Unha visión universal da Humanidade, a Natureza e o Alén desde a bisbarra de Monterrei
martes, 18 de outubro de 2016
venres, 7 de outubro de 2016
Conversando sobre Ladras, Landras, Lascas e outros
REVISADO E AMPLIADO
NO 12 DE OUTUBRO DO 2016
NO 12 DE OUTUBRO DO 2016
No mes pasado fíxose unha pescuda a través do Facebook en diferentes grupos de bisbarras galegas e zonas limítrofes: Trâs-os-Montes, Sanabria, Sayago, O Bierzo, Asturias e outras, sobre a posible presenza e nomes vernáculos dados a un réptil mediterránico da Familia Gekkonidade, trátase pois da especie Tarentola mauritanica.
A resposta obtida foi moi positiva ao interesárense no asunto moitas persoas e respostaren amabelmente á información solicitada, obténdose uns datos pendentes de valorar por parte da comunidade herpetolóxica, mais que agora imos a partillar con todos os participantes.
Moitas grazas a todos.
![]() |
| Tarentola mauritanica |
* A pesquisa foi plantexada da seguinte maneira:
"Ola, agradeceríavos que me dixerades como é que lle chamades a este réptil e en que localidade, sería de moita axuda, é por un traballo que se está a realizar referente a nomes vernáculos de fauna de Galicia, grazas pola información, saúdos."
* As respostas obtidas foron as seguintes en canto a nome e presenza da especie:
Salamanquesa: nome común da especie en Castellano, dado en diferentes zonas do estado español.
Tamén o recollimos en localidades galegas por influenza do Castellano coma en Vigo cidade, Ourense cidade -onde se di que foi introducida a través do tren, que chegara con froita ou con outros productos doutras áreas peninsulares-, O Navallo (O Riós), e unha referenza xenérica ao noroeste peninsular e Galicia.
Tamén noutras localidades españolas coma en Doney de la Requejada (Sanabria) ou Zamora cidade, Toledo, Cáceres, Sevilla, Santalla del Bierzo.
Un informante díxonos que este nome de Salamanquesa fora dado dende a universidade de Salamanca e que era de procedencia recente no tempo e que o nome de Geko procedía do Inglés e á súa vez provinte de Asia.
Geko: designación xenérica para os répitles desta familia.
Un informante escribíuno co nome de Jenco ben como confusión ou ben como unha variante local dada en Madrid cidade.
Outra persoa dixo que este era o nome común co que se coñecía esta especie en Castelldefels.
Un veciño de Carril chamouno con esta mesma designación aínda que pode que fose por influenza do nome xenérico para todos os réptiles dea familia Gekkonidae.
Osga: nome común da especie en Portugués, tamén recollido no dicionario de Galego pero seguramente que adoptado do Portugués.
Recollida en varias localidades portuguesas, son exemplo: Chaves cidade (Chaves), Trâs-os-Montes (sen precisarse localidade ou concello), Vilaverde-da-Raia (Chaves), Feces de Abaixo (Verín) -onde comparte nome coa outra designación de Landra-.
Unha persoa escribíu que este nome de Osga tamén era dado a outra especie de Geko presente na cidade de Luanda (Angola) e tamén en Trâs-os-Montes (Portugal). Na realidade o interesante sería saberse se esta designación de Osga foi traída de Angola para Portugal ou ao revés, pode ser factible que esta designación viñera de alén para aquén xa que en apariencia o nome de Osga non reflicte ningún significado concreto en Portugués, aí queda a cuestión.
Francisco Santos comparte abondosa información falando do topónimo "Feira da Ladra" en Lisboa, que semella ser un nome de procedencia incerta: http://etimoteca.blogspot.com.es/2012/01/feira-da-ladra.HTML , e escrebe da posible procendencia do nome Osga: Francisco Santos. Osga é de facto o nome mais habitual em Portugal. Algúns dicionários indicam que a origen da palabra osga é desconhecida ou obscura, mas tambem há os que indicam a origen no árabe "wazagah". Tamén nos di que Osga é a desginación adoptada para chamar outras especies da familia Gekkonidae en Cabo Verde, até un total de sete especies diferentes de Osgas e todas compartindo este nome comum.
