xoves, 24 de setembro de 2020

Nomes vernáculos recollidos na Chaira do Riós

O martes 22 de setembro de 2020, xunto con Bruno Rúa e Santiago González, realizamos unha rota por todas as aldeas ou barrios da Chaira do Riós recollendo entre outras cousas nomes vernáculos de Fauna.

Isto é o que nos dixeron moi amablemente os seus veciños:


* A Veiguiña, recollido de Teófilo Domínguez Álvarez de 80 anos de idade:

Bubela, Upupa epops

Pombo, Columba palumbus

Pegha, Pica pica

Tornillo,  Sturnus unicolor

Anduriña, Hirundo rustica

Moucho, Strix aluco

Cuco, Cuculus canorus, "era moi truán, puña os 'ghuevos' nos ninos dos outros páxaros", "márchalle a fala"

Cutuluvía, Lullula arborea, "cutuluvía, deixa de cantar e asubía"

Rola, Streptopelia turtur

Lavandeira, Motacilla alba

Rosinol, Luscinia megarhynchos

Corvo, Corvus corone

Tecedal, Falco tinnunculus

Avión, Oriolus oriolus

Merla, Turdus merula

Tordo, Turdus philomelos, T. viscivorus

Perdiz, Alectoris rufa

Pardal, Passer domesticus

Paspallota, Coturnix coturnix, dicía así "alto lá, alto lá" e os portugueses davan a volta

Paporrubio, Erithacus rubecula

Curuxa, Tyto alba

Pedreiro, (?), andaba nos tellados

Pigharro, Garrulus glandarius

Vencello, Apus apus

Almexendro, "tiña o papo branco, (?), podería ser Parus major (?)

Cascarrollo, Lanius meridionalis, Lanius spp. (?)

Escribenta, Emberiza cirlus

Choia, sónalle o nome pero non sabe cal é

Carriza, Troglodytes troglodytes

Rafiña, Circus pygargus

Chasco, Saxicola rubicola

Azulenta, Prunella modularis

Noitevoá, Caprimulgus europaeus

Gharfa, Ardea cinerea, sónalle pero non sabe cal é

Sapo cunqueiro, Bufoi spinosus

Sapa, o resto de sapos que non son cunqueiros (?)

Lagharta, lagartiñas

Lagharto, lagartos

Escouplón, Anguis fragilis, "si te pica un escouplón busca aixada e aixadón", tíñano por velenoso

Culebra, cobras

Víbora, Vipera sp. (?)

Salamanca, Salamandra salamandra

Ra, Pelophylax perezi

Alacrán, Buthus occitanus

Municegho, Quirópteros

Zorra, Vulpes vulpes

Teixugho, Meles meles

Alegharia, Genetta genetta

Doniña, Mustela nivalis

Rato, roedores

Lirón, Rattus sp.

Ourizo cacheiro, Erinaceus europaeus

Vacaloura, Berberomeloe majalis

Faldracadela, Dermápteros


* Domez, recollido de Francisco Calvo Calvo de 87 anos, Caseano Salgado Salgado de 70 anos e Benita Calvo Vázquez de 62 anos:

Pardal, Passer domesticus

Pombo, Columb palumbus

Merla, Turdus merula

Pegha, Pica pica

Tordo, Turdus philomelos, T. viscivorus

Tornillo, Sturnus unicolor

Corvelo, Corvus corone

Pigharro, Garrulus glandarius

Cuco, Cuculus canorus

Avión, Oriolus oriolus

Paporrubio, Erithacus rubecula

Anduriña, Hirundo rustica, "ó vir frío marchan e ó vir tempo bó volve"

Escribenta, emberiza cirlus

Vencello, Apus apus

Moucho, Strix aluco

Curuxa, Tyto alba, "era da morte"

Carriza, Troglodytes troglodytes

Paspallota, Coturnix coturnix

Perdiz, Alectoris rufa

Pito verdeal, Picus viridis

Cutuluvía, Lullula arborea

Rosinol, Luscinia megarhynchos

Ghabilán, Accipitridae

Pedreiro, (?), "ten pintas averdosadas"

Avarrapiña, Circus pygargus

Escouplón, Anguis fragilis

Municegho, Quirópteros

Vacaloura, Berberomeloe majalis

Faldracadela, Dermápteros

Ghrilo, Gryllidae


* Souto, recollido de Nicolá Prieto de 62 anos:

Pardal, Passer domesticus

Pegha, Pica pica

Pigharro, Garrulus glandarius

Anduriña, Hirundo rustica

Pito verdeal, Picus viridis

Avión, Oriolus oriolus

Rosinol, Luscinia megarhynchos

Bubela, Upupa epops

Pombo, Columba palumbus

Moucho, Strix aluco

Cuco, Cuculus canorus

Curuxa, Tyto alba

Merla, Turdus merula

Rola, Streptopelia turtur

Ghabilán, Accipitridae

Corvelo, Corvus corone

Cigüeña, Ciconia ciconia (castelanizado)

Paspallota, Coturnix coturnix

Perdiz, Alectoris rufa

Cutuluvía, Lullula arborea

Lavandeira, Motacilla alba

Tecelán, Falco tinnunculus

Tordo, Turdus philomelos, T. viscivorus

Paporrubio, Erithacus rubecula

Escribenta, Emberiza cirlus

Carriza, Troglodytes troglodytes

Pigharro, Garrulus glandarius

Vencello, Apus apus

Almenxendro, (?), poida que Parus major (?)

