domingo, 20 de outubro de 2019

Nomes vernáculos para as Fedegosas

REVISADO E AMPLIADO
3 DE NOVEMBRO DO 2019

A continuar vanse poñer os resultados dunha pescuda que se fixo a través do Facebook en varios grupos da bisbarra de Monterrei e limítrofes onde se pedía o nome dado aos insectos hemípteros (chinches) da familia dos pentatómidos (fedegosas), estes foron os nomes e os lugares onde se recolleron:


Bicho do Demo: En Laza.
Bruxo: En Cabreiroá, concello de Verín.
Cacafé: En Nocedo do Val, concello de Castrelo do Val.
Cacafede: En Castrelo do Val, Nocedo do Val, concello de Castrelo do Val. En Arculcelos, Cimadevila, Laza, Matamá, Retorta, Souteliño, do concello de Laza. En Verín.
Cachafedes: En Viladerrei, concello de Trasmiras.
Caquifede: En Trez, concello de Laza.
Catafede: En Cualedro e zona de Trasmiras.
Chinche: en Verín.
Chinche apestosa: En Verín, nome que viría doutro lugar.
Chinche dos olmos: En Espiño, concello de Oímbra.
Chinche fedegosa: En Verín.
Chinche verde: En San Cibrao, concello de Oímbra, nome que viría doutro lugar.
Fedecha ou Fedechosa: Na Madanela, concello de Monterrei.
Fede fede: En Verín.
Fedeghosa: En San Cibrao, concello de Oímbra. En Arzádegos, Lamardeite, Soutocobo, concello de Vilardevós.
Fedegosa: Na Gudiña, Barxa, O Tameirón, San Lourenzo, concello da Gudiña. En Campobecerros, Gondulfes, Piornedo, concello de Castrelo do Val. En Camba, Laza, concello de Laza. En Estevesiños, Mixós, Vences, concello de Monterrei. En Castrelo de Abaixo, Navallo, Pena do Souto, concello do Riós. En Berrande, Rexoxende, Terroso, Vilardecervos, concello de Vilardevós. En Veigas de Camba, Concello de vilariño de Conso. En Queirugás, Verín, concello de Verín.
Fedello: En Mourazos, concello de Verín.
Fedorenta: En Cortegada, concello do Riós.
Fedumento: En Carraxo, concello de Laza.
Feduncho: En Videferre, concello de Oímbra.
Folla de figueira: En Verín.
Noxento: En Carraxo, concello de Laza.
Zapateiro: En Verín.

Tamén se fixo a pescuda por toda Galicia en varios grupos de Facebook, e estes foron os nomes que se recolleron e en que lugar:

Aceiteiro: No Ribeiro.
Becho corocho: En Entrimo.
Bicho da envidia: En Vilanova de Arousa.
Bicho da madeira: En Trives.
Bicho frade: Sen precisarse lugar.
Cagafede: En Bouteiro, Sagra, O Carballiño.
Carricanta: No sur de Ferrolterra.
Cascuda: En Paradela, A Estrada.
Cascudo: En Andrade. Na Terra Chá.
Caspeto: En Coirós, A Coruña.
Catafede: En Orraca, Allariz. En Padrenda. En Quintela de Leirado.
Catafel: Na Arnoia. Na Baixa Limia. Na Cañiza. En Castrelo de Miño. En Celanova. En Cortegada de Baños, Ourense. En Crecente. En Francelos, Ribadavia. En Gomesende. Na zona de Ourense. En Ramirás, Celanova. En Ribadavia. Na zona do Ribeiro. En Trasportela, concello de Gomesende, Ourense.
Cenifre: En Ourense.
Cetonia: En Sanxenxo.
Cheirenta: No Pino. En Sanxenxo.
Cheirento: En Ribeira.
Cheirona: En Valdeorras. No Val de Vea, A Estrada.
Cheirosa: En Valdeorras.
Chincha: Sen precisarse lugar.
Chincha fedegosa ou Chincha fedenta: Por Xinzo da Limia.
Chinche: En Carril, Vilagarcía de Arousa. En Cee. En Santiago de Compostela. En Tomiño. En Trasancos, Ferrol. En Vigo. No concello de Vilar de Barrio. En Xinxo de Limia.
Chinche brava: Pontesampaio, Pontevedra.
Chinche caga-peidos: en Oleiros.
Chinche grande: Sen precisarse lugar.
Chinche verde: Sen precisarse o lugar. Na Coruña. En Taragoña.
Cotofel: En Coles.
Escudo: No Morrazo.
Fada fede: Nos Ancares.
Fedechosa: En Santiago de Compostela.
Fedechoso: San Amaro, Ourense.
Fedegosa: En Santigoso, concello da Mezquita. En Vilariño de Conso.
Fedencho: Sen precisarse o lugar.
Fedento: En Ourense. No Val do Dubra.
Fedento ou Fedello: San Miguel do Campo, Nogueira de Ramuín.
Fedefede: En Celanova. No Ribeiro. En Trasmiras.
Fedorento: En Bueu. En Coles, Ourense.
Feduncho: En Cardosteo e Viñoás, concello de Nogueira de Ramuín.
Fudigosa: En Roblido, A Rúa.
Frade: En Muras.
Galfarda: Concello de Toén.
Gheneroso: En Malpica.
Matafedes: En Cartelle.
Pedro fel: Sen precisarse lugar. En Allariz. No Ribeiro.
Percebella: Sen precisarse lugar.
Perifede: Nos arredores de Ourense.
Pestosa: Sen precisarse o lugar.
Pirufede: En Parada de Sil.
Porfede: No Ribeiro, Beade.
Pura fede: Na parroquia de Melias, Pereiro de Aguiar.
Sapateiro: en Gres, Vila de Cruces e a zona da Ulla.
Sardiñeira: En Astureses, Boborás.
Sardiñeiro: En Bouteiro, Sagra, O Carballiño.
Teresa: No Baixo Miño.
Zapateira: Sen precisarse o lugar. En Lalín.
Zapateiro: En Armenteira, Meis. No Barbanza. En Carballo, Bergantiños. En Catoira. En Cotobade. No Covelo. Na comarca do Deza. En Lobios. En Mondariz. En Mos. En Noia. No Salnés. En Ponteareas. En Quiroga. En Salceda de Caselas. En Salvaterra de Miño. En Taboadela. en Trabazo de Pontevedra. En Trives. No Val de Vea, A Estrada. No Val do Tines, concello de Outes. En Vigo.
Zapatero: En Larouco, estaba castelanizado.
Zorronca: En Ourense.

