xoves, 17 de febreiro de 2022

Relatorio da camiñada polo Bosque do Pracer

Bosque do Pracer dende O Ladairo a sur

Bosque ribeirán do Pracer, Redomadre

No sábado 5 de febreiro de 2022 realizouse unha camiñada polo Bosque do Pracer, organizada por Ecoloxista en Acción Ourense e Amigas das Cegoñas.

Cartaz de Ecoloxistas en Acción Ourense e Amigas das Cegoñas

Artigo na Región


Este é o relatorio da actividade:

Saíuse do parque da Preguiza en Verín polas 09:30 da mañá.



Pombo bravo, Columba palumbus
Fotografía de Marco Fachada

Canis lupus familiaris e Homo (Femina) sapiens sapiens, kkkkkkk

Río Támega, o Pozo Negro e o Tresrranas, só falta o Chorón da Preguiza

Castelo de Monterrei
Fotografía de Gloria Sánchez

Comezou véndose algo de flora acuática: Menta acuática, Mentha aquatica; Xougas, Ranunculus cf. peltatus; Potamogeton natans.


Mentha aquatica, comestible, aromática moi intensa e medicinal

"Unha advertencia sobre as plantas silvestres comestibles e medicinais: hai que ter moito coidado con elas, coma con todo, é de senso común, iso que tanto falta e tanto se desvirtúa (ollo, non se confundir o senso común co senso individual, o senso común é universal e afecta a todos por igual sen distinción de pensamentos ou formas de ser, e trata do beneficio común e non do particular, e dunha resposta ou actitude irrefutable e universal, uha boa base é usarse a empatía e a intuición desinteresada con todo e con todos), nas herbas non é tan grave coma nos cogumelos mas segue a haber risco de toxicidade, e non hai moitas plantas tan mortais coma nos fungos mais tamén hai algunha de serio risco, o preciso coñecemento é fundamental, logo á hora de recolleitalas hai algunhas que están protexidas (é exemplo o caso da caso da xanzá, gentiana lutea, e outras) ou son escasas e por ética non se deben de apañar, e de collérense sempre en cantidades necesarias e sen abusar, lémbrese que son silvestres e están a cumprir unha función na Natureza, algunhas poden posuír contaminantes, entre eles ouriños de cans por exemplo, polo que hai que ter todo isto en contan á hora de collelas e de procesalas, e moito tento coa automedicación, a maioría son d propiedades suaves, mais tamén as hai con certa concentración de principios activos, e coma medicinas naturais tamén poden ter efectos secundarios ou mesmo contraindicacións, repítese, é fundamental o preciso coñecemento e sempre hai que usar o senso común."

Xougas, Ranunculus cf. peltatus, de enorme importancua ecolóxica ao oxixenar e depurar as augas, e para darlle sombra no verán nas zonas de ausencia de arboreda

Potamogeton natans

As árbores de ribeira sustituíronse por especies ornamentais de escaso valor ecolóxico.

Magnolios, Magnolia grandiflora, ser é unha especie prehistórica, das pirmeiras plantas con flor

Alfeneiros, Ligustrum vulgare, no fundo vese unha oliveira, Olea europaea, de antigos cultivos

Foise sempre pola beira do río Támega, ensinando onde estaban as poldras (en Verín chámanselle pasadais) hoxe desaparecidas.

Lavancos, Anas plathyrhynchos, macho e femias
Fotografía de Marco Fachada

Pontella das Cortiñas, dende onde se viron os encontros da ponte da estrada en sentido diagonal á dinámica do río.


Garza real, Ardea cinerea, e ponte da estrada xeral, de seguro que un importante vao na antigüidade
Fotografía de Marco Fachada

Praia Fluvial das Cortiñas, aquí víronse especies ornamentais que logo se atopan naturalizadas subespontáneas no Bosque do Pracer.

Moreiras brancas, Morus alba, e Catalpas, Catalpa bignonioides

Choupo branco, Popullus alba, tileiros, Tilia sp., e Acer negundo

Foise ver a canle do muíño de San Lázaro, chamado de sempre como Regato da Pedreira, non se foi ver o muíño de San Lázaro, outra xoia, o motivo de ir ver esta canle foi por haberse feito recentemente unha canalización con tubos que curta o fluír da auga e levanta o nivel do sólo, que de seguro causará problemas nas cheas, alén de perder a súa orixinalidade, era ou é, o que queda del, un elemento etnográfico e de enxeñería hidráulica tradicional de primeira orde, ao cruzar a estrada aínda está intacto, debería de se protexer.

Obras no Regato da Pedreira, antes aquí aparecía silvestre o agrión, Nasturtium officinale, excelente comestible, aínda que con precaución por poder ter un parásito moi prexudicial para o organismo (para consumo en cru aconsellan deixar en remollo con auga e lixivia por, polo menos, unha media hora, e aínda así non é seguro, coa coccion prolongada non habería problema), nesta canle tamén había reprodución confirmada de pintafontes ibérico, Lissotriton boscai, entre outras especies animais e vexetais de interese

Tamén se falou do Camiño da Burrequiña, o nome certo en documentos antigos din que era A Orraquiña, que non Camiño Real. Víuse o cruceiro e a capela de San Lázaro, a Casa do Asistente e o seu escudo que segundo Adolfo Taboada Sanz pertence á familias dos Castro, o miliario epigrafado de San Lázaro (aínda en estudo e lectura, falta por verse a parte traseira do epigrafado ao estar inserido contra a parede); unha posible orixe do nome de Verín que segundo din poidese estar relacionado cunha ara epigrafiada co nome do deus indíxena Bandue Verubrico (Veru-Veri-Verini-Verin) e outras dano coma un antropónimo latino (Verinus, Verio, Veris, Veriu, Verinianus); e alguén tamén dixo de dar algún apuntamento sobre a chegada e recibimento do Entroido pola baixada da Costa de San Lázaro.

