domingo, 1 de xuño de 2008

Recompilación de nomes vernáculos de fauna

Imos presentar aquí unha escolma de nomes vernáculos de fauna recadados pola comarca de Monterrei e a região do Alto-Tâmega, incluíndo zonas limítrofes. Estas designacións foron recollidas preguntando directamente a persoas de idade avanzada e vencelladas principalmente aos traballos do campo. Moitas grazas e muito obrigado a todos pola atención prestada.


A meirande parte destes nomes vernáculos foron recollidos polo ornitólogo galego Cosme Damián Romai Cousido. Moitas grazas polo labor.


Aves

Gharza, Ardea cinerea. Recollido en Mandín (Verín)

Aghia, Accipitridae. Recollido en Nocedo do Val (Castrelo do Val)

Ághila, Accipitridae. Recollido en Portocamba (Castrelo do Val)

Corvelo, Accipitridae. Recollido na Arzoá (Vilardevós)

Gabilucho, Accipitridae. Recollido na Arzoá (Vilardevós)

Ghabilán, Accipitridae. Recollido en Mandín (Verín)

Ave-branca, Circus pygargus. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Ave rapiña, Circus pygargus. Recollido en Vilaza (Monterrei), Castro (Laza) e Arzoá (Vilardevós)

Ghabilán blanco, Circus pygargus. Recollido en Mandín (Verín)

Ave-reial, Buteo buteo. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Rateiro, Buteo buteo, tamén para Athene noctua e Tyto alba. Recollido en Calvão e Castelões (Chaves) por Marco Fachada

Ghabilán, Accipiter nisus. Recollido en San Cibrao (Oímbra), Vendas da Barreira (O Riós), Nocedo do Val e Gondulfes (Castrelo do Val)

Ataíño, Falco tinnunculus. Recollido en Pazos (Verín), A Pousa (Monterrei) e Cerdedelo (Laza)

Gafanhoto, Falco tinnunculus ? ou Buteo buteo ?. Recollido por Marco Fachada en aldeas do sudeste de Chaves e oeste de Valpaços

Ghabilán do país, Falco tinnunculus. Recollido en Mandín (Verín)

Ghabilán pequeno, Falco tinnunculus. Recollido en Mandín (Verín)

Tartaranho, Falco tinnunculus. Recollido na veiga de Chaves por Marco Fachada e en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Tecelán, Falco tinnunculus. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós), Arzoá (Vilardevós), Nocedo do Val e Gondulfes (Castrelo do Val), Vilaza e San Cristovo (Monterrei)

No país do Riós cando se vía un Tecelán peneirando dicíanlle:

tece tece Tecelán

tente tente na raíz

Varrapiña, Falco tinnunculus. Recollido en Vendas da Barreira (O Riós) e Vilardecervos (Vilardevós)

Cotornís, Coturnix coturnix. Recollido en Mandín (Verín)

Cotorniz, Coturnix coturnix. Recollido en San Cibrao (Oímbra), Cambedo-da-Raia (Chaves), Vilardecervos (Vilardevós) e Mandín (Verín)

Pazpallá, Coturnix coturnix. Recollido en San Cibrao (Oímbra) e Arzoá (Vilardevós)

Pazpallota, Coturnix coturnix. Recollido en Nocedo do Val (Castrelo do Val)

Pazpanhaz, Coturnix coturnix. Recollido na veiga de Chaves por Marco Fachada

Tentelá, Coturnix coturnix. Recollido en Mandín (Verín)

Pita de auga, Gallinula chloropus. Recollido en Pazos (Verín) por Alexandre Justo, e Mandín (Verín)

Galo de auga, Fulica atra. Recollido en Pazos (Verín) por Alexandre Justo

Pernileiro, Burhinus oedicnemus. Recollido en Vilardecervos (Vilardevós) e Mandín (Verín)

Arieiro, Charadrius dubius. Recollido en Mandín (Verín)