E máis outra pescuda a través de grupos de Facebook de España:

Bernat pudent: En Barcelona. Na Catalunya. En Girona.
Bicho de la peste: En Bollullos del Condado, Huelva.
Chichiparra: En Candeleda, Ávila.
Chinche: En Sotillo, Vime, Sanabria, Zamora.
Chinche hedionda: Sen precisarse o lugar. En Alcalá de Henares, Madrid.
Chinche meona: Na Arxentina.
Chinche olorosa: En Navalmoral de la Mata, Cáceres.
Chinche pedorra: Na Arxentina e México.
Chinche pudenta: En Valencia.
Chinche verde: En Barcelona. En Córdoba. En León.
Escarabajo pestiso: Sen precisarse o lugar.
Galapatillo: En Monzón, Huesca.
Galapatillón: En Monzón, Huesca.
Garrapatillo: En Perdiguera, Zaragoza.
Juanita meona: Na Arxentina.
Kakalardo: No País Vasco, nome recollido con reservas.
Kakalardu: No País Vasco, nome recollido con reservas.
Pablilla: En Sevilla.
Pestoza: En Huelva.
Pestuzo: En Córdoba.
Pilarica: En Sanabria.
Pudenta: En Alginet, Valencia. En Castelló. En Segorbe, Castellón. En Sevilla. En Valencia.
Zimitz: No País Vasco.

E aquí recóllense os nomes dados en Portugal e publicados en páxina e grupos de Facebook, son os seguintes:

António: Na região do Barroso.
Barata: En Chaves, nome recollido con reservas.
Bicho sapateiro: En Travanca, Amarante.
Carrapato: En Chaves.
Escaravelho: En Chaves. En Coimbra, nome recollido con reservas.
Fedegoso: En Chaves.
Fedelha: En Chaves.
Fedelho: En Chaves. No Minho português ou na Galiza a sul do rio Minho.
Fede-velho: En Guimarães
Fede-vivo e Fede-velha: En Viana do Castelo.
Fedevivo: En Chaves.
Mal cheiroso: En Chaves.
Pedreiro: En Chaves.
Percevejo: En Chaves.
Percevejo fedorento: En Chaves.
Sapateiro: En Chaves.

Azeiteiro
Bicho-forneiro
Bicho-frade
Bicho-rei
Bicho-sapateiro
Cachafede
Carrapato
Doutor-cheiroso
Escachifede
Escudeiro
Fede-fede
Fadega ou Fedega
Fedegosa
Fedelha
Fedelho
Fede-vivo
Fode-velhas
Frade
Percevejo
Percevejo-fedorento
Perfedes
Pessevejo
Salcasco
Sapateiro
Zé-fedes

E outros lugares onde tamén saíron nomes:

Barbeiro: Minas Gerais, região sudeste do Brasil.
Chinche: En sureste de México. En Uruguay.
Cimice: Na Italia.
María fedida: No Brasil. En Londrina, Paraná, Brasil. En São Paulo, Brasil.
María fedidinha: No Brasil.
Percevejo: No Brasil. En Coimbra, Portugal. En Lamego, Portugal. En Rio de Janeiro, Brasil.
Pinacate o Jumil: No México, nome recollido con reservas.
Stinky bug: En USA.