Marco Fachada, de Chaves, dinos que, no Dicionário de Transmontanismos, Osga é sinónimo de 'raiva', por exemplo: "estou-te cá com uma osga (=raiva)".
Francisco Santos dinos: No centro-sul de Portugal também. Osga: raiva, aversão, repulsa, ódio, asco. (Linguagem popular).
Lasca: designación aportada por unha veciña de Teixeiro (Curtis), provincia da Coruña, onde nos indica este nome e a presenza da especie nesa zona fará uns vinte anos nun muíño do río próximo a esta aldea.
Tamén se recolleu este nome a un veciño da vila do Barco de Valdeorras (O Barco de Valdeorras).
Xa se tiña recollido anteriormente este nome vernáculo de Lasca na poboación de Cambedo (Chaves) publicada no seguinte enlace:
http://verin-natural.blogspot.com.es/2008/06/nomes-vernculos-da-comarca-de-vern.html
Papamoscas: nome recollido por Rubén "O Canteiro Artesán" na localidade da Silva (O Riós), engadindo: "anda polas paredes e muda de cor, é nocturno".
Ladra: esta é a designación máis espallada por todo o territorio galego e a parte máis próxima á raia Portugal-España, na rexión do Alto-Tâmega.
Os lugares de procedencia onde se recolleu este nome son os seguintes: Ourense cidade e concello (Ourense), A Granxa (Oímbra), Medeiros (Monterrei), Murça (Murça), Vilaza (Monterrei) -aquí este nome foi aportado por varios vecinos desta localidade o que reflicte a relativa abundancia desta especie no lugar-, Albarellos (Monterrei), Oímbra (Oímbra) -nesta localidade tamén se repetíu a contestación deste nome por poder ser relativamente común aquí-, Baltar (Baltar), Chaves cidade (Chaves), Mandín (Verín) -nesta localidade tamén se recolleron dúas veces a mesma designación polo que pode ser un signo de relativa abundancia-, Verín (Verín).
A continuación imos por as localidades nas que xa se tiña rexollido este nome de Ladra: Vilaza e A Salgueira (Monterrei), Casas dos Montes e San Cibrao (Oímbra), Mandín (Verín), Castrelo de Abaixo (O Riós), San Millao (Cualedro). Publicadas anteriormente nestes outros enlaces:
http://verin-natural.blogspot.com.es/2014/12/ultimas-recollas-de-nomes-vernaculos-de.HTML
http://verin-natural.blogspot.com.es/2008/06/nomes-vernculos-da-comarca-de-vern.HTML
No libro Falares de Mirandela, um complemento do Mirandelês, de Jorge Lage, tamén aparece o nome de Ladra -s.f.- 2. Osga (costumam andar nas casas e são intoleradas pelas mulheres).
Noutro libro, Os falares dos concelhos de Trasmiras e Qualedro, de Isaac Alonso Estraviz, figura Ladra, s. f. Lagarta grande cor marrão (LAS). LAS, Lamas (Cualedro). Aínda que este nome fora recollido só na localidade de Lamas, existen citas da especie en entorno natural nas inmediacións da aldea de Sanmillao (Cualedro), polo que aquí podería tamén aparecer algunha designación.
Laghartos: recollida esta designación en Camposancos (Vigo), posible orixe recente no tempo deste nome. Nun traballo atopáronse oito exemplares nunha nave industrial en setembro de 2013.
Salmantesa: designación recollida en Vigo e Ponteareas.
Dragón: nome recollido en diferentes puntos de Galicia que parece ser unha influenza do Catalá a través da emigración galega no leste peninsular.
Os lugares galegos onde recollemos estes nomes foron os seguintes: Catrelo de Abaixo (O Riós) -onde tamén lle chamá Ladra-, A Rúa de Petín (A Rúa de Petín), Vilardebós (Vilardebós).
Tamén recollimos este nome de Dragón e outras variantes noutros puntos da xeografía ibérica coma na comunidade valenciana, onde tamén lle chaman Andragóns.