Avefría, Vanellus vanellus. Recollido en Mandín (Verín)

Galinhola, Scolopax rusticola. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Lacacina, Gallinago gallinago. Recollido en Pazos (Verín) por Alexandre Justo

Paloma braba, Columba palumbus. Designaban así a especie silvestre (castelanismo), as domésticas chámanlle Pombos, Columba livia domestica. Recolido en Mandín (Verín)

Rola, Streptopelia turur. Recollido en Mandín (Verín)

Cuca, Cuculus canorus. Recollido en Nocedo do Val (Castrelo do Val)

Un dito recollido en Mandín (Verín) sobre o Cuco di:

San José dalle a fala e San Pedro sácalla

Carreo, Clamator glandarius. Recollido en Mandín (Verín). Esta é a segunda vez que se recolle un nome vernáculo para designar esta especie en territorio galego, a primeira sería Gharallo, nomeado abaixo

Garalho, Clamator glandarius. Recollido en Vilarelho-da-Raia (Chaves)

Gharallo, Clamator glandarius. Recollido en San Cibrao (Oímbra)

Pássaro-gralho, Clamator glandarius. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)



Segundo nos contou o Tío Gherardo de San Cibrao, di que o Gharallo é o mesmo páxaro có Cuco, que cando vén non sabe cantar poque vai frío e entón 'gharalla', despois cando chega o bo tempo xa sabe cantar ben e entón fai "cucú-cucú-cucú".



Semella que 'Gharallo' é a primeira vez que se cita un nome vernáculo na Galiza para a especie Clamator glandarius.


Clamator glandarius
Arrulador, Strix aluco. Recollido na Pena do Souto (O Riós) e Arzoá (Vilardevós)


Moucho, Strix aluco. Recollido en Cerdedelo (Laza), Portocamba (Castrelo do Val), Vendas da Barreira (O Riós), Vilardecervos (Vilardevós) e Mandín (Verín)


Páxaro arrulador, Strix aluco. Recollido na Pena do Souto (O Riós)


Ugo, Strix aluco. Recollido na Arzoá (Vilardevós)

Bufo, Bubo bubo. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós), Arzoá e Vilardecervos (Vialrdevós), Mandín (Verín) e Gondulfes (Castrelo do Val)

Moucho da escarza, Bubo bubo. Recollido vai tempo dun veciño da zona de Verín polo ornitólogo Juan Carlos Epifanio

Coruja-reial, Tyto alba. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Cruruxa, Tyto alba. Recollido en Mandín (Verín)

Goucha, Tyto alba. Recollido en Chaves por Marco Fachada

Moucho, Athene noctua. Recollido en Mandín (Verín)

Boasnoites, Caprimulgus europaeus. Recollido en Feces de Abaixo (Verín)

Noiteboa, Caprimulgus europaeus. Recollido en Vilardecervos (Vilardevós)

Noitevoá, Caprimulgus europaeus. Recollido en Nocedo do Val e Gondulfes (Castrelo do Val), Castrelo de Abaixo (O Riós) e Arzoá (Vilardevós)

Noitevoal, Caprimulgus europaeus. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Noitevoar, Caprimulgus europaeus. Recollido en San Cibrao (Oímbra), Mandín (Verín) e Arzádegos (Vilardevós)

Pedreiro, Apus apus. Recollido en Feces de Abaixo (Verín) e na veiga de Chaves por Marco Fachada

Vencella, Apus apus. Recollido en San Cibrao (Oímbra)

Vencelleira, Apus apus. Recollido en Vilardecervos (Vilardevós)

Vencello, Apus apus. Recollido na Arzoá (Vilardevós) e Mandín (Verín)

Vinzelho, Apus apus. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Grou, Merops apiaster. Recollido en Fumaces (O Riós) e Soutochao (Vilardevós) por Martiño Cabana

Grulla, Merops apiaster. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós) e Arzoá (Vilardevós) Merops apiaster