Moitas grazas pola colaboración.

domingo, 13 de outubro de 2019

Máis sobre os nomes dos Dermápteros en Portugal

Nestes días fíxose outra recolla de nomes que designaran aos Dermápteros en todo o país de Portugal no grupo de Facebook "Tras-os-Montes - Um Reino Marabilhoso" e na páxina de Facebook "Descobrir Portugal Natural", isto foi o que se atopou:


Barata
Beira cadela
Bicha cadela
Bicha caldeira
Bicha craveira
Bichaneira
Bicha rata
Bicha tesoura
Bicho papão
Bucha cadela
Cabra loira
Cabra loura
Cadela à beira
Cadela abeira
Cadela beira
Cadela daneira
Cadela de frade
Cadela frada
Cadela raivosa
Caldeirinha
Cão de chão
Carabina ou Carabrina
Carbunha moura
Carroucha
Corta cabelos
Corta cadelas
Corta camisas
Corta dedos
Corta fatos
Corta nariz
Corta narizes
Corta unhas
Escaravunha cega
Escaravunha sega
Formiga truqueza
Gata bichaneira
Pútega
Rapa
Rapadoura
Rapadura
Rapalhão
Rapa tisouras
Rapelho
Rapino
Raspelho
Raspino
Rata da estaquinha
Roioslegumes
Sardinheira
Tenaz
Tesouras
Vaca loira

A anterior entrada sobre os nomes dados na Galiza é a seguinte:

http://verin-natural.blogspot.com/2018/03/dermapteros-na-cultura-popular.html

domingo, 6 de outubro de 2019

Enorme mortaldade de muricegos en Verín

AMPLIADO E ACTUALIZADO
25 DE OUTUBRO DO 2019

Morcego rabudo, Tadarida teniotis

Coméntase por parte de persoal do servizo de limpeza de rúas de Verín que onte se atopara nada menos que corenta muricegos mortos onda a Praza do Carboeiro da vila, alguén lle falou que de ata cincuenta e sete exemplares.

No lugar atopouse un Morcego rabudo, Tadarida teniotis, morto, o da fotografía, mais dos que se falara eran, segundo o informante, doutra clase, os pequenos e máis comúns. Non se puido determinar esa outra especie ao non verse os cadáveres por botárense ao lixo.

Vendo as fotografías publicadas no Diario do Támega o luns 7 de outubro vense uns exemplares que tamén se corresponde coa especie Morcego rabudo, Tadarida teniotis, polo que se supón que a colonia enteira fora desta especie.

https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/murcielagos-caidos-alturas/20191007215706003623.HTML

Dicíase que un veciño os matara e logo os botara pola ventá. Ao ser un número tan elevado sospéitase que poidera ter unha colonia no faiado.

Semella tamén que a Policía Local estivo presente nese lugar sen saberse o que se fixo por parte deles, o caso é que matar especies protexidas está considerado como un delicto penal. Preguntarase ao respecto.

Este luns 7 de outubro falouse coa Policía Local dicindo que tiñan coñecemento dos feitos, que sabían quen fora o autor e que en posibilidade darían conta ao xulgado. Tamén se dixo que a suposta colonia estaba ubicada no Edificio do Carmen, de oito andares de altura, onde existirían algunhas condicións idóneas para acoller a todos eses exemplares. Seguirase ao tanto do asunto.

Unha verdadeira mágoa para uns animais tan beneficiosos, simpáticos e interesantes.

A noticia noutros medios:

https://iberiageographic.com/un-vecino-extermina-una-colonia-de-murcielagos-en-verin-y-arroja-los-cadaveres-desde-un-octavo-piso/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/verin/2019/10/08/encuentran-50-murcielagos-muertos-contenedor/0003_201910O8C7993.htm

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2019/10/10/investigan-hallazgo-medio-centenar-murcielagos/2184126.HTML

https://www.meneame.net/m/actualidad/altisimo-octavo-castiga-verin-plaga-murciélagos

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2019/10/16/piden-proteger-murcielagos-casos-ocurrido/2187187.HTML

https://www.laregion.es/articulo/monterrei/investigados-matar-57-murcielagos-verin/20191023071832901441.html

Escrito presentado ante a Consellería de Medio Ambiente por parte da Sociedade Galega de Historia Natural:

https://drive.google.com/file/d/1sjiqApihyKx2Rg1Nh9EuR-z13xnYGChe/view?usp=sharing

mércores, 2 de outubro de 2019

Desfeita no Támega

Outra desfeita no río.

Unha limpeza agresiva do cauce con maquinaria pesada.

O domingo pasado houbo unha limpeza simultánea de lixo nos ríos e, vendo isto, non se sabe para que servíu.

Cando veña unha chea, se é grande, vai haber igual inundación.

Con estas actuacións o único que se consegue é impactar de forma negativa no ecosistema ripícola.

A vexetación e os aportes non son lixo, pasan a formar parte da dinámica da corrente.