Capela de San Lázaro
Fotografía de Gloria Sánchez

Casa do Asistente e escudo dos Castro, do século XVII, áchase
Fotografía de Gloria Sánchez

A Pepa de Videferre contounos cousas sobre as plantas, nun simple canellón, ensinounos as propiedades da Ceruda, Chelidonium majus, para as verrugas e para as feridas; a Beladona, Phytolacca americana, da que usaban os seus froitos en Videferre a modo de tinte para pintar as letras das sepulturas; tamén nos falou da ruda, Rutta graveolens, como planta tóxica e abortiva por exemplo, tamén coma herba máxica protectora contra da envexa, de facto é rara a casa tradicional galega ou portuguesa que non teña unha ruda na entrada ou no xardín; e falou da malvela, Glechoma hederacea, e dicía así: "se a muller soubera o boa que é a malvela, pacería nela coma o boi pace na herba", por ser un eficiente regulador menstrual; máis adiante ensinounos a galacrista ou herba dos canteiros, Salvia verbenaca, que servía para quitar coa súa semente as impurezas dos ollos sen daño algún; e logo outras moitas ao longo do camiño.

Esta planta non é do lugar, ponse por similitude do nome cunha que dixo a Pepa de Videferre, a esta chámanlle lingua de paxariño, é uha especie común, ser é unha papaverácea do xénero Fumaria, áchase que lle chaman tamén herba dona, a especie é complicada xa que existen diversas especies semellantes, ten propiedades medicinais. A que dixo a Pepa de Videferre chamáballe pico de paxariño, Polyginum aviculare, que era boa para combater a diarrea, a continuar poñense unhas imaxes da planta
Fotografía de Pepa González

Pico de paxariño, Polygonum aviculare

Pico de paxariño, Polygonum aviculate

Ceruda, Chelidonium majus

Beladona, Phytolaca americana, esta imaxe foi sacada noutra época do ano, agora estaban sen froitos e secas

Víuse o baluarte que queda da antiga muralla medieval de Verín que arrodeaba toda a vila vella, lugar onde houbera na súa cima ata fai pouco un carballo veriño, Quercus robur, e unha cerdeira, Prunus avium, ambas de moita idade.

Por tras das árbores está o baluarte da muralla de Verín, de Época Moderna, de cando a Guerra de Restauraçao Portuguesa

Un acivro tamén chamado xardón, Ilex aquifolium, e xardoa ao pé feminino ao ser unha especie dioica, esta é ornamental

Cruzouse pola pontella do Olivar, onde antigamente tamén houbera outras poldras, e tratouse o tema da inconveniencia das podas esaxeradas nas árbores de ribeira, isto xa non é podar, chámaselle demoucar.

Intensa poda, demoucado, de choupos negros híbridos, por certo os choupos segregan un bálsamo que é medicinal, e entre outros usos serve para usos tópicos e de rexuvenecemento dérmico

Aquí debería haber depósitos de cascallos e areas fluviais, mais son retirados sistemáticamente con maquinaria pesada, non se debería de facer isto por non causar beneficio algún e si moitos prexuízos ao río, ser é unha moi boa zona de avistamento de aves comúns e raras e moi bo lugar para odonatos, libeliñas e cabaliños do demo

Falouse das mal chamadas malas herbas xa que moitas son comestibles, medicinais e con outros usos, hai que chamarlles entón plantas adventicias e plantas ruderais.Víronse Acedas, Rumex cf. acetosa; muruxas de terra, Stellaria cf. media; couselos, Umbilicus rupestris; malvas, Malva vulgaris; todas son comestibles, os couselos son refrescantes, e a malva ten múltiples propiedades medicinais.

Aceda, Rumex cf. acetosa; muruxas de terra, Stellaria cf. media; e herbas da familia das gramíneas.

Entre outras acedas, Rumex cf. acetosa e couselos, Umbilicus rupestris

Malva común, Malva vulgaris, en floración, as flores tamén son comestibles.

