martes, 18 de setembro de 2012

Recuperouse e ceibouse a cría de Rebisaco

Hoxe chamaron do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Rodicio para dar boas novas: a cría de Rebisaco habíase recuperado con éxtio e xa estaba pronta para se ceibar no medio.

Agardei polos axentes de Medio Ambiente que o traían. Ao chegaren contactamos cos veciños de Gondulfes que o atoparan e fumos para aló.

Estaban agardando por nós case toda a familia, en especial os nenos e o avó -que foi quen o atopou-.

Dixeron de soltalo nunha carballeira afastada da aldea. Acabamos indo ceivalo nun lugar da súa propiedade (o avó sentíase identificado en pleno co animal, dixo que ata lle ía facer un caixón de madeira para que acabara entobando nel).

Tardou en querer saír da caixa de transporte mais ao final choutou e fuxiu a agocharse entre a espesura da touza.

Desexámoslle sorte...



É de agradecer a colaboración de todos os que participaron nesta historia: historia (lat. historia(m), id.) s.f. 8. Relato dun suceso real curioso e interesante.

6 comentarios:

Inés G. de Castro dixo...

¡Xenial! ¿Sabes se lle van facer algún tipo de seguimento para ver se se adapta adecuadamente ao medio?

b:Deíca-r dixo...

Qué bueno.
Amigo Moncho, esto demuestra que la comarca es claramente mediterránea pero con unos vientos cargados de humedad atlántica. Cuánto me alegro de la evolución de esa gineta; nunca creí que hubiera ya por ahí.
Unha aperta e falamos con mais tempo. Xa che irei mandando as fotos do vrao que fixen, o que pasa é que ando falto de tempo suficinte e o pequeno ordenador anda un pouco escarallado.
Deica, en tudo caso... :]

Xosé Ramón Reigada dixo...

Un saúdo Inés, semella que non lle farán seguimento algún, imaxino que no centro de recuperación faríanlle algún método para facilitar a súa adaptación, suponse que xa será autosuficiente...
Teño andado pola zona para tratar de localizalo mais non se deixou ver, nun principio a zona ten abundancia de presas potenciais, non sei como lle irá con outros conxéneres...

Andrés Diz dixo...

Que preciosidade, por a miña zona xa as teño visto algunha vez de noite pero son moi escurridizas

Xosé Ramón Reigada dixo...

Olá d:Deíca-r,
que días máis bons ises do vrao!, agora hai novas, teño pendentes de publicar unhas entradas que acho de sumo interese, con tempo...
Xa che enviarei as fotos, voltamos estar con António Fontes, envía saúdos, o Eduardo tamén ten preguntado por vocé...

Xosé Ramón Reigada dixo...

Saúdos Pequeno Historiador,
temos que quedar un día, avisa ao José Luís de Castrelo e combinamos unha saída de campo...