domingo, 1 de maio de 2011

O polo do Arrulador

Onte avisáronme uns amigos de que tiñan un polo de Curuxa que caíra do nino. De inmediato fun para aló.

Tratábase dun pitiño desvalido de Avelaiona común, Strix aluco. Pola comarca de Monterrei é coñecida esta ave co nome de Arrulador, Páxaro arrulador, tamén Ugo, ou mesmo Moucho ou Curuxa.

eis aquí o protagonista desta historia

Non era un polo voandeiro, e xa que se coñecía o lugar exacto do nino, decidíuse metelo de novo xunto a súa mai.

e a mai á espreita

O lugar de nidificación está ubicado nunha cavidade dunha construción humana, e aínda que esto non sexa raro o máis normal é que o nino destas aves estea no oco dunha árbore ao ser unha especie típica forestal.

e aquí o final feliz deste políño de Arrulador

As rapinas noiteiras presentan un comportamento a térmos en conta: Os polos voandeiros saen a explorar polas inmediacións do nino. Se atopamos un destes polos desvalidos non se debe coller se non está ferido, os pais estarán perto del coidándoo, deberemos deixalo no mesmo sitio onde estaba. Como xa dixemos, neste caso non se trataba dun polo voandeiro, era demasiado pequecho aínda, por iso a opción de devolvelo ao nino.

Para máis información recoméndase visitar o seguinte documento gratuíto editado polo Centro de Recuperación de Rapaces Nocturnas BRINZAL:

2 comentarios:

Alberto Rivero Saeta dixo...

Parabéns por esta intervención, fai falla moita máis xente coma tí compañeiro!

elcamperoinquieto.com dixo...

Curioso el carabo en un muro!!
Saludos camperos.