domingo, 24 de maio de 2020

Un Cobregón atropelado

Un Cobregón, Malpolon monspessulanus, atropelado en Castrelo do Val.

Moitas cobras morren por atropelos intencionados nas nosas estradas, esta foi en Castrelo do Val pero onte vin outras dúas mortas, unha en San Cibrao e outra en Oímbra.

E outras tres máis, unha outra vez entre Rabal e San Cibrao, e dúas máis en Oímbra.

Unha pena estas mortes co beneficiosas que son as serpes.


martes, 19 de maio de 2020

Orquídeas en Vilardecervos

A continuar vanse por unhas imaxes feitas co teléfono móbil nun prado cheo de orquídeas das especies Dactylorhiza maculata, Orchis coriophora, Serapias cordigera e Serapias lingua na zona de Vilardecervos:



Serapias lingua

Orchis coriophora

Datcylhoriza maculata

Dactylorhiza maculata

Serapias cordigera

Dactylhoriza maculata

Serapias lingua

Orchis coriophora

Serapias cordigera

venres, 15 de maio de 2020

Cantas Papuxas das amoras haberá en Verín ?

Papuxa das amorasSylvia atricapilla, é unha das aves que ocupan o espazo urbano sempre que haxa árbores mestas nas que gorecerse.

Detéctanse ben polo seu canto ou polo seu reclamo.

Dando unha volta polas rúas de Verín descubríronse varios territorios, uns once machos cantando nun percorriodo de aproximadamente un quilómetro, levando a pensarse cantos exemplares haberá no interior da vila.

De certo que varias decenas e mesmo até centos entre machos adultos, femias adultas e xuvenís.