flora e Fungos e as curiosidades que nos queden por mencionar sobre a Fala de Videferre. Terase que tratar noutra entrada posterior varios vernáculos recollidos en localidades próximas ao reflexar algunha especie a maiores das presentadas.
Seguimos entón a viaxe coas designacións recollidas dos Invertebrados, Hérpetos e Mamíferos no Centro do Mundo:
Insectos:
Caldeirabeira, Forcicula auricularia; Dermaptera. Designación que acollería a varias especies da orde dermápteros, a máis coñecida sería Forcicula auricularia. Este vernáculo difire dos atopados ata o momento na comarca, todos os outros gardan unha relación entre si ao incluíren a designación -cadela-: Cadela faldrexa, Cadela moura ou Fladracadela, o único asimilable con este nome podería ser que houbese variado co tempo a forma cadela- para a de caldeira-. Nalgunhas localidades de Portugal a este grupo de insectos chámaselle Cadela-abeira, Cadela-beira, e variantes similares.
Chicharra, Cicadidae. Vernáculo compartido coa especie de ave Emberiza calandra por asimilación co coñecido son desta familia de insectos.
Escarabello, Coleoptera. Nome xenérico para designar aos Coleópteros, en especial aos esterqueiros.
Formiga cabalaria, Formica rufa; Formicidae (?). Vernáculo extendido por toda a comarca para designar as especies de Formícidos de tamaño grande. Estes animais utilízanse de maneira cruel durante as celebracións do Entruido ao tirar as obreiras por riba da xente.
Gaiteiro, Odonata. Nome xenérico para designar as distintas especies de odonatos, tanto zigópteros como anisópteros.
![]() |
| Gaiteiro da especie Aeshna cyanea |
Grilo romano, Gryllotalpa gryllotalpa. Primeiro nome vernáculo atopado na comarca para desginar a esta especie en concreto.
Limpafontes, Guerris lacustris. A diferencia deste significado o nome común en galego Limpafontes designa a unhas especies de salamándridos dos xéneros Lissotriton e Triturus.
Mariquiña, Coccinellidae. Nome que designaría aos insectos coleópteros da familia dos coccinélidos. A especie de Mariquiña máis coñecida sería Coccinella septepunctata e poida que tamén Adalia bipunctata.
Matacabalos, Dytiscus marginalis; Dytiscidae, Gyrinidae, Haliplidae, Hygrobiidae, Hydrophilidae; Aphelocheiridae, Naucoidae, Corixidae, Notonectidae (?). En principio este nome designaría á especie Dytiscus marginalis, incluíronse outras familias de escarabellos acuáticos, coleópteros, e fedegosas acuáticas, hemípteros heterópteros, por pertenceren todas a un grupo diverso de características próximas ou costumes similares de non fácil identificación popular. En Vilar-de-Perdizes dáselle o nome de Cazafelho segundo nos conta o Padre Fontes, Antonio Lourenço Fontes.
Morrón, fase larvaria da Orde Lepidoptera. Ao desenrolarse o Morrón transfórmase en Crisálida onde sofre a metamorfose que da paso ás formas adultas de Bolboretas e Polboretas.
Polboreta, Heterocera. Lepidópteros do suborde dos Heteróceros. Nocturnas.
Reina, Empusa pennata, Mantis religiosa, Ameles sapallanziana. Nome que designa principalmente á especie máis coñecida Mantis religiosa, aínda que na zona tamén están presentes as outras dúas especies de mántidos. Segundo nos comentan dicíaselle así:
Reina pon a mesa
tan alto que non se vexa.
![]() |
| Reina, Mantis religiosa |
Tabán, Tabanidae. Variante do nome común que desgina ás especies desta familia de dípteros, e pode que aínda algunha outra familia de características semellantes.
Vacaloura, Berberomelo majalis, Physomeloe corallifer. Inclúense estas dúas especies ao estaren ambas presentes na cunca do río Búbal. Vernáculo recollido noutras localidades da comarca.
Arácnidos:
Carneiro das mallas, Pholcus opilionoides, P. phalangioides; Pholcidae; Opilion. Primeiro vernáculo recollido na comarca para designar a este tipo de arácnidos. En pirncipio podería corresponderse coas especies máis comúns Pholcus opilionoides ou P. phalangioides, da familia Pholcidae, ou mesmo chegar a confundirse coa orde Opiliones da que sería complicado xebrar as diferentes especies.
![]() |
| Carneiro das mallas, Opilion |
Licranzo, Buthus ibericus. Semella ser unha confusión idiomática da designación Alacrán, dada a esta especie e amplamente espallada, co nome común en portugués Licranço, dado á especie de réptil Anguis fragilis.
![]() |
| Licranzo, Buthus ibericus |
Moluscos:
Lermia, Arion ater; Systellommatophora (moluscos gasterópodos sen cuncha). Outra variante do nome común dado ás babosas. Designa principalmente á especie máis común Arion ater, incluíndo a todas as outras presentes neste grupo.