En Barcelona cidade recolleuse o nome de Dragón que nos facilitou Javier Barja, dicindo que este nome é referente á lenda do Dragón de Sant Jordi.
Salamandra: esta designación semella ser unha confusión con respecto ao anfibio Salamandra salamandra, se callar influenzada pola proximidade dos nomes común destas dúas especies en Castellano, é dicir, á proximidade do nome Salmanquesa co de Salamandra.
Recolleuse este nome en diferentes zonas de Portugal, España e tamén algún de Galicia, son exemplo: Chaves cidade, Sanabria, Zamora, Toledo, Cáceres, O Bierzo.
Osga moura: nome recollido en Chaves cidade (Chaves), mais pode que fose un nome común dado en Português oficial.
Lagarto: nome recollido en Chaves cidade (Chaves), mais pode que sexa confusión coa semellanza cos porpios lagartos ao ser un réptil.
Lagartos de paredes: nome facilitado por unha veciña da bisbarra de Valdeorras, tanto na contorna do Barco de Valdeorras coma na da Rúa de Petín -onde tamén lle chaman Dragóns-.
Salta-Rostos: designación recollida en Murça (distrito de Vila-Real) -na aldea de Sobreira deste mesmo concello tamén se coñece co nome de Ladra.-
Tamén se recolleu este nome de Salta-Rostos noutra localidade de Tras-os-Montes sen facilitar a ubicación exacta, e en Carrazeda-de-Ansiães (distrito de Brangança).
Outra persoa díxonos que Salta-Rostos é o nome dado en idioma Mirandês a esta especie, Miranda do Douro (Portugal).
Oscas, Ladras e Lascas: un informante faciliounos todos estes nomes dados a esta especie no Noroeste Ibérico sen precisar os lugares exactos de recolla.
Andragóns: comunidad valenciana, onde tamén lle chaman Dragón.
Dragonet: nome dado en Cataluña, tamén nos facilitaron o nome de Sargantana aínda que pode que sexa unha confusión co nome común da propias lagartiñas.
Tamén foi recollido este nome para Palma de Mallorca (Balears).
Landra: nome recollido en Feces de Abaixo (Verín) e facilitado por Luís Pazos Toro, esta é unha variante local da desginación máis extendida de Ladra. Tamén nos comenta amablemente Luís Pazos Toro que existe nesa mesma localidade de Feces de Abaixo (Verín) a designación de Osga, semella que por influenza do Portugués, sendo a única poboación galega na que se recolleu este nome. E igualmente escrebe que en Vilaverde-da-Raia (Chaves) lles dan estas mesmas dúas designacións de Landra e Osga.
Santarrostros: interesante nome recollido na bisbarra de Sayago (Zamora) ao ser semellante ao nome Santa-Rostos recollido nalgunhas zonas de Trâs-os-Montes (Portugal).
Tamén se recolleu esta designación a un veciño de Sanabria, Francisco del Río Rodríguez, pero o nome procede de Cáceres, provincia que tamén fai fronteira con Portugal.
Crocodile Geko: este é un nome facilitado por unha persoa referíndose a outra especie semellante de Geko moi expandida en USA.
Perengueles: nome dado nas Illas Canarias, tamén Peniques en todas as illa, e Perenquén en Tenerife, outra persoa dinos que tamén nas outras illas Canarias.
Salacocha: este nome foi recollido a un veciño de Forcarei (Forcarei), aínda que pode haber confusión con Salamandra salamandra, sería para indagar algo máis no propio terreo da localidade.
* Inlcuímos a continuación uns comentarios do prestixioso biólogo e filólogo galego Miguel Conde Teria a repecto deste nomes, di o seguinte:
Saltarrostros tamén é usado nos dialectos galegoportugueses do Xálima, polo que supoño que terá difusión alargada. Sobre OSGA a orixe é descoñecida, pero non sei de nada que indique que é voz africana. Xa que a especie está presente no sur de Portugal habería que pensar nunha voz patrimonial. O TESOURO DO LÉXICO PATRIMONIAL GALEGO E PORT rexista tamén LOSGA e ÓRSELA en Portugal. SALAMANDRA e SLAMANQUESA deben ter a mesma orixe etimolóxica, pois SALAMANCA é un nome dialectal da salamántiga do NW ibérico. Faise referencia ao "TESOURO do léxico". O de Saltarrostros ven nun libro chamado A fala dos tres lugaris.