Pola Noria comezamos a ver uns formidables freixos, Fraxinus angustifolia; un dos moitos xeranios silvestres ou herba se San Roberto, Geranium cf. pyrenaicum; o oleandro, a adelfa, Nerium oleander, é un arbustiño velenoso, mortal por inxestión, moi frecuente en xardinería; vese un intenso desbroce do sotobosque de ribeira, deixando só os amieiros, Alnus glutinosa; o camiño está abeirado de escambróns, Crataegus cf. monogyna, que serán algunha variedade ornamental; non podían faltar as verzas galegas, Brassica oleracea var. acephala; do outro lado do río vense subespontáneas unhas falsas acacias, Robinia pseudoacacia; tamén loureiro, Laurus nobilis; varias especies de salgueiros, e entre elas a salgueira branca, Salix alba; co desbroce levaron por diante a importante vexetación acuática coma as espadanas, Typha latifolia, comestible; uns pradairos, Acer pseudoplatanus, con moita semente de dispersión polo vento por sámaras que se moven de forma helicoidal; de seguro que un híbrido de choupo negro, Populus x (?), no Bosque do Pracer atópanse exemplares coa xenética pura de Populus nigra; bambú, Bambusoideae; chapizo, callaleite, amor do hortelán, Galium sp., por certo, tamén é comestible; unha figueira, Ficus carica; outro salgueiro, Salix sp., varias epsecies e hibridan entre elas; e unha mimoseira, Acacia dealbata, que aquí hai certo equilibrio e compórtase coma unha árbore máis e non se covirte en invasora.

Freixo, Fraxinus angustifolia, había os freixos e as freixas, Fraxinus excelsior, ou viceversa, non se sabe ben, o feminino en galego adóitase usar para reflectir un maior tamaño, mais non só, tamén unha maior notoriedade, importancia ou relevancia, é exemplo, o carballo e a carballa, o carballo e a árbore en si mesma e a carballa é unha árbore destacada, moi vella ou cun sentimento afectivo de pertenza á comunidade, seguro coñeceredes A Carballa da Rocha, de Vilar de Santos, declarada e protexida como Árbore Senlleira

Geranium cf. pyrenaicum, os froitos ábrense e viran en sentido helicoidal

Oleander, Adelfa, Nerium oleander, velenosa

Intenso desbroce do sotobosque de ribeira

Escambróns, Crataegus monogyna

Verza galega, Brassica oleracea var. acephala

Falsas acacias, Robinia pseudoacacia, ornamental, subespontánea, invasora, melífera, flores comestibles

O verde é loureiro, Laurus nobilis, especie relicto de climas subtropicais, propia da laurisilva prehistorica, condimentaria e medicinal, tamén se usaba en fumarzas tradicionais para desinfectar as cortes de gando xunto co romeu, Rosmarius officinalis, e outras plantas aromáticas, tamén propiedades máxicas como fumarzas en cruzamentos de camiños con diferentes finalidades, ou queimalo, bendecido no domingo de Ramos, para afastar, que rematen ou minimizar o efecto prexudicial dos lóstregos e das treboadas

Salgueira branca, Salix cf. alba, as gallas flexibles dos salgueiros poden usarse en cestaría, aínda que a mellor especie é a bimbieira, Salix viminalis, tamén son medicinais, lémbrese o ácido acetil salicílico, de salix

O que queda das espadanas, Typha latifolia

Pradairo, Acer pseudoplatanus, con moita semente

Choupo híbrido, Populus x (?)

Bambú, Bambusoideae, diversos usos, pode ser infestante

Chapizo, callaleite, amor do hortelán, Galium sp., comestible, é a inspiración do velcro, adírese á roupa

A invasora Phytolaca americana, servía tamén pra tinxir

Figueira, Ficus carica, froitos comestibles, látex contra as verrugas, propiedades máxicas de adiviñación escrivindo nas follas, e outros usos, a súa sombra dicían que era prexudicial.

Salgueiro, Salix sp., xa de idade

Un dos poucos hórreos da bisbarra, aquí eran sustituídos polos corredores para secar o millo

Acedas, Rumex acetosa, comestible, con todas estas follas daban para un bo caldo

Mimoseira, Acacia dealbata, en floración, aquí compórtase coma unha simple árbore máis, e a pontella é a que reenpraza á antiga Ponte do Melo

A continuar crúzouse a Ponte do Melo onde vimos varias plantas de xardín pola proximidade ás casas, isto reflicte que os veciños tamén colaboran no aumento da biodiversidade aínda que sexa con especies ornamentais.

Eucalipto, Eucaliptus globulus, especie invasora, tamén é tóxica e medicinal, é exemplo coma balsámica. Falar de eucaliptos é falar de máis de 700 especies, entre as que se atopan ata as anxiospermas máis altas do planeta (Eucaliptus regnans), competindo en altura mesmo coas coníferas (Sequoia sempervires, Pseudotsuga menziesii, a Eucaliptus regnans ocuparía o terceiro posto mundial e mesmo anteiror á Sequoiadendron giganteum e á Picea sitchensis, como vedes entre as cinco primeiras todas as outras son coníferas -ximnospermas-), e despoixa hai outras especies nobres coma o Eucaliptus deglupta, o eucalipto arco da vella, rainbow eucaliptus, considerada unha das árbores máis fermosas do mundo, do que se pon a continuar unha fotografía baixada da net para que vexades a súa beleza

Rainbow eucaliptus, Eucaliptus regnans
Imaxe de internet

Este muro semella o arranque dunha ponte (?)

