martes, 26 de xuño de 2012

Unha cría de Rebisaco entre nós

Onte unha amiga chamoume para dicir que aparecera un animal dentro da bodega do seu pai en Gondulfes.

Fumos ata alí para velo.Tratábase dunha cría de Rebisaco, Genetta genetta, bastante espelida. Os nenos estaban encantados ao redor do animalciño.

Para tratar de facer algo pola cría trasladámola de novo para a bodega onde se puxo a miañar pola mai.

Á tardiña fixémoslle outra visita para comprobar o seu estado, seguía alí mais sen rastro da mai. Deixámola toda a noite nese mesmo lugar para tratar de que fora atendida.

Pola mañá estaba no mesmo sitio, moito máis débil. Supuxemos de que en definitiva habíase extraviado.
Con urxencia non nos quedou máis remedio que levala para a nosa casa: hidratámola e alimentámola con leite que lle demos por unha xiringa. Aceptouno moi ben e recuperouse de forma rápida.

Puxémonos en contacto co servizo de Medio Ambiente e ao final levárona para o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Rodicio.

Farémoslle un seguimento e xa contarei...



3 comentarios:

Inés G. de Castro [maeglin] dixo...

¡Vaites!, ¿cómo chegaría ata alí o pequecho?

Pregúntome se dende o centro de recuperación soltarán o animal na natureza cando poda valerse por si mesmo, ou se xa é algo imposible.

Xosé Ramón Reigada dixo...

Ola Inés,
a bodega onde apareceu a cría está nas aforas da aldea, rodeada de matogueiras altas, con castiñeiros e cerdeiras de bo porte, o lugar é perfecto para estes animais.
Intereseime de maneira personal polo animalciño, tratei o tema directamente co persoal do centro de recuperación e prestáronse voluntarios a informarnos da súa evolución, de facto xa nos chamaron ao día seguinte, e en caso de saír adiante avisarnos para ilo a soltar no mesmo lugar onde apareceu, ademais, aos veciños que o atoparon e aos nenos gostaríalles estar presentes na súa liberación segundo me comentaron, sería algo moi positivo para todos eles.
Desexémoslle que se recupere ben
Saúdos

Inés G. de Castro [maeglin] dixo...

Pois entón estarei á espetativa, para veres como evoluciona o caso. Ogallá todo marche ben :)