martes, 3 de setembro de 2013

Apoiando Salvemos o Támega

Imos tratar de dar apoio moral e divulgativo a esta iniciativa altruísta de interese ambiental, o combante dun pobo afouto contra soberbios intereses. Contamínanse os ríos e as fontes, os montes arden co lume na floresta e no matagal, as doenzas atacan ás árbores máis garridas, o Home menospreza aos animais e aos semellantes e á Terra, o agro esmorece e seca o millo e a més. A onde é que acha chegar a humanidade se luxa a auga a beber, queima os bosques que lle dan osíxeno, espalla as pragas, mata, destrúe e elimina a base do seu sustento. Agardemos por un futuro mellor nesta caixa de Pandora na que só nos fica a esperanza.

Asinar a petición para que se impida o vertido por parte de ADIF ao río Támega:
http://www.change.org/es/peticiones/confederacion-hidrografica-del-duero-que-se-impida-el-vertido-por-parte-de-adif-al-rio-t%c3%a1mega?share_id=wjscQiYOcX&utm_campaign=signature_receipt&utm_medium=email&utm_source=share_petition

Máis no grupo de Facebook Salvemos o Támega:

E con forza unha humilde mostra de apoio.

xoves, 1 de agosto de 2013

A incerteza da fatalidade

Un suceso de gravidade acontece. O río está aleixado, os Amieiros fenecen. Estamos a viver un tempo estraño no que o pobo perde a singradura e a Natureza resíntese co resón pasadío. A floresta ribeirega esgarece e berra un son malfadado ao faltarlle seu máis belido enfeite. A buxaina seguirá a virar, torta até ao Alén, e as carpideiras ficarán impávidas e silentes.

Eis aquí o de nosoutros:



















Explicación da doenza, por Rafa Castro:

Phytophthora alni Brasier et al.

É un fungo oomicete causante de pudrición no raizame e no pescozo da raíz (colar) en amieiros Alnus glutinosa.

A doenza foi descrita no 1993 no sur de Inglaterra aínda que non se detectou o primeiro caso en Galiza até 2009 cando se atopou o fungo causante da doenza en amieiros nas beiras do Avia.

O fungo causante da doenza foi identificado por Brassier et al.

Brasier identificou este fungo coma un posible híbrido entre outras dúas especies de Phytophthora. -Based initially on studies of the morphological and cultural characteristics and then molecular analysis, it became clear that the alder Phytophthora was a hybrid between P. cambivora and another Phytophthora probably closely related to P. fragariae – a pathogen of strawberry.-

Un estudio realizado por Santini et al. no 2003 demostrou que o mesmo fungo podía afectar a concheiras Juglans regia e castiñeiro Castanea sativa. Outro estudio publicado polos mesmos autores no 2006 demostraba a susceptibilidade das cerdeiras Prunus avium.

Os síntomas da doenza comezan cun decaimento xeral observado na parte aérea da pranta e que se manifesta polo loureamento e caída a destempo e pola mingua no tamaño das follas; o que conleva unha perda xeral da densidade foliar. En fases máis avanzadas da doenza pódese observar a excrecencia dun zume negro e mesto a traveso de feridas na casca da parte baixa do toro.

Polo xeral a doenza causa a morte da pranta aínda que se teñen descrito casos nos que se convirte en crónica causando síntomas que periodicamente se ven acentuado.

luns, 17 de xuño de 2013

A biodiversidade do río Mente


Xa está a funcionar o blogue de Fauna e Flora do río Mente, se callar a zona con maior diversidade de especies da bisbarra de Monterrei, hervas en especial:

http://riomenteff.blogspot.com.es/


martes, 21 de maio de 2013

Primeira cita de Ridolfia segetum en Galicia

AO FINAL RESULTOU NON SER ESTA A ESPECIE, ESTABA MAL IDENTIFICADA, TRÁTABASE ENTÓN DE Ferulago capillaris.