Ave rapiña, Circus pygargus

Chasco, Saxicola rubicola

Azulenta, Prunella modularis

Gharduña, Martes sp.

Municegho, Quirópteros

Doniña, Mustela nivalis

"Si te pica unha doniña busca a sabaniña, si te pica un escouplón busca aixada e aixadón"

Escouplón, Anguis fragilis

Víbora, Vipera sp.

Salamanca, Salamandra salamandra

Ra, Pepophylax perezi

Cághado, larvas de anfibios

Vacaloura, Berberomeloe majalis

Faldracadela, Dermápteros

Lerme, moluscos gasterópodos


* Sarreaus, recollido de varios veciños:

Bubela, Upupa epops

Pito verdeal, Picus viridis

Pito rei, Dendrocopos major

Pegha, Pica pica

Pigharro, Garrulus glandarius

Anduriña, Hirundo rustica

Pardal, Passer domesticus

Merla, Turdus merula

Chaschás, (?), "pequeno, papo colorado, bico delgado", podería ser Saxicola rubicola

Pombo, Columba palumbus

Cutuluvía, Lullula arborea, "cutuluvía, cuanto máis alto máis asubía"

Rola, Streptoipelia turtur

Lavandeira, Motacillla alba

Avión, Oriolus oriolus

Ghabilán, Accipitridae

Paspallota, Coturnix coturnix, "paspallao, grao grao"

Perdiz, Alectoris rufa

Corvo, Corvus corone

Tecelán, Falco tinnunculus

Rosinol, Luscinia megarhynchos

Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus, "van ás uvas"

Curuxa, Tyto alba

Vencellos, Apus apus

Cascarrollo, Lanius meridionalis, Lanius sp.

Escribenta, Emberiza cirlus

Azulenta, Prunella modularis

Choia, Pyrrhocorax pyrrhocorax, "son negras e máis pequenas que os corvos"

Noitevoá, Caprimulgus europaeus

Ghabilán, Accipitridae

Teixugho, Meles meles

Gharduña, Martes sp.

Gato rabís ou Rebiseco, Genetta genetta

Municegho, Quirópteros


* Trasverea, recollido de José Villar de 86 anos:

Pardal, Passer domesticus

Anduriña, Hirundo rustica

Corvo, Corvus corone

Carriza, Troglodytes troglodytes

Pito verdeal, Picus viridis

Pito reino, Dendrocopos major

Paspallota, Coturnix coturnix

Perdiz, Alectoris rufa

Escribenta, Emberiza cirlus

Pombo, Columba palumbus

Cuco, Cuculus canorus

Bubela, Upupa epops

Moucho, Strix aluco

Pegha, Pica pica

Tornillo, Sturnus unicolor

Cutuluvía, Lullula arborea

Rola, Streptopelia turtur

Lavandeira, Motacilla alba

Rosinol, Luscinia megarhynchos

Tecelán, Falco tinnunculus

Avión, Oriolus oriolus

Merla, Turdus merula

Torda, Turdus philomelos, T. viscivorus

Paporrubio, Erithacus rubecula

Pigharro, Garrulus glandarius

Cascarrollo, Lanius meridionalis, Lanius sp.

Chasca, Saxicola rubicola

Municegho, Quirópteros


En conclusión sacamos que nestas aldeas as designacións para os paxaros son case as mesmas con leves diferenzas puntuais.

E dar as grazas aos veciños que nos atenderon.

sábado, 19 de setembro de 2020

Máis nomes vernáculos da bisbarra de Monterrei

 * Estes foron recollidos de unha persoa natural de Medeiros, son os seguintes:


Vaqueira, Motacillla flava

Lavandeira, Motacilla alba

Papafighos, Oriolus oriolus

Cirifolla, Phylloscopus spp.

Carrizo, Troglodytes troglodytes

Chasco, Sacicola rubicola

Cascarrollo, Lanius spp.

Cotuvía, Lullula arborea

Laverca, Alauda arvensis

Milleiro, Linaira cannabina

Ferreiro (?)

Moucho, Athene noctua

Curvelo, Corvus corone (?)