Lamium purpureum, epecie comestible

Arum italicum, tóxico e medicinal, algunhas especies desta familia úsanse como platas ornamentais de interior

Marmeleiro do Xapón, Chaenomeles japonica, ornamental, froito comestible

Lirios, Iris sp., seguro que son variedades de xardinería aínda que tamén as hai silvestres, tamén había Narcisos, Narcissus sp., igual, variedades de xardinería e outras silvestres

Nerium oleander, velenosa

Figueira chumba, Opuntia ficus-indica, no val semella cultivo de antigo, esta cactácea é nativa da América

Cedro, Cedrus sp., non se sabe se o do Atlas, o do Líbano, o de Chipre, ou o do Himalaia

Sabugueiro, Sambucus nigra, froitos comestibles trala cocción, en marmeladas, propiedades medicinais, outros usos, ata gaitas de fol rudimentarias, por exemplo

Solanum pseudocapsicum, ata non se sabe ben se en castellano lle chaman vulgarmente pinreles, áchase, ser é nativa da Sudamérica, ornamental, tóxica


Agave sp., hai varias especies americanas, ornamentais, partes comestibles, dalgunhas faise tequila

Camelio, Camelia sp, ornamental, dunha especie de camelio procede o chá, té

Sustitución das veigas comunais por espazos de ocio

Piñeiro, Pinus pinaster, xa ten o seu tempo, propiedades: partes comestibles, infusións, augarrás, outros usos

Ao non haber bosque ripícola a xente depósita de lixo por falta de respecto aos ríos, os vertedoiros da humanidade

Continuouse pola Veiga e Ponte de Pazos.

Árbore do ceo, Ailanthus altissima, especie invasora, tolera solos altamente degradados e contaminados, ten propiedades medicinais por vía externa xa que é purgante, alén doutros usos coma tinxir de cor amarela

A dinámica do río tende a ir de fronte

Toro de Choupo negro híbrido, Populus x (?), o algodón que soltan non é o pole, nel van as súas sementes para seren transportadas polo vento, non teño notado alerxias con este algodón, si que arde con moita facilidade, moitas veces trónzanse sen motivo cocnreto

Viramos e comentaramos tamén a lingua de ovella, Plantago lanceolata, e outra do mesmo xenero, P. major, ambas con propiedades semellantes, e logo outras deste xenero coma a diabella, Plantago cf. coronopus, esta última úsase para gargarexos, as anteriores son comestibles e medicinais, cunha folla de P. lanceolata fixeramos un embrullo que ao extender ficaban uns cortiños abrollando zugue, bon, pois este zugue é antiséptico e xunto con esta folla lanceolada serve a modo de apósito para feridas pequenas, tamén se recolle para darlles de comer aos coellos.

Lingua de ovella, Plantago lanceolata

Herba dos mendigos ou herba das chagas, Clematis vitalba, usábana os mendigos para facérense feridas na pel

Clematis vitalba

Hedras, Hedera helix, planta leñosa agatuñante e gabeadora que chegan hospedar árbores ata asemellarse a estas, están en equilibrio con elas, froitos comestibles polas aves, tóxica para os seres humanos, tradicionalmente fanse asubiar as follas para tocar ata unha muiñéira

Té bravo, Cha do México, Dysphania ambrosioides, antes Chenopodium, procedente do México, meidcinal e como infusión só polo sabor, aquí está seca e non verde pola época do ano

Composta en frutificación, é unha familia moi extensa e complicada

Herba xaboeira, Saponari cf. officinalis, usábase antes para facer xabón

Cangorza, Vinca cf. pervinca, usábana en determinadas festividades relixiosas para pórenlle á Virxe

Carrapitos, Arctium lappa, as sementes son os coñecidos carrapitos que se adhiren á roupa, planta comestible, esta non o é pola coración de inverno e posúen entón ácidos tóxicos

Loureiro, Laurus nobilis, subespontáneo

Silveira, Rubus sp., existen varias especies, todas eles comestibles: follas, talos frescos e froitos, as amoras, tamén é medicinal, follas frescas secas para arresfriados por exemplo, e son un moi bo refuxio e lugar de cría para a fauna

Varias especies de arbustos espiñentos, típicos de zonas mediterráneas, aquí vense polo menos catro: silva garbanceira, Rosa sp.; escambrón, Crategus monogyna; abruñeiro, Prunus spinosus; silveira, Rubus sp.

Gabeadora de grande porte, leñosa e case arbórea, o que reflicte a boa saúde do lugar, áchase ser a madresilva, Lonicera cf. periclymenum

Antigos lagoeiros e canle antigo do propio río

Lagoeiro aínda con auga, e tede conta que estamos en época con moi poucas precipitacions

Madresilva ou chuchameles, Lonicera periclymenum

Leitarega, Euphorbia cf. amigdaloides, logo hai outras deste mesmo xénero coma E. dulcis, seica din se usaba para coallar o leite, ser son tóxicas

Choupeira de silvicultura con especies de choupo negro híbridos, Populus x (?)

Estraloques, Digitalis purpurea, con infinidade de nomes, a planta está  seca, difire moito o seu aspecto dependendo da época do ano, tóxica e medicinal, tamén é un brinquedo para nenos ao estoupalos, é unha das herbas máxicas do San Xoán

Variedade arbórea: Cerdeiras, Prunus avium; amieiros, Alnus glutinosa; salgueiros, Salix spp., freixos, Fraxinus spp.; e a saber cantas especies de árbores máis

Xilbarbeira, rascacús, mezquita, Ruscus aculeatus, para arranxos florais, enfeitar as casas no Natal, os froitos vermellos dicían ser comestibles mais non se probou e non se aconsella

Hedra, Hedera helyx, gabeando polo toro dun freixo, fixádevos no seu impresionante agarre, dalgunha maneira beneficia o bosque e seguro que á propia árbore, se callar aportándolle nutrintes, librando de doenzas ou esparexendo as sementes, a saber