Moitas grazas polo aportado.
* Houbo persoas que compartiron a súa propia observación desta especie en distintas localidades coma un veciño de Verín (Verín) que comunicou que vira unha desta Salamanquesa nun xardín céntrico da vila, outro veciño de Verín díxo que vira outra nunha rúa concreta da vila, o que reflicte a posible relativa abundancia da especie nesta localidade onde xa se tiñan máis rexistros propios. Outra veciña fálanos da presenza de até seis exemplares adultos e algún outro xuvenil nunha rúa da vila polo que sería unha poboación xa de consideración.
Estes réptiles tamén foron vistos polas cercanías do seminario cercano á cidade de Vigo.
No Barco de Valdeorras semellan que se ven fácilmente nas fachadas das casas desde fai varios anos.
Nacho Estévez, un veciño de Carril (Vilagarcía de Arousa), comunicou a observación desta especie nesa vila, o que aumenta os rexistros que se tiñan desa especie na zona. Xa se coñecía a poboación de Vilagarcía de Arousa pero esta é a primeira vez que se cita Tarentola mauritanica na localidade de Carril. Moitísimas grazas pola información.
Un veciño de Ourense, Xosé Antón Casares Lamas, enviounos unha fotografía dun xuvenil de Tarentola mauritanica sacada na porta dunha entidade bancaria desta cidade, é a seguinte:
![]() |
| Imaxe de Xosé Antón Casares Lamas |
* Por parte dun veciño da localidade sanabresa de Doney de la Requejada (Sanabria) contouse a crenza de que estas Salamanquesas traen boa sorte.
Na localidade de Castrelo de Abaixo (O Riós), tamén se recollera fai tempo a crenza de que as Ladras traen boa sorte a quen as ve ou ás casas nas que habitán.
http://verin-natural.blogspot.com.es/2012/08/unha-crenza-popular-sobre-as-ladras.html
* Outra persoa comentou a crenza que había en Indonesia con respecto aos Gecos de que se algún destes animais grita o seu nome sete veces trae boa sorte e se o di menos de sete veces trae mala sorte, isto refírese á característica de emitiren determinados sons.
* Unha persoa espuxo que por Sanabria había moitas destas Salamanquesas aínda que pode que fose unha confusión con respecto a Salamandra salamandra xa que a mayoría dos veciños das localidades sanabresas non tiñan visto este réptil pola rexión.
Polo tanto dedúcese que non debe ser unha especie abondosa mais que si pode estar presente en localidades de clima máis morno e maior horas de radiación solar.
* Obtívose tamén unha información relativa á posible presenza de Hemidactylus turcicus, a outra Osga ibérica de cor máis rosada e de posible procedencia foránea a través de medios de transporte humáns, no entorno do balneario de Cabreiroá, mais estaría sen confirmarse.
Un veciño de Barcelona cidade, Javier Barja, tamén nos enviou unha fotografía que podía ser desta outra especie de Osga, Hemidactylus turcicus, Dragó rosat, aínda que sen poder confirmarse, sería a seguinte:
![]() |
| Imaxe de Javier Barja |
* Con respecto ao nome de Salta-Rostros pódese dicir unha experiencia persoal que se trata de que ao pasar a noite nunha cabana de pastores, no parque nacional de Monfragüe, na Extremadura española, un destes réptiles pasou mesmo por riba da frente propia, podendo intuirse que fose un comportamento habitual na especie e ligado a ese nome de Salta-Rostros. Unha explicación deste comportamento pode ser que se acheguen ás caras das persoas ao ser un lugar con bastante incidencia de frecuencia de mosquitos ao exalar dióxido de carbono mediante a respiración, o cal se ten comprobado que é un dos activadores destes incómodos insectos.
