Desde vai lustros a bisbarra e a rexión están de loito polas intensas agresións sofridas ao seu feble patrimonio natural.
INCENDIOS FORESTAIS NUNCA MÁIS !
Unha visión universal da Humanidade, a Natureza e o Alén dende a bisbarra de Monterrei
martes, 1 de setembro de 2015
venres, 31 de xullo de 2015
Rescate e mortaldade de peixes no río Támega onda a Ponte do Melo de Verín
Eis aquí as consecuencias dunha mala xestión dos recursos naturais por parte das distintas administracións e algunha empresa de servizos privada, unha seca que afecta á vida no río ocasionando unha elevada mortaldade de peixes entre os que se atopan as seguintes especies:
Barbos ibéricos, Luciobarbus bocagei
Ladras mixoiras, Achondrostoma arcasii
Trúitas, Salmo trutta
Bogas do Douro, Pseudochondrostoma duriense
Xardos, Squalius carolitertii
Gobios, Gobio sp. (especie introducida)
A zona do río Támega afectada é augas abaixo da Ponte do Melo en Verín, onde deixa de correr a pouca corrente que chega das preseiras da Praia Fluvial.
Conseguíronse rescatar vivos preto dun centenar de exemplares de Barbos e algunas poucas Ladras, Bogas e Xardos, ningunha Trúita por non aguantaren a falta de osíxeno, os Gobios case non se viron afectados polo seu escaso tamaño e rápidos movementos en pouco caudal. Todo grazas á intensa e disenteresada labor dalgúns veciños e veciñas da zona, tamén á rápida alerta dun incansable defensor do río, pescador e naturalista, e á involucración da nova corporación municipal de Verín, neste caso o recente alcalde que puxo a disposición dos voluntarios os recursos que fosen necesarios contando coa axuda dunha brigada de operarios do concello. Obrigado a todos.
Por certo, no lugar non se presentou ningún axente da autoridade, nen Medio Ambiente, nen Confederación Hidrográfica, nen SEPRONA, nen Policía Autonómica. Segundo informacións facilitadas semella que o concello de Verín emitíu un burofax á Consellaría de Medio Ambiente dando comunicación deste problema ambiental.
A zona está catalogada como Lugar de Importancia Comunitaria LIC e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais ZEPVN.
Os exemplares rescatados trasladáronse para a zona da Praia Fluvial ao haber alí suficiente cantidade de auga, os peixes poden subir río arriba pola zona da Preguiza onde se minimizan os efectos das secas.

Etiquetas:
Agresión ambiental,
Intervención ambiental,
Mortaldade de Fauna,
Peixes,
Recuperación de Fauna
Localización:
Verín, Ourense, España
mércores, 29 de xullo de 2015
Unha rota ecolóxica polas poldras de Mourazos e as lagoas do Támega
Relatorio de especies de Fauna detectadas hoxe:
Aves:
Bico de coral, Estrilda astrild, é a primeira vez que detecto a especie no lado galego do alto Támega
Papafigos, Oriolus oriolus
Lavanco real, Anas platyrhynchos
Galiña de río, Gallinula chloropus
Corvelo, Corvus corone
Picafollas, Phylloscopus ibericus
Paporroibo, Erithacus rubecula
Merlo, Turdus merula
Anduriña común, Hirundo rustica
Anduriña do cu branco, Delichon urbica
Pombo bravo, Columba palumbus
Rola, Streptopelia turtur
Ferreiriño real, Parus major
Pardal común, Passer domesticus
Lavandeira branca, Motacilla alba
Pimpín, Fringilla coelebs
Rousinol bravo, Cettia cetti
Garza real, Ardea cinérea
Miñato común, Buteo buteo
Martiño Peixeiro, Alcedo atthis
Cegoña branca, Ciconia ciconia
Odonatos:
Crocothemis erythraea
Anax imperator
Onychogomphus sp (?)
Calopteryx virgo
Calopteryx xanthostoma
Aeshna sp (?)
Lestes viridis (?)
Ischnura graellsii
Erythroma lindenii (?)
Orthetrum cancellatum
Bolboretas:
Lasiommata maera (?)
Leptotes pirithous
Outras especies:
Cangrexo de río americano, Procarambarus clarkii
Ra verde, Pepophylax perezi
Carpa de río, Cyprinus carpio (?)
Dexeccións de Londra, Lutra lutra

![]() |
Macho de Donceliña ibérica, Ischnura graellsii |
![]() |
Femia de Donceliña ibérica, Ischnura graellsii |
![]() |
Outro macho de Donceliña ibérica, Ischnura graellsii |
![]() |
Lasiommata maera (?) |
![]() |
Leptotes pirithous |
![]() |
Cangrexo de río americano, Procambarus clarkii |
![]() |
Lamentable plantación por parte da administración con especies alóctonas coma o Choupo branco, Populus alba, e a Tamarxeira, Tamarix gallica |
![]() |
Macho de Libélula de cu negro, Orthetrum cancellatum |
![]() |
Lycopus europaeus e Cyperus eragrostis |
![]() |
Senecio aquaticus (?) |
![]() |
Solanum dulcamara |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)