Peto verdello, Picus viridis. Recollido en Verín e Cortegada (O Riós)

Pica pau, Picus viridis, Dendrocopos major, Jynx torquilla. Recollido en Feces de Abaixo (Verín)

Pito rei, Picus viridis. Recollido en San Cibrao (Oímbra) e Cambedo-da-Raia (Chaves)

Pito verdieiro, Picus viridis. Recollido en Mandín (Verín)

Pito verdeal, Picus viridis. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós), Arzoá, Vilardecervos e Arzádegos (Vilardevós)

Pito verduallo, Picus viridis. Recollido en Cerdedelo (Laza) e Nocedo do Val (Castrelo do Val)


Fura pao, Dendrocopos major. Recollido en Feces de Cima e Mandín (Verín)

Pica pau, Dedrocopos major. Recollido en Mandín (Verín) e Arzádegos (Vilardevós)

Pico, Dendrocopos major. Recollido en Osoño (Vilardevós)

Pito arrazado, Dendrocopos major. Recollido en Vilardecervos (Vilardevós)
Puchel, Dendrocopos major. Recollido en San Cibrao (Oímbra)

Cotoçana, Jynx torquilla. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Pito rateiro, Jynx torquilla. Recollido na Arzoá (Vilardevós)

Cotolovía da crista, Galerida cristata. Recollido na Arzoá (Vilardevós)

Cotolovía de curucho, Galerida cristata. Recollido en Mandín (Verín)

Cotovia-curuchada, Galerida cristata. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Cutuluvía, Galerida cristata. Recollido en Vilardecervos (Vilardevós)

Cutuluvía de curucho, Galerida cristata. Recollido en Mandín (Verín)

Cotolovía, Lullula arborea. Recollido na Arzoá (Vilardevós)

Cotoluvía, Lullula arborea. A Pousa (Monterrei)

Cutuluvía, Lullula arborea. Recollido en Castrelo de Abaixo e Vendas da Barreira (O Riós) e Mandín (Verín)

Calandra, Familia Alaudidae (?), o máis probable é que se refira a Melanocorypha calandra xa que o informante identificou con claridade outras especies semellantes como Alauda arvensis, Lullula arborea, e inlcuso, Emberiza calandra, afastándoas deste vernáculo. O Rosal (Oímbra)

Anduriña, Hirundo rustica. Recollido en Mandín (Verín)

Pedreiro, Delichon urbica. Recollido en Feces de Abaixo (Verín)


Rinchão, Delichon urbica. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Rinchón, Delichon urbica. Recollido en San Cibrao (Oímbra)

Pío, Anthus spp. Recollido en Mandín (Verín)

Brandisa, Motacilla alba. Recollido en Mandín (Verín)

Lavandeira, Motacilla alba. Recollido en Mandín (Verín)

Pastoriña, Motacilla alba. Recollido na Pousa (Monterrei)

Vaqueira, Motacilla flava. Recollido en Mandín (Verín)

Vequeira, Motacilla flava (?), M. alba (?). Recollido en Arzádegos (Vilardevós)

Carriza, Troglodytes troglodytes. Recollido en Mandín (Verín)

Lavacú, Cinclus cinclus. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves), tamén en Pazos (Verín) por Alexandre Justo

Merla truiteira, Cinclus cinclus. Recollido en Castrelo de Abaixo e na Silva (O Riós), tamén na Arzoá (Vilardevós)
Merlo righeireiro, Cinclus cinclus. Recollido en Soutocobo (Vilardevós)

Azuleiro, Prunella modularis. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Azuliña, Prunella modularis. Recollido en Cerdedelo (Laza)

Rouxinol, Luscinia megarhynchos. Recollido en Vilardecervos e Arzoá (Vialrdevós)

Ruiseñor, Luscinia megarhynchos. Castelanismo. Recollido en Mandín (Verín)

Rusinol, Luscinia megarhynchos. Recollido en Feces de Abaixo e Mandín (Verín) e Cambedo-da-Raia (Chaves)