No ano 2011 detectouse na comarca de Monterrei e na rexión portuguesa do Alto-Tâmega a presenza dunha especie de planta que polas pescudas realizadas en diferentes publicacións non se describe para territorio galego. Trataríase entón da primeira cita desta especie na Galiza. Tampouco se atopou que estivese citada na rexión trasmontana do Alto-Támega. (1), (2), (3), (4), (5), (6), (7)

Trátase de Ridolfia segetum (L.) Morris, da familia das Umbelíferas, Umbeliferae (Apiaceae):

* Herba anual, glabra, talos 15-140(210) cm., erectos, estriados, sólidos, ramificados na base, sen restos fibrosos na base, follas basais –tempreranmente caedizas– e medias 15-28 × 10-22 cm, 3-4(6) pinnatisectas, de contorno triangular, pecioladas, divisións de último orden 5-15 × 0,3-0,5 mm, filiformes, vainas 1,5-4 × 0,5-1,6 cm, umbelas terminais e laterais, con 8-56 radios de 18-51 mm, subiguales, umbélulas con 15-36 flores, radios 4-14 mm –os internos moi curtos–, pétalos 1,9-2 mm, emarxinados, co ápice incurvado, amarelos, estilos 0,2-0,3 mm na fructificación, froitos 1,2-2,7 mm, mericarpos de sección semielíptica, coas 5 costelas primarias pouco perceptibles ou finas e de cor claro, que destacan sobre o fondo oliváceo, vitas de cor castaño escuro, a menudo visibles externamente, carpóforo persistente tras a caída dos mericarpos. 2n = 22; n = 11. (6)

* Marxes de camiños e cultivos; 0-650(1000) m. V-VIII. S de Europa, Anatolia, Líbano, Palestina, Azores, Canarias e N de África; naturalizada no Perú. Principalmente no S e E da Península Ibérica e Illas Baleares. Esp.: Ab (Al) (B) Ba (Bi) Ca (Cc) Co (Cs) Cu (Ge) Gr (H) (J) (M) Ma PM[Mll (Ib)] Se Sg (SS) (T) To (V). Port.: AAl (Ag) BAl (BL) (DL) E (R) (TM). (6)

* Nomes vernáculos: Português: andrage, endramo, endro das searas, endro menor, endrâo, endrão. Castellano: abesón, anerdo, endrado, eneldo, eneldo silvestre, hinojo borde, marrubio, mastuerzo, neldo, nerdo. Catalá: fonollassa, fonollassa de sembrat. (4)

Posúe certa semellanza co Fiúncho ou Fionllo, Foeniculum vulgare Mill., coa que se puido confundir e pasar inadvertida, aparte das deferenzas específicas pode distinguirse por posuír un olor aromático misturado cun fondo cítrico e non o aroma anisado do Fiúncho.

A época de floración vai de maio a agosto.

O hábitat no que se observou consistía en beiras de camiños soleados e terreos de cultivo hortícola abandonados desde fai moito tempo. Solo areento e pedregoso. Esposición soalleira mais con certa humidade edáfica . Vexetación circundante de matogueiras de porte medio, gramíneas, e algúns pés de pouca altura de Carballos cerquiños, Quercus pyrenaica, e posibles híbridos con outras especies do mesmo xénero coma o Caxigo, Quercus faginea.

A data na que se detectou por primeira vez esta pranta foi o 10 de maio do 2011, nun lugar cercano á poboación de San Cibrao do concello de Oímbra, logo foron descubertas novas localizacións en Bousés, Espiño, Oímbra, San Cibrao e Videferre, tamén do concello de Oímbra; Vilela-Seca, do concello de Chaves; e San Cristovo, do concello de Monterrei. (Omítense as coordenadas e a toponimia neste artigo para mellor protección ao non ser relevante para este fin divulgativo).

Fíxose un seguimento ao longo do ano, observando os talos secos no inverno, o abrollo da planta na primavera e a súa floración a seguir. Apañáronse algunhas sementes e recolectouse unha mostra para facer un prego e incluíla nun herbario público. Tívose coidado en todo momento de non estragar a planta enteira, recollendo só un dos talos exteriores sen afectar á raíz nin ao conxunto da planta que constaba dun certo número de talos.

