Unha visión universal da Humanidade, a Natureza e o Alén dende a bisbarra de Monterrei
xoves, 9 de agosto de 2018
martes, 7 de agosto de 2018
Unha nova especie para a parte galega do Támega
Non todo van ser malas noticias. Onte descubriuse unha especie que non estaba citada na parte galega do río Támega, trátase do Sapoconcho estriado, Mauremys leprosa, si que estaba citada na parte portuguesa, na Veiga de Chaves, polo que si que se esperaba que acabara aparecendo.
A descuberta foi feita por Pepa González, de Videferre, uhna boa amiga interesada nestes temas naturais e con boa mao para Flora e Fauna. Obrigado por esta grata sorpresa.
A identificación correcta ocorreu da axuda de herpetólogos coma César Ayres e Martiño Cabana. As coordenadas desta cita pasaranse para súa inlcusión no Atlas e Libro Vermello dos Anfibios e Réptiles de Galicia e para o Atlas dos Anfibibios e Réptiles de Galicia da Sociedade Galega de Historia Natural.
A continuar vanse poñer unhas imaxes das dúas especies de sapoconchos presentes no río Támega, a primeira é a deste Sapoconcho estriado e a segunda do Sapoconcho común para vérense as diferenzas en comparación, son estas:

![]() |
Fotografía de Pepa González
|

Sapoconcho estriado, Mauremys leprosa |
![]() |
Sapoconcho común, Emys orbicularis |
Etiquetas:
Herpetoloxía,
Réptiles,
Sapoconchos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)