Referencias de insectos da Orde Odonatos - Suborde Zigópteros (Cabaliños do Demo) e Suborde Anisópteros (Libélulas) na Comarca de Verín-Monterrei
Cordulegaster boltonii
Esta imaxe non se corresponde co exemplar observado, trátase dun individuo semellante da mesma especie fotografado no Macizo de Trevinca o 12/6/2007
Concello do Riós
17/10/2009
Anax imperator
fotografía de Xabier García
Concello de Oímbra
11/8/2009
Crocothemis erythraea
especie identificada por Saúl Rodríguez Martínez a través do foro Rhopalonatos
Concello de Verín
10/7/2009
Platycnemis acutipennis
especie identificada por Saúl Rodríguez Martínez e Cosme Damián Romai Cousido a través do foro Rhopalonatos
Concello de Monterrei
30/6/2005
Lestes viridis
especie identificada por Marco García e Saúl Rodríguez Martínez a través do foro Rhopalonatos
Concello de Verín
27/8/2004
Libellula quadrimaculata
Concello de Cualedro
27/6/2004
9 comentarios:
Fermosas fotografías e valiosa información achegada polo blog. Parabéns.
Teño tamén unha cuestión que formular. Quixera saber cal é o réptil que pola zona de Vilardevós e Riós denominan ESCOUPARIÑO. E ademais, unha petición: Teriades algunha foto del?
Moitas grazas e desculpas polas molestias.
ESCOUPARIÑO corresponderíase coas designacións Escauparón (A Gudiña), Escouparón (Oímbra), Escóupolo (tamén do Riós), todas elas fan referencia ás especies Chalcides striatus e C. bedriagai, citadas en guías galegas cos nomes de Esgonzo común e Esgonzo ibérico, en castelán chámanse Eslizón común e Eslizón ibérico, e en portugués Cobra-de-pernas-tridáctila e Cobra-de-pernas-pentadáctila.
Saúdos
Fermosas fotos Xosé Ramón!
Animo-te a que, se tés mais fotos de libélulas, as ponhas também no teu blog.
Apertas e noraboa,
Damián
PDF: qual é a data da Libellula quadrimaculata de Cualedro? Gracinhas!
Qué bonita a libeliña Sympetrum sanguineum, unha beleza de becho, felicidades pola foto!
Saudos.
Ola Damián!
A data da Libellula quadrimaculata de Cualedro é 27/6/2004, xa está inserida na entrada.
Saúdos
Grazas Xosé Ramón!
Segue a haber actividade de libélulas estes días soleados polo val do Támega?
Pola costa andan varias especies activas.
Saúdos,
Damián
Ei Alberto!
Ao final a libeliña Sympetrum sanguineum resultou ser da especie Crocothemis erythraea. Xa lle modifiquei o nome.
Saúdos
Parabens polo feiticeiro blog, que teño entre os meus favoritos. Para Serafín acompaño unha foto dun escoupariño (esgonzo tridáctilo) que atopei nunha canaleta cando a limpaba de follas.
Síntoo, pero non sei incorporar unha foto no comentario. Púxena no meu blog onde a podedes ver, con algunha cousiña mais.
http://www.republicadecarnota.blogspot.com/
Saúdos
Publicar un comentario