O espazo natural do río Támega está declarado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). Esto en si mesmo debería servir para algo, digamos, por exemplo, para protexer realmente os seus valores naturais.
Esta protección é real ?
Obsérvense as seguintes fotografías:












O que se ve é o desbroce sistemático da vexetacíon de ribeira.
As fotografías están tomadas na Xunta dos Ríos, ponte de Oímbra, ponte de Mourazos e ponte de Rabal, os desbroces seguían augas arriba e augas abaixo destes puntos.
Por isto deducimos o seguinte:
* A devasa acada quilómetros a ámbalas dúas beiras do cauce.
* Cortáronse un sen número de plantóns de árbores e vexetación de ribeira, deixando só as árbores de maior porte.
* Amoréanse toneladas de materia vexetal morta.
* O resultado final é unha devasa sistemática duns cinco metros de largo (ancho) que elimina flora de alto valor ecolóxico que non favorece en nada á fauna asociada e ao ecosistema de ribeira.
Aínda que pareza surrealista é unha obra da Administración. Esta en concreto seica é promovida pola Confederación Hidrográfica del Duero.
A principio da temporada de pesca pasada (ano 2009) tamén se desbrozaron as beiras de moitos ríos para facilitar o acceso dos pescadores ao río. Esta devasa promovida directamente pola Consellería de Medio Ambiente, que, paradóxicamente, é de quen saíu a proposta para a súa protección e quen debería velar polo seu coidado.
A seguinte fotografía mostra como quedou un treito do río Mente a principio de temporada de pesca:

No río Támega aconteceu o mesmo.
Hai que resaltar que moitas especies víronse afectadas no seu período de nidificación, por poñer un exemplo digamos que mermou a enorme cantidade de Rousinois comúns, Luscinia megarhynchos, que se podían escoitar ao longo do paseo da Preguiza (Verín), debido, case con total seguridade, á falta do sotobosque que tanto require esta especie.
Nesta época do ano veríanse afectadas moitas especies invernantes, sobre todo as que lles favorece a presenza do sotobosque de ribeira, ben sexa como lugares de alimentación ou de refuxio.
De que serve entón protexer un espazo natural ?
.
Recoméndase visitar esta outra entrada do blog Noroeste Ibérico de Rubén Portas, A vexetación cumpre unha función!:
http://noroesteiberico.blogspot.com/2009/12/vexetacion-cumpre-unha-funcion.html
.
Tamén se remomendan estas outras entradas do blog Fauna Vertebrada de Ourense de Alberto Rivero:
http://faunaourense.blogspot.com/2009/12/nova-variedade-de-deforestacion.html
http://faunaourense.blogspot.com/2009/12/sobre-xestion-dos-rios-na-limia.html
.
E CONTINÚA A DESFEITA:
http://www.laregion.es/noticia/78986/verÃn/plan/medio/ambiente/fondo/dinamización/acondicionamiento/rÃos/inversión/









































