domingo, 27 de decembro de 2009

O Cruzabico. Unha ave criando en pleno inverno



Cruzabico común, Loxia curvirostra
Polo alimentado por macho e femia nos piñeirais de Pinus sylvestris do entorno de Pena Nofre a máis de 1200 metros de altitude (Castrelo do Val).
Nun traxecto de 7 km producíronse 9 contactos coa especie cun total de 31 exemplares que ofreceron mostras de territorialidade con exemplares cantores e persecucións entre machos. Confírmase polo tanto a cría invernal dunha especie cunha bioloxía reprodutora atípica e ligada ao réxime de frutificación das coníferas das que se alimenta.
Texto de Alexandre Justo Álvarez
Observadores: Alexandre Justo e X. R. Reigada

3 comentarios:

  1. Non podo máis que felicitarvos por esta observación tan interesante como ben documentada, parabéns!

    ResponderEliminar
  2. Moi interesante. Eu tamén puden observar o 19/11/2008 unha parexa de cruzabicos alimentando a unha cría na Cordal da Loba (Monfero) con sementes de Pinus sylvestris.

    ResponderEliminar