Sabugueiro, Sambucus nigra, este non se comporta como tal mais nesta zona hai exempñlares que asemellánse a plantas rubideiras para tentaren acadar mellor a luz, é unha planta máxica de protección, os froitos son comestibles tras cocérense e é medicinal, por exemplo as flores como sudorífica ou só polo sabor, tamén coestas flores metidas en auga fresca faise unha especie de gasosa referscante digamos, coas súas gallas ocas fasne ata gaitas: as gaitas de sabugueiro con fol e todo

Estas follas son dunha planta da familia das umbelíferas, a herba do oso, Heracleum sphondyolium, pode ser comestible os abrollos tenros mais logo ten un zume irritante aínda que tamén é medicinal, non se lle atopou nome vernáculo na rexión

Outra umbelífera, esta de sobra coñecida, é o fiuncho ou fiollo, Foeniculum vulgare, aquí está seco, é comestible, aromático e medicinal, para combater os gases estomacais por exemplo, é outra das herbas máxicas do San Xoán

Aquí semella haber lentella de auga, Lemna minor, unha planta acuática comestible

Aquí vense as follas do prataneiro, seguramente que Platanus x hispanica, naturalizado, subestáneo neste lugar

E como non, as estrugas, ortigas, neste caso é a Urtica urens e non a máis común U. dioica, ambas son excelentes comestibles (nun principio ten sabor como a cogonbro), medicinais e outros usos, ata se poden facer tecidos cos seus talos

Lamium maculatum, ten varios nomes: ortigóns, ortiga mansa, chupóns, maravallo, herba do mel, cabrinfolla, amileiras, etc., ten formas moi variaadas, ser é comestible e medicinal

Esta plantiña son os amorodos, Fragaria vesca, de sobra coñecidos, comestible, follas e froitos moi aprezados

Despoixa continúase pola beira do río a sur de Pazos e camiño do Pracer.

O grupo observando nada menos que o escaso e restrito peto pequeno, Dendrocopos minor, unha raridade ornitolóxica, nesta zona aparecen as distintas variedade de pícidos presentes na rexión, o peto verdello, Picus sharpei; o picapau grande, Dendrocopos major; este picapau pequeno, Dendrocops minor; o peto formigueiro, Jynx torquilla; e en tempos ata houbo o peto negro, Dryocopus martius, isto foi xenial, a saber se aínda houbese algún exemplar, haber non hai ningún rexistro recente polo que se da como extinto na rexión

Picapau pequeno, Dendrocopos minor
Fotografía de Marco Fachada

Desbroce intenso nas beiras do río afectando negativamente ao sotobosque de ribeira e ao ecosistema ripícola
Fotografía de Gloria Sánchez

Brasicácea, con só catro pétalas, da familia das verzas e nabos, comestible

Río Támega por baixo da Presa do Pracer

Muruxas de terra, Stellaria cf. media, non confundir coas muruxas de auga, Montia fontana, ambas son comestibles

Veronica sp.

Herba das almorrás, Ranunculus ficaria, medicinal, tóxica, as flores reacciónan moi rápido ás condicións lumínicas

Unha lavandeira cincenta, Motacilla cinerea, esta anda só por cursos de auga de boa calidade, non é a máis abondosa lavandeira branca, Motacilla alba, e faltounos por ver o merlo rieiro, Cinclus cinclus, con presenza nesta zona
Fotografía de Marco Fachada

Fenta do xénero Dryopteris, o que non era fento era fenta

Aquí non se aprecia ben mais a especie dese fento que está seco é o fento real ou dentabrú, Osmunda regalis

Este é o máis coñecido fento do monte, Pteridium aquilinum, unha especie prehistórica, os rizomas son de longa vida (séculos e ata milenios) e en ocasións colonizan unhas áreas tan extensas que chegan a ser dos maiores seres vivos que posuímos na bisbarra e noutras, tamén ten propiedade como comestible (rizomas e talos tenros) e outras crenzas e costumes tradicionais, alén de ser bo para facer estrume

Por uns intres fíxose unha parada nun meandro do río para ouvir a explicación da posible orixe do nome de Pracer, nada menos que un pracer aurífero, é dicir, unha posible explotación na antigüidade de ouro e outros metais, e logo vimos materializado o que se denomina 'antropoceno', que consiste en aportes e sedimentación no río de materiais elaborados polo ser humano: blocos, tixolos, e demais entullos, impartida e grazas a José Ramón Seara.


Este é a figueira do Demo, Datura stramonium, perigosísima, ten propiedades psicotrópicas que din actúa con moita violencia e negatividade, e ata en pequenas doses xa é mortal, poidese ser unha das herbas das mal chamadas bruxas para crear a ilusión do voo, a estas mulleres perseguidas debería de chamárselles mellor como meigas, ou curandeiras, ou mulleres medicina, ser eran as coñecedoras dos nomes e das proiedades das plantas que hoxe case que xa se perdeu parte desta sabedoría ancestral, de facto persoalmente só se ouvíu falar de dous casos de bruxa con connotacións negativas e non tanto, nun caso dicían que se untaban no cacho, isto era untarse nas súas partes xenitais con estas plantas de poder disoltas en graxa de raposo, e no outro caso eran unhas bruxas de Verín que dicían ían voando polas noites ata Chaves (nin moita negatividade hai, ou ningunha), tódolos outros casos, e son moitos, eran mulleres sabias e hoxe xa desaparecidas por desgraza e que nos casos atopados non transmitiron o seus amplos coñecementos ás netas xa que adoitaban saltar unha xeración

Saíndo do meandro

Continúase polo carroucho vendo plantas e detectanco aves.