Chincoparedes, Phoenicurus ochruros. Recollido en Tamagos (Verín)

Pedreiro, Phoenicurus ochruros. Recollido en Gondulfes (Castrelo do Val)

Pedreiro, Phoenicurus ochruros ?. Recollido en Mandín (Verín)

Tánxaro, Orenanthe oenanthe. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Tanxo, Oenanthe oenanthe. Recollido en Mandín (Verín)

Chazco, Saxicola torquata. Recollido en Feces de Cima (Verín)

Malviz, Turdus philomelos, T. iliacus. Recollido en Cerdedelo (Laza)
Merla abelleira, Turdus philomelos. Recollido na Arzoá (Vilardevós)

Torda pequena, Turdus philomelos. Recollido en Vilardecervos (Vilardevós)

Tordo-inverniço, Turdus iliacus. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Tordo do país, Turdus philomelos. Recollido en Mandín (Verín)

Torda, Turdus viscivorus. Recollido en Vendas da Barreira (O Riós), Nocedo do Val (Castrelo do Val) e Arzádegos (Vilardevós)

Torda grande, Turdus viscivorus. Recollido en Vilardecervos (Vilardevós)

Torda real, Turdus viscivorus. Recollido en Mandín (Verín)

Torda-reial, Turdus viscivorus. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Melra, Turdus merula. Recollido en Feces de Abaixo (Verín)

Merla, Turdus merula. Recollido en Vendas da Barreira (O Riós), Cerdedelo (Laza), Portocamba (Castrelo do Val), Nocedo do Val (Castrelo do Val), Vilardecervos (Vilardevós) e Mandín (Verín)

Cheda, Sylvia undata. Recollido en Mandín (Verín)

Foleca, Sylvia atricapilla. Recollido en Mandín (Verín)

Fuleca, Sylvia atricapilla. Recollido en Mandín (Verín)

Fulecra, Sylvia atricapilla. Recollido en Feces de Abaixo (Verín) e Cambedo-da-Raia (Chaves)

Pío, Cisticola juncidis ?. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Tuio, Phylloscopus spp ?. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)
Tanxo, Ficedula hypoleuca. Recollido en Feces de Abaixo (Verín)

Taralhão, Ficedula hypoleuca. Recollido na veiga de Chaves por Marco Fachada

Tralhão, Ficedula hypoleuca. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Trallón, Ficedula hypoleuca. Recollido en Mandín (Verín)

Chinchín, Paridae. Recollido en Feces de Abaixo e Pazos (Verín)

Chincho, Paridae. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós)

Chinco, Paridae. Recollido en San Cibrao (Oímbra)

Ameixenda, Parus caeruleus. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves) e Nocedo do Val (Castrelo do Val)

Xunguín, Aegithalus caudatus. Recollido en Feces de Abaixo (Verín)

Engatanhadeira, Certhia brachydactyla. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Ribideira, Certhia brachydactyla. Recollido en Mandín (Verín)

Cascarrollo, Lanius senator. Recollido en Feces de Cima, Feces da Abaixo e Mandín (Verín), San Cibrao (Oímbra), Cambedo-da-Raia (Chaves) e A Pousa (Monterrei)

Cascarrollo pequeno, Lanius senator. Recollido en Vilardecervos (Vilardevós)

Cazcarrollo, Lanius senator. Recollido en Feces de Cima (Verín)

Cascarrollo grande, Lanius meridionalis. Recollido en Vilardecervos (Vilardevós)

Picanza, Lanius meridionalis. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós), Arzoá (Vilardevós) e O Tameirón (A Gudiña)

Picanzo, Lanius meridionalis. Recollido en Mandín (Verín)



Rabilargo, Cyanopica cyanus ?, a persona preguntada identificou a especie aínda que habería dúbidas de se se referise a Aegithalos caudatus. Recollido na Pena do Souto (O Riós)

