martes, 18 de febreiro de 2020

Nomes vernáculos para as xoaniñas

A continuar imos poñer uns nomes vernáculos para designar ás xoaniñas na bisbarra de Monterrei recollidos a través do Facebook nos grupos "Laza", "Tamagania (o país do Alto Tâmega)"e "Ti non es de Verín si non..." e do muro de "Xosé Ramón Reigada", estes foron os resultados:


Barrosiña: En Cortegada, concello do Riós. En Lamardeite, concello de Vilardevós.
Barrosiño: En Castrelo de Abaixo, concello do Riós. Na Arzoá, concello de Vilardevós.

Na Arzoá dicíanlle así:

Barrosiño, voa, voa,
que ao parar na miña casa
heiche dar pan, viño e cebola.

Barroso: En Moialde, concello de Vilardevós.
Barrusiña: En Covelas e no Mourisco, concello do Riós.
Barrusiño: Na Silva, concello do Riós.
Bichiño de Dios: En Carraxo, en Cimadevila, en Laza, en Vilameá, concello de Laza. Na Caridade, concello de Monterrei.

En Vilameá dicíanlle así:

Bichiño de Dios,
cóntame os dedos
e marcha con Dios.

Bichiño do rei: En Terroso, concello de Vilardevós.
Manxorriña: En Cerdedelo, concello de Laza.
Marieta: En Vilameá, concello de Laza.
Mariquiña: En Castrelo do Val, en Gondulfes, concello de Castrelo do Val. En Espiño, en Videferre, concello de Oímbra. En Toro, en Laza, concello de Laza. En Verín.

En Castrelo do Val dicíanlle así:

Mariquiña voa voa,
que teu pai vai en Lisboa,
o meu pai foi e volveu,
con un carro cargado de més.

En Gondulfes dicíanlle así:

Mariquiña voa voa
que che dou pan e cebola.

En Videferre dicíanlle así:

Mariquiña de Dios
cóntame os dedos
e vaite con Dios.


Mariquiña de Dios: En Arcucelos, en Vilameá, concello de Laza.
Mariquitiña: En Verín.
Patasol: En Correchouso, en Toro, concello de Laza.
Rosiña de Dios: Nas Eiras, en Matamá, en Trez, concello de Laza.
Xaveliña: En Souteliño, concello de Laza. En Osoño, concello de Vilardevós.
Xaveliña de Dios: En Souteliño, concello de Laza.
Xoaniña: Nas Chas, en Oímbra, concello de Oímbra. En Cabreiroá, en Verín, concello de Verín. En Florderrei, concello de Vilardevós.

Nas Chas dicíanlle así:

Xoaniña voa voa
que teu pai está en Lisboa.

Xoaniña boa cóntame os dedos
e cando pases pola miña casa
eiche dar pan e cebola.

En Florderrei dicíanlle así:

Xoaniña voa, voa
leva as cartas a Lisboa,
ó volver comerás pan e cebola.

* E noutros lugares:

Abeleiriña: En Lugo.
Amorosiña: En Pentes, concello da Gudiña.
Arrenrén: En Cobas, Ferrol.
Bichito luz: En Málaga.
Bisaniña: Concello de Tomiño.
Bouxiño de Dios: En Roblido, A Rúa.
Carochinha: Em Portugal.
Cascarrubias: En Muxía.
Catarina: En México.
Correverás: No Pereiro, concello da Mezquita.
Cucurrei: En Mañón.
Doaniña e voaniña: En Cerdedo, Montes.
Joaninha: En Tras-os-Montes, Portugal. En Chaves. En Lisboa. Nas Terras da Raia.

En Chaves dicíanlle así:

Joaninha voa voa
leva as cartas a Lisboa
quando lá chegares
dão te pão e cebola.

Joaninha voa voa
que che dou umha filloa.

Joaninha voa voa
que che dou um pam de broa.

Joaninha voa voa
que teu pai vai em Lisboa.

Nas Terras da Raia dicíanlle así:

Voa joaninha boa
que teu pai vai em Lisboa
e vai trazer pão de broa.

Maikäfer: En Alemania.
Marieta: En Catalunya.
Marigorringoa e marigorringo: No País Vasco.
Marigorringo: En Guipúzcoa.
Mariquiña: En Mondariz. Dicíanlle así:

Mariquiña voa voa
que tua nai vai no muíño
e tua nai vai en Lisboa.

Mariquita: En Castelán.
Pamponiña: En Carreira, no Barbanza. Dicíanlle así:

Pamponiña, voa, voa,
que che dan un pan de broa.

Papasol: En Castroverde. Dicíanlle así:

Papasol, sol, sol,
dille ao teu papaíño
que mañá mande sol.

Papuxiña rubia: Na Limia Alta, Bobadela, A Pinta, Xunqueira de Ambía.
Rei rei: En Coirós. En Pontedeume.
Rei rei ou cuco rei: En Santiago de Compostela. Dicíanlle así:

Rei rei (ou cuco rei, cuco rei)
cantos anos vivirei?
Vintecinco non o sei,
un,dous, tres...
e cando bota a voar párase de contar e eses son os anos que vivirás.

Reichim: En Eu-Návia. Dicíanlle así:

Reichim, reichim
vai buscar ao teu padrim.

Vaquita de San Antonio: En Argentina.
Voaniña: En Mogor, Marín.
Xoaniña: No Morrazo. En Novás, concello de Xinzo de Limia.