Os nosos antergos tamén miraban para o ceo nocturno e rexían algunha parte das súas vidas por acontecementos celestes, aliás non deixaran suficientes rexistros na tradición oral. Con esta entrada preténdese ir poñendo aos poucos os nomes, contos e costumes que poidamos atopar facendo referencia a algún motivo relacionado coa astronomía antropolóxica ou mesmo coa cosmoxeobioloxía dentro dos eidos da mitoloxía ou da realidade galega
De momento atopámonos cos seguintes relatos:
A Pastora: Suponse que se poida tratar dalgún planeta brillante coma Venus cando aparece polo oeste á atardecida, ou mesmo Xúpiter, tamén podería ser algún outro astro moi brillante coma a estrela Sirio que sería o seguinte corpo celeste en intensidade. O nome semella referirse ao feito de que cando aparecía esta estrela soa no ceo era a hora de recoller o gando. Podería tratarse da mesma estrela que se coñece co outro nome de A Panadera, ambas designacións fóronnos ditas pola mesma veciña da Pena do Souto no concello do Riós
O Carro: Conxunto de estrelas que tamén se lle chama Carro dentro da astronomía convencional, aínda que este nome que atopamos refírese á súa semellanza cos carros de vacas ou bois do país. A súa situación no ceo está ubicada dentro da constelación da Osa Maior. Contárronnos que lles servía para coñeceren o tempo nocturno transcurrido, dependendo da súa posición no ceo, en especial útil cando ían a acancelar, actividade consistente en ir pechar o gando pola noite dentro dunhas leiras para que abonaran o chao. Cando facían esta labor durmían nuns refuxios denominados carrozas que se facían con táboas, paos e palla a modo de tipi ou tenda de campismo e transportábanse no alto dos carros para ir dunha leira a outra. Esta narración foi recollida na zona de San Cibrao, concello de Oímbra
O Arado: Esta é outra designación por similitude para O Carro na Osa Maior. Dicíannos que mesmo se lle vía o temon do arado e as rellas. Recollido na Pena do Souto
O Luceiro da Mañá: Refírese ao planeta Venus cando é visible de mañá polo leste ao ser o astro máis luminoso. Recolleuse o mesmo nome nos concellos do Riós e Oímbra
As Tres Marías: Fai referenza ás tres estrelas que compoñen o Cinturón de Orión. Cantáronnos unha cantiga que dice así:
Alá van as Tres Marías
de noite polo lunar
en busca de Jesucristo
queno puidera encontrar
A Lúa: É sabido a crenza da influenza da Lúa nas distintas tarefas do campo e de certos aspectos da vida das persoas. No concello do Riós recollimos o testimonio dunha veciña dicindo que había que facer as sementeiras coa lúa chea para que os vexetais non se saíran, e que había que recoller na mesma lúa coa que se sementaba. Contounos que coa lúa chea as persoas póñense nervosas e alteradas, ademais de que inflúe na hora do parto das mulleres embarazadas, e tamén no gando
Luar
O Arado
Segundo a nosa interpretación, e en simpleza especulando, queremos intuír que algunhas gravuras rupestres do tipo coviñas poderían coincidir co deseño de determinadas constelacións
Petroglifos na comarca, Coviñas descubertas por casualidade nos arredores do Castro Vamba. Os veciños das aldeas próximas non coñecían o significado destes penedos, en dous deles dicían xogaren os nenos enriba ao estar ambos no medío duns pradiños, o outro éralles descoñecido e non se lle tiña ningún topónimo específico que o referenciara. O máis probable é que estexan sen catalogar
Continuaremos coa pescuda...
13 comentarios:
bBos días:
E tes razón, Reigada. Ainda non istán dcatalogadas:. Unha sorte atopalas pois fajan das estrelas e realciónanse cos petroglifos que falan dos -cometas e dos eclises que ainda andan intentando atoparlles unhas respostas as espirais de sempre. DCon tempo tan bo ´da gosto visitala zoa.
Breves
Deica.
Esquencín unha cousa:
Feliz ano novo.