Bosque ripícola en galería, sabiades que é un dos ecosistemas que falta na rede estatal de Parques Nacionais?

Aquí vemos a planta seca Lunaria annua, utilizada para facer arranxos florais en seco, tamén sería comestible por se unha brasicácea mais o sabor seica non é agradable

Ata se poido ver un exemplar de Lunaria annua en floración

Lixo que aparceu aí no medio do bosque, debeu ser traído pola corrente, mais había quen dicía que se poidese haber caído daquelas da estación espacial MIR por estar no medio de ningún lugar

A continuar fíxose unha parada na ponte da estrada que cruza o bosque do Pracer, e dicíase: "nestes momentos nós non estamos cruzando a estrada, é a estrada a que está curzando o bosque". Ben, José Ramón Seara deunos uns outros apuntamentos de xeoloxía sobre a formación do val; a superficie de arrasamento primixenia de Galicia, as faias e cabalgamentos tectónicos que cruzan o val sur-norte e leste-oeste que dan lugar ás augas minerais e termais inlcuída a zona de Chaves, Vidago, Pedras Salgadas, ata Régua; e falou da radiación e outras curiosidades como reservas estratéxicas de auga potable, predición de seísmos polas augas termais, e máis.

Por certo, de moita importancia, esta estrada do Bosque do Pracer e de acceso ao polígono do Toxal de Pazos debería de contar con medidas correctoras de minimización de impactos e atropelos de fauna, lembremos que é a estrada a que cruza o bosque e non os animais os que cruzan a estrada, son exemplos a colocación de sebes vexetais contínuas nas beiras para que os paxaros gañen altura e non colidir cos vehículos, ou a non implantación de farolas que alteran os fotoperíodos das especies, ou a colocación de cartaces moi visibles en ámbolos dous sentidos con obrigación de redución de velocidade e advertencia de paso de fauna silvestre e que se entra nun espazo natural protexido.

Aquí un breve vídeo de parte da explicación:


Ouvindo ao José Ramón Seara

Cegoña, Ciconia ciconia, en voo
Fotografía de Nancy Blanco

Xa que estamos con nomes científicos estes son Equus ferus caballus
Fotografía de Nancy Blanco

Freixos, Fraxinus angustifolia, tamén hai as Freixas, Fraxinus excelsior, e falouse da enorme importancia e equilibrio ecolóxico da asociación silvopastoril tradicional de pasteiros e freixos. Marco Fachada dixo de que é unha asociación moi frecuente no Nordeste Transmontano e que as follas dos freixos dábanllas de comer ás ovellas, e logo aproveitamento de madeira decotando os freixos, e os freixos danlle sobra e polo tanto humidade aos pasteiros, é de extrema intelixencia dunha paisaxe antropizada tradicional en positivo para o ser humano e para o medio

Non se puido chegar ata a Casa e Muíño do Pracer con escudo heráldico, dicíase que este brasón estivese ligado a familias próximas á Inquisición mais non é así, din ser un erro reproducido no tempo. Dende fai varias xeracións a propiedade pertence á familia dos Moreno, mais foi antes propiedade do Mosteiro de San Salvador de Celanova, titular dun priorado na vila de Pazos, e adicada dende o medievo á moenda de cereais e percibindo a correspondente maquía (A Historia de Verín en 100 Obxectos. Alberte Reboreda e Nieves Amado. Concello de Verín. 2019). A continuar póñense unhas fotografías para que os vexades.

Esta é a Casa e o Muíño do Pracer:

A porta da esquerda é a do muíño e a da dereita é a da casa co escudo do Monsteiro de Celanova enriba, pódese apreciar ben as distintas etapsa construtivas de ambalas dúas construcións, a da esquerda xa se ve máis recente
Fotografía de Gloria Sánchez


Interior do Muíño do Pracer

Saída do inferno do muíño

Hedra, Hedera helix, cubrindo por completo unhas escaleiras

Interior da Casa do Muíño do Pracer

Interior da Casa do Muíño do Pracer

Xunta dos Ríos, río Támega e río Búbal

Río Támega polo Bosque do Pracer, A Namarella

A Ramona, río Búbal

Tampouco se deu chegado á Namarella, a Redomadre, á Xunta dos Ríos, ou á Ramona xa no río Búbal, ou mesmo á Veiga d'Arriba de Vilaza e outras zonas húmidas a preservar e case desaparecidas, con cría de sapo de esporóns, Pelobates cultripes (o anfibio máis ameazado de Galicia), queda pendente para outra, quedounos case que o mellor, aínda que o visitado tampouco desmerece.

Faltaron por vérense moitas especies de árbores, e de plantas, coma o choupo tremedor, Populus tremula; os bidueiros, bidros, Betula celtiberica; os dióspiros naturalizados, Diospyros kaki; outras subbespontáneas coma Acer negundo; e moitas outras especies de árbores; logo moitísimas especies de plantas, para isto habería que vir na primavera.