![]() |
| Lermia, Arion ater |
Mioca, Lumbricidae. Coñecido anélido que vive na terra. Designación extendida.
Anfibios:
Arrán, Peplophylax perezi, poida que tamén Rana iberica. En principio sería un nome xenérico para designar as distintas especies de anuros dos xéneros Pelophylax, Rana ou Hyla, aínda que se concretaría para a especie máis común Pelophylax perezi.
Ranilla, Hyla arborea. Diminutivo castelanizado para designar en concreto a esta especie de Arrán.
Salamántiga, Salamandra salamandra. Outra variante do nome común. En portugués tamén existe a designación Saramántiga para esta especie de anfibio.
![]() |
| Salamántiga, Salamandra salamandra |
Sapo couqueiro, Bufo bufo. Variante da designación común para esta especie.
Réptiles:
Lagarta, Xéneros Podarcis e Psammodromus. Nome xenérico para designar as diferentes especies de Lacértidos presentes na zona.
Cobra, Colubridae. Nome xenérico para designar aos colúbridos. A muda das serpes coñécese aquí co nome de plica, que virá de pelica (de pel) s.f. Pel dun animal.
![]() |
| Cobra xuvenil da especie Natrix natrix Cobra da especie Elaphe scalaris |
Escóuparo, Anguis fragilis. Variante doutras designacións atopadas na comarca.
Lagarto ferreño, Lacerta schreiberi. Este é o primeiro nome vernáculo recollido na comarca para identificar en concreto a esta especie de lagarto.
![]() |
| Lagarto ferreño, Lacerta schreiberi |
Viberón, Chalcides bedriagai, C. striatus. Ténse atopado este nome vernáculo noutras zonas da comarca aínda que compartido con outras especies de réptiles ápodos ou semi-ápodos, Anguis fragilis e Blanus cinereus, aquí só identifica principalmente a Chalcides striatus, ao ser máís común, inlcuíndo tamén a C. bedriagai ao estar constatada a súa presenza nos arredores.
Mamíferos:
Algaria, Genetta genetta. Designación ampliamente extendida para esta especie.
Alondra, Lutra lutra. Confusión lingüística, intrusión ou variante do nome común desta especie chamada en galego Londra e en portugués Lontra, co nome común en castelán da especie de ave Alondra, Alauda arvensis, coñecida aquí como Laverca.
![]() |
| Alondras, Lutra lutra |
Capreolus capreolus. Antes non as había na zona por eso non se lles pon nome aínda que se coñecen como Cabras ou Corzas.
Doniña, Mustela nivalis. Nome extendido por toda a comarca. Diferenciada a especie doutros mustélidos.
Gato bravo, Felis silvestris. Desginación extendida.
Leirón d'auga, Arvicola sapidus. Primeiro nome vernáculo atopado na comarca para designar a esta especie de mamífero roedor de alimentación vexetariana que vive nas marxes dos ríos e humidais. Leirón é o nome que se lles da en portugués as especies Eliomys quercinus e Glis glis, polo que podería ter influenza portuguesa, tamén é o nome oficial en galego mais no resto da comarca utilízase a designación Lirón e non Leirón para as especies do xénero Rattus.
Morcego, Quiroptera. Nome xenérico para designar ás diferentes especies de Quirópteros. O nome correpóndese co oficial en galego aínda que o máis probable é que estexa vencellado á designación deste grupo faunístico en portugués, que se di da mesma maneira: Morcego, xa que no resto da comarca o máis extendido é o nome de Muricego coas súas variantes.
Ourizo cacheiro, Erinaceus europaeus. Nome amplamente extendido.
Rata, Talpa occidentalis. Nome dado na zona a estes coñecidos micromamíferos insectívoros que viven na terra. Confúndese esta desginación coa xenérica dada aos roedores do xénero Rattus. No resto da comarca é coñecida como Toupa.
Rato papalbo, Eliomys quercinus. É de interese que se coñeza este fermoso animal e até teña un nome vernáculo na zona, o que reflicte que debe posuír unha abundancia relativa.
Rebisaco, Mustela erminea (?). Este vernáculo xa se recolleu noutras localidades da comarca para designar a Genetta genetta, aquí identificouse con Mustela erminea ao dar pistas fiables respecto á súa coloración estacional, aínda que non se puido comprobar a presenza desta especie na zona. Referente á desginación Rebisaco, especulando un pouco, podeu haber procedido nunha orixe do homólogo portugués Saca-rabos, que fai referencia nada menos que ao mediterránico Herpestes ichneumon, a única mangosta europea, con posible presenza histórica na comarca.
Teixugo, Meles meles. Designación amplamente extendida.
Continuará noutra vindeira entrada.
* Información recollida durante unhas xeiras multidisciplinares nas que participaron:
Alberte Reboreda
Claudio Álvarez
Eduardo Castro
Xosé Luís Lozano
Xosé Ramón Reigada
Xosé Rodríguez
* Recollido e revisadas as especies por Claudio Álvarez e Xosé Ramón Reigada
Videferre. Outubro do 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)