domingo, 27 de decembro de 2009

O Cruzabico. Unha ave criando en pleno inverno



Cruzabico común, Loxia curvirostra
Polo alimentado por macho e femia nos piñeirais de Pinus sylvestris do entorno de Pena Nofre a máis de 1200 metros de altitude (Castrelo do Val).
Nun traxecto de 7 km producíronse 9 contactos coa especie cun total de 31 exemplares que ofreceron mostras de territorialidade con exemplares cantores e persecucións entre machos. Confírmase polo tanto a cría invernal dunha especie cunha bioloxía reprodutora atípica e ligada ao réxime de frutificación das coníferas das que se alimenta.
Texto de Alexandre Justo Álvarez
Observadores: Alexandre Justo e X. R. Reigada

3 comentarios:

Alberto Rivero Saeta dixo...

Non podo máis que felicitarvos por esta observación tan interesante como ben documentada, parabéns!

Antonio Sandoval dixo...

Qué buena observación. ¡Enhorabuena!

Germán dixo...

Moi interesante. Eu tamén puden observar o 19/11/2008 unha parexa de cruzabicos alimentando a unha cría na Cordal da Loba (Monfero) con sementes de Pinus sylvestris.