Realizando pescudas cos veciños dos lugares de ocorrencia da planta, non puideron dicir ningunha referenza sobre o coñecemento popular desta especie, tan só se constatou a confusión, ou mesmo a relación de semellanza co Fionllo, por parte dun veciño de San Cibrao que nos comentou o seguinte:

_ ...Esa herba? É o Fionllo, non? Hai quen as coce coas castañas, tamén se lle daba de comer aos coellos -dixo este veciño de San Cibrao ao ensinarlle e preguntarlle pola planta.

_ Ser é diferente ao Fionllo que cheira a anís -comenta o naturalista que estaba a recoller a información-. Esta élle unha epecie distinta, coñécea?

_ Chámanlle Fionllo -un intre de silencio-. Herbas hai muitas, eu non as coñezo, hai xente que si, inlcuso as usan como remedio.

_ Que tipo de cultivo había nesta zona? Podería haberse sementado antigamente esta planta por aquí? -pregunta o naturalista.

_ Fai moito tempo esto eran todo 'huertas', pementos, cebolas, tomates... Aiquí xa non hai nada, agora plántase todo cara abaixo, nas parcelas. Esas sementes traeranas os páxaros...

Fica entón a dúvida de se hai unha confusión popular co propio Fionllo, Foeniculum vulgare, ou se tamén se designa a Ridolfia segetum como Fionllo mais sabéndose que é unha planta diferente, que fose un vernáculo compartido. Seguiremos prestando atención ao posible coñecemento popular desta especie.

En breve trataremos de incluír o exemplar recollido nun herbario público para a súa posterior publicación dun artigo nunha revista científica. Xa se irá informando.

A continuar móstranse unhas imaxes da planta, enteira e en detalle, en diferentes épocas do ano:








Referencias de consulta:

Bibliografía:

(1) García, Xosé Ramón (2008). Guía das Plantas de Galicia. Edicións Xerais de Galicia. Vigo.

(2) García Rollán, Mariano (1999). Atlas clasificatorio de la Flora de España peninsular y balear. Vol. II. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.

(3) Romero Buján, María Inmaculada (2008). Catálogo da Flora de Galicia. Monografías do Ibader 1. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.

Web:

(4) Anthos. Sistema de información sobre las plantas de España. Fundación Biodiversidad; Real Jardín Botánico (Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas).
http://www.anthos.es/ 

(5) Biodiversidade en Galicia. Boletín BIGA.

http://www.biga.org/Boletin_BIGA/index.html

(6) Flora Ibérica. Plantas vasculares de la Península Ibérica e Islas Baleares. Real Jardín Botánico. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

http://www.floraiberica.org/v.2.0/PHP/cientificos2.php?gen=Ridolfia&espe=segetum&infrank=_&infra=_&autabre=%28L.%29+Moris&familia=Umbelliferae
http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/10_129_53%20Ridolfia.pdf

(7) Jardim Botânico. UTAD. Flora Digital de Portugal.
http://jb.utad.pt/especie/ridolfia_segetum

Agradecementos:

Agradécese a información facilitada por Gerardo, veciño de San Cibrao, Oímbra.

Agradécese o asesoramento e axuda coa identificación da especie a Pastor Santamarina.

Agradécese o interese mostrado polos colaboradores do blogue Biodiversidade Galega pola primeira tentativa de publicación do artigo.
http://biodiversidadegalega.blogspot.com.es/

Agradécese o asesoramento en canto á inclusión en herbario e publicación científica de David do proxecto Fitofaladoiro de nomes e usos populares de plantas silvestres de Galicia.
http://fitofaladoiro.eu/

xoves, 14 de febreiro de 2013

Gluvia dorsalis no Alto Támega



Inserimos este vídeo para avanzar a noticia da descuberta nesta comarca da única especie de Solífugo presente na Europa, Gluvia dorsalis.

Semella ser a primeira vez que se cita a súa presenza na provincia de Ourense. Atopouse en dous lugares distantes entre eles. Nesta próxima temporada de actividade prestaremos máis atención a este raro e interesante arácnido. Fica pendente a publicación dun artigo ampliando os detalles.

O documento foi obtido polo naturalista Xabier García 'Víboras'.

http://www.biodiversidade.eu/avistamento/gluvia-dorsalis-latreille-1817-/

http://www.biodiversidade.eu/avistamento/gluvia-dorsalis-latreille-1817-1/