Un dos motivos de plantexamento desta pescuda era obter datos relativos á presenza de Tarentola mauritanica nas bisbarras de Viana do Bolo e O Bolo, xa que se tiñan citas da especie no interior da localidade de Viana do ano 2008. Non se puido confirmar a súa presenza máis as probabilidades son elevadas aínda que poida que cunha moi baixa densidade de individuos e só en lugares favorables de suficiente radiación solar e paredes rochosas naturais. Unha desas ubicacións a ter en conta é o entorno do santuario e localidade das Ermitas na mediterránica cunca do río Bibei. Seguiremos atentos á posbile presenza desta especie nestas zonas.
De maneira intuitiva pódese chegar a unhas conclusións que, sen seren científicas, poden dar respostas en canto á posible distribución de Tarentola mauritanica en Galicia. As zonas de entrada natural desta especie en territorio galego semellan ser pola cunca do río Sil polo leste e a cunca do río Douro polo sur -ríos Rabazal, Mente, Búbal e Támega-, aínda que poda haber outras vías pola costa ou beiras do baixo Miño (sen confirmarse ningún indicio polo momento). A presenza natural da especie en Galicia tíñase confirmado só para a bisbarra de Monterrei, mais con estes novos datos pódese intuír que a súa distribución natural galega sexa maior do que se pensaba, entre outros ao atoparse presenza da especie en entorno natural na cunca do río Sil, alén de nomes vernáculos na bisbarra de Vadeorras, e con posible incidencia polos vales do río Bibei e outros desta cunca. Tamén semella estar espallada a súa presenza en poboacións da costa sur galega, sen saberse se son de orixe natural ou antrópica -aí están os científicos para resolveren esta cuestión-. Tamén se confirma a posible existencia histórica natural no entorno de Ourense, e polo tanto nos treitos medio e poida que baixo do río Miño, ao rexistrárense nomes vernáculos nesta zona e haber nesta cidade unhas poboacións urbanas considerables de Ladras. Sería de esperar que apareceran tamén espalladas pola bisbarra de Lemos aínda que tamén está sen confirmación a súa presenza aquí. O que si é unha incógnita é o referente á presenza histórica da especie máis a norte, chegando até á provincia da Coruña, polo que este dato amplía enormemente as posibilidades de presenza en territorio galego. Aí quedan as conclusións para o seu análise e deliberación.
Agradecemos a intensa colaboración dos veciños de todas as bisbarras pescudadas e agardamos sexa de axuda para o mellor coñecemento da especie en toda Galicia e en todo o noroeste peninsular ibérico.
Grazas gracias obrigado.
xoves, 8 de setembro de 2016
martes, 6 de setembro de 2016
Austropotamobius pallipes, unha especie en serio risco de extinción
Hoxe recibíuse unha excelente, sobresaínte e abraiante nova, consiste en que no ecosistema do río Támega aínda subsiste nada menos que unha especie de invertebrado en serio perigo de extinción, o cada día máis raro e escaso Cangrexo de río autóctono, Austropotamobius pallipes.
Temos de darlle todos os nosos parabéns a Xosé Luís Lozano Rúa, Home da Pedra ou Nipis, a vontade, por partillar connosco esta importantísima observación.
"Que isto sirva para conseguir unha protección real dos nosos ecosistemas".
Sinálase que xa se tiñan referencias antigas da presenza desta especie no entorno do río Támega mais non se localizara ningún exemplar vivo ata este momento, en maior medida pola masiva invasión do Cangrexo vermello americano, Procambarus clarkii, co cal entra en forte competencia e ao que despraza ata a súa completa extinción.
Muito obrigado.
![]() |
| Imaxes de Xosé Luís Lozano Rúa |
* A cita foi publicada na páxina web de Biodiversidade Amezada Galiza-Norte de Portugal:
http://www.biodiversidade.eu/avistamento/austropotamobius-pallipes-lereboullet-1858-/
* Para ampliar información recoméndase consultar o enlace do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente do Gobierno de España:
http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/espacios-protegidos/austropotamobius_pallipes_tcm7-272501.PDF
* Onde entre outras cuestións escrébense as seguintes recomendacións para a conservación desta especie:
7. RECOMENDACIONES PARA LA
CONSERVACIÓN
▪ Recomendaciones administrativas:
- Aprobar la Estrategia Nacional para la conservacion de la especie.