Chinco, Fringilla choelebs

Bubela, Upupa epops

Cuco, Cuculus canorus

Rola, Streptopelia turtur

Pombo, Columba palumbus

Vencexo, Apus apus

Tornillo, Sturnus unicolor

Anduriña, Hirundo rustica

Noitevoá, Caprimulgus europaeus

Sebureiro, Quercus suber


* Tamén recollido o nome de Arieiro para Chardrius dubius en Tintores, de Adolfo Rolán.


* Agora imos tratar uns nomes recollidos en San Cristovo de Monterrei a José Gómez Muñoz 'Pistón' de 93 anos de idade:


Rousinol, Luscinia megarhynchos

Tordo, Turdus phylomelos

Vaqueira, Motacilla flava

Cutuvía, Lullula arborea

Chinco, Fringilla coelebs (?), había o Chinco bravo e o manso (?)

Paporroibo, Erithacus rubecula

Moucho, Athene noctua

Curuxa, Tyto alba

Cuco, Cuculus canorus

Bubela, Upupa epops

Papafighos, Oriolus oriolus

Trallón, ficedula hypoleuca

Anduriña, Hirundo rustica

Laverca, Alauda arvensis

Vencello, Apus apus

Cirifolla, Phylkloscopus spp.

Carriza, Troglodytes troglodytes

Chasco, Saxicola rubicola

Forneira, Sylvia undata

Noitevoal, Caprimulgus europaeus

Pombo, Columba palumbus

Corvo, Corvus ccorone

Pega, Pica pica

Cascarrollo, Lanius spp., había o Cascarrollo pinto (?)

Merlo, Turdus merula

Tornillo, Sturnus unicolor

Cardeira, Carduelis carduelis (?)

Milleira, Linaria cannabina

Pitorrei, Picus viridis, Dendrocopos major (?)

Lavandeira, Motacilla alba

Morcego, Quirópteros

Escouparón, Chalcides striatus, C. bedriagai, Anguis fragilis


* E logo uns nomes recollidos por Nica na Xironda:


Arnabico, Burhinus oedicnemus

Domingonobelo, Oriolus oriolus

Sisón, Tetrax tetrax


* E por último uns nomes recollidos en San Cibrao:


Avefría, Vanellus vanellus, antes había moitas

Pernileiro, Burhinus oedicnemus, criaba onda o muíño

Arieiro, charadrius dubius

Cotoluvía, Lullula arborea

Cascarrollo, Lanius spp.

Tanxo, era como o Pardal (?)

Trallón, Ficedula hypoleuca

Foleca, pode que se referira a Hippolais polyglotta (?)

Sisón, Tetrax tetrax

Verderol, Carduelis chloris

Pintasilgo, Carduelis carduelis

Pedreiro, Delichon urbica

Anduriña, Hirundo rustica

Papafighos, Oriolus oriolus

Bubela, Upupa epops

Chinchín, parecido á Lavandeira (?), Páridos (?), Fringilla coelebs (?)

Pitorrei, Picus viridis (?), Dendrocopos major (?)

Ghaio, Garrulus glandarius

Curuxa, Tyto alba

Estorniño, Sturnus unicolor

Martín pescador (castelanizado)

Merlo de augha, Cinclus cinclus

Pegha, Pica pica

Carriza, Troglodytes troglodytes

Galo de auga, Fulica atra

Pita de auga, Gallinula chloropus

Garcexa, Gallinago gallinago (?)

Rousinol, Luscinia megarhynchos

domingo, 13 de setembro de 2020

Árbores no libro Villardevós de Silvio Santiago

Agora imos a tratar árbores en literatura, no libro Villardevós de Silvio Santiago, conta así:
"Á saída de Verín, indo para Zamora, torce unha carretera estreita con árbores ás beiras. Estas árbores son negrillos fortes, de ramaxe verde escura. Cabo dun deles, á dereita, hai un letreiro branco con letras negras. O letreiro di: "A VILLARDEVÓS, 13 km."

Estes supostos negrillos debían de ser os trístemente desaparecidos Castiñeiros de Indias, Aesculus hippocastanum, da avenida de Ábedes. Toda unha mágoa que se talaran en época recente.

"...Era entón unha finca sonada polos seus frotios e polas súas froitas. Tiña un pequeno pero fermoso xardín de mirtos no que aniñaban os reiseñores tiña tamén un corpudo alcipreste un pouco torto, que aínda se ve hoxe alí..."

Só se atopou esta referenza a unha árbore concreta en Vilardevós pero temos que tratar a existencia dunha árbore centenaria presente aínda hoxe en día no pobo, en concreto un Tulípero de Virginia, Liriodendron tulipifera, de porte espectacular no que ben se puido fixar o autor.
Unha reflexión para non esquecermos a memoria das árbores perdidas e lembrarnos das aínda existentes.