No outro día 8 de febreiro, a iso das 12 da mañá, xunto de Xabier García Castiñeira, tivemos o inmenso pracer de observarmos a istas tres Londras, Lutra lutra, poida que a mai con dúas crías do ano, brincando na auga e capturando cangrexo vermello nunha das lagoas do río Támega, uns excelentes espazos naturais que deberían de contaren con maior respeito e conciencia ecolóxica por parte de todos nós.
Vídeos de Xabier García Castiñeira
Con certeça seria um grupo familiar de fémia + 2 cachorros (polas minhas observaçons na Frouxeira e Ortigueira podem ser 2 ou 3 crias, quasse ao 50%). Chama-me a atençom que em Ourense tenhades tamém o termo "londra". Meu pai, nativo da ria de Ferrol e nascido no ano 1930, ussava ese nome. Pensava que polo Sul de Galiza seria mais habitual "lontra", devido à proximidade do português (que conserva o -t- latino moito máis a miúdo, como sabes).
ResponderEliminarInteresante post, Xosé Ramón.
Olá Xabi, pois sim, por cá tenho ouvido quer Londra quer Alondra ou Lontra, ha variantes do mesmo nome na região, cumprimentos.
ResponderEliminar