- Elaborar y aplicar los Planes de Recuperacion o de Conservacion pendientes.
- Catalogar como especies de caracter invasor a Procambarus clarkii y Pacifastacus leniusculus y adoptar medidas
adicionales encaminadas a evitar su dispersion dentro de las areas criticas y sensibles: prohibir su
comercializacion en vivo a nivel estatal (con estudio previo de alternativas en el caso del cangrejo rojo)
y posteriormente prohibir el transporte en vivo de los cangrejos capturados mediante la pesca en todo el
territorio.
- Mejorar la coordinacion e implicacion entre todas las Administraciones con competencias en la materia.
- Desarrollar las labores de difusion necesarias para impulsar la informacion relativa a la especie y las actividades
de educacion ambiental, con el fin de aumentar la sensibilidad del conjunto de la sociedad, y de
diversos colectivos en particular (locales, pescadores, etc.), hacia la situacion de la especie.
- Fomentar la participacion publica y facilitar el acceso del voluntariado.
- Abrir nuevas vias de actuacion que permitan obtener financiacion y recursos alternativos, incluyendo los
provenientes de la iniciativa privada.
- Fomentar el intercambio de experiencias y conocimientos con las administraciones ambientales, cientificos
y tecnicos del resto de la Union Europea implicados en el desarrollo de planes de recuperacion de la especie
o especies afines.
▪ Recomendaciones técnicas de mantenimiento de población y hábitat de la especie:
- Identificacion y seguimiento continuo y actualizado de las poblaciones de cangrejo autoctono en toda su
area de distribucion, estableciendo un programa coordinado y una metodologia comun de inventario,
validados entre los distintos grupos de trabajo, mejorando especificamente el estudio de las causas de
desaparicion de poblaciones.
- Evitar la perdida o deterioro del habitat fisico del cangrejo y contribuir a controlar y mejorar la calidad
biologica y fisicoquimica de las aguas, tanto dentro del area de distribucion actual como de la potencial,
procediendo a su restauracion y mejora cuando sea posible.
- Habilitar un Centro Nacional de Referencia para la identificacion de enfermedades de cangrejos e implantar
protocolos concretos de vigilancia sanitaria y actuacion tras la deteccion de mortandades.
- Definir las lineas basicas de un programa integral de cria en cautividad, reforzamiento y reintroduccion
a partir de poblaciones naturales, que permitan aumentar progresivamente las poblaciones de cangrejo
autoctono dentro del area potencialmente recuperable teniendo especial prioridad, en cualquier caso, el
mantenimiento de una adecuada diversidad y representatividad genetica. Favorecer, dentro de estos condicionantes,
los mecanismos para la cesion de ejemplares entre las diferentes CCAA.
- Desarrollar un protocolo de conservacion, manejo y recuperacion del habitat de la especie, y trasladar sus
contenidos a los programas de planificacion hidrologica y gestion forestal.
- Controlar y erradicar puntualmente poblaciones de cangrejos exoticos. Evaluar las tecnicas aplicables y
desarrollar herramientas para priorizar actuaciones.
- Prohibir a nivel estatal la comercializacion en vivo de especies exoticas de cangrejo, realizando, en el caso del
cangrejo rojo, un estudio previo de alternativas a su comercializacion en vivo. Tras implantar esta medida,
adopcion por las diferentes CCAA de la prohibicion del transporte en vivo de los cangrejos capturados
mediante la pesca.
- Limitar la propagacion de cangrejos introducidos dentro del area potencialmente recuperable por el cangrejo
autoctono, actuando sobre los mecanismos que favorecen su dispersion, especialmente en relacion
con el transporte y tenencia de cangrejos vivos, y la gestion de la pesca y las expectativas futuras de pesca
de especies exoticas, que puedan estar relacionadas con una mayor velocidad de dispersion. Revisar las
normativas de pesca continental de cangrejos exoticos: prohibir su empleo como cebos vivos y estudio de
los sistemas y medidas de gestion de la pesca que no favorezcan su dispersion.
- Aumentar la vigilancia sobre el furtivismo y venta ilegal, especialmente en epoca estival.