Rabolargo, Cyanopica cyanus ?, pendente de aclaración, poderia corresponder a Aegithalos caudatus. Recollido en Castrelo de Abaixo e na Silva (O Riós)

Cyanopica cyanus


Pegha, Pica pica. Recollido en Mandín (Verín)

Gaiomonte, Garrulus glandarius. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós)

Garrabaio, Garrulus glandarius. Recollido en Videferre (Oímbra)

Ghaio, Garrulus glandarius. Recollido en Cerdedelo (Laza), Nocedo do Val (Castrelo do Val), San Cibrao (Oímbra) e Mandín (Verín)

Pigarra, Carrulus glandarius. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós) e Arzoá (Vilardevós)

Pigharro, Garrulus glandarius. Recollido en Vendas da Barreira (O Riós), Vilardevós e Vilardecervos (Vilardevós)

Choia, Pyrrhocorax pyrrhocorax. Recollido en Vendas da Barreiras (O Riós)

Corvelo, Corvus corone. Recollido en Verín, Arzoá e Vilardecervos (Vilardevós)

Estornino, Sturnus unicolor. Recollido en Mandín (Verín)

Estornilo, Sturnus unicolor. Recollido na Arzoá (Vilardevós)

Tornillo, Sturnus unicolor. Recollido en Verín, Vilardecervos e Arzádegos (Vilardevós)

Ateiro, Oriolus oriolus. Recollido en Vilarelho-da-Raia (Chaves)

Avión, Oriolus oriolus. Recollido en Soutocobo, Arzoá e Arzádegos (Vilardevós), Castrelo de Abaixo (O Riós) e Gondulfes (Castrelo do Val)

Ciropelda, Oriolus oriolus. Recollido en Vilardecervos (Vilardevós)

Domingonovelo, Oriolus oriolus. Recollido en Videferre (Oímbra)

Maralenta, Oriolus oriolus. Recollido en Lucenza (Cualedro) por Abdón Diéguez


Papafigos, Oriolus oriolus. Recollido en Mandín (Verín)


Reghavión, Oriolus oriolus. Recollido en Nocedo do Val (Castrelo do Val)

Uivão, Oriolus oriolus. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Pardao, Passer domesticus, P. montanus, Petronia petronia. Recollido en Feces de Abaixo (Verín), Castro e Cerdelo (Laza)

Chinchilhão, Fringilla coelebs. Recollido en Cabedo-da-Raia (Chaves)


Ghilghero, Carduelis carduelis. Recollido en Feces de Abaixo (Verín), Cerdedelo (Laza), Nocedo do Val (Castrelo do Val) e Arzoá (Vilardevós)

Picacardos, Carduelis carduelis. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós)

Pintasilgo, Carduelis carduelis. Recollido en Mandín (Verín)

Pintasilva, Carduelis carduelis. Recollido en Vilardecervos (Vilardevós)
Pintasilvas, Carduelis carduelis. Recollido en San Cibrao (Oímbra)

Xílgharo, Carduelis carduelis. Recollido en Portocamba (Castrelo do Val)

Verderol, Carduelis chloris. Recollido en Mandín (Verín)

Naviñeiro, Carduelis cannabina. O nome fai referencia a que andan nas viñas. Recollido en San Cibrao (Oímbra),Vilardecervos (Vilardevós) e Mandín (Verín)

Silgueira, Carduelis cannabina. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Milharengo, Serinus serinus. Recollido en Cabedo-da-Raia (Chaves)

Milheiro, Serinus serinus. Recollido na veiga de Chaves por Marco Fachada

Escribenta, Emberiza cirlus. Recollido na Arzoá e Arzádegos (Vilardevós)

Escrevideira, Emberiza cirlus. Recollido na veiga de Chaves por Marco Fachada

Chicharra, Emberiza calandra. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves) e San Cibrao (Oímbra)

Chinchanarraíz, Emberiza calandra. Recollido en Arzádegos (Vilardevós)

