Faise recolla nesta entrada dunha imaxe que había estado inserida na barra esquerda deste blogue dunha Avenoiteira papuda (Caprimulgus ruficollis) observada e fotografada no ano 2012 no concello de Castrelo do Val por Paco Carballo e Xosé Ramón Reigada e identificada por Cosme Damián Romay Cousido.
Unha visión universal da Humanidade, a Natureza e o Alén desde a bisbarra de Monterrei
martes, 14 de outubro de 2014
mércores, 1 de outubro de 2014
domingo, 1 de xuño de 2014
xoves, 15 de maio de 2014
Presentación en Verín da obra Cuándo ver aves en Galicia
Presentación da obra "Cuándo ver aves en Galicia"
de Antonio Sandoval Rey e Cosme Damián Romay Cousido
Venres 30 de maio na Biblioteca Pública Municipal de Verín
martes, 3 de setembro de 2013
Apoiando Salvemos o Támega
Imos tratar de dar apoio moral e divulgativo a esta iniciativa altruísta de interese ambiental, o combante dun pobo afouto contra soberbios intereses. Contamínanse os ríos e as fontes, os montes arden co lume na floresta e no matagal, as doenzas atacan ás árbores máis garridas, o Home menospreza aos animais e aos semellantes e á Terra, o agro esmorece e seca o millo e a més. A onde é que acha chegar a humanidade se luxa a auga a beber, queima os bosques que lle dan osíxeno, espalla as pragas, mata, destrúe e elimina a base do seu sustento. Agardemos por un futuro mellor nesta caixa de Pandora na que só nos fica a esperanza.
Máis no grupo de Facebook Salvemos o Támega:
Asinar a petición para que se impida o vertido por parte de ADIF ao río Támega:
http://www.change.org/es/peticiones/confederacion-hidrografica-del-duero-que-se-impida-el-vertido-por-parte-de-adif-al-rio-t%c3%a1mega?share_id=wjscQiYOcX&utm_campaign=signature_receipt&utm_medium=email&utm_source=share_petitionMáis no grupo de Facebook Salvemos o Támega:
E con forza unha humilde mostra de apoio.
mércores, 21 de agosto de 2013
mércores, 14 de agosto de 2013
xoves, 1 de agosto de 2013
A incerteza da fatalidade
Un suceso de gravidade acontece. O río está aleixado, os Amieiros fenecen. Estamos a viver un tempo estraño no que o pobo perde a singradura e a Natureza resíntese co resón pasadío. A floresta ribeirega esgarece e berra un son malfadado ao faltarlle seu máis belido enfeite. A buxaina seguirá a virar, torta até ao Alén, e as carpideiras ficarán impávidas e silentes.
Eis aquí o de nosoutros:
Explicación da doenza, por Rafa Castro:
Phytophthora alni Brasier et al.
É un fungo oomicete causante de pudrición no raizame e no pescozo da raíz (colar) en amieiros Alnus glutinosa.
A doenza foi descrita no 1993 no sur de Inglaterra aínda que non se detectou o primeiro caso en Galiza até 2009 cando se atopou o fungo causante da doenza en amieiros nas beiras do Avia.
O fungo causante da doenza foi identificado por Brassier et al.
Brasier identificou este fungo coma un posible híbrido entre outras dúas especies de Phytophthora. -Based initially on studies of the morphological and cultural characteristics and then molecular analysis, it became clear that the alder Phytophthora was a hybrid between P. cambivora and another Phytophthora probably closely related to P. fragariae – a pathogen of strawberry.-
Un estudio realizado por Santini et al. no 2003 demostrou que o mesmo fungo podía afectar a concheiras Juglans regia e castiñeiro Castanea sativa. Outro estudio publicado polos mesmos autores no 2006 demostraba a susceptibilidade das cerdeiras Prunus avium.
Os síntomas da doenza comezan cun decaimento xeral observado na parte aérea da pranta e que se manifesta polo loureamento e caída a destempo e pola mingua no tamaño das follas; o que conleva unha perda xeral da densidade foliar. En fases máis avanzadas da doenza pódese observar a excrecencia dun zume negro e mesto a traveso de feridas na casca da parte baixa do toro.
Polo xeral a doenza causa a morte da pranta aínda que se teñen descrito casos nos que se convirte en crónica causando síntomas que periodicamente se ven acentuado.

luns, 17 de xuño de 2013
A biodiversidade do río Mente
Xa está a funcionar o blogue de Fauna e Flora do río Mente, se callar a zona con maior diversidade de especies da bisbarra de Monterrei, hervas en especial:
http://riomenteff.blogspot.com.es/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)