- Prohibir el establecimiento de nuevas astacifactorias de especies exoticas que puedan ser trasmisoras de
patogenos o parasitos que afecten a las poblaciones nativas, o que las puedan desplazar en caso de escape,
asi como revisar, si las hubiere, las correspondientes autorizaciones.
- Informar dentro del sector de acuariofilia sobre la normativa y riesgos de la comercializacion en vivo de
cangrejos.
FICA ESTA INFORMACIÓN A DISPOSICIÓN DAS AUTORIDADES COMPETENTES EN MATERIA DE MEDIO AMBIENTE PARA QUE SE ATENDAN OS REQUERIMENTOS DE SUPERVIVENCIA DA ESPECIE.
mércores, 22 de xuño de 2016
mércores, 15 de xuño de 2016
Esquencida rexión límite
Eis acó unha deliberación: Bisbarra Rexiomontana, por que?
Esquencida rexión límite por parte duns outros amadores da Natureza. Esquencida rexión límite por parte duns outros pescudadores desta nosa Historia. Esquencida rexión límite por parte duns outros apaixonados da herdanza musical. Esquencida rexión límite por parte duns outros versados na escrita. Esquencida tan só.
Que é o que acontecerá por aquí onde semella non arder xa o lume na lareira? Será o fado que levou ésta Terra ao infortunio?
Matria anterga dun egrexio persoeiro, acubillo dalgún outro enxeñoso fidalgo, dominio dun príncipe e futuro rei, e as encostas do Mente, as fragas da Urdiñeira, a Cova das Choias, as serras de Camba, a mítica Edreira, as ventureiras augas do Cereixo, a imponencia do Larouco, o planalto do Alto Búbal, o Centro do Mundo, os derrubes de Vamba, o Lagar dos Mouros, o Pozo do Demo, o espurio Castro Baroncelli, as profundidades do Val, a sempre flutuante Raia Trasmontana, o baril pobo Tamagano.
Navegando cara a Illa das Mazairas deixamos en terra o carro e os bois, e esquencemos o arrecendo do viño novo o asubío da gaita e os paxaros e o caldo sabedeiro, e no infindo dos regueiros continuará o murmurio da auga e esvaecerase o ronsel efémero do navío.
Esquencida rexión límite por parte duns outros amadores da Natureza. Esquencida rexión límite por parte duns outros pescudadores desta nosa Historia. Esquencida rexión límite por parte duns outros apaixonados da herdanza musical. Esquencida rexión límite por parte duns outros versados na escrita. Esquencida tan só.
Que é o que acontecerá por aquí onde semella non arder xa o lume na lareira? Será o fado que levou ésta Terra ao infortunio?
Matria anterga dun egrexio persoeiro, acubillo dalgún outro enxeñoso fidalgo, dominio dun príncipe e futuro rei, e as encostas do Mente, as fragas da Urdiñeira, a Cova das Choias, as serras de Camba, a mítica Edreira, as ventureiras augas do Cereixo, a imponencia do Larouco, o planalto do Alto Búbal, o Centro do Mundo, os derrubes de Vamba, o Lagar dos Mouros, o Pozo do Demo, o espurio Castro Baroncelli, as profundidades do Val, a sempre flutuante Raia Trasmontana, o baril pobo Tamagano.
Navegando cara a Illa das Mazairas deixamos en terra o carro e os bois, e esquencemos o arrecendo do viño novo o asubío da gaita e os paxaros e o caldo sabedeiro, e no infindo dos regueiros continuará o murmurio da auga e esvaecerase o ronsel efémero do navío.
luns, 13 de xuño de 2016
Unha planta carnívora na bisbarra de Monterrei
Eis acó unha planta carnívora fotografada nesta nosa bisbarra rexiomontana. A súa designación cientista é Drosera rotundifolia L.
En Rebordechao, Vilar de Barrio, dáselle o nome de Papeira, segundo nos contou o Benito. Iste foi o único lugar onde lle atopamos un nome vernáculo ao estar restrinxida a súa presenza, nun principio, a localidades de certa altitude.
