xoves, 1 de agosto de 2013

A incerteza da fatalidade

Un suceso de gravidade acontece. O río está aleixado, os Amieiros fenecen. Estamos a viver un tempo estraño no que o pobo perde a singradura e a Natureza resíntese co resón pasadío. A floresta ribeirega esgarece e berra un son malfadado ao faltarlle seu máis belido enfeite. A buxaina seguirá a virar, torta até ao Alén, e as carpideiras ficarán impávidas e silentes.

Eis aquí o de nosoutros:



















Explicación da doenza, por Rafa Castro:

Phytophthora alni Brasier et al.

É un fungo oomicete causante de pudrición no raizame e no pescozo da raíz (colar) en amieiros Alnus glutinosa.

A doenza foi descrita no 1993 no sur de Inglaterra aínda que non se detectou o primeiro caso en Galiza até 2009 cando se atopou o fungo causante da doenza en amieiros nas beiras do Avia.

O fungo causante da doenza foi identificado por Brassier et al.

Brasier identificou este fungo coma un posible híbrido entre outras dúas especies de Phytophthora. -Based initially on studies of the morphological and cultural characteristics and then molecular analysis, it became clear that the alder Phytophthora was a hybrid between P. cambivora and another Phytophthora probably closely related to P. fragariae – a pathogen of strawberry.-

Un estudio realizado por Santini et al. no 2003 demostrou que o mesmo fungo podía afectar a concheiras Juglans regia e castiñeiro Castanea sativa. Outro estudio publicado polos mesmos autores no 2006 demostraba a susceptibilidade das cerdeiras Prunus avium.

Os síntomas da doenza comezan cun decaimento xeral observado na parte aérea da pranta e que se manifesta polo loureamento e caída a destempo e pola mingua no tamaño das follas; o que conleva unha perda xeral da densidade foliar. En fases máis avanzadas da doenza pódese observar a excrecencia dun zume negro e mesto a traveso de feridas na casca da parte baixa do toro.

Polo xeral a doenza causa a morte da pranta aínda que se teñen descrito casos nos que se convirte en crónica causando síntomas que periodicamente se ven acentuado.

2 comentarios:

ASHEGA dixo...

Boas,

no amiar do Avia despois dunha tormenta de veran a mediados de Xullo caeron moitos pes. E nas Gandaras de Budiño tamben se nota a incidencia.

Cesar

Alberto Rivero Saeta dixo...

No Barbantiño é tráxico, apenas quedan amieiros vivos, os mortos están xa cheos de buratos de pícidos, por certo teño observado unha maior incidencia nas árbores que teñen as raices na auga que aquelas que aínda estando perto fican a maior parte do ano en seco. xa che contarei máis detalles.

Un saúdo!