E de fauna igual, vir en primavera e sacar varias especies de insectos, bolboretas nocturnas e diúrnas, libeliñas e gaiteiros, escarabellos coma os escornabois, Lucanus cervus, ou Dorcus parellelipedus, etc.; mamíferos como a lontra, Lutra lutra, ou o tourón, Mustela putorius, ou o tanxugo, Meles meles, ou as corzas, Capreolus capreolus, ou os morcegos das ribeiras, Myotis daubentonii, etc.; e aves forestais e ripícolas, e outras restritas para o caloroso val coma o cardeal, Pyrrula pyrrula, ou mesmo a cría de paporroibo, Erithacus rubecula, abondoso en inverno mais escaso en época de cría pola termicidade; mesmo anfibios e réptiles restritos para o val, por ser unha zona fresca, coma a lagartixa galega, Podarcis bocagei, que no val térmico só aparece en puntos con condicións axeitadas de relativa humidade e que é máis abondosa por exemplo no val de Laza; ou o lagarto das silveiras, Lacert Schreiberi, que aquí debería de chamarse coma en portugués: lagarto d'àgua; ou os sapoconchos europeu, Emys orbicularis, e o riscado, Mauremys leprosa; tamén as píntegas, salamancas, Salamandra salamandra, o sapo cunqueiro, Bufo spinosus; e moitísimos animais maís...

Pola tarde convidouse a seguir de rota a quen quixera, e de maneira fóra xa do evento, polas lagoas e río Támega a sur de Verín, polo Açude do Tâmega, campos de cultivo de Vila-Verde-da-Raia e lugar de enorme invernada de aves, e para rematar a xornada polas lagoas da Veiga de Chaves, isto só un primeiro tento para facer unha saída máis completa en breve. E isto foi o que se víu:

Lagoa das Fenteiras, Oímbra

Veiga de Mourazos co Montemaior ao fundo
Fotografía de Ave Segura

Poldras e veigas de Mourazos, faltaron por verse a baira e presa de Queizás, as lagoas do Muíño do San Pedro, a lagoa das Fenteiras de Oímbra, a lagoa de Tamagos, as lagoas da Baira Vella de Mourazos, as lagoas de Penelas e do Carpacedo de Oímbra, a lagoa e veigas da Telleira de San Cibrao e Vilarelho-da-Raia, as lagoas e veigas de Tamaguelos, as lagoas e río de enorme interese en libeliñas de Rabal, a lagoa de Vilarinho-da-Raia, e outras moitas cousas como as augas minerais e antigo balneario do Muíño de Rabal, a campina entre Mandín e Feces de Abaixo, e outros muíños e curiosidades...
Fotografía de Gloria Sánchez


Fotografía de Ave Segura

Fotografía de Ave Segura

Açude do Tâmega em Vila-Verde-da-Raia
Fotografía de Marco Fachada

Fotografía de Ave Segura

Fotografía de Ave Segura

Esta árbore da direita con folhas castanhas é um carvalho americano, Quercus cf. humilis
Fotografía de Ave Segura

Lontra, Lutra lutra, por baixo do açude
Fotografía de Marco Fachada

Garça real, Ardea cinerea, no mesmo açude
Fotografia de Marco Fachada

Vídeos gravados por Marco Fachada:



E despois de facer un alto para ver os terreos de cultivo, con grande cantidade de aves invernantes e alto valor ecolóxico, da veiga de Vila-Verde-da-Raia, continuouse a dar coas lagoas da Veiga de Chaves onde se observou entre outras especies de aves o mergullón cristado, Podiceps cristatus; a garza branca grande, Egreta alba; a garza branca pequena, Egretta garzetta; ou se escoitou ao areeiro ou píllara areeira, Charadrius dubius.

A Lagoa Grande da Veiga de Chaves
Fotografía de Ave Segura

Fotografía de Ave Segura

Os participantes do percurso pelo caminho da Veiga de Chaves ao lado das lagoas

E o Pôr-do-Sol pola Veiga de Chaves
Fotografía de Ave Segura

Unha das lagoas do río Tâmega ao solpor
Fotografía de Gloria Sánchez

Por último vanse poñer as especies de aves e outra fauna que se detectaron.

Un amigo afeccionado á pesca deportiva foi atento á observación de fauna piscícola e non víu nin un só exemplar de ningunha especie de peixe, case semella incrible, é para meditarse isto.

Logo un vídeo que nos pasou Xosé Afonso Pérez duns xabalís, Sus scrofa, cruzando o río Támega pola mesma Ponte do Melo:


E unha corza, Capreolus capreolus, que nos envía Nancy Blanco, non será deste día mais no Pracer vense ao ser un moi bo refuxio de fauna:

Corza, Capreolus capreolus, macho
Fotografía de Nancy Blanco

E a continuar ponse a lista de aves observadas e ouvidas por Marco Fachada:

O Pracer:

