Amosando publicacións coa etiqueta Rapinas diúrnas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rapinas diúrnas. Amosar todas as publicacións

xoves, 10 de maio de 2018

Mais outra ave estrana na terra da Tamagania

Fotografía de Carlos Augusto Matías

No pasado día 5 de maio o amigo naturalista Carlos Augusto Matías fotografou nada menos que esta fermosa ave de rapina diúrna amosada enriba nos arredores de Sancibrao, Oímbra.

Bon, pois o curioso é que trouxo moito que falar e debater entre os ornitólogos ibéricos.

O caso é que en primeiro termo se idenficara coma un exemplar xoven de segundo ano en muda da especie Miñato común, Buteo buteo.

A súa coloración tan clara e atípica para as nosas latitudes levou a pensar nun exemplar da subespecie vulpinus, que só cría no leste de Europa, aínda que está presente coma invernizo no noso territorio, este é o Miñato de estepa, Buteo buteo Ssp. vulpinus.

De seguido se manifestou a controversia por parte de ornitólogos afeitos ao territorio sur da Península Ibérica, máis concreto do estreito de Xibraltar, onde aparecen exemplares semellantes a este e que se dan aló coma híbridos entre as especies Buteo buteo (Miñato común) e Buteo rufinus (Miñato mouro), o denominado 'Gibraltar buzzard', Buteo 'rufinus cirtensis x buteo buteo'.

Tamén houbo quen apuntou a ser este un exemplar xoven nominal de Miñato mouro, Buteo rufinus, especie de distribución norteafricana e de presencia rara na Península Ibérica.

Agora as conclusións.

O caso é que foi imposible chegar a un acordo e conclusión cos coñecementos actuáis e a falta de basearse só en caracteres observables.

O único certo que se obtivo é que se trata dunha observación rara de elevado interese ornitolóxico para o coñecemento destas especies tanto na nosa rexión coma na súa distribución global, dun exemplar xoven de segundo ano de cor clara en muda de Buteo sp.

Entón os parabéns a todos os ornitólogos que aportaron para o esclarecemento desta observación e os parabéns a Carlos Augusto Matías pola súa fotografía e dedicación e grazas por compartillala con todos nós.

Coma diría un moi bo amigo: Isto é o que ten andar sacando fotografías de paxaros no Centro do Mundo.

Saúdos e obrigado.

https://www.reservoirbirds.com/Articles/RBAR_000008.PDF

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=628381620847637&set=gm.1783713158334231&type=3&theater&ifg=1

http://sgo.cesga.es/aves/htdocs/