domingo, 27 de decembro de 2009

O Cruzabico. Unha ave criando en pleno inverno

video

Cruzabico común, Loxia curvirostra
Polo alimentado por macho e femia nos piñeirais de Pinus sylvestris do entorno de Pena Nofre a máis de 1200 metros de altitude (Castrelo do Val).
Nun traxecto de 7 km producíronse 9 contactos coa especie cun total de 31 exemplares que ofreceron mostras de territorialidade con exemplares cantores e persecucións entre machos. Confírmase polo tanto a cría invernal dunha especie cunha bioloxía reprodutora atípica e ligada ao réxime de frutificación das coníferas das que se alimenta.
Texto de Alexandre Justo Álvarez
Observadores: Alexandre Justo e X. R. Reigada

martes, 8 de decembro de 2009

As pedras rotas

Nestes días saíron unhas noticias na prensa referentes á retirada dunha antena de telefonía móbil que afectaba a un xacemento arqueolóxico medieval dun baluarte defensivo de vixilancia no Montecelo, en Medeiros.

A noticia reflexa moi ben a escasa sensibilidade que se ten polo patrimonio cultural na comarca de Monterrei.

La retirada de una antena en Monterrei deja sin telefonía móvil a 2.500 vecinos. La Región - 8.12.2009

Patrimonio obliga a retirar una antena de telefonía en Monterrei. Faro de Vigo - 8.12.2009

Unha denuncia de Adega obriga a retirar unha antena de telefonía en Monterrei. La Voz de Galicia - 8.12.2009


Restos do baluarte


Contacto visual co Castelo de Monterrei dende o Montecelo en Medeiros


Panorámica oeste dende o alto do Montecelo
En primeiro término vese San Cristovo de Monterrei e ao fondo o monte Larouco

xoves, 3 de decembro de 2009

LIC-ZEPVN río Tamega

Fagamos a seguinte reflexión: para que serve un LIC ?

O espazo natural do río Támega está declarado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). Esto en si mesmo debería servir para algo, digamos, por exemplo, para protexer realmente os seus valores naturais.

Esta protección é real ?

Obsérvense as seguintes fotografías:














O que se ve é o desbroce sistemático da vexetacíon de ribeira.

As fotografías están tomadas na Xunta dos Ríos, ponte de Oímbra, ponte de Mourazos e ponte de Rabal, os desbroces seguían augas arriba e augas abaixo destes puntos.

Por isto deducimos o seguinte:

* A devasa acada quilómetros a ámbalas dúas beiras do cauce.

* Cortáronse un sen número de plantóns de árbores e vexetación de ribeira, deixando só as árbores de maior porte.

* Amoréanse toneladas de materia vexetal morta.

* O resultado final é unha devasa sistemática duns cinco metros de largo (ancho) que elimina flora de alto valor ecolóxico que non favorece en nada á fauna asociada e ao ecosistema de ribeira.

Aínda que pareza surrealista é unha obra da Administración. Esta en concreto seica é promovida pola Confederación Hidrográfica del Duero.

A principio da temporada de pesca pasada (ano 2009) tamén se desbrozaron as beiras de moitos ríos para facilitar o acceso dos pescadores ao río. Esta devasa promovida directamente pola Consellería de Medio Ambiente, que, paradóxicamente, é de quen saíu a proposta para a súa protección e quen debería velar polo seu coidado.

A seguinte fotografía mostra como quedou un treito do río Mente a principio de temporada de pesca:




No río Támega aconteceu o mesmo.

Hai que resaltar que moitas especies víronse afectadas no seu período de nidificación, por poñer un exemplo digamos que mermou a enorme cantidade de Rousinois comúns, Luscinia megarhynchos, que se podían escoitar ao longo do paseo da Preguiza (Verín), debido, case con total seguridade, á falta do sotobosque que tanto require esta especie.

Nesta época do ano veríanse afectadas moitas especies invernantes, sobre todo as que lles favorece a presenza do sotobosque de ribeira, ben sexa como lugares de alimentación ou de refuxio.

De que serve entón protexer un espazo natural ?
.
Recoméndase visitar esta outra entrada do blog Noroeste Ibérico de Rubén Portas, A vexetación cumpre unha función!:
http://noroesteiberico.blogspot.com/2009/12/vexetacion-cumpre-unha-funcion.html
.
Tamén se remomendan estas outras entradas do blog Fauna Vertebrada de Ourense de Alberto Rivero:
http://faunaourense.blogspot.com/2009/12/nova-variedade-de-deforestacion.html
http://faunaourense.blogspot.com/2009/12/sobre-xestion-dos-rios-na-limia.html
.
E CONTINÚA A DESFEITA:
http://www.laregion.es/noticia/78986/verín/plan/medio/ambiente/fondo/dinamización/acondicionamiento/ríos/inversión/