Sonche unhas daguerres caralludamente boas, e atopar eses restos e unha boa cousa. Mais non digas onde andan xa que os estroulaxacementos andan atopalos pra ver que poiden sacar deles.
Con este tempo vamos cara a sequía.
Xa falaremos.
Deica.
Saúdos, feliz ano, pois tes razón, rectificareino, eses estroulaxacementos até poden acabar arrincando e levando os mesmos penedos, aínda que eu lle teño máis medo ás administracións, coa parcelaria xa escacharon parte da base dun destes colosais penedos na zona de Mandín, tamén lles temo aos propietarios das fincas que poidesen facer un ghalpón enriba delas en calquera momento
Coas daguerres fáltame unha por tirar: Orión, nestes días está espectacular, fareilla cando teña un tempiño pola noite
Falamos
Bon traballo
Xisbe
Gustame o teu blog. Desde a Rasela, moitos saludos
Segundo Risco, nos seus traballos antropolóxicos, a Estrela Panadeira ou Do Pan é o planeta venus. Un saúdo.
Bos días Moncho:
Voltei por eiquí.
Andáballe dando voltas aos buratos das rochas dos petróglifos e pra min cada vez asemellan mais a ise cao cheo de estrelas...coma no "monolito" de 2001, unha Odisea do Espazo...[cando din:..."está cheo de estrelas"...]
Parezmen reflexos das constelación naquel tempo.
Xa iremos cara él pra falar con tempo o pé das pedras e votarlle unhas daguerres.
Breves saúdos
Saúde, ceibedade.
bDeica-r
O millor de tudo é que a sequía parezme que desaparece. O pior será o vrao, pois as neves de avril e maio poden dar mais seco o ano por vir.
Breves
Deica.
Eu tamen opino que moitos dos petroglifos que hai pola comarca son representacions das estrelas,dos planetas,das constelacions e da lua,sin esquecer que sinalan o leste e o oeste con bastante precision.
Non coñezo a ningun astrónomo que o poida verificar,pero sei dun penedo de xisto,cousa rara,de5x6m,que esta plagado de coviñas.
Na miña humilde opinion,ou vision,ten representado o carro,cassiopeia,orion e pode que varios planetas,tamen un ciclo luar completo acompañado de simbolos falicos que poden facer referencia a ritos de fertilidade.
Gustariame que o viras e opinar o respecto.
Saudos.
Un sáudo José Luís,
pois si que me gustaría ver ese penedo, con Orión... e ademais en xisto !!! Espectacular !!!
Temos que quedar
Un saudo pra ti tamen,o finde vai estar pasado por auga e os camiños un pouco embarrados,pero podemos quedar calquera dia.Antronte escribin unha mensaxe nesta paxina pero o non velo hoxe aqui pode que non quedara rexistrado.O meu correo é cdvnipis@gmail.com e o facebook homedapedra.Ponte en contacto e falamos.
Hola de novo,despois do finde e sin recibir resposta,hoxe estuven con B.R.e dixome qie falaras con el sobre orion.
É moi bo amigo meu,e unha das persoas mais intelixentes que coñezo e querolle un monton,pero ten unha visión das cousas que non é a mesma ca miña,pola cual chocamos a miudo e non pasa nada,se todos opinaramos o mesmo esto sería moooi aburrido.
Convidote de novo a porte en contacto conmigo,porque é importante botarlle un ollo a ese penedo,o próximo que o vexa será un tecnico do csic acompañado dun astronomo,un antropologo,unha arqueologa e un humanista.
Non perdala ocasion
Un saudo
Ola de novo José Luís, o pasado fin de semana envieiche dous correos privados ao teu enderezo, alí tés o meu número de contacto
Estiven a falar co Bruno sobre eses penedos, ten unha visión máis científica e pragmática sobre estas cousas, coido que tamén é de interese buscarlle algún significado a maiores a estas representacións, outro punto de vista, intuitivo, emocional
Poderiamos quedar para o sábado e dárlle unha volta ao lugar
Saúdos
Publicar un comentario