Tentanarraíz, Emberiza calandra. Recollido en Vilardecervos (Vilardevós)

Cirria, Emberiza cia ?. Recollido en San Cibrao (Oímbra)

Mamíferos

Ourizo cacheiro, Erinaceus europaeus. Recollido en Mandín (Verín)

Doniña, Mustela nivalis. Recollido na Pena do Souto e Castrelo de Abaixo (O Riós) e Mandín (Verín)

Nestas localidades do Riós cando vían unha Doniña dicíanlle así:

Doniña bonita

cazola queimada

mataches o home

coaquela machada

Teixugo, Meles meles. Recollido en Verín

Tenxugho, Meles meles. Recollido en Mandín (Verín)

Rabisaco, Martes martes, Martes foina. Recollido en Mandín (Verín) por Alberto Rivero Saeta

Rebisaco, Genetta genetta. Recollido en Verín

Cabra, Capreolus capreolus, recollido en Castrelo de Abaixo e Cortegada (O Riós) e Arzádegos (Vilardevós)

Lirón, Liranco, Rattus rattus, Rattus norvegicus. Recollido en Verín

Rato caldeireiro, Eliomys quercinus. Recollido en Cortega (O Riós), Sanguñedo e Campobecerros (Castrelo do Val) por Xosé Manuel Rodríguez

Municego, Pipistrellus pipistrellus, Quirópteros. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós)

Muricegho, Pipistrellus pipistrellus, Quirópteros. Recollido en San Cibrao (Oímbra)

Murocegho, Pipistrellus pipistrellus, Quirópteros. Recollido en Mandín (Verín)
Pipistrellus pipistrellus


Anfibios

Salamanca, Salamandra salamandra. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós), Arzoá (Vilardevós) e nas Eiras (Laza) por Alexandre Justo e Estefanía Aleu

Salamanca, Lissotriton boscai. Recollido na Arzoá (Vilardevós) "designaban esta especie co mesmo nome vernáculo de Salamanca igual que para Salamandra salamandra"

Salamántigha, Salamandra salamandra, Triturus marmoratus, Lissotriton boscai. Diferenciaban distintas especies, as das pintas, as castañas, unhas maiores, outras menores. Recollido en Mandín (Verín)

Salamantra, Salamandra salamandra. Recollido en Mandín (Verín) Sapo cunqueiro, Bufo bufo. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós) e Mandín (Verín)

Sapa, Alytes obstetricans. Recollido na Pena do Souto (O Riós), en Mandín (Verín) designan Sapa todo o que non se parece a Sapo (Bufo bufo) ou Ran (Pelophylax perezi)

Ran, Pelophylax perezi. Recollido en Mandín (Verín) Hyla arborea
Marza, Hyla arborea. Recollido en San Cibrao (Oímbra)




Repteis

Escauparón, Chalcides striatus. Recollido na Gudiña por Martiño Cabana

Escoupariño, Chalcides striatus, Chalcides bedriagai ?, Anguis fragilis. Vernáculo procedente de Lamardeite (Vilardevós) recollido por Serafín Álvarez

Escouparón, Chalcides striatus, Chalcides bedriagai ?, Anguis fragilis. Recollido en San Cibrao (Oímbra) e Arzádegos (Vilardevós)

Escouparón, Blanus cinereus. É a primeira vez que se recolle un nome venáculo para designar propiamente a esta especie en Galicia, describíndose con rigor e diferenciado claramente o outro vernáculo de Escóupolo para designar a Chalcides striatus, C. bedriagai e Anguis fragilis. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós)

Escouplón, Chalcides striatus, Chalcides bedriagai ?, Anguis fragilis. Recollido en Gondulfes (Castrelo do Val)
Escóupolo, Chalcides striatus, Chalcides bedriagai ?, Anguis fragilis. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós)

Liso, Chalcides striatus ?, Chalcides bedriagai ?, Anguis fragilis ?, pode ser unha introdución doutro idioma. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós)

