Nos videos que se presentan a continuación pódese ver unha escolma de imaxes de flora presente nas inmediacións do río Mente, destacando entre outras as seguintes especies:
Consolda menor, Symphytum tuberosum, non citada para territorio galego na "Guía das Plantas de Galicia" García, X. R. (novembro 2008) Edicións Xerais de Galicia, S. A. - Vigo
Sangomiño, Cornus sanguinea, de ribeiras e claros húmidos do bosque
Orquídea da especie Orchis mascula, en aciñeirais, matogueira mediterránea e noiros
Pradairo de Montpelier, Acer monspessulanus, nos lugares máis mediterráneos do país
Xazmín silvestre, Jasminum fruticans, nas zonas máis mediterráneas do surleste de Ourense
Escornacabras, Pistacia terebinthus, aciñeirais e terreos fragosos (rochosos) en ambientes termófilos
Umbelífera da especia Ferula communis, de áreas mediterráneas
Cistácea da especie Halimium umbellatum, restrinxida a zonas con clima mediterráneo
Saxifraga da especie Saxifraga espathularis, endémica do noroeste peninsular
Rabo de cabalo, Equisetum arvense, lugares húmidos e areosos, relativamente normal aínda que escasa
Cabeza de cobra, Aristolochia paucinervis
Ningún comentario:
Publicar un comentario