venres, 20 de agosto de 2010

Odonatos no estío polo val do Támega


Libellula depressa
Concello de Monterrei. 16 de maio do 2010

Pyrrhosoma nymphula
Concello de Verín. 21 de xuño do 2010

Onychogonphus forcipatus
Concello de Verín. 25 de xullo do 2010

Erythromma lindenii
Concello de Verín. 28 de xullo do 2010

Ceriagrion tenellum
Concello de Verín. 28 de xullo do 2010

Ischnura graellsii
Concello de Verín. 28 de xullo do 2010

Platycnemis acutipennis
Concello de Verín. 28 de xullo do 2010

Platycnemis latipes
Concello de Verín. 28 de xullo do 2010

Calopteryx xanthostoma
Concello de Verín. 28 de xullo do 2010
Crocothemis erythraea Concello de Verín. 28 de xullo do 2010

Lestes viridis
Concello de Verín. 28 de xullo do 2010

Anax imperator
Concello de Verín. 28 de xullo do 2010



Orthetrum coerulescens
Concello de Laza. 20 de agosto do 2010


Ceriagrion tenellum
Concello de Laza. 20 de agosto do 2010


Sympetrum striolatum
Concello de Laza. 20 de agosto do 2010


Sympetrum fonscolombii
Concello de Laza. 20 de agosto do 2010


Aeshna cyanea
Concello de Laza. 20 de agosto do 2010

11 comentarios:

Martiño Cabana Otero dixo...

Fermoso post, Xose Ramón. Moi interesante a cita de forcipatus e moi bonita a foto da Croccothemis. A ver se nos achegamos por Verín a disfrutar destes bichos.

Unha aperta,

Martiño

trepadeira dixo...

Olá.

Que beleza de fotos.
Tenho feito por aqui algumas libélulas muito raras e protegidas na directiva habitats.
Um abraço,
mário

Cosme Damian Romai Cousido dixo...

Ola meu!

Que tal todo?

Douche de novo os parabéns por este post de odonatos.

Unha pregunta: viche a Trithemis annulata polo Támega?. Ollo que semella unha Crocothemis, pero co abdome lila.

Apertas,
Damián

Anxos Romeo dixo...

Ola Xosé Ramón!

Gústanme moito as túas fotos. Noraboa por este post que resulta tan agradable de disfrutar e observar, primeiro pola foto de cyanea, ¡tan difíciles de fotografar! e especialmente pola beleza da Sympetrum (a miña especie favorita)

Saúdos

Anónimo dixo...

Sei que non ten nada que ver pero non queria desperdiciar a ocasión para informar de que unha foto da comarca participa no "Concurso de Fotografia organizado pola fnac, quen queira que entre en: http://factoria.fnac.es/concursos/segundo-concurso-fotografia/hechizo-de-luna
e vota

Anónimo dixo...

Hola, eu veño do outro blog, Rutas por Verín, ¿Por que o deixaches? Animote a volver a el

Xosé Ramón Reigada dixo...

Olá, non está deixado, só o teño pairando un tempo, de facto está preparada unha entrada sobre a Ruta dos Carboeiros e Pena Nofre xa dende o inverno pasado, imos ver se a podo colgar en breve...
Nos tempos últimos tamén está un pouco lento este blogue de Verín natural
Saúdos

Inés G. de Castro dixo...

Cuánta diversidad de especies. Muy bonitas las fotos. :)

d:D´ dixo...

DE:Beato Darzádegos
A :Xosé Moncho Reigada.
Bos días amicus:
Que blogue máis alucinante fas Moncho.
Curiosamente na zona de Sta Comba de Varonceli ou Baroncelle hai un costume de confundir(seguramente xamais o viron) a parola "aliscance/r" con "aliscrán" e con "escáncer". O problema ou o curioso do tema é que o consideran un animal fabuloso e mitolóxico que ao non coñecer a súa forma determinada danlle todo tipo de morfoloxías varias.Exprícome; algúns din:.-"...ten coidado por eses montes, non che vaias a atopar cun aliscance/r e píqueche ou che morda..." Ata aquí todo ben e sempre podes pensar que se trata dun "alacrán". O problema xorde cando lle preguntas pola súa forma e tamaño;responden:.-"...Era máis ou menos así...como do tamaño do meu antebrazo ou como unha troita de grande , forte e recio...metía medo; a súa forma cilíndrica e as súas cores tenebrosos deixáronme teso.Menos mal que levaba un pau e tireillo..."
Increible!.
Este pequeno diálogo tamén o teño ovido repetido en bisbarras de Vigo (ou "VIJO", para os amigos)e outras de Ourense.
Creo ter xa algunha teoría sopor iste tipo de argumentación deformada da realidade, pero me gustaría saber a túa opinión sobre este asunto tan curioso.Grazas.
Saúdos do meu irmá Xosecho.
Deica logo amicus.

Xosé Ramón Reigada dixo...

Olá Beato Darzádegos,
que bos eses nomes de Aliscáncer Aliscrán Escáncer !!!
Sería de interese que recollerades os nomes vernáculos desa zona, a comarca évos un tesouro
Con respecto ao tema que me preguntas, ao meu entender, é que habería que profundizar un pouco no que a xente coñece cando fala deses nomes, uns poden coñencer ao animal real, outros só saben que existe de ouvidas... Tamén está a posibilidade do animal mítico, moi misturada realidade e mitoloxía na cultura popular galega, aínda que moitas das veces teña unha base real. En principio semella que están a facer unha mistura entre Alacrán e Escáncer, con variantes de por medio, e pode que aínda máis... Ese Aliscáncer velenoso si que parece que se trate do Alacrán, Buthus occitanus; o Escáncer adoitan referilo a Anguis fragilis, aínda que na zona tamén aparece Blanus cinereus, este último réptil tamén se coñece na zona como Escouparón e Viberón (deformación de Viborón, Víbora, Vipera. O Viborón tamén se coñece como un animal mitolóxico que ten veleno e morre no inverno, hai moito que tratar, é exemplo: Os Saefes, adoradores de serpes, de répteis), aparece incluso a variante Escoupariño e Escóupolo para o Anguis, etc etc, un verdadeiro quebracabezas, aínda que de elevado interese naturalista. O dito, un verdadeiro tesouro
Xa nos contarás a túa teoría, a ver que achas ?
Un pracer contactar con xente interesada nestes temas
Saúdos

CONDAMARTA dixo...

Bos dias Xosé Ramón
Interesantes estas fotos de odonatos, este e ogrupo de insectos ó que eu me adico.
Estariache agradecido se me poideras dar mais datos sobre a foto de Onychogonphus forcipatus, se é localmente abundante ou se solo se ven exemplares aillados, se comparte o habitat con O. uncatus, ... Se tiveras a ben indicarme a localización precisa tentaria achegarme este veran para intentar votar unha ollada e facer unhas fotos desta especie.
De todolos xeitos seguirei o teu blog.
Hasta logo.