martes, 10 de abril de 2012

Intensa floración



Esta é unha interesante e típica imaxe primaveral das zonas soalleiras do río Támega. Trátase da intensa floración dos Ranúnculos acuáticos ou Ougas, Ranunculus penicillatus. Estas plantas medran en augas con corrente. A súa proliferación débese a unha defensa que ten o río ao retirárselle as árbores de ribeira. Son beneficiosas para o medio ripícola ao dar sombra ao cauce e minimizar a evaporación, osixenan a auga e absorben o exceso de nutrintes, aliás de albergar unha elevada diversidade de Fauna acuática beneficiosa e capaz de sustentar a moitas especies ligadas ao ecosistema fluvial. Como último dicir que esta paisaxe do río Támega ao paso por Verín é todo un espectáculo visual.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Que bonitoooo,gracias por compartir esas imaxes cos que estamos lonxe.

b:Deíca-r dixo...

Moncho, esas imágenes dan muchas pistas de la calidad de agua que teneis en los ríos del valle. Da gusto ver esas plantas. La parte negativa, si hay alguna, claro, es que forman zonas de sedimentación futuras; supongo.
Breves saludos
Deica

Xosé Ramón Reigada dixo...

Non te creas que se formarían zonas de sedimentación máis alá das propias da dinámica do río, ademais por parte da sociedade humana non se lles ofrece opción á continuidade: antes de chegar o verán arríncanse as Ougas para adecuar o cauce a outros intereses de carácter estético e lúdico
Saúdos

Xabier Prieto Espiñeira dixo...

Olá Xosé Ramón:

Hai vintecinco anos, na miña primeira saída polas montañas ourensás, impactoume precisamente esa mesma imaxe cando pasamos por Verín.

Sinto coma propia esa chamada sobre a fermosura dos Ranunculos do río Támega!

Unha aperta

Xosé Ramón Reigada dixo...

Obrigado Xabi, vexo que a beleza da paisaxe é accesíbel para quen sabe percibir unha situación extraordinaria
Saúdos