Sublíñase que en territorio galego, a Víbora fuciñuda, é moi escasa e localizada, limitándose ao cuadrante sueste da provincia de Ourense, por cima dos 800 metros de altitude, polo que calquera citat é de elevado interese, máis aínda ao tratarse dunha nova grella de dez por dez quilómetros.
Vive en lugares rochosos sen cobertura arbórea e con dominio do mato de alta montaña. Debido ós seus estritos requerimentos de hábitat, á súa limitada área de distribución e ós numerosos factores que poden facer dimunuír a súa abundancia, debería levarse a cabo un estudo detallado que determine o seu grao de ameaza.
(Cabana, M., 2011.Vipera latastei (Boscá, 1878). Atlas de Anfibios e Réptiles de Galicia. SGHN. Santiago de Compostela: 98-99).
Veleno: É solenoglifa, cos dentes inoculadores na parte anterior da boca, que actúan commo unha xiringa. Estes repréganse cando pecha a boca. A mordedura é máis perigosa que a da
Vipera seoanei, porque inxecta máis veleno, dándose casos fatais. Os grupos de risco son os nenos, anciáns e enfermos. Non son agresivas, e fuxen cando son molestadas; só morden ao atrapalas ou acurralalas.
(Asensi Cabirta, M., 2006. Guía dos Anfibios e Réptiles de Galicia. Baía edicións. A Coruña: 140-141).
O lugar de ocorrencia é unha zona previsible na que xa se estivera á súa procura debido a unha información recibida vai anos atrás por parte dun bon amigo,
Xosé Manuel Rodríguez (Kata), aínda que non acabou aparecendo ata o de agora.
Este exemplar foi observado e fotografado por
Vanessa Saraiva, publicado co amable permiso da autora, nunha localidade da bisbarra que non se precisará para non interferir no desenrolo da especie.
De elevado interese naturalista, lingüístico e etnográfico dicir que se recolleron dous nomes vernáculos para designar a esta escasa especie:
Bicho dascada e
Víbora da terra, ambos recollidos por
Vanessa Saraiva na localidade de ocorrencia. Ás cobras e serpes adóitaselle chamar a todas cun nome xenérico mais neste caso era de esperar que tivera un nome específico debido á súa escaseza, ao seu marcado deseño e á súa relativa peligrosidade ou advertenza.
A información da observación enviouse a
Rafael Vázquez (Nocko), herpetólogo de referenza dos anfibios e réptiles galegos e peninsulares; a
Martiño Cabana para a súa inclusión no
Atlas de hérpetos e libélulas de Galicia. Seguimento de hérpetos de Galicia. Martiño Cabana (UdC); e a
Moisés Asensis para a súa inclusión na revisión do
Atlas dos anfibios e réptiles de Galicia da Sociedade Galega de Historia Natural.
 |
| Víbora fuciñuda, Vipera latastei. Fotografía e observación de Vanessa Saraiva |
 |
| Entorno coa Víbora fuciñuda. Fotografía de Vanessa Saraiva |
Moitas grazas á observadora e aos implicados na publicación desta cita herpetolóxica.