Viberón, Chalcides striatus, Chalcides bedriagai ?, Anguis fragilis, e pode que Blanus cinereus ?, o que sería o primeiro nome vernáculo (compartido) recollido en Galicia para esta especie. Recollido en Mandín (Verín)

Viberón, Chalcides striatus, Anguis fragilis. Recollido no Tameirón (A Gudiña)

Lagartiña, familia Lacertidae. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós) e Arzádegos (Vilardevós)

Lagharta, familia Lacertidae. Recollido en Mandín (Verín)

Ladra, Tarentola mauritanica. Recollido en Vilaza e A Salgueira (Monterrei), Casas dos Montes e San Cibrao (Oímbra), Mandín (Verín) e Castrelo de Abaixo (O Riós)

A continuar relatarase unha crenza que se recolleu no pobo de Castrelo de Abaixo:

Contouna un veciño deste pobo, maior de 75 anos, emigrado ao Brasil fai máis de 50 anos, e agora de visita na súa Terra. Contaba que a estas lagartiñas lles chamaban Ladras, segundo lembra, que andaban polas paredes dentro das casas e que a súa mai lle dicía que daba sorte cando se vía unha de cor branca e non se debían de matar.

Lasca, Tarentola mauritanica. Recollido en Cambedo-da-Raia (Chaves)

Tarentola mauritanica



Cobra, familia Colubridae. Recollido en Mandín (Verín)

Serpiente de cordón, Vipera latasti. Recollido na Gudiña por Rafa Vázquez "Nocko"

Peixes
Rañosa, Achondrostoma arcasii. Recollido na Veiga do Seixo (O  Riós) por Alberto Rivero

Invertebrados

Insectos


Gaiteiro, Orde Odonatos, Cabaliños do Demo e Libélulas. Recollido en Verín por Eduardo García Torres


Cadela faldrexa, Forcicula auricularia, Orde Dermápteros (Forcadelas). Recollido en Gondulfes (Castrelo do Val)


Cadela moura, Forcicula auricularia, Orde Dermápteros (Forcadelas). Recollido en San Cibrao (Oímbra)


Faldracadela, Forcicula auricularia, Orde Dermápteros (Forcadelas). Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós)


Cabra louca, Gerris lacustris (Zapateiros). Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós)


Pita cega, Gerris lacustris (Zapateiros). Recollido en Verín por Eduardo García Torres


Escornabois, Lucanus cervus. Recollido na Pena do Souto (O Riós)


Vacaloura, Meloe proscarabaeus, Berberomeloe majalis, Physomeloe corallifer, Familia Meloidae (Aceiteiras). Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós), en Gondulfes (Castrelo do Val) e en Verín

Barrosiña, Coccinella 7-punctata, Familia Coccinélidos (Xoaniñas). Recollido en Cortegada (O Riós)


Barrosiño, Coccinella 7-punctata, Familia Coccinélidos (Xoaniñas). Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós)


Polboreta, Lepidópteros, bolboretas nocturnas. Recollido en Castrelo de Abaixo e Pena do Souto (O Riós)


Polboretesa, Lepidópteros, bolboretas nocturnas. Recollido en San Cibrao (Oímbra)


Morrión, larvas de Lepidópteros (Bolboretas). Recollido en Verín


Carballesa, Mantis religiosa, Empusa pennata, Ameles spallanziana, Orde Dictiópteros. Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós)

Ameles spallanziana

Arácnidos

Alacraio, Buthus occitanus. Recollido en Mandín (Verín)

Alacrán, Buthus occitanus. Recollido en Gondulfes (Castrelo do Val)
Miriápodos

Cenpatas, Quilópodos, Escolopendras (cast.). Recollido en Castrelo de Abaixo (O Riós) e Mandín (Verín)

Moluscos

Lerma, moluscos gasterópodos sen cuncha, Lerme (gal.), Babosa (cast.). Recollido en Mandín (Verín)