Corvo mariño grande, Phalacrocorax carbo, chegaron a verse ata 5 exemplares xuntos en voo.
Garza real, Ardea cinerea, varios exemplares
Cegoña branca, Cincoia ciconia, polo menos 2-3 parellas
Lavanco, pato-reial, Anas platyrhynchos, varios machos e femias
Buxato, águia-de-assa-redonda, Buteo buteo, unha parella ata chiando por riba nosa durante a charla de xeoloxía no meandro do Pracer
Pombo bravo, Columba palumbus, varios exemplares
Peto pequeno, pica-pau-malhado-galego, Dendrocopos minor, un exemplar con observación a curta distancia
Lavandeira branca, lavandisca-branca, Motacilla alba
Lavandeira cincenta, lavandisca-cincenta, Motacilla cinerea, varias polo río
Paporroibo, pisco-de-peito-ruivo, Erithacus rubeculam, varios, vistos e ouvidos
Merla, Melro preto, Turdus merula, varios exemplares
Rousinol bravo, Cettia cetti, escoitados varios exemplares
Cirifolla, Felosa comum, Phylloscopus collybita
Ferreiriño, chapim real, Parus major
Pega, pega-rabuda, Pica pica
Corvelo, gralha preta, Corvus corone, un exemplar grallando a carón nosa na charla de xeoloxía no meandro do río no Pracer
Tornillo, estorninho preto, Sturnus unicolor
Pardais, Passer domesticus, varios exemplares machos e femias
Pimpíns, chincos, tentilhoes, Fringilla coelebs
Pimpín do norte, tentilhao montês, Fringilla montifringilla, especie invernante
Úbalo, lugre, Spinus spinus

Açude de Vila-Verde-da-Raia:

Garça-real, Ardea cinerea
Lavandisca-cinzenta, lavandeira cincenta, Motancilla cinerea
Maçarico-das-rochas, Actitis hypoleucos
Pica-peixe, Alcedo atthis
Pisco-de-peito-ruivo, paporroibo, Erithacus rubecula

Lagoas do Tâmega da Veiga de Chaves:

Gaça-real, Ardea cinerea
Garça-branca-pequena, Egretta garceta
Garça-branca-grande, Egretta alba
Pica-peixe, Alcedo atthis
Pica-pau-malhado-grande, Dendrocopos major
Corvo-marinho-grande, Phalacrocorax carbo
Mergulhao-de-crista, mergullón cristado, Podiceps cristatus
Tordo-músico, Turdus philomelos
Chapim-rabilongo, ferreiriño rabilongo, Aegithalos caudatus
Borrelho-pequeno-de-coleira, areeiro, píllara areeira, Charadrius dubius

Caderno de campo de Marco Fachada

Algunhas das fotografías son collidas de varios participantes, pídense desculpas por non poñer algúns dos nomes dos autores das imaxes, tamén enviaron fotografías Manuel Campos, José Ramón Seara, e algunhas outras, ao ser tantos os participantes ata non se sabe a quen pertence cada unha delas, grazas e desculpai por iso.

Se vedes algún erro ou imprecisión ou algo que engadir (especies detectadas, autores das fotografías, ou outras) pódese dicir a vontade e corríxese.

E agradécese este evento aos organizadores: Ecoloxitas en Acción Ourense e Amigas das Cegoñas, e á Oficina de Turismo Chaves-Verín por asistir e repartir información das rotas ornitolóxicas da eurocidade, e á Pepa de Videferre polos apuntamentos sobre flora, e ao Claudio de Videferre polos apuntamentos sobre paxaros e outros, e ao José Ramón Seara polas explicacións sobre xeoloxía, e ao Marco Fachada polas observacións de paxaros e fotografías e comentarios sobre especies arbóreas e por guiar pola Veiga de Chaves, e a todos os participantes e interesados, foi todo un pracer contar convosco.

Faranse máis outras rotas guiadas en breve para coñecer algo mellor a rexión do Alto Támega galego-portugués e outros lugares de interese coma os seguintes: continuidade desta rota do Pracer e Xunta dos Ríos; Lameiros e turfeira no nacente do río Támega, a Fonte da Támega, nacente do río Limia, e a vertente para o río Arnoia; Lagoas do Támega e Veiga de Chaves, en especial a observación de aves, hérpetos e odonatos, e co tempo poidese ser un posible futuro parque natural transfronteirizo: o Alto-Tâmega galego-português; superficie de arrasamento, Lama da Veiga, As Fragas da Santa Marinha, e arredores do Centro do Mundo, e dicir, Videferre; a Serra do Brunheiro, flora e fauna transmontana; a flora e fauna de montaña na Serra de San Mamede e Fial das Corzas, e por correr serio risco de desaparición pola montaxe de xeradores eólicos e infraestruturas; o cimo da montaña sagrada, paraíso céltico e deus do Larouco; o canón do río Mente como zona máis mediterránea de Galicia, en especial a flora e o bosque mediterráneo galego-transmontano, e soliciar a súa protección, en Portugal xa forma parte do Parque Natural de Montesinho; Pozo do Demo e castelo de Cabreira por correren risco de actuacións indebidas e ser un espectacular santuario natural; Lobarzán, con ocupación humana dende a prehistoria e inmensa riqueza florística; Pena Boeira, lobo e máis; Canóns do Búbal por Requeixo e Castro do Muro de Búbal; Lama e Castro da Saceda; e outros que se vaian vendo, tamén podedes dicir de por onde queredes coñecer e alá se vai, toda a rexión é de enorme interese natural, paisaxístico, antropolóxico, etc.


Un saúdo e até á próxima. Grazas, obrigado.