"Florece en xuño-setembro en brañas e lugares húmidos de augas acedas, especialmente enriba de brións do xénero Sphagnum. Emprégase en medicina para xaropes contra a tose, en especial para meniños". Guía das Plantas de Galicia, Xosé Ramón García, páx. 159.
"Virtudes. La drósera es un antiespasmódico, empleado principalmente para combatir la tos, sobre todo la tos de tipo convulsivo, y mayormente la de los niños". Plantas medicinales. El Dioscórides renovado, Pío Font Quer, páx. 284-285.
As distintas observacións desta especie foron subidas á páxina Biodiversidade Ameazada Galiza - Norte de Portugal:
http://www.biodiversidade.eu/avistamento/drosera-rotundifolia-l-2/
xoves, 2 de xuño de 2016
Nova observación do solífugo Gluvia dorsalis na bisbarra de Monterrei
Eis aquí outra nova observación da especie de Solífugo Gluvia dorsalis (Latreille, 1817).
Istá échevos unha das primeiras citas documentadas deste raro Arácnido en territorio galego.
Semella ser escaso e moi localizado, presente só nos terreos máis áridos e secos da bisbarra.
Tamén vos é a única especie desta Orde taxonómica Solifugae presente na Europa propria de ecosistemas desérticos e semidesérticos.
Toda unha raridade.
Obrigado aos observadores, Ana Fernández Vidal e Rafa Vázquez (Nocko), excepcionais herpetólogos e naturalistas da Coruña, por esta descoberta de tanta importancia.
A cita enviouse para a súa validación a Biodiversidade Ameazada Galiza - Norte de Portugal:
http://www.biodiversidade.eu/avistamento/gluvia-dorsalis-latreille-1817-1/
Adxúntase, a continuar, o acceso a unha anterior entrada neste blogue sobre as primeiras observacións da especie por parte de Xabier García Castiñeira:
http://verin-natural.blogspot.com.es/2013/02/gluvia-dorsalis-no-alto-tamega.html
Istá échevos unha das primeiras citas documentadas deste raro Arácnido en territorio galego.
Semella ser escaso e moi localizado, presente só nos terreos máis áridos e secos da bisbarra.
Tamén vos é a única especie desta Orde taxonómica Solifugae presente na Europa propria de ecosistemas desérticos e semidesérticos.
Toda unha raridade.
![]() |
Gluvia dorsalis. Fotografía de Ana Fernández Vidal
|
Obrigado aos observadores, Ana Fernández Vidal e Rafa Vázquez (Nocko), excepcionais herpetólogos e naturalistas da Coruña, por esta descoberta de tanta importancia.
A cita enviouse para a súa validación a Biodiversidade Ameazada Galiza - Norte de Portugal:
http://www.biodiversidade.eu/avistamento/gluvia-dorsalis-latreille-1817-1/
Adxúntase, a continuar, o acceso a unha anterior entrada neste blogue sobre as primeiras observacións da especie por parte de Xabier García Castiñeira:
http://verin-natural.blogspot.com.es/2013/02/gluvia-dorsalis-no-alto-tamega.html
mércores, 1 de xuño de 2016
En apoio aos servizos de vixilancia e extinción de incendios forestais de Galicia. Bombeiros Forestais
Este blogue contribúe no apoio aos servizos de vixilancia e extinción de incendios forestais de Galicia.
Bombeiros Forestais.
Bombeiros Forestais.
xoves, 26 de maio de 2016
Three minutes and thirty-six seconds
https://www.youtube.com/watch?v=ua_LGEzCPeo
https://www.flickr.com/photos/trambolosrios/27639380451/in/dateposted-public/
https://www.flickr.com/photos/trambolosrios/27639380451/in/dateposted-public/
![]() |
| Large Red Damsel, Pyrrhosoma nymphula, male |
http://www.biodiversidade.eu/avistamento/pyrrhosoma-nymphula-26/
Localización:
Río Támega, Poldras de Mourazos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





























































































